Técnicos de cultura e unha comisión xudicial entran no Pazo de Meirás. Están documentando todo o que hai, para evitar que desaparezan bens catalogados antes de que, dentro dun mes, a familia Franco lle entregue o pazo ao Estado // O presidente da Xunta anuncia dúas leis para loitar contra a pandemia do coronavirus e outros dez millóns en axudas para o sectores máis afectados // Os hostaleiros de Santiago piden ante a conselleria de Sanidade poder volver abrir cando baixe a alerta sanitaria // Unha empresa ourensá aproveita contedores marítimos para ampliar espazos nos centros educativos, sobre todo nos patios de recreo. 11/11/20
Galicia logra baixar dos dez mil casos activos de coronavirus, tras encadear tres días consecutivos de descenso // Hoxe foron os hostaleiros de Verín os que saíron á rúa para pedir que lles deixen reabrir os negocios // O Parlamento aproba un límite de gasto das contas públicas para o ano que vén de algo máis de 11.600 millóns. É un 15 por cento superior ao deste exercicio // A centola chega ao mercado coa dúbida de se a venda directa ao consumidor poderá paliar o baixón que se agarda na hostalería // O Celta busca adestrador despois de destituir hoxe a Óscar García, un cese anunciado logo de 7 encontros sen gañar. 10/11/20

Nubes baixas e néboas nos vales do interior a primeira hora, que irán levantando co avance da mañá. A partir do mediodía, predominio de ceo pouco anubrado ou despexado. Vento frouxo do sur. As temperaturas mínimas serán algo máis baixas que os días anteriores, pero as máximas seguirán suaves para a época do ano. 10/11/20
Galicia logra baixar dos dez mil casos activos de coronavirus, tras encadear tres días consecutivos de descenso // Hoxe foron os hostaleiros de Verín os que saíron á rúa para pedir que lles deixen reabrir os negocios // O Parlamento aproba un límite de gasto das contas públicas para o ano que vén de algo máis de 11.600 millóns. É un 15 por cento superior ao deste exercicio // A centola chega ao mercado coa dúbida de se a venda directa ao consumidor poderá paliar o baixón que se agarda na hostalería // O Celta busca adestrador despois de destituir hoxe a Óscar García, un cese anunciado logo de 7 encontros sen gañar. 10/11/20
O Estado vai pedir ao xulgado un inventario dos bens que hai no pazo de Meirás, ante a intención da familia Franco de facer a mudanza // Santiago é a primeira cidade de Galicia en saír da lista vermella do coronavirus, na que seguen 45 concellos. Descenden os novos contaxios, pero continúan aumentando os hospitalizados // Estivemos no banco da alimentos e na cociña económica da Coruña. Dispárase o número de usuarios, pero tamén medra a solidariedade, cun aumento das doazóns // O comité de Alcoa ofrece desconvocar a folga indefinida se a multinacional senta a negociar de boa fe a venda da factoría e retira o ERE // O Celta busca adestrador despois de destituir hoxe a Óscar García, un cese anunciado logo de 7 encontros sen gañar 09/11/20.
