Ceos moi nubrados e chuvias, non moi intensas, pero si bastante xeneralizadas e persistentes, tendendo a remitir cara ao final da tarde. Vento de compoñente Sur pola mañá, rolando progresivamente ao Oeste durante a tarde, moderado no litoral e frouxo no interior. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. 25/01/13)
Resposta de emerxencia, en menos de media hora, en calquera punto de Galicia. É o que busca o novo mapa de emerxencias da comunidade que contempla a creación de 25 grupos de intervención supramunicipais, que desde abril van substituír aos actuais grumires. // O presidente da Xunta confirma que Galicia non vai recorrer á axuda do Fondo de Liquidez Autonómica, tampouco neste ano, pois ten asegurada financiación para pagar aos acredores. A Xunta xa colocou os 1.024 millóns de débeda que lle autorizou o consello de ministros para blindar os pagamentos de 2013. // Un zapateiro de Padrón leva dous meses amañando de balde o calzado dos clientes que están no paro. Tiña calculado que podía facer unha reparación diaria gratis sen que se resentise o negocio, pero ao final está facendo o dobre. Espera que outros sigan o seu exemplo. (25/01/13)
Novo mapa de emerxencias de Galicia. // Galicia tampouco vai recorrer ao Fondo de Liquidez Autonómica en 2013. // O PP na Deputación de Ourense evita que se pida a dimisión dos deputados deste partido que formaron parte do derradeiro goberno do anterior presidente. // A Cruz Vermella crea unha web para axudar aos necesitados. // Previas do Celta - Real Sociedad e o Deportivo - Valencia. // Un zapateiro que amaña de balde o calzado dos parados. (25/01/13)
Resposta de emerxencia, en menos de media hora, en calquera punto de Galicia. É o que busca o novo mapa de emerxencias da comunidade. // O presidente da Xunta confirma que Galicia non vai recorrer á axuda estatal do Fondo de Liquidez Autonómica, tampouco neste ano 2013. // O PP impón a súa maioría na Deputación de Ourense para evitar que o pleno da corporación pida a dimisión dos deputados deste partido que formaron parte do derradeiro goberno do anterior presidente. // A Cruz Vermella hoxe estrea unha páxina web para axudar ás persoas que máis sofren os efectos da crise. // O Celta quere iniciar a segunda volta cunha vitoria contra a Real Sociedad. O Deportivo, plantarlle cara ao Valencia e saír o pozo da táboa. // Un zapateiro de Padrón leva dous meses amañando de balde o calzado dos clientes que están no paro. (25/01/13)
Galicia acabou 2012 con 277 mil parados, 37 mil máis que cando empezou o ano. Cifras dunha EPA que suma case seis millóns de desempregados en toda España. Aquí hai case 92 mil familias que teñen a todos os seus membros en paro. // Van remitindo as nevaradas, pero aínda así a neve deixou hoxe sen clase a uns trescentos nenos de quince colexios das montañas de Lugo e Ourense. Tamén mellora a situación no mar, mentres segue a busca do mariñeiro desaparecido o luns na costa de Ribeira. // A navalla de Bueu convértese na primeira pesquería española, capturada a buceo, que obtén unha certificación internacional que garante que o marisco se extrae do mar de xeito sostible. Na Ría de Pontevedra, 35 mergulladores dedícanse á captura artesanal de navalla. (24/01/13)
Ceos parcialmente nubrados con escasas precipitacións, máis probables no Norte e durante a mañá, e serán de neve en cotas superiores aos 1.000-1.200 metros. Pola tarde chegan chuvias que avanzarán cara ao Leste durante a madrugada. Vento frouxo do Noroeste pola mañá, con intervalos de moderado no litoral, e irá virando a compoñente Sur cara á noite. Temperaturas sen cambios ou en ascenso lixeiro, principalmente as mínimas, aínda que con xeadas débiles a primeiras horas en zonas altas do interior. (24/01/13)
España ten xa case seis millóns de parados, dos que 277 mil están aquí. Son os últimos datos da enquisa de poboación activa. // As grandes superficies poderán abrir en Galicia dez festivos ao ano, dous máis que ata agora. E para o pequeno comercio, a nova norma deixa liberdade de horario. // Van remitindo as nevaradas, pero aínda así a neve deixou hoxe sen clase a uns trescentos nenos de quince colexios das montañas de Lugo e Ourense. // A navalla de Bueu convértese na primeira pesqueiría española, capturada a mergullo, que obtén a certificación internacional MSC. // Iago Aspas continuará no Celta ata que remate o seu contrato, en 2017, a non ser que outro equipo pague a cláusula de rescisión. (24/01/13)
