A Xunta decide manter durante sete días máis as restriccións na Area Sanitaria da Coruña e Denuncia unha relaxación nos controis policias para o cumplimento das medidas. Os expertos consideran que Galicia está xa ante unha nova vaga da epidemia e reclaman para combatila probas de pcr masivas e mais equipos para o rastrexo de contaxios // Aumento é de 87 casos no último día. A incidencia sobe en todalas areas sanitarias agás a de Pontevedra. Os falecidos suman 622 trala morte dunha muller de 89 anos na Coruña. Os pacientes ingresados son xa 36, dos que so unha está na Uci // Máis auga nun día que nos últimos tres meses xuntos. A chuvia chega a toda a toda comunidade con máis de 60 litros por metro cadrado en moitos puntos da metade norte, e ronda os 90 en Bergondo. As precipitacións irán diminuindo nas próximas horas. 12/08/20

Aumenta a preocupación pola situación sanitaria na área da Coruña, onde os contaxios ascenden a 406, máis da metade dos detectados en toda Galicia, incluidos tres usuarios dunha residencia de maiores. A Xunta reforza os equipos de diagnóstico cun novo autocovid no Ventorrillo // A incidencia da Covid-19 sobe tamén en todalas demáis areas sanitarias de Galicia, ata un total de 740 casos, 70 máis que onte. O número de pacientes ingresados en unidades de hospitalización elévase a 31 e seguen 2 na UCI // A fiscalía da Audiencia Nacional abre dilixencias por unhas declaracións de Ana Pontón do 25 de xullo, a raíz dunha denuncia que as considera delito de inxurias á Coroa. A portavoz do BNG defende o dereito de critica a Monarquía e á liberdade de expresión. 11/08/20

Os medios de extinción loitan por controlar o incendio de Lobios, no parque do Xurés, o máis importante que queda activo na provincia de Ourense, tras unha fin de semana na que arderon preto de 1.000 hectáreas. Detidas duas persoas acusadas de provocar lumes, grazas á colaboración cidadá // Os casos activos en Galicia aumentan en 79 nas últimas 24 horas. O total é de 670, máis da metade corresponde a Area Sanitaria da Coruña, onde se manteñen medidas de restrición para frear o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Hai dous pacientes en UCI e 25 hospitalizados // Martín Berasategui, Jordi Cruz, Juan Mari Arzak, os irmáns Torres e outros cociñeiros de elite que suman más de trinta Estrelas Michelín acoden á cita anual, no Camiño de Santiago, para un evento gastronómico solidario e para promocionar o Xacobeo 2021. 10/08/20

O veterano Miguel Santalices repite ccomo presidente do Parlamento de Galicia na undécima lexislatura, que hoxe comenzou, con especiais medidas sanitarias e cun recordo especial para as vítimas do coronavirus. Os traballadores de Alcoa acudiron á Camara a reclamar presión sobre a empresa para que negocie a venda da Planta de Aluminio ao grupo Liberty.
//Galicia suma 444 casos activos, tras ser detectados 32 máIs Nas últimas 24 horas. Na área sanitaria da Coruña, onde se rexistra o brote relacionado cun ximnasio de Arteixo, os contaxios suben a 177. A Xunta estuda medidas de restricción. Tamén aumentan os pacientes hospitalizados: xa son 21 en unidades convencionais e sigue habendo 2 en UCI.
//O Deportivo presentará en Riazor 14 xogadores profesionais para enfrentarse co Fuenlabrada, 18 días despois, nun partido declarado de alto risco pola situación sanitaria. O Club fai un chamamento a evitar incidentes que puderan perxudicar a batalla nos despachos pola permanencia. (07/08/2020)

Indignación dos traballadores de Alcoa ao abandonar a dirección as negociacións sobre o ERE, despois de plantar a xuntanza convocada polo Ministerio de Industria. O comité defende unha prórroga do período de consultas de 6 semanas para facilitar a venda ao grupo Liberty House.
//Os casos activos ascenden en Galicia a 412. A Area máis afectada é a da Coruña, onde sigue a atención sobre o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Mentres, Sanidade da por superado o brote da Mariña, o máis importante dende a desescalada. En Vigo hai 27 sanitarios illados tras ter contacto cun paciente contaxiado. Os pacientes hospitalizados baixan a 19.
// Arquitectos galegos levan á Bienal de Venecia o uso de espazos rurais para celebrar o Festival de Cine na Parroquia de Cans. Destácano como exemplo de posta en valor do Patrimonio e a colaboración veciñal. (06/08/2020)

Continua, Logo de case 30 HORAS, o bloqueo da negociación sobre o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao. A empresa exixe parar as cubas electrolíticas antes de estudar a oferta de compra do Grupo Liberty House. O MInisterio de Industria convoca a tódalas partes implicadas a un encontro telemático esta tarde.
//O número de casos activos de Covid-19 en Galicia segue en aumento e supera xa a barreira dos 400. Logo de sumar 31 máis que o día anterior, Sanidade contabiliza hoxe 406, dos que 161 corresponden á Area da Coruña. O número de hosptalizados tamén sube. Son 18 pacientes en unidades convencionais e dous seguen na UCI.
// Polémica pola forma en que foi despexada a vía férrea en Carballeda de Valdeorras. Dous vagóns de mercadorías que descarrilaran foron botados a un lado ata caer no río Sil. A Confederación Hidrográfica abre unha investigación, e grupos ecoloxistas piden que se depuren responsabilidades. (05/08/2020)

