Outros dez traballadores da residencia de Maiores de Outeiro de Rei dan positivo en coronavirus, xunto a 4 usuarios, entre os que tamén se contabiliza un falecemento, O centro foi intervido pola Xunta ao detectarse máis de cen casos nun so día. O total de contaxios no centro ascende a 176 // Catro falecementos contabilizados nas últimas horas en Galicia elevan o total a 668. Os contaxiados en residencias ascenden a 350. O Comité Clínico da Xunta decidíu hoxe que o uso da máscara será obrigatorio tamén nos ximnasios. Aos concellos con limitacións de cabida nos establecementos e reunións familiares incorpórase o de Pontevedra // O alcalde Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegura que seguirá gobernando, co apoio dun único concelleiro do seu grupo, tralo enfrontamento cos outros cinco representantes de Democracia Ourensana, e a ruptura do acordo que mantiña co Partido Popular. Jácome acusou aos seus ex socios de urdir unha trama para forzar a sua dimisión. 09/09/20
O anticiclón situado ao oeste de Irlanda continúa a deixarnos sol e calor.Os termómetros xa superan os 30 graos. Temperaturas altas que contrastan coas nocturnas, nalgúns casos con oscilacións de ata 20 graos. Os ceos han seguir despexados con algunha nube alta. Vento frouxo do nordés, máis intenso entre Ribadeo e Fisterra con réxime de brisas nas Rías Baixas. 09/09/20
Chamamento do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices a “Traballar duro para chegar a acordos e superar a crise de credibilidade dos políticos” na sesión plenaria de apertura da Undécima Lexislatura,..// O falecemento dunha usuaria da residencia de maiores Orpea Coruña eleva a 663 as vítimas da pandemia da COVID-19 en Galicia Dispáranse a 139 os usuarios contaxiados na residencia Domus Vi de Outeiro de Rei. A Xunta non descarta intervir a xestión do centro.. // Presentado na Coruña o hotel de luxo no antigo edificio de Red Electrica, e que ten xa 60 reservas para este mes. Será o primeiro establecemento da cadea Hilton en Galicia.// Mellorar a calidade do viño gracias a biodiversidade do solo. É o proxecto de investigación que leva a cabo unha adega do Rosal. Trátase de aumentar a oxixenación para ter que empregar menos sustancias químicas e recuperar os microorganismos naturais. 08/09/20

Segue o bo tempo, grazas ás altas presións situadas ao norte da nosa comunidade.Os ceos seguirán despexados en xeral agás algunas nubes de tipo alto nas comarcas situadas máis ao norte. As temperaturas máximas subirán algo, respecto ás de onte e o vento sopra frouxo e do nordés aínda que, nas Rias Baixas, pode ser de dirección variable. 08/09/20
Julio García Comesaña, físico experto en xestión sanitaria, sustitúe a Jesús Almuíña. e María Jesús Lorenzana, letrada da Xunta, faise cargo da nova consellería de Emprego e Igualdade. Son os rostros que se incorporan ao novo goberno de Núñez Feijóo que hoxe tomou posesión..// Socialistas e BNG destacan os relevos en Sanidade e Educación como un recoñecemento por parte de Feijoo do fracaso na xestión destas materias. //As asociacións de nais e pais dos colexios públicos apoian á folga convocada no ensino para o comenzo do curso. Comparten as críticas dos sindicatos de profesores contra o protocolo de reinicio das clases por non garantir a distancia de seguridade // O rexistro da Covid-19 en Galicia continúa en aumento, con 68 casos activos máis, ata un total de 4.243. Nas últimas 24 horas os novos contaxios ascenden a 214 e hai que sumar tres persoas máis a lista de falecementos. 07/09/20

Pedro Sánchez pídelle ás comunidades que non pechen colexios por covid sen consultalo co Goberno, e Feijóo reclámalle máis cartos para Educación // Catro mortos nas últimas horas, tres deles da residencia de maiores do Incio, elevan a 656 os falecidos con covid desde o inicio da pandemia. Sanidade notifica hoxe 4.082 casos activos // A pandemia non pode con Cans. O festival de cine máis peculiar reduce cabidas e espazos de proyección, pero aumentan os contidos orixinais as estreas cinematográficas. 04/09/20

