Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia queda hoxe xa claramente baixo a influencia das altas presións, coa entrada de aire cálido en latitudes inferiores, polo que os ceos están despexados en xeral e as temperaturas máximas experimentan un lixeiro ascenso, ata os 22 graos na Coruña e Ferrol, 27 en Pontevedra e soben ata 29 en Ourense. 24-06-2021

Mozos de Pontevedra chamados a un cribado en busca de positivos, tras rexistrarse un gromo entre asistentes a unha celebración de fin de curso. Os novos contaxios volven superar os cen nun día, cun maior incremento na área sanitaria da Coruña. // O Grupo Cortizo, lider na producción de perfís de PVC anuncia un crecemento do 60 por cento no que vai de ano e inaugura unha nova planta en Padrón cun investimento de 51 millóns de euros. // Colas para conseguir entrada na reapertura do Museo da Catedral de Santigo, pechado dende novembro. Volven a ser accesibles as obras do Mestre Mateo, a cripta restaurada e as visitas ás cubertas do templo. // Unha colección inspirada, según os seus creadores, no Sexo. É a proposta presentada pola firma de Adolfo Domínguez para a temporada de primavera verán. Prendas de xastrería con entalles e ombreiras oitenteiras, e outras baseadas na comodidade. 24-06-2021

As terrazas poderán ser ocupadas ao cen por cen, gardando un metro e medio de distancia entre mesas, e poderase pedir na barra, ainda que non consumir. Tamén se amplía ao 75 por cento a cabida nos locais para eventos e reunións. Son as novas normas que rexerán a partir do sábado na hostalaría, e que hoxe anunciou o Comité Clínico. O lecer nocturno abrirá o 1 de xullo. // Martínez, Lito, coñecido coma "o rei das orquestras",foi condenado por fraude fiscal a dous anos e tres meses de cárcere. Terá que pagar ademais 340.000 euros de multa por non declarar o IVE, e non poderá obter axudas públicas. // O cárcere de Teixeiro incorpora dende hoxe un módulo mixto, coñecido como Módulo Nelson Mandela. Adicado a preparación para a vida en liberdade, é convertido en Mixto co obxetivo de favorecer o acceso das internas á reinserción. 23-06-2021

Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presions. Ceos parcialmente cubertos en xeral con chubascos no tercio norte, que irán abrindo e remitirán as chuvias. As tempeaturas máximas, sen cambios 23-06-2021

Dispositivos de seguridade nas praias máis emblemáticas para facer efectiva a prohibición das cacharelas públicas esta noite de San Xoan. As celebracións limitaranse a fincas privadas con autorización. A sardiña baixa de prezo polo aumento da oferta. // Novas normas para a hostalaría: as terrazas poderán ser ocupadas ao cen por cen, gardando unha distancia entre mesas, e se poderá pedir na barra, anque non consumir. Tamén se aplía ao 75 por cento a cabida nos locais para eventos e reunións. O lecer nocturno abrirá o 1 de xullo. // Os establecementos hoteleiros locen xa o distintivo do Seguro Covid que permite sufragar tódolos gastos dos turistas que resultasen afectados por dar positivo durante a sua estadía en Galicia. // Repudiado pola súa manda, e convertido en reclamo dos bañistas, polo seu carácter sociable, pese ás advertencias dos expertos. O golfiño Manoliño complica o traballo dos mariscadores na Ría de Noia e leva aos concellos a adoptar medidas para evitar que a xente xogue con él. 23-06-2021

Con prudencia e cautela. Así reciben moitos na rúa O anuncio de que a máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores, e que xa se deixa notar nun aumento nas vendas de productos de cosmética. Os expertos advirten que haberá que seguir levando algunha protección sempre a man, nun recipiente axeitado. // A Garda Civil de Tráfico de Ourense tómalle declaración a once persoas en calidade de investigadas trala súa participación nunha concentración de coches na Ribeira Sacra a mediados do mes pasado. Nas imaxes difundidas nas redes sociais vese como os pasaxeiros dalgúns dos vehículos ían sentados nos marcos das portas e sen suxeición de ningún tipo.// // A Policía Nacional interceptou dous vehículos que levaban agochados 100 quilos de haxix. E o maior alixo desta sustancia na provincia de Pontevedra nos últimos meses. // Os delitos informáticos aumentaron dende o inicio da Pandemia. Ata 6.000 denuncias recibiron as comisarías galegas no que vai de ano. Para loitar contra os ciberdelincuentes o Sindicato Unificado de Policía reclama máis medios e persoal. 22-06-2021

