500 hectáreas queimadas nun incendio nos concellos de Quiroga e Larouco, entre as provincias de Lugo e Ourense.
A Xunta mantén o nivel de alerta 1, pola cercanía do lume a dous núcleos.
4 persoas morreron esta fin de semana nas praias, 3 morreron por indisposicóns. Os especialistas recomendar beber moita auga e resgardarse na sombra, sobre todo os nenos, as persoas maiores ou con problemas cardíacos.
Os traballadores de empresas de recollida e tratamento de lixo da zona da Coruña van secundar as mobilizacions dos seus compañeiros da firma Albada, concesionaria da planta de reciclaxe de Nostián.
A nova vía entre Tui e A Guarda vai abrir os primeiros 10 kms a comezos do ano que vén.
Serán os do treito entre Goián e A Guarda.
Vigo acolleu na fin de semana 7 competicións de deportes de acción sobre rodas, graffiti e música.
Cen mil persoas asistiron ao Festival do Marisquiño.
O verán é época de festivais. Entrevista co director do Boiro Dance, Rubén Riós, que tamén é actor. Creou o Festival das Artes Escénicas, de Riós, que cumpríu a súa sexta edición. (12/08/13)