España ten xa case seis millóns de parados, dos que 277 mil están en Galicia. // As grandes superficies poderán abrir en Galicia dez festivos ao ano, dous máis que ata agora. // Van remitindo as nevaradas, pero aínda así a neve deixou hoxe sen clase a uns trescentos nenos. // A navalla de Bueu obtén a certificación internacional MSC. // Iago Aspas continuará no Celta ata que remate o seu contrato, en 2017. (24/01/13)
Remite o temporal de neve, pero hoxe aínda é preciso usar cadeas en vinte estradas secundarias de Lugo e Ourense, e seguen suspendidas as clases para máis de 5.300 escolares. As precipitacións dos últimos días disparan o nivel dos encoros galegos. Hai trece anos que non recibían tanta auga. // As denuncias por violencia de xénero descenden lixeiramente en Galicia mentres as perceptoras de axudas económicas por este motivo soben un 38 por cento, ata un total de 414. Son datos do ano 2012, presentados hoxe pola secretaría xeral de Igualdade da Xunta. // Parte cara o caladoiro da NAFO, un buque no que se vai estudar a incorporación feminina á flota pesqueira de altura. Unha bióloga compartirá os tres meses de marea cos 27 tripulantes para comprobar a viabilidade das tripulacións mixtas neste tipo de pesqueiros. 23/01/13
Vai remitindo o temporal de neve, pero hoxe aínda é preciso usar cadeas para circular por vinte estradas secundarias das provincias de Lugo e Ourense. // Nova imputación do alcalde de Santiago. Ángle Currás, o seu antecesor do cargo, Gerardo Conde Roa e dúas persoas máis do seu gabinete foron denunciados por un mando da policía local por presunta prevaricación e acoso moral. // As denuncias por violencia de xénero descenden lixeiramente mentres as perceptoras de axudas económicas por este motivo soben un 38 por cento, ata un total de 414. // Parte cara o caladoiro da NAFO, un buque no que se vai estudar a incorporación feminina á flota pesqueira de altura. // O croata Daniel Pranjic completa os reforzos de inverno do Celta. // O xuíz que recuperou o Códice Calixtino publica unha novela sobre o seu roubo. 23/01/13
Vai remitindo o temporal de neve, pero hoxe aínda é preciso usar cadeas en vinte estradas de Lugo e Ourense. // Nova imputación do alcalde de Santiago. // As denuncias por violencia de xénero descenden lixeiramente. // Parte cara o caladoiro da NAFO, un buque no que se vai estudar a incorporación feminina á flota pesqueira de altura. // Pranjic completa os reforzos de inverno do Celta. // O xuíz que recuperou o Códice Calixtino publica unha novela sobre o seu roubo. 23/01/13
Ceos moi nubrados con precipitacións intermitentes. A cota de neve irá subindo dende os 800 metros de primeiras horas ata os 1.200 metros pola tarde. Vento de compoñente Oeste moderado no litoral e máis frouxo no interior. Temperaturas mínimas sen cambios, e máximas en lixeiro ascenso. 23/01/13
Camións bloqueados na autovía das Rías Baixas e circulación complicada sobre todo nas zonas altas de Ourense e Lugo. En seis estradas secundarias é preciso o uso de cadeas. Seis mil escolares dun cento de colexios de Lugo, Pontevedra e sobre todo Ourense tiveron que quedar na casa pola primeira gran nevada do ano. // Ata a media noite, o litoral galego permanece en alerta vermella por vento forte e ondas que poden chegar aos nove metros. Seguen buscando a un mariñeiro que desapareceu fronte á costa de Ribeira, ao envorcar a embarcación na andaba ao polbo cun compañeiro, que puido ser rescatado. // Continúa o xuízo do Prestige. O ex ministro de Fomento Francisco Álvarez-Cascos declarou hoxe que os danos causados polo accidente do petroleiro foron "inevitables", e defendeu a decisión de afastar o buque da costa, tomada polas autoridades marítimas españolas. 22/01/13
