Nas próximas horas continuaremos baixo os efectos da borrasca situada sobre a Bretaña francesa e que deixa precipitaciòns intermitentes que poden ser de sarabia e mesmo de neve, nos cumios máis altos. As temperaturas seguen baixas e o vento fai aumentar a sensación de frío. 02/10/20
Expresidentes de goberno, empresarios destacados e intelectuais. Danse cita na Illa da Toxa para analizar o impacto da crise sanitaria na saúde e na economía internacional, no foro que está a piques de ser inaugurado polo rei Felipe VI. // Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. //A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. 01/10/20
Ximnasia nos corredores, para evitar zonas comúns, controis rigorosos de entrada e moita desinfección. Así loitan contra os contaxios nesta Residencia de Lalín, logo de superar un episodio de casos positivos. No Día internacional do Maior, botamos unha ollada a cómo son atendidas as persoas de máis idade nestes tempos de pandemia.// Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259 .//O impacto da crise sanitaria na saúde e na economía internacional, será o tema que analizarán políticos, empresarios e intelectuais que se dan cita na Illa da Toxa, no foro que será inaugurado esta tarde polo rei Felipe VI e o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa. // O Concello da Coruña permite aos locais de lecer nocturno cambiar provisionalmente de licenza para que poidan abrir cos mesmos horarios e condicións de bares e cafeterías. 01/10/20
Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. // A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. Cando apareza un caso nunha aula e haxa que practicarlle PCRs a todos os estudantes desa clase serán derivados a estes espazos específicos. 01/10/20
Galicia quedou dende as primeras horas de hoxe nunha situación de chubascos illados e ocasionais. Pola tarde os ceos irán cubrindo progresivamente, a espera dunha nova fronte que chegará pola noite e deixará, de novo, chuvias en toda comunidade. As temperaturas máximas descenderán, so en Ourense pasan dos 20 graos. 01/10/20
O Sergas opta por cambiar aos usuarios as máscaras de tea polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas, as de tea, alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.//As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios coa ollada posta nas xuntanzas familiares. // Campaña da Universidade de Santiago para Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. 30/09/20
A proliferación de máscaras de tea, no punto de mira da polémica. O SERGAS opta por cambiarllas aos usuarios polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.// A Universidade de Santiago pon en marcha unha campaña para fomentar o lecer responsable entre os estudantes. Dende que empezou o curso, a policia local leva desaloxadas máis de oitenta festas nocturnas en pisos da cidade.// A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. //Veciños de Rande denuncian como contaminante a actividade da empresa AUCOSA, adicada a transformación de resíduos da industria conserveira. 30/09/20
As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité Clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios.// Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. É unha das mensaxes da campaña que a Universidade de Santiago pon en marcha coa asociación de hostelería para fomentar o lecer responsable entre os estudantes //.A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. 30/09/20
A influencia anticiclónica irá ao longo do día quedando atrás, para deixar paso á chegada dunha fronte fría. Así hoxe temos ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, e pola noite chegarán as nubes baixas e as chuvias. As temperaturas, en lixeiro descenso, con máximas de ata 23 graos en Ourense. O vento sopla en xeral moderado con intervalos fortes na costa norte e espéranse rachas moi fortes pola noite. 30/09/20
Traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións, nas que busca a complicidade dos gobernos central e autonómico. A Empresa insiste na sua negativa total a salvar a planta de Aluminio O número de afectados pola Covid-19 en Galicia segue a baixar. Son 4.279 casos activos, 56 menos ca onte. Os falecidos aumentan en cinco, ata 736. // Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. Recolle máis de 5.000 Sinaturas en apoio de que lle deixen abrir en igualdade de condicións que o resto da hostalaría. 29/09/20
Cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións dos traballadores de Alcoa, nas que buscan a complicidade dos gobernos central e autonómico. A Empresa insiste na sua negativa total a salvar a planta de Aluminio //O Presidente da Xunta admitíu hoxe a posibilidade de que as administracións teñan que recurrir á intervención da factoría pra seguir garantindo o seu funcionamento. //Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. Recolle máis de 5.000 sinaturas en apoio de que lle deixen abrir en igualdade de condicións que o resto da hostalaría. //Os peregrinos poderán selar dixitalmente os xustificantes de ter feito o camiño para obter a Compostela. O arzobispado deseña a aplicación para móbiles que entrará en funcionamento a partir de xaneiro do ano que ven. 29/09/20
Cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións dos traballadores de Alcoa, nas que buscan a complicidade dos gobernos central e autonómico.//Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. //Os peregrinos poderán selar dixitalmente os xustificantes de ter feito o camiño para obter a Compostela. O arzobispado deseña a aplicación para móbiles que entrará en funcionamento a partir de xaneiro do ano que ven. 29/09/20
