Elévanse a 35 os positivos relacionados co rebrote de COVID-19 da Mariña, dous deles ingresados. Sanidade atribue o foco de contaxio a relaxación e o incumprimento da medidas preventivas, especialmente por parte da mocidade. En toda Galicia, os casos activos son 313 // Remata por fin a separación forzosa co norte de Portugal. A reapertura da Fronteira é aproveitada por moitos compradores para acudir á feira de Valença, e permite reactivar a vitalidade económica de todo o Baixo Miño // Xornada de Folga de folga en Alcoa con numerosos comercios da comarca pechados en solidariedade cos traballadores. O goberno cifra en 800 millóns as axudas recibidas pola multinacional que tería que devolver se continúa co peche da planta de aluminio. 01/07/20
A Central Térmica de Meirama deixa de operar definitivamente, logo de 40 anos de actividade. O grupo Naturgy, propietario da instalación, ultima un plan de desmantelamento que custará 13 millóns de euros. No seu lugar planea construir dous parques eólicos e unha planta de biogás // Aumenta en cinco máis o número de casos activos polo rebrote na Mariña de Lugo. As residencia de maiores e dependentes xa non rexistran ningún positivo entre os usuarios e so queda un traballador infectado // 2.000 euros por semana. E o prezo dun apartamento con vistas na Illa da Toxa, que se sitúa como a terceira zona máis cara de España, no arranque da temporada alta de alugueiros turísticos. No outro extremo, Burela e o Vicedo, na Mariña de LUgo, teñen a oferta máis barata. 30/06/20

Soben de novo os positivos de COVID-19, e son xa 28 os relacionados co rebrote da Mariña. Rastrexadores do Sergas seguen a pista dos contaxios, que na a maioría dos casos son asintomáticos. En total, Galicia rexistra 315 casos activos, CINCO máis que onte // Os camiños de Santiago volven estar abertos ás peregrinacións, unha vez levantadas as restriccións á mobilidade. Esta semana abren parte dos albergues públicos, coa cabida limitada ata o 50%, restrínxese o uso dos espazos comúns e un sistema de reserva de prazas // As "guerreiras laranxas" volven facer historia. As xogadoras do Burela Fútbol Sala proclámanse en Málaga campioas da liga feminina, tras unha sofrida vitoria fronte ao Alcorcón. É o terceiro título da máxima categoría nacional para o equipo, que foi pioneiro en contar cun convenio no deporte feminino. 29/06/20

Medidas de seguridade e distancia social no arranque da campaña das eleccións autonómicas. Dende a actual oposición, Mesaxes chamando a un cambio de progreso, e, pola contra, apelacións á experiencia dun Feijóo que aspira á cuarta maioría absoluta, con máis dun 20 por cento de electores ainda indecisos, segundo as enquisas // Descenden en 22 os casos de COVID 19 no conxunto de Galicia, pese ao rebrote rexistrado na Mariña, onde se contan 11 afectados dunha mesma familia, case todos asintomáticos. A Xunta suspende as visitas nas residencias de maiores da zona como medida de precaución // As verbenas que se celebren este verán deberán contar con recintos acotados, control de acceso e separación de catro metros entre o público e o escenario. As orquestras piden aos concellos que colaboren coas comisións de veciños para manter as actividades festivas. 26/06/20

Os traballadores de Alcoa protestan en LUgo, trala xuntanza entre a dirección e o comité que supón o inicio formal do Expediente de Regulación de Emprego que afecta a 534 traballadores da Planta de San Cibrao. Reclaman que o goberno declare o aluminio sector estratéxico industrial // Repuntan os casos de COVID 19 en Galicia, tras un novo rebrote, con oito casos confirmados dunha mesma familia da Mariña lucense. Sanidade investiga a orixe e mantén en seguemento aos contactos cercanos. A Xunta fai prioritario o uso da máscara e insta aos concellos que persigan festas incontroladas e garantan o cumprimento da distancia nas praias // Os partidos arrancan esta noite a campaña das eleccións autonómicas, marcada polas enquisas que pronostican unha cuarta maioría absoluta de Núñez Feijóo. A precaución para evitar rebrotes leva a organizar actos máis pequenos e con distancia social. 25/06/20

Aumenta a demanda de voto por correo para as eleccións autonómicas do 12 de xullo, nas que por primeira vez se pode participar dende a casa. Os carteiros Comenzan o reparto a domicilio das papeletas e As oficinas permanecen abertas hoxe para facilitar a xestión non telemática // Centos de manifestantes recorren as ruas de Santiago para reclamar una investigación sobre o ocurrido nas residencias de maiores durante a pandemia. Piden que a xestión dos servizos públicos sexa o centro de debate de cara ás eleccións // A dirección de Alcoa rexeita a proposta do Goberno Central para garantir a viabilidade da planta de San Cibrao mediante o emprego de enerxías renovables. Os traballadores reclaman que se busque un acordo antes de que comece o proceso para despedir a 534 empregados. 24/06/20