“Remata o prazo de consultas para negociar o ERE de Alcoa. A pretensión da empresa de parar o funcionamento das cubas electrolíticas bloquea un posible acordo. Os traballadores reciben favorablemente a oferta de compra do grupo británico Liberty House que permitiría manter a Planta de Aluminio en San Cibrao e crear novos postos coa coxeneración.
//.Sigue o aumento de casos activos en Galicia, son xa 375, 16 máis nas últimas horas. A subida dase en todalas áreas sanitarias agás a de Lugo, que se mantén con 71 casos. Os pacientes en UCI ascenden a dous e son 15 os ingresados en unidades de hospitalización..
//O Paro rexistrado reduciuse en de 9.300 persoas no mes de xullo en Galicia, coa creación de cerca de 19.000 empregos. Dende o inicio da desescalada levase recuperado un tercio dos postos de traballo perdidos durante os meses do estado de Alarma. (04/08/2020)
O grupo Liberty House presenta en Galicia a sua proposta formal parar adquirir a planta de aluminio de San Cibrao que Alcoa quere pechar. Os representantes dos traballadores e a Xunta advirten a multinacional norteamericana que manter o plan de despedimentos con esa oferta de compra sobre mesa podería ser fraude de lei.
//Galicia suma 38 casos activos máis nas últimas 24 horas. O total ascende a 359, son 200 máis que hai 10 días. A area sanitaria da Coruña e a máis afectada, con 143 casos, seguida de Lugo, con 71. Os pacientes hospitalizados ascenden a 16, un deles na UCI.
//Abanca declara un beneficio de 133 millóns de euros no primeiro semestre de 2020. A cifra supón unha rendibilidade do 5 por cento. A entidade destina 162 millóns a provisións para afrontar o previsible deterioro da economía, e situa a sua tasa de morosidade no 2´7 por cento, entre as máis baixas do sector financeiro español. (03/08/2020)

Os 33 membros da expedición do Fuenlabrada que deron negativo nas probas, comenzan a abandonar o hotel da Coruña, logo de cumplir dez días de confinamento. Outros 13 compañeiros seguirán, de momento, en corentena.
//Segue subindo o número de casos activos en Galicia. Son 20 máis nas últimas horas ata un total de 280. A principal subida é na Área Sanitara da Coruña, onde se rexistra o brote relacionado cun Ximnasio de Arteixo, que suma 25 positivos. Os hospitalizados na comunidade ascenden a 13, un deles na UCI.
// Os responsables da Catedral de Santiago abren por primera vez ao público a Torre da Carraca. Un miradoiro privilexiado da cidade que poderá ser visitado en grupos reducidos a partir de mañá. (31/07/2020)

O lume avanza sen control nos concellos ourensans de Cualedro e Monterrei. Nunha xornada con alerta amarela por altas temperaturas. Máis de 50 brigadas, once helicópteros e doce avións loitan contra o incendio que dende a tarde de onte leva queimadas máis de MIL hectáreas.
//Galicia cumpre unha semana de ascenso de casos activos, que xa son 260, once máis que o día anterior. Sigue un paciente ingresado na uci e hai outros 9 en unidades de hospitalización. A Xunta anuncia unha aplicación voluntaria que porá en marcha de xeito experimental en agosto, para alertar mediante o móbil de posibles contaxios.
// A compañía galega UROVESA recibe o contrato do ministerio de defensa para subministrar 700 vehículos tácticos ós tres exércitos nos vindeiros anos. O encargo suporá cerca de 150 millóns de euros. (30/07/2020)

A obriga de rexistrarse aos viaxeiros de zonas con alta incidencia de coronavirus provoca desconcerto na fronteira con Portugal. Os alcaldes dubidan da operatividade da Medida. O SERGAS aclara que os que transiten habitualmente entre os dous países so teñen que facer unha única comunicación.
. // Os casos activos de COVID-19 aumentan en Galicia, por sexto día consecutivo. Son 7 máis nas últimas horas, ata un total de 249. Os hospitalizados baixan a oito e hai un paciente na UVI. A Xunta levanta as restricción de horarios na Mariña pero mantén a prohibición do lecer nocturno. As areas sanitarias da Coruña e Vigo concentran a maioría de novos contaxios e volve a detectarse un positivo na Area de Ferrol.
// Desdobrar clases para reducir o número de alumnos por Aula e contratar máis profesores. E a solución que estuda a consellería de Educación para o próximo curso en caso de que a situación epidemiolóxica empeore. Os concellos reclaman axuda para cubrir os gastos de desinfección dos centros. (29/07/2020)