Temporal de neve: Seis mil escolares sen clase e tráfico complicado nas provincias de Lugo e Ourense. // Tamén está complicada a situación no mar. Desde este mediodía, todo o litoral galego permanece en alerta vermella por vento forte e ondas que poden chegar aos nove metros. // Segue o xuízo do Prestige. O ex ministro de Fomento Francisco Álvarez-Cascos declarou hoxe que os danos causados polo accidente do petroleiro foron "inevitables", e defendeu a decisión de afastar o buque da costa, tomada polas autoridades marítimas españolas. // Coidar a paisaxe, incluída a rehabilitación de núcleos rurais e a eliminación de construcións ilegais, é un dos retos que se propón a Xunta para potenciar o turismo. // Atopan en Valladolid unha copia do testamento do Mariscal Pedro Pardo de Cela, que desmonta mitos sobre a figura deste nobre medieval galego. 22/01/13
Temporal de neve: Seis mil escolares sen clase e tráfico complicado. // O litoral galego permanece en alerta vermella. // Álvarez-Cascos di que os danos causados polo accidente do Prestige foron "inevitables". // Coidar a paisaxe, reto da Xunta para potenciar o turismo. // Atopan en Valladolid unha copia do testamento do Mariscal Pardo de Cela. 22/01/13
Ceos anubrados ou moi nubrados con precipitacións intermitentes, de neve por enriba dos 600 metros nas primeiras horas, subindo aos 800 metros ao longo da xornada. Vento de compoñente Oeste, forte no litoral e zonas altas e moderado no resto, rolando ao Noroeste dende a tarde. Temperaturas sen cambios. 22/01/13
Galicia vai recuperándose e amañando os estragos do temporal dos últimos días, mentres as augas aínda se resisten a volver ao leito dos ríos. Así vai o Miño por Lugo. É a maior crecida da última década e obrigou a suspender as clases no colexio da Ponte, pois os accesos están anegados. // Unha nena de Mondoñedo ten que usar cada día un todoterreo remolcado por un tractor do concello para poder chegar a parada do autobús escolar. Un desprendemento de terras mantén cortado o acceso a súa vivenda desde hai un mes. O concello pide axuda á Xunta e a Deputación para despexar a estrada. // María Jesusa Candal, do PP, gobernará o que queda de lexislatura en coalición con Alternativa Popular Galega ao prosperar a moción de censura que ámbolos dous partidos presentaron contra o PSOE. A nova alcaldesa tivo que soportar os berros e insultos dos veciños que asistiron ao pleno para apoiar ao ex rexedor. 21/01/13
Galicia vai recuperándose e amañando os estragos do temporal dos últimos días, mentres as augas aínda se resisten a volver ao leito dos ríos. // Alberto Núñez Feijóo recunca por terceira vez como presidente do Partido Popular de Galicia nun congreso no que os populares galegos renovaron mais da metade da súa dirección. // Entra en vigor o novo exame para sacar o carné de coche, coa condución autónoma como principal novidade. // En todoterreo remolcado por un tractor do concello, así ten que trasladarse, Natalia, unha nena de Mondoñedo para poder chegar a parada do autobús escolar. // O Deportivo cae á última posición da táboa logo de perder 2-1 en Pamplona. O Celta regresa cun punto de Málaga. // O restaurante O Acio, de Santiago, candidato ao premio Restaurante Revelación do ano, que outorga o foro gastronómico Madrid Fusión. 21/01/13
Galicia vai recuperándose e amañando os estragos do temporal. // Alberto Núñez Feijóo recunca por terceira vez como presidente do Partido Popular de Galicia. // Entra en vigor o novo exame para sacar o carné de coche. // En todoterreo remolcado por un tractor do concello para poder chegar a parada do autobús escolar. // O Deportivo cae á última posición da táboa. O Celta regresa cun punto de Málaga. // O Acio, de Santiago, candidato a `Restaurante Revelación¿. 21/01/13
Ceos anubrados e chuvias ocasionais durante o día, máis xeneralizadas e intensas cara á noite, podendo vir acompañadas ocasionalmente de tormentas con aparato eléctrico e sarabiadas. A cota de neve baixa aos 700 metros nas primeiras horas, ascendendo 800 pola tarde e aos 1.000 metros pola noite. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. Ventos soprarán do oeste pola mañá e rolarán a sudoeste pola tarde, con intensidade forte no litoral e zonas altas e moderadas no resto. 21/01/13