As temperaturas tenden a ascender en toda Galicia, con máximas que xa superan os 37 graos. Alerta amarela en 21 concellos da provincia de Ourense mentres, Galicia prepárase pra celebrar unha noite de San Xoan sen cacharelas nos barrios e con vixiancia para evitar aglomeracións // Sanidade limita a 9 positivos o brote de COVID 19 detectado en Ribeira, logo de investigar a 104 persoas de contacto. Os casos activos en toda Galicia diminúen en oito ata situarse en 335. Hai catro hospitalizados e ningún en UCI. O Sergas investiga o rebrote de casos de COVID-19 detectado no Barbanza // Uso de Máscara e hixiene de mans, obrigatoria para votantes e membros das mesas. Así será o procedemento para participar nas eleccións autonómicas do 12 de Xullo, tal como se reflexa nunha demostración realizada en Marín. Os maiores de 65 anos e persoas con discapacidade terán preferencia. 23/06/20

A circulación de entrada a Galicia redúcese un 30 por cento respecto a hai un ano, no primeiro día laborable tralo levantamento do Estado de Alarma en toda España, que permite a liberdade de desprazamento entre as comunidades. Despois de tres meses sen apenas actividade, chegan a Lavacolla os primeiros viaxeiros de voos regulares dende Madrid e Málaga // O Sergas investiga o rebrote de casos de COVID-19 detectado no Barbanza, que considera baixo control, con nove pacientes positivos que se manteñen en illamento domiciliario, sen necesidade de hospitalización. Sospeita que o foco foi orixinado a partir dun veciño que regresou dunha visita familiar a Brasil // O Celta distánciase dos postos de grazas á vitoria ante o Alavés por 6-0 no que se estreou Nolito. O Depor empatando co Rayo sae de postos de descenso e cae o Lugo tras perder en las Palmas. 22/06/20

Traballadores de Alcoa bloquean con barricadas a A-8 a altura de Vilalba. Protestan contra a intención da empresa de presentar o próximo mércores o expediente para despedir a 534 empregados da planta de Aluminio de San Cibrao. Instan ao goberno a garantir un prezo competitivo da enerxía para facer viable a continuidade // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza de prisión permanente revisable contra José Enrique Abuín, "O Chicle", polo asasinato e agresión sexual cometidos contra Diana Quer // O verán que empeza mañá será máis seco do habitual, según a previsión da AEMET, que prevé aumento de temperaturas a partir do luns. A primavera que remata sitúase como a cuarta máis cálida dos últimos 50 anos // Os responsables das medidas de distanciamento e seguridade nas praias ultiman os preparativos para acoller turistas, que a partir do domingo poderán vir de fóra de Galicia, unha vez levantado o estado de alarma no resto de España. 19/06/20

Navantia asina con Iberdrola un contrato por valor de 350 millóns de euros. Fabricará nos estaleiros de Fene 62 jackets, grandes estructuras de fixación destinados a un parque eólico mariño en Francia, e permitirá xenerar máis de 1.000 empregos directos // O goberno presenta un plan de reactivación do sector turístico dotado con máis de 4.000 millóns de euros, para recuperar a confianza dos visitantes internacionais. A Xunta leva a cabo un programa de formación de profesionais para favorecer a imaxe de Galicia como destino seguro // As melloras tecnolóxicas permiten rematar o curso con clases por videoconferencia ao colexio de Baralla, que chegou a botar man dos walkitalkies para superar os problemas de cobertura e seguir atendendo aos alumnos durante o confinamento. 18/06/20

A dirección de Alcoa dá por rematado o período informal de consultas e anuncia para o día 25 o comezo do proceso para despedir a 534 empregados, ao non considerar competitiva a producción de aluminio en San Cibrao. Os traballadores urxen as administracións a implicarse para presionar á empresa e a intensificar a mobilización cidadá // O próximo curso escolar comezará o 10 de setembro e rematará o 22 de xuño, segundo o calendario aprobado na mesa sectorial da consellería de Educación e os sindicatos. Os alumnos máis pequenos disporán de máis días de adaptación e as escolas infantís non aceptarán nenos que superen os 37 graos de temperatura // Instalado nas praias da enseada do Orzán, na Coruña, o dispositivo para controlar a afluencia de bañistas. Arcos detectores que se combinarán durante o verán con cámaras, semáforos e vixiantes a pé para evitar que se supere nos areais a presenza simultanea de 8.000 persoas. 17/06/20