Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A dirección de Alcoa dá por rematado o período informal de consultas e anuncia para o día 25 o comezo do proceso para despedir a 534 empregados, ao non considerar competitiva a producción de aluminio en San Cibrao. Os traballadores urxen as administracións a implicarse para presionar á empresa e a intensificar a mobilización cidadá // O próximo curso escolar comezará o 10 de setembro e rematará o 22 de xuño, segundo o calendario aprobado na mesa sectorial da consellería de Educación e os sindicatos. Os alumnos máis pequenos disporán de máis días de adaptación e as escolas infantís non aceptarán nenos que superen os 37 graos de temperatura // Instalado nas praias da enseada do Orzán, na Coruña, o dispositivo para controlar a afluencia de bañistas. Arcos detectores que se combinarán durante o verán con cámaras, semáforos e vixiantes a pé para evitar que se supere nos areais a presenza simultanea de 8.000 persoas. 17/06/20

A Xunta comprométese a apoiar fiancieiramente a Alcoa se o goberno central garante un prezo competitivo da Enerxía. Así o indicou o presidente Nuñez Feijóo na xuntanza co Comité de Empresa. A dirección da compañía preve comezar esta semana a negociación dun expediente de regulación de emprego que afecta a 534 traballadores // Unhas 40.000 persoas recibirán en Galicia o Ingreso Mínimo Vital ao longo deste ano, según a estimación do goberno. A partir da próxima semana comezará o pagamento das primeiras prestacións aos 5.000 casos considerados máis urxentes // Correos aumenta o persoal en Galicia con 340 contratos para afrontar o incremento de solicitudes de voto para as eleccións do 12 de Xullo, nas que por primeira vez se poderá participar sen ter que sair da casa. Hoxe remata o prazo de solicitude para os residentes no exterior. 16/06/20

A Nova normalidade chega a Galicia con ampliación de cabidas ata o 75 por cento por cento na hostelería, reapertura de parques infantís, e autorización de público nos eventos deportivos. A Xunta advirte do risco de posibles rebrotes co aumento da mobilidade e chama a manter as medidas de autoprotección // Alivio para os traballadores transfronteirizos coa apertura dos pasos de Goian, Arbo e Salvaterra, que evitan os longos rodeos que tiñan que dar ata agora. A apertura da fronteira ao tráfico xeral terá que esperar ao 1 de xullo // A Afluencia de compradores e interesados supera as espectativas na Feira do Libro instalada na Alameda de Santiago, a primeira que abre en España dende o comezo da crise sanitaria. Os participantes destacan o cumprimento das medidas de seguridade. 15/06/20

Galicia será a primeira comunidade en dar por superada a fase 3 da desescalada. A Xunta solicita ao goberno que deixe sen efecto o Estado de Alarma a partir do próximo luns, e anuncia que aprobará novas restriccións de actividades para controlar o risco na situación de nova normalidade // A previsión de AEMET anuncia que o vento e a choiva seguirán nas próximas horas en Galicia, ao paso da borrasca, para mellorar pouco a pouco ao longo da fin de semana // Os equipos galegos retoman esta fin de semana a competición ligueira, logo dun parón de tres meses. O Celta terá como primeiro rival ao Villareal, e tratará de afianzarse na permanencia. Mentres Depor e Lugo buscan saír dos postos de descenso. 12/06/20

O Principado de Asturias renuncia a solicitar a libre circulación con Galicia e as comunidades da Cornixa Cantábrica. Di que adopta a decisión por razóns de saúde, e non comparte a intención de Núñez Feijóo de levantar o Estado de Alarma. O luns quedarán abertos áo tráfico tres novos pasos con Portugal en Arbo, Salvaterra e Tomiño // Os socialistas piden a Feijóo que aclare qué actividades ten previsto autorizar e cales non ao poñer fin ao estado de Alarma o luns. O BNG tacha a decisión de improvisada. Marea Galeguista pide unha comisión de investigación sobre as vítimas da pandemia nas residencias de maiores // Unha nova vítima mortal nas últimas 24 horas, eleva a 619 o número total de falecementos pola COVID-19 en Galicia. Os casos activos redúcense en cen na última semana ata contabilizar 465, e hai 11 pacientes hospitalizados, ningún deles nas UCI. 11/06/20

Galicia queda sen ningún paciente ingresado na UCI pola COVID-19 e o número de casos activos baixa dos 500. O presidente da Xunta anuncia que ante os datos positivos da evolución dos contaxios, estuda deixar sen efecto o Estado de Alarma na comunidade a partir do próximo luns // O grupo Inditex perdeu 409 millóns no primeiro trimestre do ano. As vendas caeron un 44 por cento, debido ao peche dos establecementos polo estado de Alarma, pese a un aumento do 95 por cento do comercio en liña // Malestar dos traballadores de Alcoa tras confirmar os representantes da empresa a sua intención de pechar a planta de aluminio e descartar a venda a outro grupo interesado. Xunta e Goberno central cruzan acusacións sobre a responsabilidade da crise que ameaza á comarca da Mariña. 10/06/20

Traballadores de Alcoa cortan con barricadas o acceso á Factoría de San Cibrao, antes dun novo encontro dos representantes sindicais coa Dirección da Empresa. En Vigo, persoal dos estaleiros marcha en demanda de seguridade laboral, tralo accidente que custou a vida a un traballador. 

