Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Despois dun mes de protestas e coa obra parada hoxe reiniciáronse en Vigo os traballos para instalar na rotonda de Coia o pesqueiro Bernardo Alfageme. Un amplo dispositivo da policía local vixía as obras en presenza dun grupo de opositores, que piden que ese investimento se asigne a servizos sociais // A concelleira de urbanismo de Ourense presenta a súa renuncia. Áurea Soto anunciou esta maña a súa decisión despois de que se decretara a apertura de xuízo oral contra ela por presunta prevaricación urbanística continuada no caso da Plaza de Antonio. No próximo pleno entregará a súa acta de concelleira e deixará oficialmente o cargo no concello ourensán // A partir de hoxe, os concellos poden presentar as solicitudes para contratar, con cargo á consellería de Traballo, a persoas que perciban a RISGA, a Renda de Inserción Social. E unha iniciativa para fomentar as posibilidades laborais dese colectivo, o que a Xunta destinará este ano 10 millóns de euros. 12/01/15 

Reiniciáronse en Vigo os traballos para instalar na rotonda de Coia o pesqueiro Bernardo Alfageme // A concelleira de urbanismo de Ourense, Áurea Soto, presenta a súa renuncia // A partir de hoxe, os concellos poden presentar as solicitudes para contratar, con cargo á consellería de Traballo, a persoas que perciban a RISGA, a Renda de Inserción Social. 12/01/15

O repunte nos casos de gripe ...está a facer aumentar os ingresos hospitalarios, que se incrementaron nun 10% con respecto ó habitual nestas datas.  A situación obrigou no hospital de Ourense a abrir 106 camas máis e a pedirlle a 8 médicos que adiantasen a volta das vacacións. 

A Coruña e Lugo son dúas das zonas onde operaba unha  rede de tráfico de medicamentos para o cancro infantil, agora  desarticulada.  Foron detidas 49 persoas.  Están acusadas de mover uns 40 millóns de euros adquirindo fármacos para revendelos noutros países europeos onde son mais caros. 

O contrato logrado polo estaleiro publico de Navantia para que se constrúan en Ferrol  29 pezas para un parque eólico no Mar Báltico vai supor a entrada da industria galega... no sector enerxético de Alemaña. (09/01/15)

O repunte nos casos de gripe ...está a facer aumentar os ingresos hospitalarios, que se incrementaron nun 10% con respecto ó habitual nestas datas.  A situación obrigou no hospital de Ourense a abrir 106 camas máis ...e a pedirlle a 8 médicos que adiantasen a volta das vacacións

 O contrato logrado polo estaleiro publico de Navantia para que se constrúan en Ferrol  29 pezas para un parque eólico no Mar Báltico vai supor a entrada da industria galega... no sector enerxético de Alemaña. Ademais do estaleiro de Fene, traballará nese proxecto , a firma viguesa Grúas Ferri, cun pedido  de 7 millóns de euros. 

  Os técnicos da Consellería do Mar comezaron a usar un novo método para o control da maioría  das toxinas do mexillón e doutros moluscos. É un procedemento químico  que reemplaza ao uso de ratos de laboratorio para contrastar a existencia das mareas vermellas. (09/01/15)

O repunte nos casos de gripe está a facer aumentar os ingresos hospitalarios, que se incrementaron nun 10% con respecto ó habitual nestas datas. 

 O contrato logrado polo estaleiro publico de Navantia para que se constrúan en Ferrol  29 pezas para un parque eólico no Mar Báltico  vai supor a entrada da industria galega no sector enerxético de Alemaña.

  Os técnicos da Consellería do Mar comezaron a usar un novo método para o control da maioría  das toxinas do mexillón e doutros moluscos. (09/01/15)

2014 rematou con máis mortos nas estradas galegas, que no ano anterior. 112 persoas perderon a vida en accidentes de tráfico na nosa comunidade, 14 máis ca un ano antes. 17 deles, en atropelos. 

A espectacular baixada do prezo  do petróleo nos mercados internacionais estase a notar menos  en Galicia que noutras comunidades. Aínda así, nas gasolineiras  máis baratas de entre nós,  supera.... por pouco o euro,  e pódense lograr aforros de ata 10 euros por depósito, se se saben escoller as máis económicas. 

A xunta aprobou o decreto que desenvolve  a lei de convivencia nos centros educativos  e que prohibe o uso de teléfonos móbiles  ou aparellos electrónicos  nas clases.

 O Consello tamén destina  45 millóns de euros a actuacións de formación para 100 mil desempregados. (08/01/15)

2014 rematou con máis mortos nas estradas galegas, que no ano anterior. 112 persoas perderon a vida en accidentes de tráfico na nosa comunidade, 14 máis ca un ano antes. 17 deles, en atropelos. 

A espectacular baixada do prezo  do petróleo nos mercados internacionais estase a notar menos  en Galicia que noutras comunidades. Aínda así, nas gasolineiras  máis baratas de entre nós,  supera.... por pouco o euro,  e pódense lograr aforros de ata 10 euros por depósito, se se saben escoller as máis económicas. 

A xunta aprobou o decreto que desenvolve  a lei de convivencia nos centros educativos  e que prohibe o uso de teléfonos móbiles  ou aparellos electrónicos  nas clases. (08/01/14)

2014 rematou con máis mortos nas estradas galegas, que no ano anterior. 

