O xuiz que leva o caso do accidente de Angrois citou a declarar,coma imputado, ao responsable de seguridade de Adif, no tramo entre ourense e Santiago, no que se atopa a curva da Grandeira, na que se rexistrou o tráxico accidente que lles custou a vida a 79 persoas. Os servizos de meteoroloxía advirten que en comarcas da mitade sur se poden acadar os 39 graos. A Xunta decretou para algunhas delas alerta Laranxa, concretamente para a bacía do Miño, na mitade sur, e para o Noroeste da Provincia de Ourense. Unha alerta que tamén foi decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía para as Rias Baixas e o Sur de Pontevedra, neste caso, de nivel amarelo. (20/08/13)
O xuiz que leva o caso do accidente de Angrois citou a declarar,coma imputado, ao responsable de seguridade de Adif, no tramo entre ourense e Santiago, no que se atopa a curva da Grandeira, na que se rexistrou o tráxico accidente que lles custou a vida a 79 persoas. O titular do xulgado número tres de Santiago explica que determinará quen son os imputados unha vez que adif informe da súa identidade.
Os servizos de meteoroloxía advirten que en comarcas da mitade sur se poden acadar os 39 graos. A Xunta decretou para algunhas delas alerta Laranxa, concretamente para a bacía do Miño, na mitade sur, e para o Noroeste da Provincia de Ourense.
As labores de rexeneración de praias marisqueiras conseguen multiplicar, ata por dez, a producción de moluscos de interés comercial coma a ameixa. Así sucede nun dos areais da confraría de Moaña onde a Xunta está a desenvolver un dos 21 proxectos deste tipo que se levan a cabo en toda a costa. (20/08/13)
O xuiz que leva o caso do accidente de Angrois citou a declarar,coma imputado, ao responsable de seguridade de Adif, no tramo entre ourense e Santiago.
Os servizos de meteoroloxía advirten que en comarcas da mitade sur se poden acadar os 39 graos.
As labores de rexeneración de praias marisqueiras conseguen multiplicar, ata por dez, a producción de moluscos. (20/08/13)
Hoxe o sol brilla en toda Galicia e as temperaturas soben. As máximas superarán os 30 graos na maior parte da comunidade. (20/08/13)
Declaran no xulgado as últimas testemuñas citadas polo xuiz que investiga o accidente ferroviario de Angrois.
continúa activo, ainda que xa estabilizado e sen lapas ,o lume declarado en Vilamarin, preto de Ourense e que queimou unhas 200 hectáreas.A Consellería considera claramente intencionados os incendios que se declararon nas últimas horas.
Os traballadores do hospital concertado vigués POVISA comenzaron hoxe unha folga indefinida contra unha rebaixa salarial que os sindicatos cifran nun corenta por cento. Un paro que non é secundado polos médicos. (19/08/13)
Declaran no xulgado as últimas testemuñas citadas polo xuiz que investiga o accidente ferroviario de Angrois. Fixérono o garda de seguridade privada que viaxaba no tren, o maquinista que trouxera o alvia dende Madrid, ata Ourense e o operario de renfe que viaxaba ao carón do interventor que fixo a chamada que o maquinista accidentado atendía ata poucos segundos antes do sinistro.
continúa activo, ainda que xa estabilizado e sen lapas ,o lume declarado en Vilamarin, preto de Ourense e que queimou unhas 200 hectáreas.A Consellería considera claramente intencionados os incendios que se declararon nas últimas horas. Só no Barco de Valdeorras houbo 20 conatos nunha noite onde unha persoa foi detida acusada de telos provocado.
Os traballadores do hospital concertado vigués POVISA comenzaron hoxe unha folga indefinida contra unha rebaixa salarial que os sindicatos cifran nun corenta por cento. Un paro que non é secundado polos médicos.A dirección calcula que parou o quince por cento dos traballadores. Os convocantes din que só funcionan tres dos nove quirófanos e que, en urxencias só hai servizos mínimos. (19/08/13)
Declaran no xulgado as últimas testemuñas citadas polo xuiz que investiga o accidente ferroviario de Angrois.
continúa activo, ainda que xa estabilizado e sen lapas ,o lume declarado en Vilamarin
Os traballadores do hospital concertado vigués POVISA comenzaron hoxe unha folga indefinida. (19/08/13)
O anticiclón continúa a acompañarnos neste mes de agosto, seco e cálido en boa parte de Galicia. A semana comenza con tempo típico de verán e , polas previsións, semella que así vai continuar ao menos ata o domingo. (19/08/13)
Visitas á capela ardente da empresaria Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a de seu exmarido Amacio Ortega.
As universidades galegas, fóra da clasificación das 500 mellores do mundo.
