Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O gromo entre médicos residentes do Hospital Clínico de Santiago suma xa 18 casos confirmados, todos vinculados a unha cea á que acudiron unhas 120 persoas. // Nova xornada con máis de 1.200 novos contaxios. Os casos activos chegan a cerca de 14.000. // Protesta da asociación de mulleres rurais de Galicia, nun hipermercado da Coruña pola situación do sector lácteo. Cargaron carros con productos das marcas que recomendan non mercar, por pagar aos productores por debaixo do precio de custe. // Desánimo do sector da hostalaría ante as cancelacións de ceas de empresa de nadal, que chegan xa ao 90 por cento das reservas. // Volve de novo a Galicia La Gran Consulta, a iniciativa de RTVE para coñecer de preto qué radiotelevisión queren os cidadáns. 16-12-2021

O gromo entre médicos residentes do Hospital Clínico de Santiago suma xa 18 casos confirmados, todos vinculados a unha cea á que acudiron unhas 120 persoas. // Nova xornada con máis de 1.200 novos contaxios. Os casos activos chegan a cerca de 14.000. // Protesta da asociación de mulleres rurais de Galicia, nun hipermercado da Coruña pola situación do sector lácteo. Cargaron carros con productos das marcas que recomendan non mercar, por pagar aos productores por debaixo do precio de custe. // Desánimo do sector da hostalaría ante as cancelacións de ceas de empresa de nadal, que chegan xa ao 90 por cento das reservas. // Volve de novo a Galicia La Gran Consulta, a iniciativa de RTVE para coñecer de preto qué radiotelevisión queren os cidadáns. 16-12-2021

 Empeza a vacinación para os nenos de 9 a 11 anos. Dende esta tarde e ata administrar as 60.000 doses recibidas, de momento. A Xunta conta con completar a vacinación de tódolos maiores de 5 a partir da primeira semana de xaneiro. // A consellería de Sanidade non desbota establecer máis restriccións nas xuntanzas de persoas se o número de casos segue en aumento. // Galicia suma xa 15 restaurantes con estrela Michelín, despois de que na gala celebrada en Valencia se dese a coñecer que se acaba de incorporar a este grupo de elite o compostelán Auga e Sal, Situado no centro da cidade, ao carón da zona histórica. // Dúas exposicións de Lodeiro homenaxean ao pintor vigués no 25 cabodano do seu pasamento. Son obras pouco coñecidas do artista, unha centrada na xeometría e outra na figuración, nos derradeiros rostros que pintou exhibidos por primeira vez. 15-12-2021

Non se agardan cambios para esta xornada, xa que Galicia continuará baixo influencia anticiclónica. Así, os ceos permanecerán despexados, con néboas matinais no interior localmente persistentes. As temperaturas estarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente leste. 15-12-2021

Os centros de vacinación masiva, preparados para recibir aos nenos. Ata 15.000 de entre 9 e 11 anos recibirán esta tarde a primeira dose e nos próximos días, ata completar as 60.000 vacinas recibidas ata agora. // Récord de contaxios na sexta vaga: 1.140 novos positivos rexistrados nun día, co que os casos activos en Galicia xa superan amplamente os 13.000. Baixa o número dos que están nos hospitais, pero mantense o dos ingresados en coidados intensivos. // O Grupo Inditex consigue o mellor trimestre da sua historia, con 1.230 millóns de euros de beneficio entre agosto e outubro. No que vai de ano, os resultados están a piques de superar os do anterior á pandemia, cando falta aínda a tempada de vendas de Nadal. // A falla de puntería fixo sofrir ao Celta para gañar, finalmente ao Andorra, por 1 a 2 na prórroga, na eliminatoria da Copa. Coudet perde a tres xogadores por lesión, para o próximo encontro de liga. 15-12-2021

Ascenden a 12 os casos de ómicron en Galicia, ao confirmarse tres máis en Vigo. Todos parecen relacionados cunha viaxe a África. Sanidade anima aos pais a acodir á cita pra vacinar a partir de mañá aos nenos de 9 a 11 anos e non descarta novas restricións de cara o Nadal. // O Comité de empresa de Alcoa acepta abrir unha nova negociación coa multinacional sobre os términos da última oferta para evitar o peche da factoría de San Cibrao, a cambio de ceses temporais de actividade. // Indómitas é o tìtulo dunha exposición que se pode ver dende hoxe na sede de Afundación en Santiago. Recolle historias de mulleres que non dubidaron en levar a cabo os seus soños pese a irromper, en algúns casos, en terreos tradicionalmente ocupados por homes. 14-12-2021

