Seguen as brétemas e a choivas poden ser intensas nalgunhas zonas. A mellora non se agarda ata ao luns. (08/08/14)
O tempo non é o propio do verán, nesta segunda fin de semana de agosto.
As rúas de Lugo, practicamente limpas, logo do remate,da folga dos traballadores da recollida do lixo .
Vigo, capital do deporte e a cultura urbanas, ao celebrarse alí " O Marisquiño" e A Coruña vive a celebración do Noroeste Pop-rock. (08/08/14)
O tempo non é o propio do verán, nesta segunda fin de semana de agosto.
As choivas, nalgunhas zonas, poden ser intensas. A situación mellorará algo, mañá sábado, pero non toda a fin de semana.
As rúas de Lugo amenceron practicamente limpas, logo do remate,da folga dos traballadores da recollida do lixo . Só en zonas da periferia e do rural, quedan restos dos refugallos, acumulados durante a protesta, que durou... 2 meses
Vigo, convértese, dende hoxe, na capital do deporte e a cultura urbanas, ao celebrarse alí, ata ao domingo, O MARISQUIÑO.
E A Coruña vive unha fin de semana grande, dentro das súas festas, coa celebración do Noroeste Pop-rock, no que actuarán Madness e Love of Lesbian, entroutros grupos. (08/08/14)
Rematou a folga dos traballadores da recollida do lixo de Lugo, logo do acordo da pasada madrugada. A limpeza empezará hoxe e agárdase que en dous ou tres días a cidade recupera a súa imaxe normal, sen acumulacións de refugallos.
A consellería do mar aclara que se pode consumir mexillón con total tranquilidade, se se compra nas canles legais. Unha advertencia que se produce logo de que dúas persoas tiveran que ser hospitalizadas por consumiren molusco mercado directamente a un bateeiro, cando había marea vermella.
O mundo do cómic ten cita obrigada estes días na Coruña, no certame Viñetas dende o Atlántico. Durante toda a semana, autores consagrados,e tamén os novos, de distintos países, exhiben a súa mestría co tebeo. (07/08/14)
Rematou a folga dos traballadores da recollida do lixo de Lugo, logo do acordo da pasada madrugada. A limpeza empezará hoxe e agárdase que en dous ou tres días a cidade recupera a súa imaxe normal, sen acumulacións de refugallos.
Esta tarde chegan a Vigo, 90 dos máis de 200 pasaxeiros que onte viaxaban no tren-hotel, que facía o traxecto entre Barcelona e a cidade Olívica. Onte á noite, un incendio na locomotora obrigou a parar o tren na provincia de Huesca e a trasladar aos pasaxeiros en autobuses ata Zaragoza. Non houbo danos persoais, só atrasos.
España venceu con comodidade a Canadá, no partido de onte na Coruña, co que abriu a preparación para o Mundial de Baloncesto de finais deste mes. Ao final, 82 a 70 puntos para España, 12 de vantaxe, que puideron ser mais se os españois non se relaxaran na segunda metade. Destacou a actuación dos irmáns Gasol. (07/08/14)
Dia de orballadas, brétemas e nubes. Pero día de verán, así e todo, con temperaturas agradables. Unha situación que se vai manter nas próximas horas e que mesmo parece que vai empeorar mañá. (07/08/14)
Rematou a folga dos traballadores da recollida do lixo de Lugo, logo do acordo da pasada madrugada.
Esta tarde chegan a Vigo, 90 dos máis de 200 pasaxeiros que onte viaxaban no tren-hotel, que facía o traxecto entre Barcelona e a cidade Olívica.
España venceu con comodidade a Canadá, no partido de onte na Coruña, co que abriu a preparación para o Mundial de Baloncesto de finais deste mes. (07/08/14)
Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante.
Os barcos galegos do cerco poderán seguir pescando xurelo.
Principia esta tarde na Coruña a xira previa ó mundial de Baloncesto. (06/08/14)
Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante. Os grupos da oposición pídenlle a Navantia e ao Goberno Central que reformule o proxecto. A Xunta di que os estaleiros ferroláns, teñen carga de traballo, por valor do dobre, do presuposto do dique.
O Instituto Galego de consumo, anima a presentar reclamacións polos atascos, nas peaxes da autoestrada do Atlántico.
A paxina web do Instituto informa de como facer as reclamacións e ofrece os formularios para inicialas.
Varios milleiros de mozos, procedentes de toda España, lembran en Santiago a Xornada Mundial da Xuventude de hai 25 anos, que presidira, daquela ,o papa Xoán Paulo Segundo. Trouxera ata ó monte do gozo a milleiros de cristiáns de todo o mundo. (06/08/14)
Preocupación polo futuro de Navantia de Ferrol, logo de que a Unión Europea aclarase que non se poderán usar axudas públicas estatais, para a construcción do dique flotante. Os grupos da oposición pídenlle a Navantia e ao Goberno Central que reformule o proxecto. A Xunta di que os estaleiros ferroláns, teñen carga de traballo, por valor do dobre, do presuposto do dique.
