Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O ERE de Alcoa queda definitivamente, anulado. O Tribunal Supremo confirma a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, que declarou a nulidade por entender que a empresa actuou de mala fe durante a negociación do período de consultas. // O Colexio Rural Agrupado de Tui é recoñecido co premio Princesa de Girona como Escola do Ano. Os Reis Felipe e Letizia acudiron a entrega do galardón, e departiron con profesores e alumnos, que lles deron amplas mostas dos seus coñecementos. // Ana Pontón confirma que volverá optar a continuar como máxima dirixente do BNG. Logo do período de reflexión, marca como obxetivo para o nacionalismo conseguir agora a presidencia da Xunta. // Galicia sumou 35.800 empregos no terceiro trimestre, co sector servizos impulsado polos bos resultados da campaña de verán. A taxa de paro cae ó 10 por cento, dous puntos por debaixo da media do conxunto de España. (28/10/2021)

Hoxe soben de novo, por cuarto día consecutivo, os casos activos de Covid. Son 473, 23 máis que onte, e os novos contaxios detectádos elévanse a 59, 16 máis. Hai un paciente ingresado máis, ata un total de 24, dos que 5 están na UCI. A cifra de persoas falecidas ascende a 2.651, ao notificarse nas últimas horas a morte dun home de 81 anos en Ourense. // A Xunta quere manter no sistema sanitario ao 80% dos profesionais que foron contratados para facerlle fronte á pandemia. Así o indicou Núñez Feijóo, fronte ás denuncias da oposición de que van ser despedidos 1.200 traballadores sanitarios. // Un grupo de empresas da madeira Lanza a marca Pino de Galicia. Pretenden fomentar a prantación de coníferas como piñeiro do país, o insigne ou o silvestre, ante a gran demanda do mercado internacional e a necesidade das industrias de converterse en sustentables. (27/10/2021)

Condenado a 32 anos de cárcere por abusar sexualmente de seis alumnos adolescentes nun campamento e nunha peregrinación a Santiago. É a sentenza da Audiencia de Pontevedra para o sacerdote, profesor dun colexio de Vigo. A congregación salesiana pide perdón ás vitimas. //. Os integrantes do grupo galego Baiuca quedan retidos en Sudán, tralo golpe de estado militar nese aís. Atópanse na residencia da embaixada española a espera de poder regresar. // A Federación de Municipios e Provincias, representada polo seu presidente Abel Caballero, reclama ao goberno que regule con urxencia o Imposto de Plusvalías, que acaba ser anulado polo Tribunal Constitucional. Os concellos galegos deixarán de cobrar uns 50 millóns anuais. // Lupus, fibromialxia, espondilite... e ata máis de 200 variedades. Son as enfermidades reumáticas. Os expertos aproveitan o mes internacional dedicado a elas para desmintir mitos sobre unhas doenzas que afectan en Galicia a un de cada mil nenos. (27/10/2021)

Mantense a influencia anticiclónica, nunha xornada de ceos despexados en toda a Comunidade,. As temperaturas sen cambios significativos., especialmente agradables no litoral con máximas por riba dos 20 graos. (27/10/2021)

Condenado a 32 anos de cárcere por abusar sexualmente de seis alumnos adolescentes nun campamento e nunha peregrinación a Santiago. É a sentenza da Audiencia de Pontevedra para o sacerdote, profesor dun colexio de Vigo. A congregación salesiana pide perdón ás vitimas. //. Os integrantes do grupo galego Baiuca quedan retidos en Sudán, tralo golpe de estado militar nese aís. Atópanse na residencia da embaixada española a espera de poder regresar. // A Federación de Municipios e Provincias, representada polo seu presidente Abel Caballero, reclama ao goberno que regule con urxencia o Imposto de Plusvalías, que acaba ser anulado polo Tribunal Constitucional. Os concellos galegos deixarán de cobrar uns 50 millóns anuais. // Lupus, fibromialxia, espondilite... e ata máis de 200 variedades. Son as enfermidades reumáticas. Os expertos aproveitan o mes internacional dedicado a elas para desmintir mitos sobre unhas doenzas que afectan en Galicia a un de cada mil nenos. (27/10/2021)

Rexeitamento unánime do Parlamento a referencia da xuiza de Marbella á Galicia Profunda na resolución sobre a custodia dunha nai que marchou co seu fillo vivir a Muros. As tres forzas políticas, de acordo en que e una valoración pexorativa do país. // Galicia tivo no último ano un retorno migratorio de 14 mil persoas e na última década o balance positivo entre inmigrantes e emigrantes é de máis de 70 mil. Así o destacou o presidente da Xunta, na clausura do Programa Merlo, para favorecer o emprendemento entre os mozos que regresan. // En Galicia apenas hai demanda de fotógrafos que se adiquen a fotografar partos, a diferencia de países coma EEUU ou os do norte de Europa onde son cada vez máis habituais. Hoxe coñecemos a unha fotógrafa da Coruña, que é pioneira, e que leva 11 anos retratando ese momento único, a 1.600 euros por parto. // A catedral de Ourense acolle esta noite un concerto benéfico para recadar fondos para dous irmáns israelíes que sufren parkinson infantil. 26-10-2021

