Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra. Alí arestora está activo un que se declaraba, nas últimas horas en Cotobade, parroquia de Tenorio que supera as 20 hectáreas.

continúa a folga no Hospital vigués de Povisa onde as negociacións entre os representantes do persoal e a dirección están rotas.

Penúltima etapa hoxe da Vuelta Ciclista en Galicia e a derradeira que transcorre integramente dentro da nosa comunidade. Arestora roda camiño de Fisterra, onde está situada a meta. (27/08/13)

Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra. Alí está activo un que se declaraba, nas últimas horas en Cotobade, parroquia de Tenorio que supera as 20 hectáreas. Namentres, segue a loita dos servizos de extinción contra outro iniciado a última hora da tarde de onte no municipio de Oia e que calcinou 1200 hectáreas.

Os afectados polo accidente do tren alvia en Angrois terán á súa disposición unha páxina web na que poderán informarse e mesmo realizar xestións.

O próximo luns comezarán a funcionar en Vigo e A Coruña os novos xulgados creados para atender as reclamacións dos afectados por participacións preferentes. Os novos xuices foron xa nomeados polo Ministerio de Xustiza xunto cos seus secretarios. Cada un destes novos xulgados contará, ademáis, con seis funcionarios. (27/08/13)

Os incendios forestais estanlle afectando hoxe, sobre todo, á provincia de Pontevedra.

Os afectados polo accidente do tren alvia en Angrois terán á súa disposición unha páxina web .

O próximo luns comezarán a funcionar en Vigo e A Coruña os novos xulgados creados para atender as reclamacións dos afectados por participacións preferentes. (27/08/13)

O Ministerio de Fomento entregaralle esta semana ao xuiz a dumentación que lle solicita para ver a quen imputa coma responsable polas eivas de seguridade na zona onde se produciu o accidente do tren alvia.

Nas próximas horas, quedarán extinguidos os incendios declarados e en Monterrei e Cualedro, na provincia de Ourense. Alí o lumequeimou esta fin de semana preto de 2200 ha, arrasando viñedos e árbores centenarias, e chegando a saltar a Portugal.

Dentro de pouco máis de hora é media está previsto que remate, no miradoiro de Lobeira, a terceira etapa da Volta Ciclista. Saíu de Vigo onde hoxe se viviu un ambiente festivo e volcado no ciclismo. (26/08/13)

O Ministerio de Fomento entregaralle esta semana ao xuiz a dumentación que lle solicita para ver a quen imputa coma responsable polas eivas de seguridade.

Nas próximas horas, quedarán extinguidos os incendios declarados e en Monterrei e Cualedro, na provincia de Ourense.

ministro de Economía , Luis de Guindos, asegura que en outubro Novagalicia terá xa un novo dono. (26/08/13)

O Ministerio de Fomento entregaralle esta semana ao xuiz a dumentación que lle solicita para ver a quen imputa coma responsable polas eivas de seguridade na zona onde se produciu o accidente do tren alvia.

Nas próximas horas, quedarán extinguidos os incendios declarados e en Monterrei e Cualedro, na provincia de Ourense. Alí o lumequeimou esta fin de semana preto de 2200 ha, arrasando viñedos e árbores centenarias, e chegando a saltar a Portugal.

O ministro de Economía , Luis de Guindos, asegura que en outubro Novagalicia terá xa un novo dono, e sen conceder máis axudas ao comprador. (26/08/13)

Comezamos semana con moitas nubes polo norte, más claros polo sur e con temperaturas máximas que quedarán por baixo dos 25 graos na maior parte de Galicia. (26/08/13)

A Volta Ciclista a España que sae mañá de Vilanova de Arousa lembrou ás vítimas do Accidente de tren de Angrois , do que tamén mañá, se cumpre un mes.

As exportacions galegas medraron un 20 por cento na primeira metade deste ano. Galicia foi a segunda comunidade con mellores resultados , grazas a dous sectores estratéxicos:a automoción e o textil. O pasado mes de xuño foi o que rexistrou o maior aumento.

O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, apura os últimos días de descanso en Ribadumia, Pontevedra. Hoxe deu un paseo pola beira do Umia, acompañado por altos dirixentes do Partido Popular galego. (23/08/13)

A Volta Ciclista a España que sae mañá de Vilanova de Arousa lembrou ás vítimas do Accidente de tren de Angrois , do que tamén mañá, se cumpre un mes. Caras coñecidas do ciclismo homenaxeábanas, deste xeito, polas estradas pontevedresas , cunha carreira cicloturista.

Compareceu nos xulgados de Lugo o concelleiro do PSOE en Santiago Bernardino Rama para prestar declaración ante a xuíza que dirixe a Operación Pokemon que investiga presuntas irregularidades na concesión de obras e servizos en varios concellos.

