Acción sorpresa de Greenpeace na regasificadora de Reganosa, en Mugardos. Os activistas escalan ao alto da planta para colocar pancartas contra o impacto no medioambiente do gas natural, o combustible que está a disparar, ademais as facturas da enerxía. // Os casos activos rozan xa os 1.300 en Galicia, unha cifra que supón o dobre que hai tan so dez días, tras outra xornada con máis de cen novos contaxios. // Accidente mortal na Autovía A55 á altura de Tui. Un camión saíu da vía e impactou cun poste de sinalización. Morreu o conductor. A parte traseira do camion articulado invadiu os carrís contrarios, onde outros dous vehículos impactaron de forma leve. // Emotiva Participación simbólica de Olga Prado, a exatleta que padece Esclerose Lateral na carreira de San Martiño, en Ourense, con 2.000 persoas inscritas de toda Galicia. O ourensán Alejandro González gaña a proba por sexta vez. 15-11-2021
A entrada dunha masa de aire máis frío deixa hoxe inestabilidade, cun aumento da nubosidade en xeral. As nubes son máis compactas no terzo norte, e poden deixar chuvias febles na Coruña e Lugo. As temperaturas sofren un descenso moderado. 15-11-2021
Acción sorpresa de Greenpeace na regasificadora de Reganosa, en Mugardos. Os activistas escalan ao alto da planta para colocar pancartas contra o impacto no medioambiente do gas natural, o combustible que está a disparar, ademais as facturas da enerxía. // Os casos activos rozan xa os 1.300 en Galicia, unha cifra que supón o dobre que hai tan so dez días, tras outra xornada con máis de cen novos contaxios. // Accidente mortal na Autovía A55 á altura de Tui. Un camión saíu da vía e impactou cun poste de sinalización. Morreu o conductor. A parte traseira do camion articulado invadiu os carrís contrarios, onde outros dous vehículos impactaron de forma leve. // Emotiva Participación simbólica de Olga Prado, a exatleta que padece Esclerose Lateral na carreira de San Martiño, en Ourense, con 2.000 persoas inscritas de toda Galicia. O ourensán Alejandro González gaña a proba por sexta vez. 15-11-2021
O aumento de casos fai saltar as alarmas, ainda que Galicia segue a ser a comunidade coa incidencia máis baixa. A Xunta non descarta ampliar a outras actividades a esixencia do Certificado Covid, despois de pedír ao Tribunal Superior que o autorice para entrada dos hospitais. // A Ministra de Industria pide a Alcoa que abandone a Mariña e que, coa venda da factoría, permita a súa continuidade. Declaracións que ofreceu en Madrid onde esta mañá recibiu ao Presidente da Xunta. // Na boca da Ría de Arousa continúa a busca dun veciño de Ribadumia de 69 anos de idade, (Colas) que probablemente caeu o mar, cando estaba pescando con cana no Carreirón, cerca de San Vicente do Mar, no Grove.. No lugar apareceu rachada unha das suas canas.// Un veciño de Vila de cruces pide axuda para rescatar unha xovenca atrapada nun barranco do rio Deza. A vaca preñada de oito meses non é capaz de de subir polo pendente do barranco duns dez metros de desnivel. A vaca escapara do establo con outras duas xovencas, e caeron no barranco. 15-11-2021
Pesa dúas toneladas e media de peso en vivo e vendeuse por case corenta mil euros. Os donos coidárono en Xove durante nove anos coma se fose unha mascota
Filipe VI ao volante dun vehículo eléctrico en Vigo, en compañía do presidente da Xunta. O monarca apoia así o lanzamento de modelos comerciais lixeiros do grupo automobilístico Stellantis. // O Certificado Covid será obligatorio para entrar nos Hospitais. Así o aproba a Xunta, ante o aumento dos contaxios, que hoxe rozan xa os mil. Ourense segue a ser a área máis afectada. // O colectivo Espazo Matrioska, formado por artistas de fora de Galicia, busca nova sede para seguir enchendo de vida o rural máis despoboado. Hai sete anos establecéranse nun edificio cedido polo concello ourensán dos Blancos, que agora tiveron que abandonar.// Fin de semana de festivais gastronómicos. Dende os magostos ós concursos de tapas, Picadillo no norte, Petisquiño no sur. Tamén chegan os concertos de Acustiquísimos a Galicia. A estrea corre a cargo da madrileña Travis Birds, que actúa esta noite no Pazo de Congresos. 12-11-2021
