Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pouco a pouco o ceo foi quedando despexado na meirande parte de Galicia, agás na Mariña. As temperaturas máis altas polo sur moveranse en valores semellantes os de onte. Tamén continúa o nordés que soprará con forza sobre todo no litoral norte da Coruña. 11/09/13

Os cinco responsables da seguridade no tramo de vía entre Ourense e Santiago terán que prestar declaración como imputados, diante do xuiz que instrúe o sumario polo accidente de Angrois // O Xuiz tamén pide os nomes dos seus antecesores e dos presidentes e vocais do Consello de Administración do ADIF, aos que tamén vai imputar coma presuntos responsables da falla de garantías para a circulación no tramo onde descarrilou o tren // Dentro dunha hora comeza na sede de Pescanova, en Chapela, unha reunión concovada polo Administrador Concursal, para organizar a Xunta de Accionistas de pasadomañá, na que se vai elexir o novo Consello de Administración da multinacional // Nas últimas horas intensificáronse os movimentos dentro do accionariado para preparar a decisiva cita do xoves. 10/09/13

As familias realizan hoxe os últimos preparativos e compras para o inicio do Curso en Infantil e Primaria. Comeza mañá para máis de 200 mil alumnos. Uns gastos inevitables que, para algunhas familias, supoñen un considerable esforzó // O Parlamento Galego non creará una comisión para investigar o accidente ferroviario de Angrois. Así o decidíu o Pleno da Cámara, que rexeitou, cos votos do Partido Popular e a abstención dos socialistas, unha iniciativa, nese senso de AGE e BNG // Prestou declaración nun xulgado de Santiago a muller que fora detida o pasado mes de abril, no Congreso dos Deputados, acusada de interromper un pleno cando se debatía a xestión das participacións preferentes. Está acusada de atacar ás institucións do Estado. Afectados por preferentes de toda Galicia apoiárona dende o exterior do edificio xudicial. 10/09/13

As familias realizan hoxe os últimos preparativos e compras para o inicio do Curso en Infantil e Primaria // O Parlamento Galego non creará una comisión para investigar o accidente ferroviario de Angrois // Prestou declaración nun xulgado de Santiago a muller que fora detida o pasado mes de abril, no Congreso dos Deputados. 10/09/13

Comezou a venda dos activos de NovaGalicia Banco. O fondo de investimentos estadonidense, Apollo acaba de facerse con EVO Banco por 60 millóns de euros e anuncia que manterá rede de oficinas e emprego. Evo, creado pola entidade galega para operar fóra da comunidade e para ofrecer novos productos bancarios, conta con 80 oficinas repartidas por toda España, con 600 empregados e unha carteira de 250 mil clientes // Novagalicia banco devolve a partir de hoxe a noventa mil clientes, 39 millóns de euros pola eliminación das cláusulas chan das hipotecas. Recibirán de media 433 euros // Controlado e sen lapas o incendio de Rianxo, na parroquia de Asados que continuaba a arder esta mañá logo dunha noite en alerta. 09/09/13

Comezou a venda dos activos de NovaGalicia Banco. O fondo de investimentos estadonidense, Apollo acaba de facerse con EVO Banco por 60 millóns de euros e anuncia que manterá rede de oficinas e emprego. Evo, creado pola entidade galega para operar fóra da comunidade e para ofrecer novos productos bancarios, conta con 80 oficinas repartidas por toda España, con 600 empregados e unha carteira de 250 mil clientes // Novagalicia banco devolve a partir de hoxe a noventa mil clientes, 39 millóns de euros pola eliminación das cláusulas chan das hipotecas. Recibirán de media 433 euros. Celébrase en Vigo a conferencia mundial do atún. Os conserveiros aproveitan a ocasión para amosar a súa preocupación pola política comercial da Unión Europea, que permite a entrada sen aranceis de conservas deste peixe procedentes de terceiros países. 09/09/13

Comezou a venda dos activos de NovaGalicia Banco. O fondo de investimentos estadonidense, Apollo acaba de facerse con EVO Banco por 60 millóns de euros // Novagalicia banco devolve a partir de hoxe a noventa mil clientes, 39 millóns de euros pola eliminación das cláusulas chan das hipotecas // Celébrase en Vigo a conferencia mundial do atún. 09/09/13

O tempo, tamén o meteorolóxico, vainos achegando ao outono. As temperaturas van aumentar algo pero tamén a nubosidade e mesmo pode chover algo, sobre todo no Norte das provincias de Lugo e A Coruña. 09/09/13

Entra en servizo o treito da vía ártabra, unha circunvalación do contorno da Coruña, que enlaza Meirás, en Sada, coa nacional sexta e coa variante de Oleiros. Son 6 quilómetros e medio de vía de alta capacidade que supuxo un investimento de 54 millóns de euros. Evitará o paso por 12 quilómetros de travesías urbanas // A Audiencia Nacional podería ampliar a imputación de delictos ao exPresidente de Pescanova, Fernández de Sousa, logo de que se descobrira que a súa muller, Rosario Andrade, tentara transferir máis de 5 millóns de dolares a China, dende unha conta ao seu nome en Portugal // Afectados por preferentes montaron en Vigo un mercado de troco na entrada de Novagalicia Banco, escenificando a necesidade na que os deixou o quedaren sen os seus aforros. En Lugo retiraron conxuntamente das contas parte dos seu aforros. 06/09/13