Os contaxios de ómicron confirmados en Galicia elévanse a 12, ao detectarse tres máis en Vigo. E total, os casos activos suben a 12.700. Sanidade anima aos pais a acodir á cita pra vacinar a partir de mañá aos nenos de 9 a 11 anos e non descarta novas restricións.. // Acordo do consello da Unión Europea para as cotas pesqueiras do ano que ven, que establece a diminución das capturas de pescada no oito por cento, fronte ao 18 previsto inicialmente. // Tras case dos anos suspendidos pola pandemia, Arranca campaña para comercialzar as viaxes do Inserso, con máis de 800.000 prazas dispoñibles para toda España.// Preocupación no sector turístico polas anulacións de última hora tralo aumento de contaxios, logo das boas cifras rexistradas nos últimos meses. 14-12-2021

Os contaxios de ómicron confirmados en Galicia elévanse a 12, ao detectarse tres máis en Vigo. E total, os casos activos suben a 12.700. Sanidade anima aos pais a acodir á cita pra vacinar a partir de mañá aos nenos de 9 a 11 anos e non descarta novas restricións.. // Acordo do consello da Unión Europea para as cotas pesqueiras do ano que ven, que establece a diminución das capturas de pescada no oito por cento, fronte ao 18 previsto inicialmente. // Tras case dos anos suspendidos pola pandemia, Arranca campaña para comercialzar as viaxes do Inserso, con máis de 800.000 prazas dispoñibles para toda España.// Preocupación no sector turístico polas anulacións de última hora tralo aumento de contaxios, logo das boas cifras rexistradas nos últimos meses. 14-12-2021

Xornada de tempo seco e de sol, con néboas matinais nos vales do interior que poden ser localmente persistentes. As temperaturas mínimas eb un lixeiro descenso con xeadas en zonas de interior, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 14-12-2021

Empeza a terceira dose ao gruo de entre 50 a 59 anos anos, nos centros de vacinación masiva, Mentres, chegan a Galicia as primeiras 60.000 vacinas infantís para poñelas a partir do mércores. // O incremento dos casos activos marca hoxe un novo fito e chegan a 12.221. Nunha xornada na que se rexistraron 1.070 novos contaxios, con especial incidencia nas areas de Vigo, Ourense e Pontevedra. // A planta de Stellantis en Vigo aprobou, co apoio dos sindicatos maioritarios, o ERTE, ante a falta de compoñentes electrónicos que afecta á industria da automoción. // O Breogán volveu xogar despois dun mes parado tamén por un gromo e retornou con vitoria ante o Andorra por 83 a 74. Os celestes tiveron o control do partido no Pazo dos Deportes de Lugo e foron sempre por diante. 13-12-2021

Persoas de 50 a 59 anos anos reciben xa a terceira dose nos centros de vacinación masiva. A Xunta non espera á autorización formal da comisión de saúde pública para o reforzo deste grupo. // Volven rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas 24 horas, e os casos activos superan xa os 12.000, cun aumento máis significativo nas provincias do sur. // Os tres acusados de tripular o narcosubmarino interceptado en Aldán decláranse culpables e recoñecen ter atravesado o Atlántico con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo, no xuizo polo caso, que empezou hoxe en Pontevedra.// Remata en emprazamentos naturais da serra do Xurés a rodaxe de "O corpo aberto", Unha historia baseada nun conto de Arraianos, a obra de Méndez Ferrín, a cargo de Angeles Huerta. 13-12-2021

A semana arranca baixo a influencia das altas presións, polo que o tempo vai estar marcado por ceos pouco nubrados ou completamente despexados, con néboas localmente persistentes no interior. As temperaturas, en lixeiro ascenso. 13-12-2021

Persoas de 50 a 59 anos anos reciben xa a terceira dose nos centros de vacinación masiva. A Xunta non espera á autorización formal da comisión de saúde pública. // volven rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas 24 horas, e os casos activos superan xa os 12.000, cun aumento máis significativo nas provincias do sur. Aumenta tamén a presión hospitalaria, con case 300 pacientes ingresados, e hai 49 nas UCI. // Os tres acusados de tripular o narcosubmarino interceptado en Aldán decláranse culpables e recoñecen ter atravesado o Atlántico con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo, no xuizo polo caso, que empezou hoxe en Pontevedra.// Remata en emprazamentos naturais da serra do Xurés a rodaxe de "O corpo aberto", Unha historia baseada nun conto de Arraianos, a obra de Méndez Ferrín, a cargo de Angeles Huerta. 13-12-2021

A variante ómicron da covid, detectada por primeira vez en Galicia. Son dous pacientes relacionados cunha viaxe a Africa // O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro dos días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día e hai cinco ingresados máis nas UCI // Os transportistas galegos de mercadorías por estrada manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena con síndrome de down, é a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

Galicia vai quedando baixo a influencia anticiclónica, con progresiva apertura de claros pola tarde. As temperaturas, en ascenso, máis acusado nas mínimas. As máximas roldan os 15 graos. 10-12-2021