Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

18 colexios e institutos de Galicia terán coma reto construír un dron para agagar un incendio. Teñen de prazo ata maio, dentro da primeira liga de dron auspiciada pola Fundación Barrié de la Maza.

Volta aos grandes recintos de vacinación masiva, agora para recibir a terceira dose as persoas entre 70 e 79 anos // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Tensión no aeroporto da Coruña, por unha ameaza de bomba nun avión procedente de Bilbao que resultou ser falsa // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno. 19-11-2021

Continua a situación anticiclónica con ceos despexados en xeral e intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas, moi baixas de mañanciña, sobre todo en Lugo e Ourense, onde chegaron a cero graos. As máximas ascenden ata 21 graos en Vigo. 19-11-2021

Con fluidez e sen aglomeracións, os galegos de entre 70 e 79 anos comezan a acudir aos centros de vacinación a recibir a terceira dose // Tensión, esta mañá, no aeroporto da Coruña, cando un avión procedente de Bilbao aterrou de emerxencia por unha ameaza de bomba que resultou ser falsa // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno 19-11-2021

Volta aos grandes recintos de vacinación masiva, agora para recibir a terceira dose as persoas entre 70 e 79 anos // Tensión, esta mañá, no aeroporto da Coruña, cando un avión procedente de Bilbao aterrou de emerxencia por unha ameaza de bomba que resultou ser falsa // Grupos de gandeiros retiran dos supermercados leite das marcas que, din, non trasladan aos produtores a suba que aplican nos prezos // Peregrinación a Santiago da Conferencia Episcopal en pleno. 19-11-2021

A Devesa da Rogueira, en Folgoso do Courel, é o primeiro bosque español con certificado FSC, que promove valores de biodiversidade.Neste boque non se cortan árbores para aproveitamento da madeira. A xestión forestal que se fai é só para a conservación.

En total son máis de 300 os contaxios activos en centros escolares, o doble que hai unha semana, no que se considera xa o arranque dunha nova vaga. A Xunta estuda pedir o certificado covid tamén na hostalaría. // Feijóo calificou de moi negativa a eliminación, xa este curso, das probas de recuperación na ESO. Díxoo despois e que a Ministra de Educación, Pilar Alegría, defendera hoxe en Santiago esa reforma. // Tras unha colleita de record, con 43 millóns de quilos de uva, as adegas da denominación de orixe Rias Baixas aumentaron as súas exportacións máis dun millón de litros, cun prezo medio de 6 euros por botella. Estados Unidos e Reino Unido seguen a acaparar boa parte das vendas. // Un dos artistas urbanos do momento chega hoxe a Santiago. Entre os seus méritos, ter gañado un concurso internacional de rapeiros de estilo libre, A Batalla dos Galos. Coñecido musicalmente como WALLS. 18-11-2021

Continua o predominio das altas presións. Ceos despexados en xeral e con néboas matinais no interior. Temperaturas mínimas con lixeiros descensos mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo do nordés. 18-11-2021

O Aumento de casos chega xa ás aulas. Os contaxios rexistrados nos centros escolares ascenden a máis de 300, o dobre que hai una semana. Entre eles, os deste colexio de Pontevedra onde hoxe se facía un cribado tras detectarse un gromo con 17 positivos entre nenos e profesores. // Os novos contaxios volven superar os 200 nun día, coa área de Ourense á cabeza. Ainda que sen consecuencias, de momento, na presión hospitalaria. // A Ministra de educación participa en Santiago no Foro sobre talento empresarial e defende abrir un debate sereo sobre a reforma do sistema de Ensino que elimina os exames de recuperación na ESO e permite pasar de curso con asignatras suspensas. // Un percorrido pola figura de Emilia Pardo Bazán, como muller e escritora adiantada ao seu tempo. É o propósito da exposición que acolle o Kiosko Alfonso da Coruña. Tras recibir máis de 40.000 visitas na Bibloteca Nacional en Madrid. 18-11-2021

Actividade paralizada en comercio, hostalaría e polígonos industriais na primeira folga xeral na comerca da Mariña. Milleiros de persoas participan na manifestación en Burela para denunciar o desmantelamento industrial da comarca