Galicia roza os mil casos activos de covid, un nivel que non se acadaba dende hai dous meses. Ourense segue a ser a área sanitaria más afectada. A Xunta pide autorización ao Tribunal Superior para requerir o certificado covid para acceder aos hospitais.. // O rei Filipe VI está hoxe de novo en Galicia, cunha axenda que comezou en Vigo, onde se puxo ao volante das versións electricas dos vehículos de Stellantis.. // As vítimas reciben con esperanza a reapertura do caso da Maruxaina, decidida pola Audiencia Provincial de Lugo, ao considerar que se compremeteu a intimidade das mulleres ás que gravaron mexando durante a celebración desta festa en San Cibrao // Líbano, un boi de raza rubia galega, criado nuna explotación de Xove, e que acaba de batir record de prezo: 39.900 euros polas suas duas toneladas e media de peso. A sua carne será vendida por internet. 12-11-2021
A fin de semana empeza con influencia anticiclónica, con ceos alternando nubes e claros na metade norte e pouco nubrados ou despexados no sur. As temperaturas con mínimas por debaixo de 10 graos e máximas que suben ata 20 en Pontevedra. 12-11-2021
Galicia roza os mil casos activos de covid, un nivel que non se acadaba dende hai dous meses. Ourense segue a ser a área sanitaria más afectada. A Xunta pide autorización ao Tribunal Superior para requerir o certificado covid para acceder aos hospitais.. // O rei Filipe VI está hoxe de novo en Galicia, cunha axenda que comezou en Vigo, onde se puxo ao volante das versións electricas dos vehículos de Stellantis.. // As vítimas reciben con esperanza a reapertura do caso da Maruxaina, decidida pola Audiencia Provincial de Lugo, ao considerar que se compremeteu a intimidade das mulleres ás que gravaron mexando durante a celebración desta festa en San Cibrao // Líbano, un boi de raza rubia galega, criado nuna explotación de Xove, e que acaba de batir record de prezo: 39.900 euros polas suas duas toneladas e media de peso. A sua carne será vendida por internet. 12-11-2021
´Ten o tamaño dunha moeda de 20 céntimos de euro e está no proxecto do Consello da Cultura Galega para recuperar e difundir os xogos tradicionais
Acción conxunta de gandeiros galegos fronte a industrias lácteas. Protestan pola diferenza entre os prezos que esas compañías pagan polo leite, e a constante suba dos custes de producción, que lles impide, DIN obter unha mínima rendibilidade nas suas explotacións. // As autoridades sanitarias amosan a sua preocupación polo aumento de casos, sobre todo na cidade de Ourense, e barallan esixir o pasaporte covid para acceder a determinadas instalacións ou eventos. Anunciouno o Presidente da xunta na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. // No Porriño, segue adiante a operación para derrocar a alcaldesa socialista Eva García de la Torre. A marca local de Esquerda Unida ten previsto sentarse mañá a negociar co PP o apoio á moción de censura. // Unha das feiras tradicionais con mais afluencia polo San Martiño é a de Teo, preto de Santiago. Unha romaría da que hai constancia dende o século XVI, e que volve á normalidade con cabalos, polbo e zocas. 11-11-2021