O Estado vai pedir ao xulgado un inventario dos bens que hai no pazo de Meirás, ante a intención da familia Franco de facer a mudanza // Santiago é a primeira cidade de Galicia en saír da lista vermella do coronavirus, na que seguen 45 concellos. Descenden os novos contaxios, pero continúan aumentando os hospitalizados // Estivemos no banco da alimentos e na cociña económica da Coruña. Dispárase o número de usuarios, pero tamén medra a solidariedade, cun aumento das doazóns // O comité de Alcoa ofrece desconvocar a folga indefinida se a multinacional senta a negociar de boa fe a venda da factoría e retira o ERE // O Celta busca adestrador despois de destituir hoxe a Óscar García, un cese anunciado logo de 7 encontros sen gañar. 09/11/20
Situación intermedia entre as altas e as baixas presións, o que deixa ceos parcialmente cubertos. As precipitaciós serán más probables na costa atlántica pola mañá, e más ocasionais no resto de Galicia pola tarde. 09/11/20
O Estado vai pedir ao xulgado un inventario dos bens que hai no pazo de Meirás, ante a intención da familia Franco de facer a mudanza // Santiago é a primeira cidade de Galicia en saír da lista vermella do coronavirus, na que seguen 45 concellos. Descenden os novos contaxios, pero continúan aumentando os hospitalizados // Estivemos no banco da alimentos e na cociña económica da Coruña. Dispárase o número de usuarios, pero tamén medra a solidariedade, cun aumento das doazóns // O comité de Alcoa ofrece desconvocar a folga indefinida se a multinacional senta a negociar de boa fe a venda da factoría e retira o ERE // O Celta busca adestrador despois de destituir hoxe a Óscar García, un cese anunciado logo de 7 encontros sen gañar. 09/11/20
Malestar do sector da hostalaría, contra o peche practicamente total que esta medianoite entra en vigor nas cidades e areas metropolitanas. Os empresarios consideran insuficientes as axudas prometidas pola Xunta. O presidente Núñez Feijóo pedía hoxe, de novo, desculpas. //Os casos activos en Galicia superan a cifra de 10.000. Supón o dobre dos que se rexistraban hai só tres semanas. A presión asistencial segue en aumento. Os peores datos corresponden a área sanitaria de Vigo, que duplica a incidencia rexistrada en abril. //Galicia afronta a segunda fin de semana con peches perimetrais, que agora se extenden a 60 concellos, entre eles as principais cidades. A Garda Civil e a policía están a despregar dispositivos nas estradas, para que os conductores cumpran as restriccións de mobilidade. 06/11/20
O sector da hostalaría deixa sentir o seu malestar con ruidosas protestas contra o peche practicamente total que esta medianoite entra en vigor nas cidades e areas metropolitanas. Os empresarios consideran insuficientes as axudas prometidas pola Xunta. //Os casos activos superan hoxe a cifra de 10.000. Supón o dobre dos que se rexistraban hai só tres semanas. A presión asistencial segue en aumento, con cerca de 600 pacientes hospitalizados, 85 na UCI. Os peores datos corresponden a área sanitaria de Vigo, que duplica a incidencia rexistrada en abril. //O Celta enfróntase esta noite ao Elche, un partido vital para cambiar a dinámica de seis encontros sen gañar e que podería decidir a continuidade do adestrador Óscar García. Na segunda o Lugo, tras cinco partidos sen derrota, visita mañá ao líder na táboa, o Español. 06/11/20
Unha borrasca situada ao oeste de Portugal deixanos tempo anubrado con chuvias. Comezaron no sur pola mañá e iranse extendo ao resto da comunidade ao final do día. As temperaturas subiron. As máximas rondan de novo os 20 graos. Tempo borrascoso que se manterá durante a fin de semana. 06/11/20
O sector da hostalaría deixa sentir o seu malestar con ruidosas protestas contra o peche practicamente total que esta medianoite entra en vigor nas cidades e areas metropolitanas. Os empresarios consideran insuficientes as axudas prometidas pola Xunta. //Os casos activos en Galicia superan a cifra de 10.000. A presión asistencial segue en aumento, con cerca de 600 pacientes hospitalizados, 85 na UCI. Os peores datos corresponden a área sanitaria de Vigo, que duplica a incidencia rexistrada en abril. //O Celta enfróntase esta noite ao Elche, un partido vital para cambiar a dinámica de seis encontros sen gañar e que podería decidir a continuidade do adestrador Óscar García. 06/11/20
