En marcha unha nova operación especial de control do tráfico por estrada. A DXT prevé 473 mil desprazamentos nas vías galegas, dende hoxe ata o día de Reis. Vanse intensificar os controis de velocidade ...dende terra e tamén dende o ar, con helicópteros, e aumentarán as probas de alcohol e drogas.
O Instituto Galego de Promoción Económica dará axudas a empresas, con seis millóns e medio de euros. Serán para equipamentos produtivos, formación e internacionalización.
Os comerciantes do mercado da Pedra, en Vigo, piden a reapertura dos seus establecementos, despois de que tiveran que pechar en outubro por unha redada da policía. Aseguran que 60 familias están sen poder traballar, e sen ingresos. O peche tamén afecta a outros negocios da zona, que quedaron sen os clientes que atraía o popular mercado vigués. (02/01/15)
Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo. As nécoras e as cigalas a entre 25 e 90 euros. O aumento da demanda fixo que se triplicaran as vendas nos viveiros de marisco // Agárdase unha noite de fin de ano despexada e fría pero menos que as anteriores. Seguirán, aínda así, as temperaturas baixas e as xeadas, sobre todo nas comarcas do interior, para unha celebración que, en Vilagarcía, xa se adiantou ao mediodía, tal como vén sucedendo, dende hai 20 anos // Presidente da Xunta dixo na súa mensaxe de Fin de Ano, que 2015 será mellor que este 2014, no económico e no social. Alberto Núñez Feijoo tamén chama a recuperar o uso do galego na vida cotiá. 31/12/14
Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo. As nécoras e as cigalas a entre 25 e 90 euros. O aumento da demanda fixo que se triplicaran as vendas nos viveiros de marisco // O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo, en Pontevedra, que o ano que vén vai ser o do despegue da economía española e que os datos do paro do mes de decembro van ser "esperanzadores". Rajoy avisou, ante a xunta directiva provincial do PP, contra os grupos aos que calificou de "Adáns", que chegan á política coma se nada existira antes ca deles // Tráfico calcula que ata o dia de Reis, vai haber case medio millón de desprazamentos polas estradas galegas. As baixas temperaturas e as xeadas son o principal perigo para os conductores nestes días de festas. 31/12/14
Os Camaróns e os percebes pagáronse esta mañá a 200 euros o quilo // O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo, en Pontevedra, que o ano que vén vai ser o do despegue da economía // Trafico calcula que ata o dia de Reis, vai haber case medio millón de desprazamentos polas estradas galegas. 31/12/14
Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior e acadou o 16% // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. O arcebispo incidiu na necesidade de atender as familias que mais padecen a crise. 30/12/14
Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia. Está no limite de Asturias con Cantabria e con el pónselle remate á autovía do Cantábrico, 25 anos despois de terse iniciado as obras. Unha inauguración que encabezou o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7%, ata novembro, segundo datos ofrecidos hoxe pola xunta. O aumento entre visitantes estranxeiros foi aínda superior, e acadou o 16 % // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Xerusalén ata Galicia. O alcalde de Santiago foi o delegado do Rei e pediu loitar contra a corrupción. 30/12/14
Inaugurado o último treito que quedaba por entrar en servizo para que se poida viaxar por autovía entre Galicia e a fronteira con Francia // O número de turistas aloxados en establecementos galegos aumentou case un 7% // A Catedral de Santiago acolleu a cerimonia de conmemoración do traslado dos restos do Apóstolo Santiago. 30/12/14
Foi, na provincia ourensá onde mais se notou o frío. Verín rexistrou a mínima de Galicia; menos 9,2 graos. Para a próxima noite non se agarda que sexan tan baixas. 30/12/14
Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos dìas. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Un edificio derrubouse sobre un restaurante, na localidade coruñesa de Betanzos, sen causar danos persoais, pese a que, no momento do incidente había dez clientes dentro do establecemento. 29/12/14
