Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Continúa o aumento de casos activos, que rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. O vindeiro luns reabren os centros de vacinación masiva para a dose extra dos que recibiron Janssen e a dos maiores de enre 70 e 79. // Un xulgado de Betanzos arquiva actuacións contra as 17 persoas que en agosto do 2017 entraron no Pazo de Meirás e despregaron pancartas. Eran afiliados do BNG e do sindicato CIG, que pedían deste xeito a devolución do inmoble. Foran denunciados pola familia do ditador. O xuiz dita que non se pode determinar a responsabilidade de cada un deles, nin por xunto nin por separado. // A vocalista estadounidense Cecile McLorin e o seu quinteto actúan esta noite no Auditorio Afundación de Pontevedra Un concerto, moi atractivo para os amantes do xénero,incluído no ciclo "Xacobeo Importa"e na minixira da artista por España. (09/11/2021)

Escasas centolas pero, din, de moi boa calidade. O crustaceo estrela das mesas de nadal chega hoxe aos mercados, tralo comezo da Campaña de capturas. Na lonxa do Grove os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros. // Os casos activos continúan en aumento en Galicia, e rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. // Galicia convértese na terceira comunidade co maior aumento do turismo no que vai de ano e recupera os datos de ocupación e visitantes previos á pandemia. A Xunta anuncia 86 millóns para potenciar o Camiño durante o ano que ven. // Duas queixerías da provincia de Lugo son gañadores dos premios ao mellor queixo de vaca curado e o de mellor queixo azul deste ano. (09/11/2021)

Escasas centolas pero, din, de moi boa calidade. O crustaceo estrela das mesas de nadal chega hoxe aos mercados, tralo comezo da Campaña de capturas. Na lonxa do Grove, a de referencia, os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros. // Os casos activos continúan en aumento en Galicia, e rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. // Galicia convértese na terceira comunidade co maior aumento do turismo no que vai de ano e recupera os datos de ocupación e visitantes previos á pandemia. A Xunta anuncia 86 millóns para potenciar o Camiño durante o ano que ven. // Duas queixerías da provincia de Lugo, suman os premios Alimentos de España aos recoñecementos pola calidade dos seus produtos. Son os gañadores ao mellor queixo de vaca curado e o de mellor queixo azul deste ano. (09/11/2021)

Dominio das altas presións, ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas tiveron un lixeiro ascenso, con seis graos en Lugo e 9 en Ourense, mentres que as máximas, sitúanse entre os 17 graos da Coruña e os 21 de Vigo. (09/11/2021)

O home detido en Ourense por maltrato animal, conductor de autobús de 51 anos, preparaba, según os investigadores, trampas de carne con alfinetes agochados, para que os cans as comesen. E sospeitoso tamén de enviar ameazas a establecementos por deixar entrar ás mascotas. // O turismo sostible e a integración co medio ambiente convertese nun dos principais atractivos para o Camiño. Os profesionais do sector reunidos no certame Fairway destacan a forte recuperación das peregrinacións tralo parón pola pandemia. // Na xornada de liga, remontada épica do Celta ante o Barsa en Balaídos. Os celestes empataron tras ir perdendo por cero a tres no descanso. Os goles de Iago Aspas foron de novo determinantes. Na Segunda División o derbi dos Ancares entre o Lugo e a Ponferradina quedou do lado dos do Bierzo. (08/11/2021)

Primeira reunión executiva o BNG, que arranca unha nova etapa, logo de refrendar a Ana Pontón como lider, na Asamblea que reformula os principios do nacionalismo. A portavoz chama a disputar directamente ao PP a hexemonía electoral.// Inaugurado un novo centro de referencia en Investigación mariña, no Grove, iniciativa do Grupo Nueva Pescanova, Son 4.000 metros cadrados adicados a estudar a xenética e o manexo de especies en catividade como o Polbo, que será comercializado en todo o mundo, o próximo verán. // A colaboración da Policía Nacional, o Seprona e a Policía local de Ourense permite resolver o caso dos cebos trampa para cans que alarmara aos donos de mascotas. Tras catro anos de pescudas detiveron ao presunto autor cando os colocaba nun parque. Dous cans morreran por comer os cebos. (08/11/2021)

