Hoxe a entrada de aire frío dende o océano trouxo precipitaciòns pola mañá e que irán diminuindo pero con temperaturas baixas para esta época do ano. Mañá entrará unha fronte que deixará precipitacións, sobre todo pola tarde. Para o domingo agárdase unha melloría. 25/09/20
Son parte dos militares que se icorporan a traballar en Galicia como rastrexadores da Covid-19. Dende o próximo luns Prestarán axuda aos equipos da Xunta para detectar posibles contaxios en casos de brotes, colectivos específicos e grandes empresas.//a incidencia da Covid-19 segue a aumentar nas Residencias de maiores. Na de Lobeira, en Ourense, detectouse un gromo no que xa se levan contabilizados 46 positivos entre o total de 50 usuarios, xunto a 14 traballadores.// Estrea en España de catro longametraxes con premios internacionais. É parte da oferta do Play Doc, o certame que comenza en Tui, convertido xa en referente para o cine documental. Tamén adicará espazos para o rescate de películas domésticas dos 70 e aos comenzos do xénero en Galicia. 24/09/20
As rúas de Vilargarcía incorpóranse hoxe ás zonas con restriccións para frear os contaxios, ante o aumento rexistrado nos últimos días. Tamén se aplican no Milladoiro, en Ames e se amplían as limitacións específicas dentro da cidade de Ourense.. //a incidencia da Covid-19 segue a aumentar nas Residencias de maiores. Na de Lobeira, en Ourense, detectouse un gromo no que xa se levan contabilizados 46 positivos entre o total de 50 usuarios, xunto a 14 traballadores. No conxunto de Galicia hai cinco falecidos máis nas últimas horas,. //Últimos días para a vendima na Ribeira Sacra. A denominación da chamada "viticultura heróica", cunhas cen adegas inscritas, prevé unha colleita algo menor que anos anteriores, ainda que, din, de mellor calidade. 24/09/20
Vilargarcía incorpórase hoxe ás zonas con restriccións para frear os contaxios, ante o aumento rexistrado nos últimos días. Tamén se aplican no Milladoiro, en Ames e se amplían as limitacións específicas dentro da cidade de Ourense..//A incidencia da Covid-19 segue a aumentar nas Residencias de maiores. Na de Lobeira, en Ourense, detectouse un gromo no que xa se levan contabilizados 46 positivos dun total de 50 usuarios // Estrea en España de catro longametraxes con premios internacionais. É parte da oferta do Play Doc, o certame que comenza en Tui, convertido xa en referente para o cine documental. Tamén adicará espazos para o rescate de películas domésticas dos 70 e aos comenzos do xénero en Galicia. 24/09/20
Este xoves seguimos con ceos anubrados e con chuvascos que serán máis probables pola tarde. As temperaturas empezan a baixar. As máximas xa quedarán por baixo dos 20 graos. E no mar hai aviso amarelo na costa norte con refachos moi fortes nesta segunda metade do día e ondas de ata catro metros. 24/09/20
O presidente da Xunta anuncia no Parlamento un Plan de Continxencia para garantir o ensino non presencial, con Máis ordenadores, máis persoal e máis medios.//Detectados 251 novos contaxios de coronavirus, polo que o número de casos activos ascende a 4460. 32 pacientes están na UCI e 217 en unidades de hospitalización. Non se produciu ningún falecemento en Galicia nas ultimas 24 horas.// Despois de doce anos dende o comenzo das obras, quedou aberta hoxe ao tráfico o primeiro treito da autovía A-56 entre Lugo e Ourense. Son nove quilómetros entre as localidades de A Barrela e San Martiño. 23/09/20
As clases volven, de forma gradual, para os alumnos da Eso, Bachalerato e Formación profesional. Hoxe estreaban o novo protocolo de medidas as que terán que adaptarse a partir de agora para evitar contaxios. //O presidente da Xunta anuncia no Parlamento un Plan de Continxencia para garantir o ensino non presencial, con Máis ordenadores, máis persoal e máis medios. Socialistas e nacionalistas acúsano de improvisación na xestión do comenzo do curso escolar. //Os empresarios do Lecer Nocturno movilízanse para advertir da situación crítica na que se atopa o sector, sen apenas actividade no último medio ano. Reclaman un plan de rescate e poder ampliar os ERTE.// A Dirección Xeral de Mariña Mercante prohibe a navegación de veleiros de ata quince metros de eslora entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares. A medida pretende evitar novos encontros coas candorcas que durante as últimas semanas teñen protagonizado incidentes con danos nesas embarcacións. 23/09/20