As exportacions galegas medraron un 20 por cento na primeira metade deste ano. Galicia foi a segunda comunidade con mellores resultados , grazas a dous sectores estratéxicos:a automoción e o textil. O pasado mes de xuño foi o que rexistrou o maior aumento. (23/08/13)

A Volta Ciclista a España que sae mañá de Vilanova de Arousa lembrou ás vítimas do Accidente de tren de Angrois.

Compareceu nos xulgados de Lugo o concelleiro do PSOE en Santiago Bernardino Rama para prestar declaración ante a xuíza que dirixe a Operación Pokémon.

As exportacions galegas medraron un 20 por cento na primeira metade deste ano. (23/08/13)

Nas próximas horas notaremos un empeoramento do tempo, causado por unha fronte pouco activa que se achega dende o Atlántico. O Domingo xa recuperaremos o ambiente anticiclónico. (23/08/13)

Seguen activos, en Ourense, o incendio de Baños de Molgas, e o de Velle, a carón da capital provincial.Medio Rural da por controlados o de Cudeiro, tamén perto de Ourense-cidade e os de A Veiga e Montederramo

O alcalde de Baralla, o popular Manuel Gónzalez Capón, rexeita demitir, tal como lle reclamaron hoxe, nun pleno os grupos da oposición despois da polémica suscitada por unhas palabras súas decindo que os condenados a morte no franquismo sería porque o merecían e polas que xa se desculpou.

O grupo Avanza ao que pertence a empresa Vitrasa, concesionaria do servizo público de autobuses de Vigo, acaba de ser adquirido pola mexicana ADO. (22/08/13)

Ourense segue a loitar contra o lume ainda que xa non hai perigo para zonas habitadas.Seguen activos o incendio de Baños de Molgas, e o de Velle, a carón da capital provincial.Medio Rural da por controlados o de Cudeiro, tamén perto de Ourense-cidade e os de A Veiga e Montederramo

O alcalde de Baralla, o popular Manuel Gónzalez Capón, rexeita demitir, tal como lle reclamaron hoxe, nun pleno os grupos da oposición despois da polémica suscitada por unhas palabras súas decindo que os condenados a morte no franquismo sería porque o merecían e polas que xa se desculpou.

O grupo Avanza ao que pertence a empresa Vitrasa, concesionaria do servizo público de autobuses de Vigo, acaba de ser adquirido pola compañía ADO. O comprador é unha importante empresa mexicana. (22/08/13)

Ourense segue a loitar contra o lume ainda que xa non hai perigo para zonas habitadas.

O alcalde de Baralla, o popular Manuel Gónzalez Capón, rexeita demitir, tal como lle reclamaron hoxe, nun pleno .

O grupo Avanza ao que pertence a empresa Vitrasa, concesionaria dos autobuses de Vigo, acaba de ser adquirido pola mexicana ADO. (22/08/13)

Os avogados dalgunha das 28 familias con víctimas mortais ou feridos que se persoaron na causa valoran positivamente a imputación, por parte do xuiz, dos responsables da seguridade na vía pero aseguran que non vai influir nas demandas civís en marcha.

Segue a calor abafante en moitas zonas do Sur, sobre todo na Bacía do Miño onde hoxe volven chegar aos 39 graos.O ambiente vai ir refrescando, xa pola tarde, sobre todo nas Rías Baixas, debido á entrada de aire marítimo. (21/08/13)

A Seguridade na curva da Grandeira, onde se produciu o descarrilamento do alvia, hai case un mes, foi posta baixo sospeita polo xuiz que instrúe o sumario sobre o accidente que les custou a vida a 79 persoas.

Segue a calor abafante en moitas zonas do Sur, sobre todo na Bacía do Miño onde hoxe volven chegar aos 39 graos. O ambiente vai ir refrescando, xa pola tarde, sobre todo nas Rías Baixas, debido á entrada de aire marítimo.

A selección Española de Balonceso acadou en Santiago unha nova victoria en partido da fase preparatoria para o Eurobasket 2013 que se vai celebrar o mes vindeiro en Eslovenia. (21/08/13)

A Seguridade na curva da Grandeira, onde se produciu o descarrilamento do alvia, hai case un mes, foi posta baixo sospeita polo xuiz.

Segue a calor abafante en moitas zonas do Sur, sobre todo na Bacía do Miño onde hoxe volven chegar aos 39 graos.

A selección Española de Balonceso acadou en Santiago unha nova victoria en partido da fase preparatoria. (21/08/13)

E as temperaturas seguen subindo. Hoxe a máxima en Ourense chegará aos 39 graos e gran parte desa provincia manténse en alerta laranxa e amarela. A Coruña, Lugo, Ferrol e Vigo tamén chegaran aos 30 graos. (21/08/13)