A espectacular baixada do prezo  do petróleo nos mercados internacionais estase a notar menos  en Galicia que noutras comunidades.

A xunta aprobou o decreto  que prohibe o uso de teléfonos móbiles  ou aparellos electrónicos  nas clases. (08/01/15)

Calcúlase que cada consumidor galego gastará entre  60 y 80 euros nas rebaixas, ...das que hoxe se inicia o período máis forte. Unha cifra que supón un lixeiro aumento, respecto ás do ano pasado.  

 Un  Xulgado de Cambados  dirixe a nova operación policial contra o carrexo de cocaína dende sudamérica. Foi interceptado  un pesqueiro con 1.500 kilos de droga. Entre os detidos están o histórico do contrabando, o arousán Rafael Bugallo Piñeiro, coñecido como O MULO.

  O PSOE expulsa do partido ao exalcalde de Vigo Carlos Príncipe. Acúsao de prexudicar GRAVEMENTE os intereses da formación socialista ...por denunciar publicamente supostos casos de corrupción na xestión do actual alcalde , o tamén socialista Abel Caballero. (07/01/15)

Calcúlase que cada consumidor galego gastará entre  60 y 80 euros nas rebaixas, ...das que hoxe se inicia o período máis forte. Unha cifra que supón un lixeiro aumento, respecto ás do ano pasado.    Moitas das persoas que hoxe se achegan aos comercios fano para cambiar agasallos recibidos en nadal ou reis.

Un  Xulgado de Cambados  dirixe a nova operación policial contra o carrexo de cocaína dende sudamérica. Foi interceptado  un pesqueiro con 1.500 kilos de droga. Entre os detidos están o histórico do contrabando, o arousán Rafael Bugallo Piñeiro, coñecido como O MULO.

  O PSOE expulsa do partido ao exalcalde de Vigo Carlos Príncipe. Acúsao de prexudicar GRAVEMENTE os intereses da formación socialista ...por denunciar publicamente supostos casos de corrupción na xestión do actual alcalde , o tamén socialista Abel Caballero. (07/01/15)

Calcúlase que cada consumidor galego gastará entre  60 y 80 euros nas rebaixas

Un  Xulgado de Cambados  dirixe a nova operación policial contra o carrexo de cocaína dende sudamérica. 

O PSOE expulsa do partido ao exalcalde de Vigo Carlos Príncipe. (07/01/15)

Datos malos da evolución do paro en Galicia, no pasado mes de Decembro.  Mentres que, na media de España o desemprego diminuíu  o 1,4 %, aquí, incrementouse o 1,3%. No total do ano, sen embargo , o paro baixou o 7%, un descenso maior que na media de España. 

Segue a investigación policial para dar coa  nai  dun bebé recén nado  que apareceu morto e abandonado... nun monte da Coruña.  O cadáver do meniño foi atopado nuns terreos frecuentados por drogodependentes.

  E en toda Galicia está xa preparada a Gran Cita coa ilusión:  A chegada dos  reis Magos de Oriente,  que van ser protagonistas nas próximas horas.  Moitos nenos mesmo tiveron a oportunidade, esta mesma mañá de entregarlles persoalmente as cartas cos seus encargos.   Espérase un ambiente frío pero sen choiva para as cabalgatas. (05/01/14)

Datos malos da evolución do paro en Galicia, no pasado mes de Decembro. Mentres que, na media de España o desemprego diminuíu  o 1,4 %, aquí, incrementouse o 1,3%. No total do ano, sen embargo , o paro baixou o 7%, un descenso maior que na media de España. 

Segue a investigación policial para dar coa  nai  dun bebé recén nado  que apareceu morto e abandonado nun monte da Coruña. 

  E en toda Galicia está xa preparada a Gran Cita coa ilusión:  A chegada dos  reis Magos de Oriente,  que van ser protagonistas nas próximas horas.  Moitos nenos mesmo tiveron a oportunidade, esta mesma mañá de entregarlles persoalmente as cartas cos seus encargos.   Espérase un ambiente frío pero sen choiva ...para as cabaltas. (05/01/14)

Temos hoxe ceos pouco anubados e coas Temperaturas Máximas en descenso. 

EN 2 MINUTOS

Datos malos da evolución do paro en Galicia, no pasado mes de Decembro.

Segue a investigación policial para dar coa  nai  dun bebé recén nado  que apareceu morto e abandonado nun monte da Coruña. 

E en toda Galicia está xa preparada a Gran Cita coa ilusión:  A chegada dos  reis Magos de Oriente. (05/01/14)

En marcha unha nova operación especial de control do tráfico por estrada.  A DXT prevé 473 mil desprazamentos nas vías galegas, dende hoxe ata o día de Reis.

   O Instituto Galego de Promoción Económica  dará axudas a empresas, con seis  millóns e medio de euros. Serán  para equipamentos produtivos, formación e internacionalización. 

  Os comerciantes do mercado da Pedra, en Vigo, piden a  reapertura dos seus establecementos, despois de que tiveran que pechar en outubro  por  unha redada da policía.  Aseguran que 60 familias están sen poder traballar, e sen ingresos. (02/01/15)