Ourense, Santiago e outros tres concellos estrean hoxe as restricións que xa tiñan A Coruña e Lugo, para tentar frear os gromos de coronavirus. Límites nas cabidas, reunións de dez persoas como moito ou máscaras nos ximnasios // Alberto Núñez Feijóo será investido esta tarde presidente da Xunta por cuarta vez. A oposición téndenlle a man para loitar contra a covid e as súas consecuencias económicas, pero pídelle unha resposta máis social e de consenso // Comezan as vendimas das máscaras. En grupos pequenos, gardando as distancias // A Xunta reforza este ano con 15 inspectores os que xa teñen as denominacións de orixe para controlar a produción e a procedencia da uva. 03/09/20
A familia Franco terá que devolver o pazo de Meirás. Un xulgado da Coruña declara que a doazón do inmoble foi ao xefe do Estado, non ao ditador a título persoal // A Xunta estende as restriccións a Santiago, Ourense e tres concellos da comarca de Begantiños // O paro en agosto reficte a fin dos contratos de verán. En Galicia deixa 1.640 desempregados máis que o mes anterior, nunha porcentaxe superior á media de España. 02/09/20
A familia Franco terá que devolver o pazo de Meirás. Un xulgado da Coruña declara que a doazón do inmoble foi ao xefe do Estado, non ao ditador a título persoal // O paro en agosto reficte a fin dos contratos de verán. En Galicia deixa 1.640 desempregados máis que o mes anterior, nunha porcentaxe superior á media de España // Catro falecidos con coronavirus nas últimas horas elevan a 648 o número de mortos en Galicia desde o inicio da pandemia. Sanidade comunica hoxe máis de 3.800 casos activos. 02/09/20
Alberto Núñez Feijóo pon o refrozo da sanidade como obxectivo da lexislatura e chama ao diálogo para loitar contra a pandemia e os seus efectos // A Covid amaina a súa escalada en Galicia. Sanidade comunica un cento de casos activos más que onte, ata superar os 3.700 // Tras cinco meses de peche, hoxe comezan a reabrir as escolas infantís con estritas medidas de seguridade. As matrículas nestes centros caeron case un 30 por cento. 01/09/20
A morte de 8 persoas desde o venres eleva a 643 o número de falecidos con coronavirus desde o inicio da pandemia en Galicia. Sanidade comunica hoxe 3.640 casos activos // 200 euros por alumno. É o gasto medio das familias en Galicia nas compras para o comezo do curso. Un curso que vai comezar con folga de profesores // Unha conferencia europea sobre intelixencia artificial, coa participación de más de 4.000 científicos, inaugura en Santiago un novo xeito de facer congresos en rede. 31/08/20

Galicia supera os 3.000 casos activos por coronavirus tras sumar 200 nas últimas horas. Aumentan tamén os positivos hospitalizados // A Xunta endurece as restricións en Arteixo e en Lugo para tratar de conter os contaxios. Desde esta noite prohíbense as reunións de máis de cinco persoas, os bares non atenderan ao público no interior e redúcese a cabida nas terrazas // Incerteza e preocupación na comunidade educativa ante o comezo dun curso escolar con medidas excepcionais. A máscara, a separación dos compañeiros ou o lavado das mans serán desde agora algunhas das rutinas nas aulas. 28/08/20
Galicia supera os 3.000 casos activos por coronavirus tras sumar 200 nas últimas horas. Aumentan tamén os positivos hospitalizados // Incerteza e preocupación na comunidade educativa ante o comezo dun curso escolar con medidas excepcionais. A máscara, a separación dos compañeiros ou o lavado das mans serán desde agora algunhas das rutinas nas aulas // O Deportivo vai pedir na xustiza ordinaria que non comece a Liga. Mentres prepara a campaña na Segunda B, o club da Coruña tentará por todos os medios legais reverter a decisión do Consello Superior de Deportes. 28/08/20
Sanidade comunica hoxe case 3.000 casos activos por coronavirus en Galicia. Son 141 máis que onte. Superan o cento os ingresados en hospitais // O gromo de Monforte segue sen control e supera xa ao centenar de positivos. Estanlle facendo probas aos empregados de bares e restaurantes para tratar de contelo // Na Coruña segue habendo transmisión comunitaria do virus. A Xunta recoméndalles aos concellos da área que pechen parques e praias polas noites. 27/08/20