O paso dunha fronte deixou chovias abondosas sobre todo no Barbanza e en Pontevedra. Ata 46 litros por metro cadrado caeron en Cotobade e máis de 30 en Vigo. Chuvias que serán máis dispersas e ocasionais á tarde. As temperaturas mínimas terémolas ao final do día. As máximas serán algo máis baixas. Rondarán os 20 graos. 23/09/20
As clases volven de forma gradual para os alumnos da Eso, Bachalerato e Formación profesional. Hoxe estreaban o novo protocolo de medidas as que terán que adaptarse a partir de agora para evitar contaxios. // O presidente da Xunta anuncia un Plan de Continxencia para garantir o ensino non presencial, con Máis ordenadores, máis persoal e máis medios. // A Dirección Xeral de Mariña Mercante prohibe a navegación de veleiros de ata quince metros de eslora entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares. A medida pretende evitar novos encontros coas candorcas que durante as últimas semanas teñen protagonizado incidentes con danos nesas embarcacións. 23/09/20
Os casos de Covid-19 suben en Galicia ata 4.350, logo de detectarse 221 novos contaxios. Do total, 161 consideranse relacionados con escolas infantis e centros educativos. Tres falecementos nas últimas horas aumentan as vítimas mortais a 721.// O parlamento galego rexeita, cos votos do Partido Popular, investigar a xestión das residencias de maiores, das que proceden case a metade das vítimas da Covid-19 en Galicia. // Os xogos de caza de grupos de candorcas provocan incidentes con varias embarcacións de recreo fronte á costa galega. Os expertos aclaran que, ainda que son animais inofensivos, en caso de avistamentos o mellor e apagar as máquinas e manter a distancia. 22/09/20.
Un home de 58 anos entregase a Garda Civil despois de confesar que matara o seu irmán, que acababa de chegar de Rumanía. Ocorreu en Sigueiro, preto de Santiago, poucas horas despois de que, no centro da cidade outro home fora detido por acabar coa vida dun sobriño de tres anos de idade. //O parlamento galego rexeita, cos votos do Partido Popular, investigar a xestión das residencias de maiores, das que proceden case a metade das vítimas da Covid-19 en Galicia. //Os traballadores de Alcoa continúan coas movilizaciónes e hoxe cortaron a autovía A-6 en Outeiro de Rei para reclamar á venda da fábrica de San Cibrao ao grupo británico Liberty House.// Os xogos de caza de grupos de candorcas provocan incidentes con varias embarcacións de recreo fronte á costa galega. Os expertos aclaran que, ainda que son animais inofensivos, en caso de avistamentos o mellor e apagar as máquinas e manter a distancia. 22/09/20
Un home de 58 anos entregase a Garda Civil despois de confesar que matara o seu irmán, que acababa de chegar de Rumanía. Ocorreu en Sigueiro, preto de Santiago, poucas horas despois de que, no centro da cidade outro home fora detido por acabar coa vida dun sobriño de tres anos de idade// O parlamento galego rexeita, cos votos do Partido Popular, investigar a xestión das residencias de maiores, das que proceden case a metade das vítimas da Covid-19 en Galicia. // Os xogos de caza de grupos de candorcas provocan incidentes con varias embarcacións de recreo fronte á costa galega. Os expertos aclaran que, ainda que son animais inofensivos, en caso de avistamentos o mellor e apagar as máquinas e manter a distancia. 22/09/20
As tres e media da tarde comeza o outono astronómico e faino baixo a influencia dunha borrasca centrada no Mar do Norte. Así temos ceos anubrados e chuvias intermitentes que serán máis probables esta tarde e noite. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas quedan con poucos cambios. Oscilarán entre os 22 graos previstos en Pontevedra e os 25 que agardan en Lugo. 22/09/20
Dous novos falecementos elevan o total de mortes pola pandemia en Galicia a 718. Os casos activos baixan en 46, e suman 4.304. Hai 32 pacientes en UCI e 211 en outras unidades de hospitalización.// Xa son tres as residencia de maiores intervidas pola Xunta. A de Culleredo, onde deron positivo 21 dos 24 residentes, ademais de 7 traballadores, súmase ás do Incio e Castro de Rei. // Galicia acumula máis dun cento de denuncias por ocupación ilegal de vivendas. A Xunta e asociacións de veciños galegas piden cambios na lei contra os okupas para que contemple a pena de cárcere e poñer couto a un problema que se está a extender nas cidades galegas. 21/09/20
As máscaras invaden os Campus, as bibliotecas e as aulas. E o Primeiro día de clase nas tres Universidades galegas, que intentan afrontar o curso cunha combinación de medidas para garantir a seguridade. Entre elas, a teledocencia.
