O interior da provincia de Pontevedra e a montaña de Ourense están en alerta laranxa por precipitacións acumuladas. A chuvia vai continuar, e para a noite agárdase a chegada dunha profunda borrasca, tamén con moitas precipitacións e refachos de vento de máis de cen quilómetros por hora. // Unha parella de octoxenarios enfróntase o desafiuzamento da súa vivenda por unha pequena débeda do seu neto. Os demandantes excluíron do informe do embargo que a casa está habitada. Stop desafiuzamentos pide ao xulgado que paralice o proceso e investigue se foi unha estafa. // O Rei falou co presidente da Xunta do sector lácteo, a busca de contratos para os estaleiros e das dificultades dos afectados polas preferentes. Núñez Feijóo foi o primeiro dos presidentes autonómicos recentemente electos en ter a audiencia co Monarca. 18/01/13
Chuvia e máis chuvia. O interior da provincia de Pontevedra e a montaña de Ourense están en alerta laranxa por precipitacións acumuladas que dificultan o tráfico en algunhas estradas e ameazan con facer saír os ríos dos seus leitos. // O Partido Popular aproveitou a súa maioría absoluta na Deputación de Ourense para vetar a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións feitas polo organismo nos últimos 20 anos. // O Presidente da Xunta era recibido hai hora e media polo Rei, no Pazo da Zarzuela. // Unha parella de octoxenarios enfróntase o desafiuzamento da súa vivenda preto de Lugo por unha pequena débeda do seu neto polo aluguer dun prado para cabalos. // O Celta realiza esta tarde en Balaídos o último adestramento antes de se desprazar a Málaga. O Deportivo xogará en Pamplona co pechacancelas, o Osasuna. 18/01/13
O interior da provincia de Pontevedra e a montaña de Ourense están en alerta laranxa por chuvia. // O Partido Popular veta a creación dunha comisión de investigación sobre as contratacións de Baltar. // O Presidente da Xunta co Rei. // Unha parella de octoxenarios enfróntase o desafiuzamento da súa vivenda por unha pequena débeda do seu neto. // Previas do Celta e o Deportivo. 18/01/13
Ceos cubertos e chuvias persistentes de intensidade moderada, localmente forte, que tenderán a remitir temporalmente cara á noite. Vento moderado do Sueste, con intervalos fortes no litoral e nas zonas altas, virando a Noroeste e amainando ao longo do día. Temperaturas mínimas entre lixeiro e moderado ascenso; máximas sen cambios significativos. 18/01/13
O alcalde de Santiago, sen medidas cautelares tras declarar como imputado no sumario da operación Pokemon. Tras responder durante algo máis de unha hora ás preguntas da xuíza Pilar de Lara, Ángel Currás dixo que agarda que a súa declaración sirva para demostrar a súa inocencia. // Fernández de Mesa nega no xuízo do Prestige que tivera tomado ningunha decisión na xestión daquela catástrofe que correspondía dixo á Autoridade Marítima. // O Concello de Ourense reclama á empresa responsable da limpeza das rúas e da recollida do lixo case 800.000 euros polas deficiencias que detectou no servizo. A concesionaria tería incumprido o contrato pola falta de contedores e de carros e polo varrido deficiente nalgunhas rúas. 17/01/13
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, declara arestora como imputado no xulgado de Lugo que instrúe o sumario da operación Pokemon, sobre supostas irregularidades en adxudicacións públicas en varios concellos. // Fernández de Mesa asegura que non tiña capacidade para tomar decisións na xestión da catástrofe do Prestige e que non deu instrucións a ninguén naquela ocasión. // Galicia cobrou do Estado case 17 millóns de euros en axudas para máis de tres mil dependentes que xa tiñan falecido, pero xa devolveu eses cartos. // O presidente da Xunta asegura que nos últimos catro anos se reduciron nun corenta por cento as listas de espera na sanidade galega. Díxoo na súa comparecencia tras a reunión semanal do Goberno galego. // O Concello de Ourense reclama á empresa responsable da limpeza das rúas e da recollida do lixo case 800.000 euros polas deficiencias que detectou no servizo. // O poeta Carlos Oroza presenta en Vigo o libro Évame. 17/01/13
