A vacinación masiva avanza con máis de 40.000 doses administradas nun so día. Entre elas, a do presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. A Xunta estuda cómo quedará o control das medidas sanitarias, unha vez que remate o Estado de Alarma. // En San Cibrao, os Traballadores de Alcoa deciden hoxe, nunha nova asamblea se retoman as mobilizacións, ao rematar, de momento sen resultado, o prazo para negociar a venda da Factoría entre Alcoa e a Sepi. // Galicia e a comunidade coa maior baixada do paro en abril, con 9.941 desempregados menos, unha caída de cinco puntos e medio. O total de parados rexistrados na nosa comunidade acada os 170.000. // A Pandemia triplica a demanda de vivendas prefabricadas. Unha empresa de CArballo e lider en España da producción de vivendas que se poden construir e instalar en so seis meses. 05-05-2021
Galicia comeza unha nova vacinación masiva fronte á covid-19 en 14 grandes recintos de todas as áreas sanitarias
Ambiente de traballo intenso nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias, no arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o despedimento dun traballador ó que botaron do traballo o mesmo día que foi pai. A empresa terá que readmitilo por vulnerar o seu dereito á igualdade e á non discriminazión por razón de sexo. // Sumrrá, unha das bandas máis emblemáticas do Jazz en Galicia, cumpre 21 anos. Co seu novo disco "7 Visións" sacan un produto feito no tempo do confinamento. Agora volven ás salas, esta vez xa con público, e con gañas de seguir tocando por moitos anos máis. Dende esta semana (abril) está tamén dispoñible nas plataformas de streaming. 04-05-2021
Equipos duplicados nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias. É o arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. / /Lixeira repunta nos novos contaxios, ao detectarse 125 nas últmas horas, ainda que os casos activos mantéñense á baixa, con pouco máis de 3.000 o que confirma a tendencia a estabilización da pandemia. Tamén baixan os pacientes nas UCI, a 47. // As repobacións con eucaliptos dispáranse nos últimos meses, a partir do anuncio, por parte da Xunta, dunha moratoria para frear a expansión desta especie, e que xa comenzou a sua tramitación no Parlamento // "A roupa non ten xénero". Baixo ese lema, alumnos e profesores dos centros educativos de Bueu tomaron hoxe as rúas...vestidos con saias.. Por iniciativa de catro de alumnas de Bacharelato, para reivindicar máis tolerancia e dicir non aos estereotipos de xénero. 04-05-2021
Galicia entra nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións e ventos do oeste que achegarán humidade dende o mar. Ceos anubados con chuvias que aumentarán pola noite na franxa atlántica. 04-05-2021
Equipos duplicados nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias. É o arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. / /Lixeira repunta nos novos contaxios, ao detectarse 125 nas últmas horas, ainda que os casos activos mantéñense á baixa, con pouco máis de 3.000 o que confirma a tendencia a estabilización da pandemia. Tamén baixan os pacientes nas UCI, a 47. // As repobacións con eucaliptos dispáranse nos últimos meses, a partir do anuncio, por parte da Xunta, dunha moratoria para frear a expansión desta especie, e que xa comenzou a sua tramitación no Parlamento // "A roupa non ten xénero". Baixo ese lema, alumnos e profesores dos centros educativos de Bueu tomaron hoxe as rúas...vestidos con saias.. Por iniciativa de catro de alumnas de Bacharelato, para reivindicar máis tolerancia e dicir non aos estereotipos de xénero. 04-05-2021
Empeza a campaña de recollida de alimentos "Maio solidario" nos supermercados Gadis, en favor dos bancos de alimentos de Galicia e Castela e León
Case un cuarto de millón de doses a maiores de 60 anos. É o obxetivo de vacinación do Sergas para esta semana, a última na que está en vigor o Estado de Alarma. O presidente da Xunta anticipaba así qué pasará despois. // Xa son catro os mariñeiros do buque "Prometeus Leader " contaxiados por covid 19, hospitalizados na clínica Fátima de Vigo. Os catro permanecen estables. O servizo de Microbioloxía confirmaba esta fin de semana a presenza da cepa india da covid na tripulación do buque, atracado no porto de Vigo. // Asamblea dos traballadores de Alcoa en San Cibrao, para analizar a situación do proceso de venda da fábrica, despois de que o venres rematase o prazo acordado para pechar a compra por parte da Sepi. O non haber acordo, os traballadores deciden se retoman as mobilizacións.. // 03-05-2021
