O Centro Comercial Marineda City da Coruña acaba de ser mercado pola inmobiliaria Merlín por 260 millóns de euros. Abrira hai 3 anos,cun investimento de 450 millóns. é o maior investimento nun centro comercial en España desde que comezou a crise.
A xunta aproba o tope de gasto máximo para o ano 2015. Será de 8.436 millóns de euros. Por vez primeira desde hai 5 anos, increméntao respecto do ano anterior, neste caso nun 0,5%. O goberno di que ten en conta que en 2015 o PIB galego vai medrar un 1,8% e que se vai crear emprego neto .
O porteiro Yoel foi presentado como novo xogador do Valencia. O meta chega en calidade de cedido desde o Celta pero cunha opción de compra obrigada ao rematar a presente tempada. O club che pagará uns 2 millóns de euros polo galego, que asinará un contrato de catro anos. (01/08/14)