Música, actividades populares e ofrenda ao Santo. Así se celebra en Ourense o San Martiño a principal festa da cidade, e tamén de moitos outros puntos de Galicia, acompañada, polo tempo seco e soleado, idóneo para desfrutar os tradicionais magostos. // Os gandeiros volven facer sentir ás suas reivindicacións,nunha acción conxunta con asociacións de outras comunidades, fronte a industrias lácteas. // Os casos activos en Galicia superan xa os 900. Con 104 novos contaxios detectados, ainda que boa parte son asintomáticos. A taxa de incidencia segue a ser a metade da media do conxunto de España. // Robots de ciencia ficción que se converten en protagonistas do quirófano. É a tecnoloxía máis punteira no terreo da cirurxía, sobre a que a que se forman os 1.300 profesionais que celebran estes días na Coruña a sua reunión anual. 11-11-2021
Agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral pola mañá, entrando nubes altas pola tarde. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. 11-11-2021
Música, actividades populares e ofrenda ao Santo. Así se celebra en Ourense o San Martiño a principal festa da cidade, e tamén de moitos outros puntos de Galicia, acompañada, polo tempo seco e soleado, idóneo para desfrutar os tradicionais magostos. // Os gandeiros volven facer sentir ás suas reivindicacións,nunha acción conxunta con asociacións de outras comunidades, fronte a industrias lácteas. Protestan pola diferenza entre os prezos que esas compañías pagan polo leite, e a constante suba dos custes de producción. // Os casos activos en Galicia superan xa os 900. Con 104 novos contaxios detectados, ainda que boa parte son asintomáticos. A taxa de incidencia segue a ser a metade da media do conxunto de España. // Robots de ciencia ficción que se converten en protagonistas do quirófano. É a tecnoloxía máis punteira no terreo da cirurxía, sobre a que a que se forman os 1.300 profesionais que celebran estes días na Coruña a sua reunión anual. 11-11-2021
Un carballo centenario de Conxo, en Santiago, encabeza a votación para ser candidato español a árbore europea do Ano 2022
O INE cifra en 1.582 as mortes pola Covid en Galicia durante o ano 2020. Os casos activos superan hoxe os 800 e rexísranse cen positivos máis nun so día, a maior cifra de novos contaxios dende setembro. // O Concello da Coruña vai pagar 170.000 euros para facerse coa propiedade dun céntrico edificio, valorado en 13 millons... Foi o legado do filántropo Manuel Piñeiro Pose, que en 1940 decidiu doalo á cidade a cambio de que se coidara a súa sepultura, e a súa alma con misas...// A universidade privada promovida por Abanca, prepara xa o seu desembarco o próximo curso con docencia bilingue, en Inglés e Castelán. HOxe presentou a sua imaxe corporativa e as liñas do seu modelo educativo. Ten previsto destinar un 15 por cento dos ingresos a becas. A sede do reitorado estará en Santiago, pero terá campus na Coruña e Vigo. (10/11/2021)
Galicia necesita 2.000 camioneiros máis para garantir o transporte por estrada. É o cálculo do sector, ante o déficit de profesionais disponibles e a falla de relevo xeneracional. Os traballadores din que non é unha ocupación atractiva mentres non melloren as condicións laborais e os baixos salarios.
// Continúa o ascenso e rexístranse cen novos positivos máis nun so día, por primeira vez dende setembro. Os casos activos superan os 800. As áreas de Ourense e A Coruña, seguen á cabeza. // O Papa Francisco recibe a foto que se convertira nun símbolo da emigración galega a América, captada por Manuel Ferrol no porto da Coruña en 1957. A filla do fotógrafo de Cabo Vilán, foi a que fixo a entrega. // Un carballo centenario de Conxo, en Santiago, encabeza a votación para ser candidato español a árbore europea do Ano 2022. É o único aspirante galego dun premio que, por riba da beleza, tamaño ou idade, (10/11/2021)

Os ceos locen despexados en xeral, tan só están previstas algunhas nubes altas pola tarde, anque cunha lixeira baixada das temperaturas. A mínima, de cinco graos en Lugo, e as máximas, entre os 18 da Coruña e os 20 de Vigo. (10/11/2021)
Comeza a campaña de capturas, poucas pero de moi boa calidade. Na lonxa do Grove, a de referencia, os prezos oscilan entre os 9 e os 24 euros.