RTVE pregúntanlle aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. En dous meses xa responderon á enquisa máis de 75.000 persoas.
Galicia sitúase xa en risco alto de Covid, e Os casos activos ascenden hoxe a 10.204. Un aumento da inicidencia que se debe sobre todo ao incremento 1.038 novos contaxios rexistrados nun día, a cifra máis alta dende hai catro meses. // Os incendios forestais queimaron este ano en Galicia 4.300 hectáreas de superficie, catro veces menos que a media da última década, segundo explicou o conselleiro de Medio Rural nunha comparecencia a petición propia hoxe no Parlamento. // Á espera da melloría prevista para a fin de semana, o tempo segue revolto. Hoxe está activada a alerta laranxa por fortes ondas en todo o litoral galego, e agardanse chuvias máis intensas para esta tarde // Os Susi Q' s, banda de rock and roll radicada no Carballiño, presentan o seu primeiro traballo de longa duración. Son amantes do son clásico, Con influencias do blues e o country, este sábado estarán facendo a presentación no Pub Gatos de Melide. 09-12-2021
Chega a Galicia a gran consulta de Rtve, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se achegan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. // Repunta da Covid, que sitúa a Galicia no nivel de risco alto, por riba da media do conxunto de España, con máis de mil novos contaxios rexistrados nun so día, unha cifra que non se acadaba dende o verán. Os casos activos superan os 10.000, anque a presión hospitalaria mantense estable. // Novo intento dos traballadores de Vestas, co apoio da Xunta e o Goberno Central para que evitar o peche da fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro. // Valentín González Formoso, ratificado como novo secretario xeral dos socialistas galegos, integra na executiva a varios nomes afins ó seu antecesor. 09-12-2021

Unha fronte algo máis cálida deixa hoxe, dende primeras horas, ceos cubertos e chuvias febles. Cara á noite chegará unha fronte fría que xa traerá chuvias máis intensas. Os ventos sopran moderados en xeral, con intervalos fortes en todo o litoral, con alerta laranxa por mar de fondo e ondas de máis de 5 metros. 09-12-2021
O músico vigués celebra o 25 aniversario do seu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un novo CD, no que o acompañan artistas emerxentes e outros consagrados, de todos os estilos. Rozalén, Iván Ferreiro, ou Tanxugueiras son algúns deles. Unha mestura do tradicional co innovador para comemorar 25 anos de carreira que o levaron aos escenarios internacionais máis prestixiosos
A borrasca Barra pon hoxe en alerta a Galicia por forte ondada, vento, e chuvia intensa // Hoxe superamos os 9.000 casos de covid activos, case 700 contaxios novos na última xornada // Sanidade conta con comezar a vacinación dos nenos de 5 a 11 anos dentro dunha semana nos grandes recintos de vacinación // Comeza en Santiago o congreso do PSdeG-PSOE que vai ratificar ao gañador das primarias, Valentín González Formoso, como novo secretario xeral // O músico Carlos Núñez celebra o 25 aniversario do seu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un novo CD 07-12-2021
A borrasca Barra pon hoxe en alerta a Galicia por forte ondada, vento, e chuvia intensa. Os refachos xa superaron os 140 quilómetros por hora na serra do Xistral, no norte de Lugo, e lévanse acumulado máis de 80 litros por metro cadrado en Cuntis. 07-12-2021
A borrasca Barra pon hoxe en alerta a todo o litoral galego por forte ondada e vento, e mailo interior das provincias da Coruña e Pontevedra por chuvia intensa // Hoxe superamos os 9.000 casos activos, case 700 contaxios novos na última xornada // Sanidade conta con comezar a vacinación dos nenos de 5 a 11 anos dentro dunha semana nos grandes recintos de vacinación // Comeza en Santiago o congreso do PSdeG-PSOE que vai ratificar ao gañador das primarias, Valentín González Formoso, como novo secretario xeral // O músico Carlos Núñez celebra o 25 aniversario do -eu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un novo CD - 07-12-2021