Cadrando co remate do ano chegan as temperaturas invernais. Un enfriamento que trouxo tamén as primeiras xeadas, enfriamento que vai seguir nos próximos días. A provincia de Ourense foi a que rexistrou as mínimas máis baixas. O récord foi para Calvos de Randín, con 9 graos baixo cero. E en Baltar, 7 baixo cero // Unións Agrarias acusa á industria de querer que os gandeiros asinen contratos de subministro con prezos moi baixos, que non chegan, din, para cubrir os custes de produción // Máis de 20 investigadores galegos que traballan no estranxeiro, comparten na Coruña as últimas novidades e conclusións dos traballos que realizan en centros punteiros de Europa e Estados Unidos.Traballos, entre outros, sobre cancro de pel e bioloxía molecular. 29/12/14
Ata aninovo teremos tempo seco e frío, aínda que algo menos intenso ca hoxe // Durante esta semana seguirá habendo xeadas, polo que se recomenda ter mais precaución nas estradas. 29/12/14
A Xunta fixará por decreto unha espera máxima de 60 días para intervencións cirúrxicas non urxentes e de 45 días para consultas hospitalarias, probas diagnósticas e terapéuticas // A folga en Renfe, que remata ás 11 desta noite, afecta sobre todo aos trens de media distancia entre A Coruña e Vigo. 26/12/14
43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade // No Nadal é cando mellor se pagan as famosas ameixas de Carril. Trinta mariscadoras volven faenar na praia da Concha, pechada nos últimos tres meses para recupela das riadas do inverno pasado. 26/12/14
43 mil galegos que cobran pensións non contributivas recibirán unha paga extraordinaria de 206 euros coma complemento. Recibirán nos primeiros días de xaneiro // 5.500 fogares desaparecerán en Galicia na próxima década. Cada ano a partir de 2020 perderanse uns mil fogares // Os trens de media distancia estanse a ver afectados pola folga convocada en Renfe e que remata ás 11 da próxima noite // As urxencias do hospital do Meixoeiro de Vigo están ateigadas estes días, con pacientes nos corredores // Coincidencia na rúa sobre o primeiro discurso de Nadal de Felipe VI. A maioría di que foi unha alocución pegada á actualidade. 26/12/14
Mercados cheos de compradores para a cea de Noiteboa, con prezos altos en peixe e marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional retirara o expediente de despido para todo o plantel. 24/12/14
Mercados cheos para a cea de Noiteboa, con prezos altos, sobre todo os do peixe e o marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional anulara o despedimento de todo o plantel // Galicia aforrará 100 millóns de euros co novo modelo de financiamento autonómico // Vixilancia Aduaneira di que hai indicios abondo de que o alcalde de Lugo, José Lopez Orozco colaborou de forma activa co grupo Vendex para conseguir o contrato da Ora, extremo que nega o alcalde. Tamén o expresidente do PP de Ourense Jose Luis Baltar e o tenente de alcalde da Coruña Julio Flores negan ter recibido favores de Vendex // O céltico Larrivey podería ser sancionado con 4 partidos por supostamente chamarlle ladrón ao árbitro no partido Celta-Almeria, que perderon os vigueses // O Deportivo personarase no xuízo polo presunto amaño do encontro Levante-Zaragoza polo que os coruñeses acabaron descendendo a 2ª división en 2011. 24/12/14
Mercados cheos para a cea de Noiteboa, con prezos altos, sobre todo os do peixe e o marisco // Na Costa da Morte traballan estes días a reo apañando percebe // Os 400 traballadores de Alcoa na Coruña celebran que a multinacional anulara o despedimento de todo o plantel // Galicia aforrará 100 millóns de euros co novo modelo de financiamento autonómico // Vixilancia Aduaneira di que hai indicios abondo de que o alcalde de Lugo, José Lopez Orozco colaborou de forma activa co grupo Vendex para conseguir o contrato da Ora, extremo que nega o alcalde. Tamén o expresidente do PP de Ourense Jose Luis Baltar e o tenente de alcalde da Coruña Julio Flores negan ter recibido favores de Vendex // O céltico Larrivey podería ser sancionado con 4 partidos por supostamente chamarlle ladrón ao árbitro no partido Celta-Almeria, que perderon os vigueses // O Deportivo personarase no xuízo polo presunto amaño do encontro Levante-Zaragoza polo que os coruñeses acabaron descendendo a 2ª división en 2011. 24/12/14