Os barcos galegos do cerco poderán seguir pescando xurelo. Portugal cedeu 800 toneladas de cota , que beneficiarán, sobre todo, á nosa flota. Esta pasaba por momentos de dificultade, ao terse esgotado o tope de capturas, e ante a posibilidade de ter que amarrar pola escaseza de sardiña, que é a outra especie principal á que se dedican. .
Principia esta tarde na Coruña a xira previa ó mundial de Baloncesto. Un torneo no que o combinado nacional asume, xunto ós Estados Unidos, o cartel de gran favorito. O primeiro rival ao que terá que enfrontarse, nesta fase de preparación, será a selección de Canadá. O partido será ofrecido en directo por Teledeporte . (06/08/14)
Continuamos baixo a influencia de ventos de compoñente este e dunha fronte pouco activa que se achega dende o norte. (06/08/14)
Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que a xuntanza que esta tarde van manter os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser... sirva para porlle fin á folga, que dura xa 57 días.
Hoxe o Alcalde díxolles aos representantes veciñais que, durante o tempo que dure o conflito, non se vai cobrar o recibo por este servizo
Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá no primeiro partido de preparación para o mundial.
O adestrador, e o capitán, , van explicar esta tarde, o seu plan de traballo na cidade galega, onde empezarán a por en práctica, o xogo, co que queren facerlles fronte aos seus rivais. (05/08/14)
Non empeora, de momento, pero tampouco é un día de verán pleno. É o resume que se pode facer do tempo. (05/08/14)
Pensionistas que foron emigrantes ( máis de 11 mil en Galicia), pídenlle á Conselleira de Facenda que as reclamacións que lles está a facer a administración polas pensións do estranxeiro, lles afecten só a partir do ano que vén. Solicitan que non lles reclamen as dos últimos cinco anos, porque -din- non foron informados no seu momento.
Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que a xuntanza que esta tarde van manter os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser... sirva para porlle fin á folga, que dura xa 57 días.
Hoxe o Alcalde díxolles aos representantes veciñais que, durante o tempo que dure o conflito, non se vai cobrar o recibo por este servizo
Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá no primeiro partido de preparación para o mundial.
O adestrador, e o capitán, , van explicar esta tarde, o seu plan de traballo na cidade galega, onde empezarán a por en práctica, o xogo, co que queren facerlles fronte aos seus rivais. (05/08/14)
Os emigrantes retornados amosáronlle hoxe á Xunta a satisfacción pola retirada das sancións que lles viña impondo Facenda por non declararen as pensións que cobran no estranxeiro.
Unha medida recentemente aprobada polo Consello de Ministros.
Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser cheguen a un acordo para porlle fin á folga.
Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá no primeiro partido de preparación para o mundial. (05/08/14)
O paro continua á baixa, e o rexistrado diminuíu en Galicia no mes pasado un 4,7 % ; isto é, 12.000 parados menos que en xuño, o que sitúa a baixa na nosa comunidade, como a maior de España en termos absolutos, e como a segunda en termos relativos.
Por sectores, restauración e hostalaría, rexistran a maior caída, con 8.000 parados menos
Empeora a situación creada en Lugo pola folga dos traballadores da recollida do lixo.
Os puntos de alerta sanitaria chegan xa ao medio cento. A semana pasada eran 13.
Mais de 3.000 veciños de Marín continúan sen auga da traída, dende que o sábado rompera unha tubaxe de condución. O concello recuperou unha canalización antiga, e calcula que ata o xoves non se poderá solucionar o problema. Entrementres, os marineneses, en plena época de veraneo, teñen que sacar auga dos pozos ou das fontes. (04/08/14)

Recuperamos o tempo máis propio do verán. Será por uns días, agora ao inicio da semana. (04/08/14)
O paro continua á baixa, e o rexistrado diminuíu en Galicia no mes pasado un 4,7 % ; isto é, 12.000 parados menos que en xuño, o que sitúa a baixa na nosa comunidade, como a de maior descenso España.
Empeora a situación creada en Lugo pola folga dos traballadores da recollida do lixo.
Mais de 3.000 veciños de Marín continúan sen auga da traída, dende que o sábado rompera unha tubaxe de condución. (04/08/14)
A xunta aproba o tope de gasto máximo para o ano 2015. Será de 8.436 millons de euros. Por vez primeira desde hai 5 anos, increméntao respecto do ano anterior, neste caso nun 0,5%. O goberno di que ten en conta que en 2015 o PIB galego vai medrar un 1,8% e que se vai crear emprego neto .
O Centro Comercial Marineda City da Coruña acaba de ser mercado pola inmobiliaria Merlín por 260 millóns de euros. Abrira hai 3 anos,cun investimento de 450 millóns. é o maior investimento nun centro comercial en España desde que comezou a crise.
Unha exposición nas prazas e rúas do centro de Santiago provocou o descontento do Cabido da Catedral compostelá.
Di que provocou as protestas dalgúns cidadáns que se queixan da súa presenza nos arredores do templo. Aseguran que fire a súa sensibilidade (01/08/14)