Primeira reunión executiva o BNG, que arranca unha nova etapa, logo de refrendar a Ana Pontón como lider, na Asamblea que reformula os principios do nacionalismo. A portavoz chama a disputar directamente ao PP a hexemonía electoral.// Inaugurado un novo centro de referencia en Investigación mariña, no Grove, iniciativa do Grupo Nueva Pescanova, Son 4.000 metros cadrados adicados a estudar a xenética e o manexo de especies en catividade como o Polbo, que será comercializado en todo o mundo, o próximo verán. // A colaboración da Policía Nacional, o Seprona e a Policía local de Ourense permite resolver o caso dos cebos trampa para cans que alarmara aos donos de mascotas. Tras catro anos de pescudas detiveron ao presunto autor cando os colocaba nun parque. Dous cans morreran por comer os cebos.// O turismo sostible e a integración co medio ambiente convertese nun dos principais atractivos para o Camiño. Os profesionais do sector reunidos no certame Fairway destacan a forte recuperación das peregrinacións tralo parón pola pandemia. (08/11/2021)

Predominio das altas presións aínda que a chegada dunha fronte pouco activa polo norte deixa un aumento da nubosidade e mesmo algunha chuvia miúda pola mañá, e ceos máis abertos canto máis ao sur. As temperaturas experimentan un ascenso moderado, sobre todo as mínimas. (08/11/2021)

Os casos de Covid seguen a subir en Galicia, con 84 novos contaxios, a maioría en relación con viaxes de maiores a Benidorm. Os expertos destacan a elevada taxa de vacinación como o principal factor para conter a incidencia por debaixo do resto de países europeos. // As estafas e roubos a través de internet están a medrar máis dun 50 por cento no que vai de ano en Galicia. Para loitar contra estas prácticas empeza a funcional hoxe na Coruña a primeira unidade especializada Os chamados equipos arroba, da Garda Civil. // A inmigración, o cambio Climático, ou cómo debe ser o urbanismo do futuro. Grandes desafíos aos que propoñen respostar un grupo de expertos internacionais reunidos en Santiago. Un foro onde se dan cita a ciencia, a economía e o medio ambiente.// Talleres sobre conservas, pinchos, tapas ou productos do mar. E a feira internacional dedicada ao turismo gastronómico Xantar, que volve a Expourense.

O TEMPO 

Día de transición, con alternacia de nubes e claros e algúns chubascos ocaionais, máis probables canto máis ao norte. Descenso de temperaturas, con mínima de tres graos en Lugo. As nubes irán desaparecendo cara a fin de semana, que será seco en xeral e con máximas que irán entre 15 e os 18 graos. 

As urxencias de Pediatría, en máximos polo aumento dos virus estacionais, máis ala do Covid. Os especialistas advirten que é unha consecuencia da volta á normalidade. Mentres, a incidencia da pandemia segue a subir en Galicia, con 84 novos contaxios, a maioría en relación con viaxes a Benidorm. // A dirección de Vesta amplia ata o próximo luns o período de consultas sobre o ERE. Na mesa de negociación celebrada hoxe en Santiago, a Xunta comunicou tamén o interese doutra empresa a maiores dos oito posibles inversores interesados en facerse coa planta. // Despois da presentación en Venecia, hoxe estréase a película «TRES» rodada en parte en Galicia. Está dirixida por Juanjo Giménez, Palma de Ouro en Cannes, e nominado ao Oscar na sección de curtas. Interpretada por Marta Nieto, conta coa participacion dos galegos Luis Merelas, Cris Iglesias e Fran Lareu //

-Vacas, e tractores, nas rúas de Lugo. É a protesta dos gandeiros para denunciar a grave crise que atravesan pola suba dos custes de producción nos últimos meses, moi por riba do que reciben polo leite, e que,din, aboca a ruina á maioría das explotacións.

-Audasa cifra nun mínimo de mil millóns de euros a compensación que debe recibir por parte do Estado, en caso de que lle sexa anulada a concesión da autoestrada do Atlántico.

-Valentín González Formoso aborda o traspaso de poder na secretaría xeral dos socialistas galegos. O antecesor, Gonzalo Caballero, derrotado nas primarias, seguirá como portavoz parlamentario ata decembro.

- Nova noite máxica de fútbol europeo na Coruña. O equipo Xuvenil do Dépor golea por 5-1 ao Maccabi Haiffa e deixa máis que encarrilado o pase cara á fase final da Youth League. Foi diante de máis de 12.000 espectadores congregados en Riazor.

-Vacas, e tractores, nas rúas de Lugo. É a protesta dos gandeiros para denunciar a grave crise que atravesan pola suba dos custes de producción nos últimos meses, moi por riba do que reciben polo leite, e que,din, aboca a ruina á maioría das explotacións.

-Audasa cifra nun mínimo de mil millóns de euros a compensación que debe recibir por parte do Estado, en caso de que lle sexa anulada a concesión da autoestrada do Atlántico.

