Día grande de Galicia en Fitur. Nesta feira de turismo a Xunta conta cun espazo de case mil metros presididos polo reclamo do Camiño de Santiago, que trouxo ao noso país o ano pasado a 900.000 estranxeiros. Agora queren dalo a coñecer aos países emerxentes. // A Garda Civil investiga en Galicia o posible uso de restos de animáis domésticos na elaboración de pensos de mascotas. Unha empresa de Salamanca estaría no centro da trama. Un laboratorio de Vigo analiza mostras procedentes de toda España para averiguar se conteñen restos de ADN de can. // Unha exposición moi doce, en Santiago. Trátase de produtos de repostería que elaboran as monxas nos conventos de clausura. Doces artesáns que esta fin de semana se atopan xuntos na hospedería de San Martíño Pinario. 01/02/13
Día grande de Galicia en Fitur. O presidente da Xunta participou esta mañá na promoción da oferta da nosa comunidade na gran feira internacional do turismo, salientando a importancia deste sector no crecemento económico. // A Garda Civil segue en Galicia a pista de varias plantas clandestinas que poderían estar relacionadas coa utilización de restos de animáis domésticos na elaboración de pensos. // Mantense a incertidume sobre o futuro dos 37 traballadores discapacitados ourensáns que levan máis dunha semana en folga. // O Deportivo enfróntase mañá ao Getafe. O Celta viaxa a Pamplona para medirse co Osasuna. // Feira de doces de convento, esta fin de semana en Santiago. 01/02/13
Día grande de Galicia en Fitur. // A Garda Civil investiga o uso de restos de animais domésticos na elaboración de pensos. // 37 traballadores discapacitados ourensáns levan máis dunha semana en folga. // O Deportivo enfróntase mañá ao Getafe. O Celta viaxa a Pamplona para medirse co Osasuna. // Feira de doces de convento, esta fin de semana en Santiago. 01/02/13
O ceo irase cubrindo desde as primeiras horas, empezando polo Noroeste, con precipitacións que pola tarde serán xeneralizadas de carácter moderado, localmente fortes no interior de Pontevedra e o Norte da Coruña. Vento do Sueste pola mañá, forte no litoral e moderado no interior, rolando a Noroeste pola tarde. Temperaturas serán suaves pola mañá, pero en acusado descenso durante a tarde. 01/02/13
Unións Agrarias estima que a metade do cereal de inverno sementado na Limia está afectado polas últimas chuvias. 4.000 hectáreas mantéñense anegadas, das que unha cuarta parte poderían perderse se o nivel da auga non baixa pronto. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior, fomentar a súa unión e lograr que funcionen tamén como plataformas comerciais para a internacionalización das nosas empresas. Así o recolle o anteproxecto de lei da galeguidade, que acaba de aprobar o consello da Xunta. // En Vilanova de Arousa a policia local informará sobre as diferencias entre os niveis de renda oficial dunha persoa e as súas propiedades e nivel de vida. O Concello pretende que narcotraficantes con ingresos legais baixos se beneficien de axudas sociais. 31/01/13
Galicia presenta a súa oferta en Fitur, un dos maiores escaparates turístico de europa, tentando darlle pulo a un dos sectores que máis está a sufrir a crise. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior, fomentar a súa unión e lograr que funcionen tamén como plataformas comerciais para a internacionalización das nosas empresas. // A presidenta do Parlamento reunirase mañá cos grupos parlamentarios para concretar as normas de acceso á cámara. // O concello de Vilanova de Arousa quere impedir que narcotraficantes con ingresos legais baixos accedan a axudas sociais. // O ex eclectricista da catedral saiu onte á tarde do cárcere de Teixeiro. // Hoxe é xoves de compadres, no que os mecos preparados polas mulleres caricaturizan aos homes. 31/01/13
Galicia presenta a súa oferta en Fitur. // A Xunta quere renovar os centros galegos no exterior. // A presidenta do Parlamento reunirase mañá cos grupos parlamentarios para concretar as normas de acceso á cámara. // O concello de Vilanova de Arousa toma medidas para que os narcotraficantes accedan a axudas sociais. // Fernández Castiñeiras, en liberdade. // Xoves de compadres, anticipo do Entroido. 31/01/13