O ministro de Sanidade anunciou a dispoñibilidade de vacinas para a COVID-19 en xaneiro e insistíu en reclamar responsabilidade cidadá para frear a nova vaga de contaxios. //Galicia volve superar os 700 novos positivos detectados no último día. A área sanitaria de Vigo segue a ser a máis afectada, mentres a de Ourense continua á baixa. Os hospitalizados soben a 577, e contabilízanse nove falecementos máis, ata un total de 960. //19 contaxios detectados no colexio Apóstol Santiago, o máis grande de Vigo, que leva a manter a 200 alumnos de primaria en corentena. En total, os centros escolares galegos acumulan xa máis de 1.200 casos positivos e son 54 aulas clausuradas // A Xunta anuncia axudas de ata 7.000 euros para os hosteleiros afectados polo peche de que entran en vigor mañá a medianoite. As contías dependerán do tamaño dos establecementos e do número de traballadores. 05/11/20
España contará con doses de vacina da Covid-19 dispoñibles para ser administradas a partir de xaneiro. Así o asegurou o ministro de Sanidade en Vigo, //Os casos activos sitúanse en 9.895 logo dunha xornada en que se volveron superar os 700 novos positivos detectados. A área sanitaria de Vigo segue a ser a máis afectada, mentres a de Ourense continua á baixa. Os hospitalizados soben a 577, e contabilízanse nove falecementos máis, ata un total de 960. //200 alumnos de primaria dun colexio de Vigo, en corentena tralo positivo dun profesor e dous alumnos. En total, os centros escolares galegos acumulan xa máis de 1.200 casos positivos, que levan a manter pechadas 54 aulas. //Os concelleiros do Partido Popular de Ourense descartan apoiar a moción de censura anunciada polos socialistas, para apartar a Jácome da Alcaldía, se non se pacta previamente un novo goberno de coalición. 05/11/20
O ministro de Sanidade visitou en Vigo o laboratorio de microbioloxía do Hospital Alvaro Cunqueiro, pioneiro na técnica de cribado masivo. //Os casos activos sitúanse en 9.895 logo dunha xornada en que se volveron superar os 700 novos positivos detectados. A área sanitaria de Vigo segue a ser a máis afectada, mentres a de Ourense continua á baixa. //A Xunta anuncia axudas de ata 7.000 euros para os hosteleiros afectados polo peche de que entran en vigor mañá a medianoite. As contías dependerán do tamaño dos establecementos e do número de traballadores e poderán sumarse a outras bonificacións. //Os concelleiros do Partido Popular de Ourense descartan apoiar a moción de censura anunciada polos socialistas, para apartar a Jácome da Alcaldía, se non se pacta previamente un novo goberno de coalición. 05/11/20
A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche dos establecementos hostaleiros.//Galicia volve situarse por enriba do 600 contaxios diarios, despois de dúas xornadas de respiro. E por primeira vez desde o inicio da pandemia, todas as áreas sanitarias galegas superan os mil casos. //As cubas da fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao, na Mariña de Lugo, seguirán funcionando. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ordenar á multinacional que se absteña de calquer acción dirixida a facer efectiva esa parada. //Asi poderán ser as clases nos centros de ensino, no caso dun confinamento xeral ou se hai que pechar unha aula ou un colexio. 04/11/20
A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche do interior dos establecementos hostaleiros//Os casos activos chegan hoxe a cifra de 9.642, logo de que durante o día de onte se volveran superar os 600 novos positivos, a terceira parte deles na área sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados aumentan a 563. //O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. //O paro rexistrado aumenta en Galicia en máis de 4.700 persoas no último mes, cunha subida especialmente pronunciada nos servizos. O número de cotizantes da Seguridade Social repunta lixeiramente. 04/11/20
A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche do interior dos establecementos. //Os casos activos chegan hoxe a cifra de 9.642, logo de que durante o día de onte se volveran superar os 600 novos positivos, a terceira parte deles na área sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados aumentan a 563. Sete novos falecementos elevan o total de vítimas mortais a 951. //O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. Estima así a reclamación dos traballadores para evitar que o peche da factoría de San Cibrao se convirta en definitio. 04/11/20