O anuncio de acabar coa obriga de levar máscara en exteriores fai aumentar a venta de productos de cosmética. Moitos apelan, sen embargo, á cautela e os expertos advirten que haberá que levar algunha sempre a mán, nun recipiente axeitado. // A situación epidemiolóxica mellora xunto co avance da vacinación, unha vez superado o millón de persoas coa pauta completa. Máis de millón e medio teñen recibido algunha dose, o 56 por cento da poboación total. // Unanimidade do Parlamento para aprobar o recoñecemento da violencia de xénero dixital. O acordo insta á Xunta a identificar e axudar as vitimas do ciberacoso, unha actividade que sofren especialmente as mozas adolescentes e que aumentou coa pandemia. // Centros de entornos rurais, como o Arcediago, en Santiso, reinvéntanse con alumnos e mesmo conseguen aumentar as matrículacións durante o curso que remata. 22-06-2021

Segue a inestabilidade, con ceos cubertos en xeral e chubascos, que son máis frecuentes e intensos na metade norte. As temperaturas máximas descenden no terzo norte, e aumentan lixeiramente, en cambio nas Rías Baixas. Ata 22 graos en Pontevedra e Vigo. 22-06-2021

O anuncio de acabar coa obriga de levar máscara en exteriores fai aumentar a venta de productos de cosmética. Moitos apelan, sen embargo, á cautela e os expertos advirten que haberá que levar algunha sempre a mán, nun recipiente axeitado. // A situación epidemiolóxica mellora xunto co avance da vacinación, unha vez superado o millón de persoas coa pauta completa. Máis de millón e medio teñen recibido algunha dose, o 56 por cento da poboación total. // Unanimidade do Parlamento para aprobar o recoñecemento da violencia de xénero dixital. O acordo insta á Xunta a identificar e axudar as vitimas do ciberacoso, unha actividade que sofren especialmente as mozas adolescentes e que aumentou coa pandemia. // Centros de entornos rurais, como o Arcediago, en Santiso, reinvéntanse con alumnos e mesmo conseguen aumentar as matrículacións durante o curso que remata. 22-06-2021

Galicia segue baixando as cifras da pandemia, que se reducen ao nivel de agosto do ano pasado // As expectativas dun verán coas medidas anti covid máis relaxadas, tras máis dun ano coa máscara e as reunión limitadas, fan que moitos afronten os próximos meses con ansiedade ou estrés // Condena unánime ante o ataque contra unha exposición de apoio aos refuxiados en Santiago // Seis verbenas simultáneas en seis localidades galegas serviron esta fin de semana de experiencia piloto de cara á volta destes espectáculos tan habituais no verán. 21-06-2021

Hoxe é o día máis longo do ano e está protagonizado pola borrasca que atravesa Galicia. Continúan os ceos anubrados con choivas e chuvascos acompañados ocasionalmente de tormentas, que irán remitindo pola tarde no sur da comunidade. 21-06-2021

Galicia segue baixando as cifras da pandemia, que se reducen ao nivel de agosto do ano pasado // As expectativas dun verán coas medidas anti covid máis relaxadas, tras máis dun ano coa máscara e as reunión limitadas, fan que moitos afronten os próximos meses con ansiedade ou estrés // Condena unánime ante o ataque contra unha exposición de apoio aos refuxiados en Santiago // Seis verbenas simultáneas en seis localidades galegas serviron esta fin de semana de experiencia piloto de cara á volta destes espectáculos tan habituais no verán. 21-06-2021

Galicia segue baixando as cifras da pandemia, que se reducen ao nivel de agosto do ano pasado // As expectativas dun verán coas medidas anti covid máis relaxadas, tras máis dun ano coa máscara e as reunión limitadas, fan que moitos afronten os próximos meses con ansiedade ou estrés // Condena unánime ante o ataque contra unha exposición de apoio aos refuxiados en Santiago // Seis verbenas simultáneas en seis localidades galegas serviron esta fin de semana de experiencia piloto de cara á volta destes espectáculos tan habituais no verán. 21-06-2021

A Xunta envía alegacións contra a orde ministerial que inclúe ao lobo no listado de especies silvestres en réxime de protección especial. A conselleira de medio ambiente aposta por outras medidas para protexer tanto aos animais como ás explotacións gandeiras. // A nova estación de tren de Santiago, un proxecto cun valor estimado de 28 millóns de euros que mestura a estación antiga coa moderna foi presentado hoxe.. O novo edificio de viaxeiros, conectado coa pasarela peonil, incluirá os servizos comerciais. O contrato tamén contempla un novo aparcadoiro de 460 prazas. // O celtismo está de celebración. Eduardo Coudet renova o contrato e adestrará o equipo vigués ata o 2024. Chegou en novembro do ano pasado para revitalizar e introducir o sentimento de afouteza nos xogadores. Rescatou o equipo do último posto e deixounos a un suspiro do soño europeo, na oitava posición. 18-06-2021