Nas primeiras horas, ceos nubrados e algunhas chuvias no Noroeste. A medida que avance a xornada, as chuvias desaparecen e iranse abrindo claros, que pola tarde serán grandes claros agás no Oeste. Vento de compoñente Sur, moderado no litoral, con momentos fortes na Coruña, e máis frouxos no interior. Temperaturas sen cambios moi significativos, con algúns ascensos no interior. 31/01/13
Dous plenos suspendidos no que vai de semana. Os portavoces municipais de Vigo deciden arestora se continúan co debate dos orzamentos do Concello, interrompido o luns e esta mañá polas protestas de traballadores de varias concesionarias. // Este veciño de Lugo está sendo xulgado na Audiencia Provincial por tentar asasinar a súa esposa ata en tres ocasións. Tamén o acusan de ameazas e maltrato habitual á súa muller, ás súas fillas e a súa sogra. O fiscal pide para el 33 anos de cárcere e a acusación particular máis de medio século. // O autor confeso do roubo do Códice Calixtino sae esta tarde do cárcere. Manuel Fernández Castiñeiras, o ex electricista da catedral de Santiago, estaba en prisión desde xullo. Tras completarse a instrución da causa, a Audiencia Provincial da Coruña autorizou a súa posta en liberdade. 30/01/13
A agresión a un cámara de televisión foi o momento máis tenso que se vivía onte ás portas dos xulgados de Ourense ao intentar recoller as impresións das primeiras testemuñas chamadas a declarar na causa aberta contra José Luis Baltar. // A Xunta e o PP ven aínda máis xustificada a decisión de Pilar Rojo de controlar o acceso de invitados aos plenos, mentres que os partidos da oposición a rexeitan. // A Garda Civil interroga ós dous detidos como presuntos responsables da agresión que sofriron o pasado domingo dúas mulleres, queimadas en plena rúa en Ames. Polo visto, hai suficientes probas que os incriminan. // Un veciño de Lugo está sendo xulgado na Audiencia Provincial por tentar asasinar a súa esposa ata en tres ocasións. // Rematada a instrución do sumario do roubo do Códice Calixtino, o xuíz que a levou a cabo publica unha novela centrada na catedral de Santiago e baseada en personaxes e situacións reais, aínda que a trama é ficticia. 30/01/13
Primeiras declaracións na causa aberta contra José Luis Baltar. // A Xunta e o PP ven aínda máis xustificada a decisión de Pilar Rojo de controlar o acceso de invitados aos pleno. // A Garda Civil interroga ós dous detidos pola agresión a dúas mulleres, queimadas na rúa. // Xulgado por tentar asasinar a súa esposa en tres ocasións. // O xuíz Vázque Taín publica unha novela centrada na catedral de Santiago e baseada en personaxes e situacións reais, aínda que a trama é ficticia. 30/01/13
Ceos moi nubrados ou cubertos con chuvias, especialmente na metade Noroeste. Vento de compoñente Sur, forte no litoral e moderado con refachos fortes, no interior. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso. 30/01/13
Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego, en protesta pola decisión da presidenta de controlar persoalmente o acceso de invitados á cámara. Deputados de AGE e o BNG volveron despois con traballadores de Navantia e das Universidades. A presidenta suspendeu a sesión mentres os desaloxaban e cualificou de atentado estes feitos. // O direccion dun instituto de Lalín expulsou temporalmente do centro a unha rapaza de 16 anos que lideraba un grupo que acosaba a unha compañeira. A menor xa o sufría dende o curso pasado, polo que seus pais tamén o denunciaron á Garda Civil. // As chuvias persistentes deste inverno están a provocar unha masiva mortandade de ameixa e berberecho en bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. Nesta última, en Arcade, unhas 90 mariscadoras de a pé van estar no paro ata a primavera, por falta de marisco. 29/01/13
Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego, en protesta pola decisión da presidenta, Pilar Rojo, de controlar persoalmente o acceso de invitados á cámara para evitar protestas durante as sesións. // Delegados sindicais de Navantia e a industria auxiliar protestan tras coñecer que a dirección da empresa rexeita construír o dique flotante para dotar de carga de traballo ao estaleiro público. // O presidente de Novagalicia Banco José María Castellano amósase favorable a acelerar a vía da arbitraxe para solucionar os casos de afectados por participacións preferentes que poidan acollerse a esa vía. // Catro nenas de 16 anos foron detidas pola Garda Civil por acosar e colgar fotos íntimas dunha compañeira de instituto nunha rede social. Ocorreu en Lalín. // As chuvias persistentes deste inverno están a provocar unha masiva mortandade de bivalbo nalgúns bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. 29/01/13
Plante dos deputados da oposición no Parlamento galego. // Protestas de Navantia e a industria auxiliar. // O presidente de Novagalicia Banco José María Castellano amósase favorable a acelerar a vía da arbitraxe. // Catro nenas detidas por acosar a unha compañeira de instituto. // As chuvias causan mortandade de bivalbo nalgúns bancos marisqueiros das rías de Arousa e Vigo. 29/01/13
No Oeste, predominio de ceos nubrados que poden deixar algunha chuvia débil e ocasional. No resto, ceos con intervalos nubrados pola mañá, con tendencia a apertura de máis claros a partir da tarde. Vento de compoñente Sur forte en todo o litoral alcanzando momentos moi fortes no litoral Norte e moderados con momentos fortes no resto da comunidade. As temperaturas ascenden, en especial as mínimas. 29/01/13
O Presidente da Xunta inaugurou este mediodía a Autovía entre Ourense e Celanova. Ten unha lonxitude de 18 quilómetros, está conectada coa Autovía das Rías Baixas e reduce a viaxe de 25 a 15 minutos. As obras duraron dous anos e medio e custaron máis de 120 millóns de euros. // A Garda Civil busca a un home que lle botou gasolina e prendeu lume a dúas mulleres, sobriña e tía, que resultaron con queimaduras graves. Foi en Bertamiráns, preto de Santiago, onte á noite. O suposto agresor é ex parella dunha delas, a que resultou máis afectada. // O Instituto Galego de Consumo está a facer unha campaña de control de seguridade en disfraces e máscaras, para que cando vaiamos mercar un produto deste tipo o fagamos sen riscos. Recomenda mirar con detalle a etiqueta, evitar cordóns, materiais inflamables ou que as caretas teñan buracos suficientes para respirar ben. 28/01/13
O Presidente da Xunta inaugura a Autovía entre Ourense e Celanova. Ten unha lonxitude de 18 quilómetros, está conectada coa Autovía das Rías Baixas e reduce a viaxe de 25 a 15 minutos. // A Xunta e os empresarios confían en que o desbloqueo dos trámites para construír en Galicia dous buques hotel para a petroleira mexicana Pemex, facilite agora a obtención dos avais necesarios para comezar cos traballos. // Os sindicatos de Novagalicia Banco denuncian que empresa non lles facilita información sobre o ERE previsto para máis de 2.000 empregados. // O Instituto Galego de Consumo está a facer unha campaña de control de seguridade en disfraces e máscaras. // O Celta logra apañar un punto contra a Real Sociedade. O Deportivo perdeu xusto ao final do partido fronte ao Valencia. 28/01/13
Inauguración da Autovía entre Ourense e Celanova. // A Xunta e os empresarios confían en que o desbloqueo dos para Pemex, facilite agora a obtención dos avais. // Os sindicatos de Novagalicia Banco denuncian que empresa non lles facilita información sobre o ERE. // Campaña de control de seguridade en disfraces e máscaras. // O Celta logra apañar un punto contra a Real Sociedade. O Deportivo perdeu fronte ao Valencia. 28/01/13
Bancos de néboa matinais e ceos con intervalos anubrados, con máis nubes no oeste da Comunidade, onde non se descartan chuvias ocasionais. Temperaturas mínimas en moderado descenso e máximas sen cambios significativos. Ventos do sudoeste moderados, Poden rexistrarse intervalos fortes no litoral, especialmente ao avanzar a tarde. 28/01/13