O alcalde de Santiago declara como imputado na Pokemon. // Fernández de Mesa asegura que non tiña capacidade para tomar decisións sobre o Prestige. // Galicia cobrou do Estado case 17 millóns de euros en axudas para máis de tres mil dependentes que xa tiñan falecido. // O presidente da Xunta asegura que nos últimos catro anos se reduciron nun corenta por cento as listas de espera. // O Concello de Ourense reclama á empresa da limpeza case 800.000 euros polas deficiencias no servizo. // O poeta Carlos Oroza presenta o libro Évame. 17/01/13
Ceos anubrados, con posibles chuvias dispersas nas primeiras horas e máis frecuentes e intensas pola tarde. Vento frouxo de compoñente Sur pola mañá, virando a Sueste e aumentando a moderado no litoral durante a tarde. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso os valores mínimos. 17/01/13
Os transplantes de órganos aumentaron o ano pasado en Galicia ata un total de 294, o que permitiu superar xa a cifra de 6.000 transplantes nos nosos hospitais dende que se efectuou o primeiro en 1981. O SERGAS destaca que tamén foi maior o número de doadores, un total de 100, o que sitúa a Galicia por riba da media española en taxa de doazón. // A Xunta vai premiar aos estudantes de Formación Profesional que fagan as propostas máis salientables para mellorar o servizo da Inspección Técnica de Vehículos en Galicia. Os que gañen o concurso terán unha bolsa de formación dun ano na empresa concesionaria. // Uxía, unha nena de Quiroga, en Lugo, naceu hai un ano sen unha man. A súa familia e amigos organizáronse para recoller tapóns de plástico e poñer en marcha outras actividades solidarias coas que recadar os máis de cen mil euros que custa a reconstrución da man esquerda da pequena, unha operación que non cubre a sanidade pública. 16/01/13
Os transplantes de órganos aumentaron o ano pasado en Galicia ata un total de 294, o que permitiu superar xa a cifra de 6.000 transplantes nos nosos hospitais dende que se efectuou o primeiro en 1981. // A Xunta vai premiar aos estudantes de Formación Profesional que fagan as propostas máis salientables para mellorar o servizo da Inspección Técnica de Vehículos en Galicia. // Segundo día do xuízo contra os responsables dun colexio da Coruña no que morreu afogado un neno de tres anos cando facía un curso de natación, en 2009. // Os tres principais sindicatos engádense ás peticións do indulto para David Reboredo, un ex-toxicómano que axudaba a outros a abandonar as drogas, e que agora está no cárcere. // Uxía, unha nena de Quiroga, naceu hai un ano sen unha man. A súa familia e amigos organizáronse para recadar os máis de cen mil euros que custa a reconstrución da man esquerda da pequena. 16/01/13
Ceo cuberto con chuvias xeneralizadas de intensidade moderada, localmente forte en zonas altas. A partir do mediodía as chuvias remiten coa apertura de claros. Neve nas cotas máis altas. Vento forte do Sueste durante a madrugada, con momentos moi fortes no litoral Norte e zonas altas. Despois, ventos moderados de compoñente Oeste con refachos fortes na costa e zonas altas, baixando en intensidade durante a tarde. Temperaturas en ascenso, entre lixeiro e moderado. 16/01/13
Os transplantes de órganos aumentaron o ano pasado en Galicia ata un total de 294. // A Xunta vai premiar aos estudantes de Formación Profesional que fagan as propostas máis salientables para mellorar a ITV. // Segundo día do xuízo contra os responsables dun colexio da Coruña no que morreu afogado un neno de tres anos. // Os tres principais sindicatos engádense ás peticións do indulto para David Reboredo. // Solidariedade para operar a Uxía. 16/01/13
A Xunta e unha empresa tecnolóxica asinan o primeiro convenio para poñer en marcha a Formación dual en Galicia. Trátase de que os alumnos adquiran coñecementos prácticos mediante o traballo real nunha empresa, con contrato laboral, e as empresas formen especificamente aos traballadores para as súas necesidades. // O Senado recorda a Manuel Fraga no primeiro aniversario da súa morte. Instalan no corredor do salón de plenos un busto do político de Vilalba, que despois de sesenta anos de actividade pública rematou a súa carreira na Cámara Alta. // E en Vigo o seu Museo de Arte contemporánea queda desde hoxe sen gardas de seguridade. É o último dos recortes nel despois de que no último ano e medio despediran a dezaseis traballadores de limpeza, mantemento e atención ao público por falta de fondos. 15/01/13