Comezan as mobilizacións no sector das conservas de peixe ante a falta de acordo na negociación do convenio estatal. Hoxe houbo concentracións convocadas pola CIG. Rexeitan a proposta da patronal de subas salariais por baixo do 1,75% e aumento de xornada semanal os sábados. // Dúas veciñas do Barco de Valdeorras están detidas como presuntas autoras da morte dunha amiga. Supostamente matárona hai máis de dous meses axfixiándoa por cartos ou por celos. Mañá pasarán a disposición xudicial. // Polémica polo repenique das campás da torre de Ares. Un veciño argumenta que de noite o son supera os decibelios permitido pola lei, mesmo para actividades molestas. //Tanxugueiras presentan a su candidatura para representar a España en Eurovisión. As pandereiteiras galegas, favoritas entre os eurofans, acaban de anunciar oficialmente que competirán cun tema en galego. A finais de xaneiro saberemos se son as elixidas para representar a España. 17-11-2021

As altas presións continúan estacionarias ao noroeste de Galicia. Deste xeito, teremos unha xornada de ceo parcialmente nubrado no terzo norte con algunhas precipitacións febles e ceos máis abertos no sur. Bancos de néboa no interior. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso. 17-11-2021

Respaldo masivo da comarca da Mariña, á xornada de folxa xeral en demanda de solucións para a crise industrial, ante a ameaza de peche das factorías de Alcoa e Vestas.Bares, comercios, centros de ensino e toda clase de servizos súmanse á convocatoria. // Galicia sobe hoxe a o nivel medio de risco de Covid, tras unha repunta de máis de 200 novos contaxios nun so día, a cifra máis alta dos últimos dous meses. // Lola, A Vaca de Vila de Cruces que levaba cinco dias atrapada nun barranco do rio Deza, consegue ao fin sair coa axuda dos seus donos, pola pista de rescate aberta por operarios municipais. Agora recupérase de volta na casa, en avanzado estado de xestación.. // Falece aos 69 anos o escritor chairego Darío Xohán Cabana, unha das grandes voces das letras galegas nas últimas décadas. Poeta, narrador, ensaísta e traductor, era membro da Real Academia Galega desde 2006. 17-11-2021

Aumenta a incidencia da Pandemia ao duplicarse o número de contaxios nos últimos dez días. Os casos activos superan os 1.300 e rexístranse nas últimas horas Dous novos falecementos, entre eles unha muller sen patoloxías previas que non estaba vacinada. // En España cada ano son abandonados uns 300.000 cans e gatos. Pontevedra ofrece xa talleres para formar no seu manexo e coidado. // Unha delegación do Partido Popular reuniuse co Comité de Alcoa para falar da situación que esta a vivir esa empresa e a crise industrial da Mariña pola que está convocada mañá unha folga xeral nos principais concellos da comarca. // Persoas con demencia de Pontevedra comezarán a usar un sistema de acompañamento intelixente que desenvolven investigadores da Universidade de Vigo. Trátase dunha tablet que ofrece noticias e ao tempo que mantén a actividade mental do usuario serve para valorar se perde capacidades cognitivas. 16-11-2021

As altas presións achegánse de novo a Galicia, aínda que hoxe quedamos nunha área de transición. moitas nubes, principalmente na metade norte, con algunha precipitación feble nesa zona, pola mañá. A medida que avanza o día as nubes van diminuindo, e predomina o tempo seco e solleiro. 16-11-2021

Nova protesta de gandeiros, nesta ocasión frente a planta de Larsa en Outeiro de Rei, Advirten que O encarecemento dos custes, dende os piensos á electricidade, está a afogar a viabilidade das granxas, e terán que pechar se non aumenta o que reciben polo leite. // A pandemia en Galicia está a piques de subir do nivel de risco baixo ao medio, tras un aumento da incidencia que se duplica nos últimos dez días. // A vaca que leva atrapada dende o venres nun canón do río Deza, vai seguir alí mentres non colla forzas para sair ela mesma por este treito con gran desnivel e rochas. Empregados do concello de Vila de Cruces está abrindo camiño polo monte cunha retroexcavadora. // Preocupación entre os donos de mascotas pola aparición de novos cebos de carne para cans con alfinetes agochados, esta vez no concello de Barbadás. A Garda Civil desbota que o autor sexa o mesmo que foi detido en Ourense por atentar contra os animais co mesmo método. 16-11-2021