-Valentín González Formoso aborda o traspaso de poder na secretaría xeral dos socialistas galegos. O antecesor, Gonzalo Caballero, derrotado nas primarias, seguirá como portavoz parlamentario ata decembro.

- Nova noite máxica de fútbol europeo na Coruña. O equipo Xuvenil do Dépor golea por 5-1 ao Maccabi Haiffa e deixa máis que encarrilado o pase cara á fase final da Youth League. Foi diante de máis de 12.000 espectadores congregados en Riazor.

O TEMPO: Segue a situación de inestabilidade atmosférica, con alternancia de nubes e claros, con chuvascos no terzo norte. As temperaturas seguen a baixar. 

As estafas e roubos a través de internet están a medrar máis dun 50 por cento no que vai de ano en Galicia. Para loitar contra estas prácticas empeza a funcional hoxe na Coruña a primeira unidade especializada Os chamados equipos arroba, da Garda Civil. Din que as As vítimas máis habituais, varons de entre 25 e 40 anos, usuarios das novas tecnoloxías.

Continúa o ascenso de Os casos activos.Hoxe sitúanse en 533, mentres que os novos contaxios aumentan a 37, dez máis que onte. Os hospitalizados incrementanse a 32, dos que Seis están nas UCI. As persoas falecidas dende o comenzo da Pandemia ascenden a 2.653, trala morte dun home de 89 anos en Vigo. // En dúas semanas reabrirán as reabrirán os centros de vacinación masiva para atender á poboación de entre 70 e 79 anos.O Conselleiro de Sanidade descarta ampliar a terceira dose da vacina a toda a poboación. // As empresas de loxistica aseguran que non haberá desabastecemento de cara as navidades e o venres negro pese a tensión no mercado mundial e a escaseza de contedores .O cluster de loxistica de Galicia, que presenta a súa marca para posicionarse no mapa nacional e internacional, insite en que as cadeas de suministro están garantidas anque pode faltar algún producto en concreto. (03/11/2021)

Aumenta a protesta dos traballadores de Vestas, en Viveiro. Cortan o tráfico con barricadas, contra o ERE co que a empresa quere pechar a planta de producción de compoñentes eólicos, e despedir a 115 empregados. // os datos do paro recollen un aumento de case mil desempregados máis en Galicia durante o mes de outubro. No conxunto de España, en cambio, o paro baixa, por primeira vez nese mes dende que hai rexistros. // O goberno central anuncia a transferencia de 67 millóns de euros á Xunta para a rehabilitación de 3.000 vivendas con cargo ao plan de Recuperación e Resilencia. Prevé tamén outros 30 millóns para destinar ao alugueiro social. // Espectación na Coruña ante a nova eliminatoria do equipo xuvenil do Depor na UEFA Youth Leage. Con máis de 18.000 entradas vendidas, Riazor, a piques de batir o record de asistencia nun partido desta categoría en toda Europa. (03/11/2021)

Aumenta a protesta dos traballadores de Vestas, en Viveiro. Cortan o tráfico con barricadas, contra o ERE co que a empresa quere pechar a planta de producción de compoñentes eólicos, e despedir a 115 empregados. // os datos do paro recollen un aumento de case mil desempregados máis en Galicia durante o mes de outubro. No conxunto de España, en cambio, o paro baixa, por primeira vez nese mes dende que hai rexistros. // O goberno central anuncia a transferencia de 67 millóns de euros á Xunta para a rehabilitación de 3.000 vivendas con cargo ao plan de Recuperación e Resilencia. Prevé tamén outros 30 millóns para destinar ao alugueiro social. // Espectación na Coruña ante a nova eliminatoria do equipo xuvenil do Depor na UEFA Youth Leage. Con máis de 18.000 entradas vendidas, Riazor, a piques de batir o record de asistencia nun partido desta categoría en toda Europa. (03/11/2021)

Segue a inestabilidade e o aire frío nas capas altas da atmosfera. Ceos parcialmente anubados con chubascos, máis frecuentes no terzo norte, onde poderán ir acompañados de aparato eléctrico e mesmo de sarabia. As precipitacións serán en forma de neve nos cumios máis altos. (03/11/2021)

Chega un buque cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Chega un buque cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía Gas Natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.

Vén cargado con 150 mil metros cúbicos de gas licuado para a planta de Reganosa, en Mugardos. Procedente de Estados Unidos, é o único que chega hoxe a España para compensar o peche do gasoducto do Magreb, polo que o noso país recibía gas natural de Alxeria. O sector asegura que non haberá desabastecemento, ainda que os prezos seguirán a subir.