Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois. Son o xefe de seguridade na circulación e o xerente da seguridade na circulación na zona noroeste. O xuiz imputalles un delito de imprudencia por non garntir a seguridade na zona do descarrilamento. Mañá van prestar declaración os tres inspectores de adif tamén imputados // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de NOvagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro. O Director Xeral do FROB considera o interese de investidores foraneos coma un espaldarazo ao sector financieiro español // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. Quere demostrar que non foi entregada nunha casa berce e que os seus pais adoptivos pagaron a factura do hospital público no que naceu. 18/09/13
Prestan declaración nos xulgados de Santiago os dous primeiros imputados de ADIF polo accidente de Angrois // O FROB non pon obstaculo á entrada de capital extranxeiro na compra de Novagalicia BANCO, que pode estar vendido para finais de outubro // Un xulgado de Vigo comenza hoxe a investigar a denuncia dunha moza que cre que é unha nena roubada. 18/09/13
O tempo vai empeorar algo nas próximas horas pero as temperaturas suben. 18/09/13
O Presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, avisou hoxe de que, se os acreedores da multinacional pesqueira non aceptan a quita que lles está a propor, non hai nada que facer para garantir a viabilidade da empresa // Adif considera sen fundamento a imputación dos responsables de seguridade da vía no descarrilamento de angrois e e tamén a dos seus cargos directivos, anunciada polo instructor // O Camiño de Santiago vaise beneficiar da posta en marcha dun destino turístico intelixente, asinado hoxe polo Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia. 17/09/13
O Presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, avisou hoxe de que, se os acreedores da multinacional pesqueira non aceptan a quita que lles está a propor, non hai nada que facer para garantir a viabilidade da empresa // Adif considera sen fundamento a imputación dos responsables de seguridade da vía no descarrilamento de angrois e e tamén a dos seus cargos directivos, anunciada polo instructor // O Camiño de Santiago vaise beneficiar da posta en marcha dun destino turístico intelixente, asinado hoxe polo Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia. Contar con acceso Wifi de balde en tódolos albergues do camiño francés ou poder selar e obter a compostela vía Web serán algunhas das vantaxes coas que contarán os peregrinos, nun prazo de dous anos, grazas a esta iniciativa // O Celta saiu derrotado do novo San Mamés pero tivo a honra de marcar o primeiro gol na estrea do estadio do Atlétic de Bilbao. Os vigueses colleitaron a primeira derrota da tempada, por tres goles a dous. 17/09/13
O Presidente de Pescanova, Juan Manuel Urgoiti, avisou hoxe de que, se os acreedores da multinacional pesqueira non aceptan a quita, non hai nada que facer // Adif considera sen fundamento a imputación dos responsables de seguridade da vía // O Camiño de Santiago vaise beneficiar da posta en marcha dun destino turístico intelixente, asinado hoxe polo Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia. 17/09/13
Segue o tempo cambiante. Non acaba de chover pero tampouco dura o sol. Mañá outra vez melloría e aumento das nubes, a última hora. 17/09/13
Día de avaliación despois de dar por extinguido o incendio do Monte Pindo que queimou case 2.400 hectáreas. A Xunta prepara un plan para evitar o arrastre de cinzas // Seguen as xestións para dar co parardoiro do dono do boleto da primitiva premiado con catro millóns setecentos mil euros e que foi atopado no mostrador dunha administraciòn de lotería distinto do usado para selalo // A Axencia de Proteccion da Legalidade Urbanistica, que botou a andar hai 4 anos, abriu xa mais de mil expedientes e ordenou o derrube de 300 edificacions ilegais // O Celta xoga esta noite ante o Atlétic de Bilbao, nun partido no que terá, ademáis, a honra de pisar, por primeira vez, nun partido oficial, o céspede do novo San Mamés, que sustitúe a vella "Catedral" do balompé. 16/09/13
Día de avaliación despois de dar por extinguido o incendio do Monte Pindo que queimou case 2.400 hectáreas. A Xunta prepara un plan para evitar o arrastre de cinzas // Seguen as xestións para dar co parardoiro do dono do boleto da primitiva premiado con catro millóns setecentos mil euros e que foi atopado no mostrador dunha administraciòn de lotería distinto do usado para selalo // A Axencia de Proteccion da Legalidade Urbanistica, que botou a andar hai 4 anos, abriu xa mais de mil expedientes e ordenou o derrube de 300 edificacions ilegais // O Celta xoga esta noite ante o Atlétic de Bilbao, nun partido no que terá, ademáis, a honra de pisar, por primeira vez, nun partido oficial, o céspede do novo San Mamés, que sustitúe a vella "Catedral" do balompé. 16/09/13
Día de avaliación despois de dar por extinguido o incendio do Monte Pindo que queimou case 2.400 hectáreas // Seguen as xestións para dar co parardoiro do dono do boleto da primitiva premiado con catro millóns setecentos mil euros // A Axencia de Proteccion da Legalidade Urbanistica abriu xa mais de 1000 expedientes e ordenou o derrube de 300 edificacions ilegais. 16/09/13