Baixan os casos activos, e hai menos contaxios novos e menos hospitalizacións, ainda que cun paciente máis na UCI. Son os datos da evolución da Pandemia, cando empeza a última semana de vigor do Estado de Alarma. O Sergas prevé acelerar o ritmo de vacinación ata chegar as 245.000 doses ata o domingo. // En Pontevedra arrancan as obras para a construcción do novo hospital de Montecelo, que permitirá aumentar unificar a actividade asistencial, con 120 camas mais, e duplicar as unidades de urxencias. // Unha rara enfermidade xenética causalles dificultade respiratoria e outros transtornos. Son dúas irmás da Porqueira, que protagonizan unha campaña a favor que doentes como elas teñan prioridade para a vacinación, máis alá dos grupos de idade. // As Guerreiras Laxanxas suman un novo triunfo ao seu historial. Por terceiro ano consecutivo, o Burela de Futbol Sala feminino gaña a copa da Raíña. 03-05-2021
A semana comenza con predominio da estabilidade. Xornada con ceo pouco anubado ou despexado con néboas matinais no interior. Ascenso de temperaturas, máis acusado nos valores diurnos. 03-05-2021
Baixan os casos activos, e hai menos contaxios novos e menos hospitalizacións, ainda que cun paciente máis na UCI. Son os datos da evolución da Pandemia, cando empeza a última semana de vigor do Estado de Alarma. O Sergas prevé acelerar o ritmo de vacinación ata chegar as 245.000 doses ata o domingo. // En Pontevedra arrancan as obras para a construcción do novo hospital de Montecelo, que permitirá aumentar unificar a actividade asistencial, con 120 camas mais, e duplicar as unidades de urxencias. // Unha rara enfermidade xenética causalles dificultade respiratoria e outros transtornos. Son dúas irmás da Porqueira, que protagonizan unha campaña a favor que doentes como elas teñan prioridade para a vacinación, máis alá dos grupos de idade. // As Guerreiras Laxanxas suman un novo triunfo ao seu historial. Por terceiro ano consecutivo, o Burela de Futbol Sala feminino gaña a copa da Raíña. 03-05-2021
Investigadores de Lugo utilizan reproducen a mutación das enfermidades co fin de estudar os tratamentos, como con Pelayo un neno cunha doenza da que só hai 18 casos en todo o mundo.
O concello ourensán de Láza pasa ao nivel máximo de restricións, e súmase, a partir do luns, aos de Cualedro e Vilanova de Arousa que se manteñen nesta situación. Así o decidíu hoxe o comité clínico que asesora á Xunta, ao superar a incidencia acumulada de 250 casos por 100.000 habitantes. // Malia que Portugal vai abrir as fronteiras mañá, o peche perimetral de Galicia vai impedir ós veciños lusos e galegos moverse libremente polos dous países por motivos de lecer. Os comerciantes da raia levan meses reclamando un trato especial para este territorio. // O presidente da Xunta plantéalle un pacto de Estado para Ferrol á vicepresidenta do Goberno, a galega Nadia Calviño. Na reunión que qeu hoxe mantiña en Madrid coa tamén responsable de asuntos económicos, Feijóo defendeu tamén os 300 proxectos galegos que aspiran a recibir fondos Next Generation. 30-04-2021
Maio estréase con auga. A inestabilidade atmosférica fará que os chuvascos se estendan por toda a Comunidade. As temperaturas, sen cambios. As máximas rondarán os 17 graos e as mínimas poden baixar ata os 3. 30-04-2021
As análises revelarán nas próximas horas se o 6 positivos rexistrados a bordo do buque confinado en Vigo corresponden á variante india do virus. Os expertos din que non é máis perigosa que as outras, pero advirten da importancia da vacinación xeral para evitar rebrotes dende distintas procedencias do mundo. // Baixan lixeiramente os casos positivos pero aumentan a 49 os ingresados nas UCI. Entre os novos casos, volve a haber, logo de máis dun mes, seis contaxios entre usuarios dun centro de maiores, en Chantada, e dous profesionais. // Reabre ao tráfico o túnel do Folgoso, na A-52, a altura do concello da Cañiza, logo de tres meses pechado, tralo incendio dun camión que transportaba vehículos. // Un grupo de investigadoras do Campus de Lugo busca un modelo xenético de peixe cebra que sirva para o estudo e tratamento das enfermedades ultrararas. Un caso único en España, o do neno Pelayo, motiva esta investigación. 30-04-2021