//Xa son tres as residencia de maiores intervidas pola Xunta. A de Culleredo, onde deron positivo 21 dos 24 residentes, ademais de 7 traballadores, súmase ás do Incio e Castro de Rei. Os grupos da oposición insisten en reclamar unha comisión de investigación sobre a xestión destes centros // Galicia acumula máis dun cento de denuncias por ocupación ilegal de vivendas. A xunta e asociacións de veciños galegas piden cambios na lei para que contemple penas de cárcere para os okupas // Victorias do Celta e o Lugo nos seus primeiros encontros na casa, e con idéntico resultado: 2 a un. O equipo vigués venceu cómodamente ao Valencia don dous goles de Iago Aspas. 21/09/20
As máscaras invaden as aulas, as bibliotecas e os Campus. E o Primeiro día de clase nas tres Universidades galegas, que intentan afrontar o curso cunha combinación de medidas para garantir a seguridade. Entre elas, a teledocencia, //Dous novos falecementos elevan o total de mortes pola pandemia en Galicia a 718. Os casos activos baixan en 46, e suman 4.304. Hai 32 pacientes en UCI e 211 en outras unidades de hospitalización. //.Galicia acumula máis dun cento de denuncias por ocupación ilegal de vivendas. A xunta e asociacións de veciños galegas piden cambios na lei contra os okupas para que contemple a pena de cárcere e poñer couto a un problema que se está a extender nas cidades galegas. 21/09/20
Este último día do verán déixanos nubes e claros, con ceos máis despexados durante a tarde, con posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional. Temperaturas con poucos cambios ou algo máis baixas. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos na costa atlántica e os 24 que agardan no interior de Ourense. 21/09/20
Un outono máis cálido e seco do habitual. É a predicción que acaba de facer a Axencia Estal de Meteoroloxía para a estación que empeza a próxima semana, logo dun veran que se converte no segundo coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros, só por detrás do de 2013. De momento, esta tarde segue activada a alerta por treboadas na metade norte. // Os casos activos de Covid-19 ascenden a 4.317, COLAS logo de rexistrase 248 novos contaxios nas últimas horas. Os pacientes ingresados en UCI aumentan a 32, e os demáis hospitalizados son 241. En canto aos falecementos rexistráronse catro máis nas últimas horas, e o total de vítimas suma xa 705 // Unha investigación da Universidade de Santiago revela cómo foi a chegada do coronavirus a España, a partir de datos xenéticos. Vitoria, no País Vasco, foi a porta de entrada, a principios de febreiro, e en Marzo expandíuse dende Madrid ao resto de comunidades. 18/09/20
Obras urxentes para agrandar espazos, colocar mamparas e intentar adaptar os edificios ao protocolo de seguridade. É o que ocorre en boa parte dos institutos de secundaria e FP para chegar en condicións ao comezo do curso. Os profesores esperan coñecer hoxe a listaxe definitiva de prazas. // Unha investigación da Universidade de Santiago revela cómo foi a chegada do coronavirus a España. Vitoria, no País Vasco, foi a porta de entrada, a principios do mes de febreiro, e a partir de Marzo expandíuse dende Madrid ao resto de comunidades. //Salvar as pallozas do Piornedo, deterioradas logo de cinco anos sen mantemento. E o que se propón unha asociación veciñal que ten recadado fondos a través de internet para sementar e colleitar o centeo necesario para reteitar as cubertas de palla. 18/09/20
Boa parte de Galicia continúa hoxe en alerta por treboadas e chuvias intensas. A aemet mantén activo ese aviso na metade norte da comunidade ata ás oito desta tarde despois de que onte se contabilizan máis de 4.000 raios Treboadas con chuvascos que serán máis probables no interior da comunidade. Inestabilidade que se manterá durante toda a fin de semana. 18/09/20