//As residencias de maiores que levan máis dun mes sen rexistrar casos de COVID-19 comezan a permitir visitas de ata dous familiares. 

O encontro cos internos é sometido a controis e medidas estrictas de seguridade para evitar o contacto físico. 

//Un total de 107 praias e 12 portos conseguen este ano a Bandeira Azul en Galicia, que se mantén como a segunda comunidade de España con máis distintivos, por detrás da Comunidade Valenciana. Sanxenxo volve ser o concello español con máis praias recoñecidas, nun verán marcado polas medidas sanitarias e o distanciamento social. (09/06/20)

A liberdade para viaxar por toda Galicia pon fin aos controis e xustificantes para desprazarse. Coa fase 3 da desescalada, que hoxe comeza, abren ximnasios e piscinas. Os establecementos de lecer nocturno estudian as medidas para poder funcionar a partir de xullo. Tamén se relaxan as restriccións na hostalería e se permite o uso de zonas comuns nos centros comerciais. 

//O presidente da Xunta asume a xestión das normas da desescalada e propón que se autorice na próxima semana o intercambio de mobilidade coa comunidade de Asturias. Pide ao goberno central que permita a apertura de pasos fronteirizos co norte de Portugal e autorice vóos Internacionais dende Galicia. 

//Cúmprense catro días consecutivos sen falecementos pola Covid-19. En Galicia os casos activos de son 200 menos que hai unha semana. Só un doente precisa coidados intensivos e 19 están ingresados noutras áreas hospitalarias. (08/06/20)

Os espazos de ocio, AUDITORIOS, e pabillóns deportivos estudan cómo abrirán, con restriccións, a partir do luns, co pase de Galicia á fase 3 da desescalada. Poderá haber reunións de ata 20 persoas. A Xunta establecerá as normas da reapertura e permitirá a mobilidade entre provincias // A Xunta aproba un plan de reactivación económica para afrontar os efectos da crise provocada pola COVID-19 que suporá un investimento de 3.000 millóns de euros. As axudas centraranse no turismo, o comercio, a hostelería e a automoción como sectores máis afectados. O plan contempla tamén microcréditos para axudar a afrontar gastos extraordinarios a autónomos e pequenas e medianas empresas // Comerciantes, empresarios e organizacións sociais mobilízanse na comarca da Mariña contra o peche anunciado por Alcoa. Destacan a sua dependencia económica da FActoría de San Cibrao, que xenera uns 2.000 empregos directos na zona e supón o 30 por cento de todo o PIB da provincia de Lugo. 05/06/20

O Goberno confirma que está a buscar un novo grupo empresarial interesado na planta de Alcoa en San Cibrao para evitar o peche, e convoca á dirección e os sindicatos á unha Mesa multilateral. Os traballadores insisten na urxencia de aprobar un estatuto que abarate o prezo da enerxía para garantir a viabilidade // Os casos activos de COVID-19 en Galicia descenden en 109 nas últimas 24 horas. A cifra total, 569 e a máis baixa dende o 20 de marzo. A área da Coruña e a máis afectada e so un paciente permanece na UCI. Os falecidos ascenden a 618 // Veciños de localidades da costa alertan da presenza de visitantes doutras comunidades, mesmo as que están en fase 1. As autoridades insisten en que se manteñen controis estrictos para evitar viaxes non xustificadas entre provincias. 04/06/20

Alcaldes de ambos lados do Miño piden a reapertura de pasos fronteirizos para evitar que traballadores e transportistas teñan que dar rodeos de ata 100 quilómetros para atravesar a Ponte de Tui, a única vía permitida polo momento // A conexión ferroviaria entre Galicia e Madrid permanecerá cortada ata o próximo día 25, a causa do descarrilamento do Alvia, a altura de Zamora, no que faleceu o maquinista, veciño do Burgo, de 32 anos. O seu compañeiro, tamén galego, resultou ferido grave. //Feijóo propón retrasar parte da celebración do Xacobeo a 2022 e di que Galicia está en mellor situación que outras comunidades para superar a crise provocada pola COVID-19. Os grupos da oposición critican a sua política social e reclaman fórmulas para favorecer a conciliación laboral e familiar. 03/06/20