30.000 persoas en Vilagarcía na Festa da Auga. (16/08/13)
Visitas á capela ardente da empresaria e accionista de Inditex Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a do seu exmarido Amacio Ortega. Faleceu onte, aos 69 anos, vítima un derrame cerebral.
As universidades galegas quedan fóra da clasificación das 500 mellores do mundo. A única que estaba, a de Vigo, caeu da lista neste 2013.
O bo tempo e as festas favorecen a ocupación hoteleira na costa, que ronda o 90 %. No inerior non chega ao 50%.
Vilagarcía celebra a FESTA DA AUGA, con 30.000 persoas mollándose por vontade propia.
Un incendio continua activo en Lousame,na Coruña, dende as dúas da madrugada.Levan ardido máis de 20 hectáreas. (16/08/13)
Baixan as temperaturas.Esta noite podería chover. (16/08/13)
Numerosas visitas á capela ardente da empresaria Rosalia Mera, na Coruña, entre elas a de seu exmarido Amancio Ortega. Faleceu aos 69 anos vítima dun derrame cerebral.
As universidades galegas quedan fóra da lista das 500 mellores do mundo.
30.000 persoas móllanse por vontade propia na Festa da Auga de Vilagarcía. (16/08/13)
Ponte festiva con especiais controis de alcolemia.
Folga na recollida de lixo da Coruña, o día 26
por cociñeiros desta provincia.
Nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España haberá degustacións gratuitas de productos da provincia de Lugo. (14/08/13)
Tráfico aumentará os controis de alcolemia nestes días de ponte festiva, nos que prevé case 800.000 desprazamentos en Galicia.
O sector da recollida do lixo da Coruña parará o día 26 en solidariedade3 cos da planta de tratamento de Nostián, que están en folga indefinida. O paro afectará a 400.000 habitantes.
O Exército deu xa máis de 30 avisos de incendio este verán nos montes. Dende o pasado 15 de xullo, patrullas da Brilat vixian as zonas de maior risco de lume, para disuadir aos incendiarios.
En dez días, a Vuelta Ciclista a España comezará a percorrer Galicia. En cada saída de etapa haberá degustación de gastronomía da provincia de Lugo.
Entrevista co conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, sobre incendios e a devolucion de axudas agrarias, e ó rural, concedidas pola UE. (14/08/13)
Sol e calor en Galicia para esta ponte festiva. A provincia de Ourense está en alerta por altas temperaturas, que poden superar os 36 graos. (14/08/13)
Tráfico incrementará os de controis de alcolemia na longa ponte festiva
Folga de lixo no sector de recollida da Coruña o día 26.
O Exército deu máis de 30 avisos de incendios neste verán
Degustacións gastronómicas de productos de Lugo en cada saída da Vuelta Ciclista a España. (14/08/13)
Estoupa unha bomba nun caixeiro automático de Novagalicia Banco, en Vigo, provocando numerosos desperfectos. Non houbo feridos . A entidade bancaria asegura que non levaron cartos. A Delegación do Goberno cree que puido ser autoría de Resistencia Galega.
Vixilantes de seguridade concéntranse na praza do Obradoiro para recoñecer o labor dos seus compañeiros no accidente ferroviario do 24 de xullo. Din que o traballo deles soe quedar esquecido.
As cinco denominacions de orixe de viño van organizar actividades para promover o turismo, cun ¿viñobus¿ para os visitantes haberá visitas teatralizadas.
O numero de peregrinos no Camiño de Santiago vai en aumento constante. No que vai de ano máis de 130 mil percorreron polo menos 100 kms. Da ruta.
Aranzubía incorpórase ao Atletico, Luisinho chega á Coruña. Celta e Lugo seguen pendentes de entradas e saídas.
O incendio entre Quiroga e Larouco queimou 400 hectáreas, menos das 500 que se estimaban inicialmente.
Entrevista co presidente da Fundación Rosalía de Castro, sobre os 150 anos da publicación de ¿Cantares Gallegos¿.
Cúmprense corenta anos do maior accidente aéreo de Galicia, o do avión de Aviaco, que se estrelou cerca de Alvedro. Faleceron os 85 ocupantes. (13/08/13)
Galicia continua baixo a influencia do anticiclón. (13/08/13)
Bomba nun caixeiro de NGB en Vigo, sen feridos. A Delegación do Goberno que foi autoría de Resistencia Galega.
As denominacions de orixe de viño promocionarán o turismo con actividades como un ¿viño bus¿ para transportar os visitantes.
Aranzubía ficha polo Atletico, Luisinho polo Deportivo. Celta e Lugo, pendentes de entradas e saídas. (13/08/13)
500 hectáresas queimadas en Quiroga e Larouco
A vía Goián-A Guarda abrirá ao tráfico a comezos de 2014.
Ante a forte calos, os médicos recomendar beber moita auga e resgardarse na sombra. (12/08/13)