Máis de 700.000 desprazamentos. E o que calcula a Dirección Xeral de Tráfico nas estradas galegas dende hoxe ata o próximo mércores. Estará activado un dispositivo especial con radares fixos e móviles, helicópteros, drons e furgonetas camufladas. // Os amantes dos vídeoxogos teñen cita ata mañá en no Recinto Feiral de Pontevedra. Celébrase Ponteingames. Un evento con competicións,obradoiros e charlas en streaming, centradas tamén nos deportes electrónicos, que multiplicaron audiencia e usuarios no confinamento. // En Galicia máis de 230.000 persoas teñen unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Co lema "Baixo o Mesmo Paraugas", 90 entidades sociais celebran conxuntamente o Día Mundial das persoas con discapacidade. 03-12-2021
Unha fronte cálida pouco activa deixa hoxe ceos nubrados, con algún orballo ocasional, COLAS máis probable no oeste. Pola noite chegará unha fronte fría que deixará chuvias xeneralizadas e de máis intensidade. As precipitacións intermitentes seguirán mañá, coa cota de neve situada nos 1.200 metros. 03-12-2021
Os viaxeiros nacionais e o bono turístico impulsan unha ocupación case ao completo. É a previsión dos hostaleiros para os próximos días, con especial tirón para a cidade de Vigo e as casas de turismo rural. // máis de 800 novos contaxios nun día, e os casos activos superan xa os 7.000. Os ingresados acércanse a 200.. // Traballadores de Vestas marchan en caravana de coches dende Viveiro ata Lugo, nunha nova protesta contra o Ere da Multinacional que pretende pechar definiticamente a fábrica de compoñentes eólicos ao final de ano. // Retratos das estrelas máis glamurosas de Hollywood e as supermodelos, das que quería revelar o caracter persoal. É a obra do falecido fotógrafo Peter Lindbergh que chega á Coruña nunha mostra impulsada pola que fora a sua amiga persoal Marta Ortega. 03-12-2021

O número de casos activos nos centros educativos de Galicia duplicouse na última semana e suman xa máis de 1.300.
Representan o 21 por cento dos contaxios totais. A provincia máis afectada é a de Ourense, que tamén é a que ten a incidencia máis alta.
A poboación de menos de 60 anos recibirá tamén a terceira dose. Será a partir do día 19, cando remate o actual grupo de idade, e do persoal sanitario. A vacinacion dos nenos de 5 a 12 anos comenzará en canto se reciban as primeiras doses, o próximo día 13. // O espectáculo da neve chega ás montañas orientais, por riba dos mil cen metros, anque a cota irá subindo ao longo do día. Alí podían disfrutar hoxe os primeiros visitantes privilexiados. // O avellentamento activo non se limita ás actividades físicas. Hoxe achegámonos a un proxecto que quere estimular a creatividade dos maiores, con obradoiros de teatro, música e creación audiovisual. // Valentina, unha película de animación feita en Galicia, é estreada hoxe, logo de ser nominada aos Premios Goya deste ano. Dirixida por Chelo Loureiro, conta a historia dunha nena que soña con ser trapecista pero cre que non o conseguirá por ter síndrome de Down. 02-12-2021
Tralo paso da fronte nas últimas horas, chega o aire frío e a inestabilidade. Os ceos estarán parcialmente nubrados, con chuvascos, máis probables no norte e zonas de montaña. A cota de neve está sobre os 1.100 metros, subindo progresivamente aos 1.300 metros. 02-12-2021
Escalada de contaxios nos centros educativos, que se duplican na última semana, ata sumar uns 1.300 entre alumnos e profesores. Xa son máis que a estas alturas do curso pasado. A provincia de Ourense é a máis afectada. // A incidencia da Covid en Galicia sitúase xa por riba da media do conxunto de España. A Xunta extende a obriga de presentar o certificado Covid a Ximnasios e Residencias. // O paro baixa lixeiramente en Galicia con case 1300 desempregados menos que en outubro. Un descenso menos acusado que no conxunto de España, con nove meses consecutivos de baixada. // Volve a tensión entre productores de mexillón e de percebe, pola recollida de mexilla nos cons. Os mexilloeiros rexeitan a veda establecida pola consellería do Mar en zonas delimitadas que suman 50 quilómetros da costa. 02-12-2021

Uns 345.000 galegos están chamados a recibir a terceira picada nos centros de vacinación masiva desde hoxe. A vacinación comezou sen apenas ringleiras e con fluidez.