Continuamos baixo a influencia das altas presións que deixan tempo solleiro. Ceos pouco nubrados ou despexados con tempreraturas en ascenso entre lixeiro e moderado grazas á entrada de aire cálido. O vento sopra frouxo de compoñente norte. Unha situación que comezará a mudar mañá, cando se agarda que cheguen as precipitaciòns pola noite. 29/09/20
Galicia baixa dos 150 novos contaxios diarios, por primeira vez dende que comezou a segunda vaga, a mediados de agosto. Os casos activos suman 4.353. Os pacientes hospitalizados aumentan en 12 e hai que contar dous facelementos no último día. // Sanidade reforza con 200.000 doses máis o dispositivo para a campaña de vacinación da gripe deste ano. Confía en que a incidencia sexa menor, grazas ás medidas de distanciamento pero intensifica o chamamento aos grupos de risco, especialmente maiores usuarios de residencias. // Unha xenialidade de Iago Aspas válelle o gol co que iguala o record de máximo anotador do club vigués na primeira división. O encontro co Valladolid remata en empate con actuación polémica arbitral. O obradoiro encadea a terceira vitoria consecutiva e encabeza a clasificación na liga ACB. 28/09/20
Os traballadores de Alcoa e os gobernos central e autonómico coiciden en acusar de mala fe a multinacional norteamericana, por negarse a vender a planta de aluminio de San Cibrao. A dirección da empresa cita nun pazo de Nigrán ao comité para negociar o ERE //Galicia baixa dos 150 novos contaxios diarios, por primeira vez dende que comenzou a segunda vaga, a mediados de agosto. Os casos activos suman 4.353. Os pacientes hospitalizados aumentan en 12 e hai que contar dous facelementos no último día // Sanidade reforza con 200.000 doses máis o dispositivo para a campaña de vacinación da gripe deste ano. Confía en que a incidencia sexa menor, grazas ás medidas de distanciamento pero intensifica o chamamento aos grupos de risco, especialmente maiores usuarios de residencias // As ocupacións de vivendas en Galicia ascenden a 108 no últmo ano, unha cifra que, para a delegación do goberno, non xustifica a alarma social, e auncia un novo protocolo de actuación para axilixar a resposta policial. 28/09/20
Os traballadores de Alcoa e os gobernos central e autonómico coiciden en acusar de mala fe a multinacional norteamericana, por negarse a vender a planta de aluminio de San Cibrao. // Galicia baixa dos 150 novos contaxios diarios, por primeira vez dende que comenzou a segunda vaga, a mediados de agosto. Os pacientes hospitalizados aumentan en 12 e hai que contar dous facelementos no último día. // Sanidade reforza con 200.000 doses máis o dispositivo para a campaña de vacinación da gripe deste ano. Confía en que a incidencia sexa menor, grazas ás medidas de distanciamento. 28/09/20
Hoxe temos ceos despexados ou con poucas nubes. Temperaturas en lixeiro ascenso, vento frouxo e ningunha alerta no mar. Vémolo nestas imaxes de Pontevedra, que acada a temperatura máis alta, 25 graos. A situación anticiclónica vai continuar connosco alomenos ata o mércores. 28/09/20
Preocupación polo gromo relacionado con esa nave de transformación avícola en Cambados. Hai xa Cerca de cen contaxios, entre traballadores da planta, os seus familiares e contactos cercanos. No conxunto de Galicia os casos activos baixan lixeiramente e non se rexistraron mortes por COVID-19 nas últimas horas. // A tensión aumenta para os traballadores de Alcoa, ao achegarse a fin do prazo para que a multinacional negocie a venda da planta de aluminio ao Grupo británico Líberty House. Os representantes sindicais ven con recelo a actitude da empresa e reclaman a intervención do goberno. // A obriga de levar máscara na aula en todo momento complica a comunicación dos alumnos nun instituto de Oleiros coa sua profesora con discapacidade auditiva. A consellería de Educación estuda a mellor solución para o seu caso. 25/09/20
Detectados Cerca de cen contaxios de Covid-19 en relación con esta nave de transformación avícola en Cambados. Os afectados son traballadores da planta, os seus familiares e contactos cercanos. A maior parte asintomáticos. // Os traballadores de Alcoa mobilizáronse de novo, ao achegarse a fin do prazo para que a multinacional negocie a venda da pranta de aluminio primario ao Grupo británico Líberty House, e evitar así os despedimentos. // A obriga de levar máscara na aula en todo momento complica a comunicación dos alumnos nun instituto de Oleiros coa sua profesora con discapacidade auditiva. A consellería de Educación estuda a mellor solución para o seu caso. //Cunha Homenaxe a Adolfo Dominguez, que producíu a película coa que se inaugurou o certame hai 25 anos. Así arranca hoxe o festival de Cine de Ourense. que ten previsto proxectar Máis de 90 longametraxes, entre elas a estrea de Olvido y León, do ourensán Xavier Bermudez. 25/09/20
Detectados Cerca de cen contaxios de Covid-19 en relación con esta nave de transformación avícola en Cambados. Os afectados son traballadores da planta, os seus familiares e contactos cercanos. A maior parte asintomáticos. // Os traballadores de Alcoa mobilizáronse de novo, ao achegarse a fin do prazo para que a multinacional negocie a venda da pranta de aluminio primario ao Grupo británico Líberty House, e evitar así os despedimentos. // A obriga de levar máscara na aula en todo momento complica a comunicación dos alumnos nun instituto de Oleiros coa sua profesora con discapacidade auditiva. A consellería de Educación estuda a mellor solución para o seu caso. 25/09/20