O tempo vai experimentar lixeiros cambios, nas próximas horas ainda que seguirán as temperaturas mornas. No norte da comunidade pode caer algunha chuvisca. 16/09/13
Imaxes de medo e preocupación, as desta mañá nunha das zonas de maior beleza natural de Galicia. A Ensenada do Ézaro, ao carón do Monte Pindo. Alí o lume volveu cercar esta maña casas e propiedades, despois de reavivarse de madrugada. Leva queimadas xa unhas dúas mil hectáreas e os medios de extinción están tendo moitas dificultades para controlalo // O novo Consello de Administración de Pescanova vai negociar cos acreedores, principalmente bancos, unha quita do 75%, para tratar de manter con vida a multinacional pesqueira. O novo presidente, Juan Manuel Urgoiti, elexido co apoio da cerveceira Damm, asegurou que a empresa seguirá sendo galega e que ten futuro. Foi elexido en sustitución de Fernández de Sousa, fillo dun dos fundadores // A semana que vén vaise por en marcha o proceso de venda de Novagalicia Banco. Anunciono o secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre. Unha venda que se producirá un ano despois de que a fusión da antigas caixas se convertira nun banco. 13/09/13
Imaxes de medo e preocupación que, por segundo día consecutivo, as desta mañá nunha das zonas de maior beleza natural de Galicia. Leva queimadas xa unhas dúas mil hectáreas e os medios de extinción están tendo moitas dificultades para controlalo // O novo Consello de Administración de Pescanova vai negociar cos acreedores, principalmente bancos, unha quita do 75%, para tratar de manter con vida a multinacional pesqueira // A semana que vén vaise por en marcha o proceso de venda de Novagalicia Banco. 13/09/13
O vento do nordés semella que da tregua este venres no que soben as temperaturas. As máximas poden achegarse aos 30 graos en moitos puntos de Galicia. 13/09/13
Decisiva xunta de accionistas de Pescanova na que se vai decidir o futuro da compañía. Agárdase que da xuntanza saia o novo consello de Administración que dirixa a compañía e tamén o futuro Presidente que sustitúa ao demitido Fernandez de Sousa // 3 grandes incendios activos, só o de Carnota segue en nivel de máxima alerta pola proximidade a zonas habitades. O vento do nordés está a complicar tamén a extinción doutros dous na costa // 3 persoas pasaron a disposición xudical nas útlimas horas imputados por provocar lumes. Só ingresou na cadea unha muller de Salceda de Caselas acusade de prender 13 no seu concello. En Oia quedou en liberdade con cargos un home de 74 e o último en Lalín foi sorprendido "in fraganti" pola garda civil // O Presidente da Xunta anunciou que NovaGalicia Banco está disposta a aceptar que os propietarios de preferentes poidan acollerse ás condicións que tiveron, ata agora, os acollidos á arbitraxe, e poidan, así, recuperar os seus cartos. 12/09/13
Decisiva xunta de accionistas de Pescanova na que se decide o futuro da compañía // Tres grandes incendios activos. Só o de Carnota segue en nivel de máxima alerta pola proximidade a zonas habitades // Tres persoas pasaron a disposición xudical nas útlimas horas imputados por provocar lumes. 12/09/13
Continuamos con tempo solleiro. As temperaturas máximas rondarán os 25 graos polo norte os 30 polo sur nunha xornada na que o vento do nordés se fará sentir sobre todo na costa. 12/09/13
A Garda Civil detivo a un home coma presunto autor do incendio do Rosal, un dos máis graves do verán e que queimou unhas duas mil hectáreas, no sur de Pontevedra // O arrestado é un gandeiro de avanzada idade, da zona de Oia, onde se iniciara o lume // Algo máis de douscentos mil alumnos de educación infantil e primaria volveron ás aulas, logo das vacacións de verán. En educación infantil, o número de nenos matriculados baixou algo, respecto ao curso pasado, en primaria, manténse // A terminal de vehículos do porto de Vigo rexistra a maior ocupación dende hai seis anos. A maioría son coches saídos da factoría de Citroén da cidade e destinados á exportaciòn. Tamén os hai doutras fábricas coma as de Valladolid que utilizan a terminal viguesa para darlle saída á súa producción. 11/09/13
Algo máis de douscentos mil alumnos de educación infantil e primaria volveron ás aulas, logo das vacacións de verán. En educación infantil, o número de nenos matriculados baixou algo, respecto ao curso pasado, en primaria, manténse // O Presidente da Xunta solicitou a reapertura da vía da arbitraxe para os afectados por participacións preferentes de NovaGalicia Banco. Díxoo no Parlamento onde tamén anunciou que a Xunta vai declarar Ben de Interese Cutural as coleccións artísticas das antigas caixas co fin de evitar a súa dispersión e que saian de Galicia // O Adif vai recorrer o auto do xuiz que instrúe o caso do accidente de tren Santiago e que cita a declarar como imputadas a 28 persoas. Entre eles o actual presidente e dous dos antecesores e os membros do consello de administración da empresa pública. 11/09/13
Algo máis de douscentos mil alumnos de educación infantil e primaria volveron ás aulas, logo das vacacións de verán // O Presidente da Xunta solicitou a reapertura da vía da arbitraxe para os afectados por participacións preferentes de NovaGalicia Banco // O Adif vai recorrer o auto do xuiz que instrúe o caso do accidente de tren Santiago e que cita a declarar como imputadas a 28 persoas. 11/09/13