Galicia queda hoxe baixo a influencia das altas presions, o que significa unha xornada con ceos pouco anubrados, ou despexados en xeral, un ambiente que vai continuar ata o xoves. As temperaturas mínimas baixaron lixeiramente, a sete graos en Lugo, e aumentan as máximas, ata 23 graos en Ourense. 26-10-2021

Rapaces de entre sete e 14 anos sofren a cotío agresións no entorno educativo. A Garda Civil quere concienciar sobre a realidade do acoso escolar cun video, presentado en Pontevedra. // Os novos contaxiosde Covid repuntan a 43, case 20 máis que o día anterior, ainda que a incidencia segue a ser a máis baixa de España. A consellería de Educación estuda relaxar o protocolo de medidas sanitarias nos centros de ensino, co debate aberto sobre eliminar a máscara obrigatoria nos recreos. // Segue a polémica pola referencia á Galicia Profunda na resolución da xuíza de Marbella sobre unha nai que marchou co seu filla a vivir a Muros. O Parlamento Galego expresa o seu rexeitamento unánime. // O Celta desquítase, cunha vitoria contra o Getafe, por cero a tres, a terceira da temporada. O equipo vigués recupera o bo xogo e a eficacia con goles de Santi Mina e Iago Aspas. 26-10-2021

Maiores de 80 anos que non viven en residencias, citados para recibir a dose de reforzo contra a covid nun brazo e a vacina da gripe no outro. Unhas 60.000 persoas recibirán esa opción ao longo da semana. Mentres, comenza a inmunización da gripe para todolos maiores de 65. // Os traballadores de Vestas reclamanlle á Xunta que condicione calquera acordo coa multinacional dinamarquesa a que manteña a actividade industrial na Mariña. Así o deixaron constar nunha marcha en Santiago, onde representantes da empresa mantiñan unha xuntanza cos da Consellería de industria. // "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois" é o título do congreso que acolle dende hoxe a Real Academia Galega. Elíxese esta sede porque alberga a casa-museo da escritora. Durante toda a semana, expertos internacionais van debater sobre a importancia desta figura da literatura. 25-10-2021

A semana comenza cunha xornada de transición, con intervalos de nubes baixas e algunhas chuvias febles pola mañá, que deixan paso a ceos con grandes claros pola tarde. As temperaturas ascenden tamén lixeiramente, con máximas que van dos 15 graos en Lugo aos 18 en Ourense. 25-10-2021

Vacina da tercerca dose da covid nun brazo e simultáneamente, a da gripe no outro. Unha opción que comenza hoxe para os maiores de 80 anos que non viven en residencias, e para a que serán citadas 60.000 persoas ao longo desta semana. // A vicepresidenta do goberno, Yolanda Díaz, admitía en Santiago que a coalición entre os socialistas e Unidas Podemos pasa por un momento delicado, debido as diferentes posturas sobre a reforma laboral. // O certificado de pesca responsable da frota atuneira recibe un dos premios de Alimentos de España polo respeto ao medio ambiente e as condicións laborais. Unhas condicións que o sector reclama que cumplan tamén os seus competidores asiáticos. 25-10-2021

O Museo da Limia homenaxea ao poeta co gallo do seu centenario.

Falecido en 2004, foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX.

Satisfación da hostalaría ante o paso cara a normalide que significa o remate da emerxencia santiaria. A medida vai supor desde esta medianoite Ocupación dos locais ao cen por cento, barras incluídas, horarios ampliados e fin das restricións en comercios, ximnasios e outras actividades. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza esixir o certificado covid en tódolos locais de lecer nocturno. // O acordo sobre cómo debe ser o novo sistema de financiamento autonómico centrou a xuntanza en Sevilla entre os presidentes da Xunta de Galicia e de Andalucía. Núñez Feijóo e Juanma Morero coiciden en que a negociación do novo modelo non pode ser bilateral, e debe contemplar o custe real dos servizos que prestan as comunidades autónomas, como a sanidade, a educación e atención aos maiores. // Lucas Yáñez, patinador de Oleiros de 17 anos, acaba de proclamarse campión do mundo en categoría junior. Consegue a medalla de ouro, logo de meses no que non puido adestrar con normalidade. Agora ten como obxetivo gañar o mundial na categoría absoluta.  22-10-2021

A fin de semana arranca coa volta da influencia anticiclónica en toda Galicia, con ceos con alternacia de nubes e claros, máis despexados pola tarde. As temperaturas con acusada oscilación, especialmente en Ourense, onde pasan dos 7 graos de mínima aos 21 de máxima. 22-10-2021