Subida récord de casos activos por coronavirus en Galicia. Sanidade notifica hoxe 2.798. Son 218 máis que onte. Boa parte deste aumento débese a novos contaxios na residencia do Incio, intervida pola Xunta // Un grupo de familias pídenlle á Xunta que sean os pais os que decidan se envían aos seus fillos ás clases. As anpas non o comparten, pero tamén reclaman que se garanta a seguridade para alumnos e profesores // O Camiño de Santiago recupera a actividade tralo parón da pandemia. Moi lonxe das marcas nas cifras de camiñantes dos últimos catro anos, pero a Oficina do Peregrino vai rexistrar neste agosto o dobre de Compostelas que o mes pasado. 26/08/20

A expansión do coronavirus frea o seu ritmo. Sanidade comunica hoxe 2.580 casos activos en Galicia, 128 máis que onte. É o menor aumento nos últimos días // Comezan a facerlle probas aos 40.000 docentes de Galicia, para saber se teñen ou xa pasaron a Covid antes do inicio do curso // Protesta simbólica do comité de Alcoa nos acantilados de Loiba, en Ortigueira. A catro semanas da fin do prazo para negociar a venda da factoría, piden que as administracións acompañen o proceso. 25/08/20

Sanidade comunica hoxe 2.452 casos activos por coronavirus en Galicia, 146 máis que onte. Nunha semana duplicáronse os novos contaxios rexistrados e faleceron oito persoas con covid // O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, mantén para o 10 de setembro o inicio do curso escolar, que, asegura, será presencial e con máscara obrigatoria // Prisión preventiva e sen fianza para Miguel Gil, suposto autor da morte da súa irmá e dunha sobriña, o venres pasado en Soutomaior. 24/08/20

Sanidade notifica unha nova repunta de máis de 200 positivos, que eleva a case 2.000 os casos activos de covid en Galicia // Nas últimas horas faleceron dous usuarios da residencia de maiores do Incio, intervida pola Xunta ante a aparición dun gromo de coronavirus que afecta a 57 anciáns e a oito empregados // Colexios preparados coas medidas sanitarias, reforzo de profesores e uso de máscaras nas aulas. A menos de tres semanas do inicio do curso, a comunidade educativa desconfía da eficacia do protocolo da Xunta. 21/08/20

Sanidade comunica hoxe 1.783 casos activos de covid en Galicia. Son 160 máis que onte. Un aumento impulsado especialmente por un gromo descuberto na residencia do Incio, con 69 positivos // Resposta masiva dos mozos de Melide ao chamamento para facer case un milleiro de probas do coronavirus. O brote na zona mantense en 17 positivos // Hostalería e lecer nocturno piden axudas para compensar as perdas pola diminución e o peche da súa actividade. Os hostalerios de Pontevedra lanzan os "consultores covid", que asesoran aos negocios sobre os protocolos de hixiene e aportan confianza aos clientes. 20/08/20

A Xunta propón que a máscara sexa obrigatoria nos colexios para profesores e alumnos a partir dos seis anos // En Galicia os casos activos de coronavirus comunicados pola Xunta son hoxe 1.623. Volven medar en máis dun cento desde onte // Comezan a instalar en Vigo a iluminación de Nadal, esta vez con máis antelación polos protocolos da covid. Serán dez millóns de luces en máis de 300 rúas da cidade. 19/08/20

Sanidade notifica hoxe 1.505 casos activos de covid 19 en Galicia, tras unha semana sumando máis dun cento de contaxios diarios. Hai 61 positivos no hospital, 6 deles na UCI // A pandemia apenas frea a chegada de turistas á Galicia interior, a Ribeira Sacra ou a Rías Baixas, ao contrario que en zonas como A Coruña ou Santiago, nas que os establecementos seguen medio baleiros // O comercio tamén sofre a caída do consumo. Os que saen de compras gastan menos, e as rebaixas de verán non logran compensar o descenso das vendas. No que vai de ano a caída rolda o 43 por cento. 18/08/20

Volven subir en más dun cento os contaxiados por coronavirus en Galicia. Hoxe son 1.400 os casos activos notificados pola Consellería de Sanidade // A investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta vai ser entre o martes 1 e o xoves 3 de setembro. Tomará posesión dous días despois, o sábado 5 // Abre na Coruña o salón internacional do cómic Viñetas desde o Atlántico. Nesta ocasión, con propostas de banda deseñada infantil e xuvenil, un xénero en pleno rexurdimento. 17/08/20

O Goberno establece en toda España o peche do lecer nocturno e limitacións de cabida nos restaurantes. Tamén extende a tódalas comunidades a prohibición de fumar en espazos abertos sen distacia de seguridade xa implantada en Galicia. Na área da Coruña aumentan os controis policiais para frear a transmisión comunitaria // Galicia supera os mil casos activos de Covid-19, logo de sumar 136 novos contaxios nas 24 últimas horas. A de Santiago e a única Area Sanitaria onde descenden os positivos. En toda a comunidade hai 42 persoas ingresadas en hospitais e ninguna en UCI // Un total de 460 militares repartidos en 27 patrullas integrarán este ano a Operación Centinela, a colaboración das Forzas Armadas na protección dos montes galegos contra os incendios. Comenzará mañá centrando a sua atención nas zonas con maior risco. 14/08/20

Queixas na hostalería, resignación nos fumadores e apoio xeral dos expertos no Primeiro día que entra en vigor a prohibición de fumar ao aire libre, incluídas as terrazas, cando non se garanta distancia de seguridade. Outras comunidades estudan implantar medidas similares // Os casos activos rexistran un aumento de 111 máis nas últimas 24 horas. O total chega a 938. Os falecidos soben a 623 trala morte dun home de 90 anos en Ourense. Hai trece positivos relacionados cun gromo nun campamento de verán en Cerdido. Os pacientes hospitalizados ascenden a 40 e sigue u na Uci // A dirección de Alcoa e o comité pactan ampliar o período de consultas mentres se negocia a venda da Planta de Aluminio ao Grupo Liberty House, coas cubas electrolíticas en funcionamento. O acordo, coa mediación da Xunta, afasta a ameaza de peche e o despedimento de traballadores na factoría. 13/08/20