Entra en servizo o treito da vía ártabra, unha circunvalación do contorno da Coruña, que enlaza Meirás, en Sada, coa nacional sexta e coa variante de Oleiros. Son 6 quilómetros e medio de vía de alta capacidade que supuxo un investimento de 54 millóns de euros. Evitará o paso por 12 quilómetros de travesías urbanas // Afectados por preferentes montaron en Vigo un mercado de troco na entrada de Novagalicia Banco , escenificando a necesidade na que os deixou o quedaren sen os seus aforros. En Lugo retiraron conxuntamente das contas parte dos seu aforros // Xa se pode adquirir nalgúns supermercados e grandes superficies o leite marcado coa etiqueta que garante a sostibilidade das granxas onde foi producido. 15 empresas transformadoras incorporan nos seus envases a marca, promovida polo Ministerio e que pretende garantir un prezo xusto aos gandeiros. 9 empresas comercializadoras tamén colaboran co proxecto. 06/09/13

Entra en servizo o treito da vía ártabra, unha circunvalación do contorno da Coruña // Afectados por preferentes montaron en Vigo un mercado de troco na entrada de Novagalicia Banco, escenificando a necesidade na que os deixou o quedaren sen os seus aforros. 06/09/13

Caeron as temperaturas. Hoxe as máximas non ha pasar dos 20 graos en ningún punto de Galicia. A boa noticia de cara a fin de semana é que de momento apenas choverá. 06/09/13

Os Centros de Servizos sociais poderán prestar servizos a calquera paciente, ainda que non estea ingresado. O Consello da Xunta acordou hoxe acreditalos para prestarllos, incluso a menores de 65 anoS. O Consello tamén analizou un informe segundo o que a Administración autónoma está pagando aos proveedores nun prazo de 30 días // Estabilizado o incendio de Ponte Caldelas, en Pontevedra, onde calcinou xa 600 hectáreas. A proximidade do lume ás casas obrigou a decretar o nivel 1 e chegaron a arder hortas e mesmo un hórreo // Continúa a investigación sobre autoría da morte da veciña do concello coruñés de cabanas, tres días despois de que o seu cadaver aparecera acoitelado a escasos metros de onde vive. 05/09/13

Os Centros de Servizos sociais poderán prestar servizos a calquera paciente, ainda que non estea ingresado. O Consello da Xunta acordou hoxe acreditalos para prestarllos, incluso a menores de 65 anos, unha medida na que Galicia é pioneira en toda España // Estabilizado o incendio de Ponte Caldelas, en Pontevedra, onde calcinou xa 600 hectáreas. A proximidade do lume ás casas obrigou a decretar o nivel 1 e chegaron a arder hortas e mesmo un hórreo. Unha fábrica de contrachapado de madeira estivo tamén rodeada polas lapas pero foi salvada sen danos // Continúa a investigación sobre autoría da morte da veciña do concello coruñés de cabanas, tres días despois de que o seu cadaver aparecera acoitelado a escasos metros de onde vivía. Logo dos indicios de agresión sexual que presentaba o corpo, serán as análises forenses as que poidan conseguir probas fundamentais coma o ADN do agresor 05/09/13

Os Centros de Servizos sociais poderán prestar servizos a calquera paciente, ainda que non estea ingresado // Estabilizado o incendio de Ponte Caldelas, en Pontevedra, onde calcinou xa 600 hectáreas // Continúa a investigación sobre autoría da morte da veciña do concello coruñés de cabanas. 05/09/13

Como observaron cambiou o tempo. Baixaron as temperaturas, os ceo apareceu medio cuberto e nalgunhas zonas incluso se rexistraron orballos ou choivas ocasionais. 05/09/13

Os veciños de Cabanas concentráronse diante da casa do Concello como mostra de rexeitamento do asasinato da veciña da localidade da que o cadaver foi atopado, logo de sair dar un paseo, o domingo á tarde. Namentres seguen as investigaciòns da Garda Civil para dar co autor do crime.

Catro mozos declararon na Audiencia Nacional coma imputados por enaltecemento do terrorismo . Foron citados logo de que a policía os identificara nunha concentración de apoio aos membros de Resistencia Galega xulgados a finais de xuño.

Partido en memoria das vítimas do accidente de tren de Angrois. O Compostela recibe ao Celta nun encontro de homenaxe tamén a todos os que axudaron naquela noite do 24 de xullo. (04/09/13)

Os veciños de Cabanas concentráronse diante da casa do Concello como mostra de rexeitamento do asasinato da veciña da localidade da que o cadaver foi atopado, logo de sair dar un paseo, o domingo á tarde. Namentres seguen as investigaciòns da Garda Civil para dar co autor do crime. A espera de que se coñezan os resultados oficiais das análises realizadas ao cadáver, os indicios apuntan a que foi violada, antes de que acabaran coa súa vida, con varias coiteladas

Catro mozos declararon na Audiencia Nacional coma imputados por enaltecemento do terrorismo . Foron citados logo de que a policía os identificara nunha concentración de apoio aos membros de Resistencia Galega xulgados a finais de xuño. Están acusados de portaren fotos dos presos

Partido en memoria das vítimas do accidente de tren de Angrois. O Compostela recibe ao Celta nun encontro de homenaxe tamén a todos os que axudaron naquela noite do 24 de xullo. (04/09/13)

Os veciños de Cabanas concentráronse diante da casa do Concello como mostra de rexeitamento do asasinato da veciña da localidade .

Catro mozos declararon na Audiencia Nacional coma imputados por enaltecemento do terrorismo .

O Compostela recibe ao Celta nun encontro de homenaxe ás vítimas do accidente de angrois. (04/09/13)