Realizar prácticas de Formación Profesional mediante un contrato laboral nunha empresa será posible en Galicia. E o Sistema de FP Dual que comezará a funcionar de xeito experimental a partir do convenio asinado hoxe. // O Senado recorda a Manuel Fraga no primeiro aniversario da súa morte. Hai uns minutos quedou inaugurado no corredor do salón de plenos un busto do político de Vilalba. // A Garda civil investiga se a morte dunha anciá na súa casa no concello coruñés de Cambre está relacionada con dous roubos que se produciron nunha vivenda anexa. // O Museo de Arte contemporánea de Vigo queda desde hoxe sen gardas de seguridade. // O Juan Sebastián Elcano, o buque escola da Armada española, móstrase en Marín mes e medio antes da partida da súa viaxe anual de instrución. // A Catedral de Santiago comeza a cobrar as visitas guiadas para grupos. 15/01/13
Comeza en Galicia a FP. // O Senado recorda a Manuel Fraga no primeiro aniversario da súa morte. // A Garda civil investiga a morte dunha anciá na súa casa no concello coruñés de Cambre. // O Museo de Arte contemporánea de Vigo queda sen gardas de seguridade. // O Juan Sebastián Elcano móstrase en Marín. // A Catedral de Santiago comeza a cobrar as visitas guiadas. 15/01/13
Ceos parcialmente cubertos con precipitacións intermitentes, de neve por enriba dos 1.200 metros. Vento de compoñente Oeste, moderado con intervalos fortes no litoral Norte e frouxos no interior. Temperaturas sen cambios significativos. 15/01/13
Comeza na Coruña o xuízo contra os responsables dun colexio no que morreu afogado un neno de tres anos cando facía un curso de natación. Foi en 2009. Fiscalía e acusación particular piden entre tres e catro anos de cárcere para os sete imputados. // O Fiscal de Menores de Ourense acusa a un profesor de relixión da comarca de Valdeorras de abusar sexualmente de oito alumnos dos colexios de Rubiá e Carballeda. O presunto pederasta foi apartado da docencia o curso pasado cando un inspector de educación comezou a investigar as queixas dos pais. // 2012 foi o peor ano para o turismo desde hai nove anos. En Santiago, a cidade galega que máis visitantes atrae, a ocupación media dos hoteis caeu ata o 44 por cento, e os empresarios do sector tampouco son optimistas sobre a recuperación da demanda neste ano. 14/01/13
2012 foi o peor ano para o turismo desde hai nove anos. En Santiago, a cidade galega que máis visitantes atrae, a ocupación media dos hoteis caeu ata un 44 por cento. // Comeza na Coruña o xuízo contra os responsables dun colexio no que morreu afogado un neno de tres anos cando facía un curso de natación. Foi en 2009. // Un paro de media hora nas oficinas e concentracións de delegados sindicais para protestar contra a regulación de emprego en Novagalicia Banco, que prevé o despedimento de 2.500 traballadores. // O Deportivo colleita en Anoeta un punto ante a Real Sociedad que confirma a reacción do equipo co cambio de adestrador. O Celta perdeu contra o Espanyol. // Unha mostra para conmemorar o tricentenario do nacemento de Domingos de Andrade. 14/01/13
2012 foi o peor ano para o turismo desde hai nove anos. // Comeza na Coruña o xuízo contra os responsables dun colexio no que morreu afogado un neno de tres anos. // Un paro de media hora nas oficinas e concentracións de delegados sindicais en Novagalicia Banco. // O Deportivo empata coa Real Sociedad. O Celta perdeu contra o Espanyol. // Tricentenario de Domingos de Andrade. 14/01/13
Intervalos de ceos anubrados e chuvascos, máis frecuentes na metade norte. Cota de neve nos 1.000 metros. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nas zonas de montaña. Ventos de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior. 14/01/13