A volta ao colexio será presencial e o próximo luns, como estaba previsto // O Sergas apura a vacinación dos nenos // 14 centros de saúde da zona de Vigo só atenderán urxencias e casos de covid, ante o perigo de colapso pola escaseza de médicos // Entrevista co comité da factoría Alcoa de San Cibrao // Galicia recupera o emprego perdido pola pandemia. 04-01-2022
Frío e chuvias en toda Galicia. Isto foi máis intenso e xeneralizado durante a mañá. Pola tarde haberá chuvascos intermitentes, e ata se abrirán claros. O frío fai que a neve estea nos 1.300 metros de altitude, pero ao final do día estará nos 1.000. 04-01-2022
Goberno e comunidades acordan que a volta ao colexio sexa presencial e o próximo luns, como estaba previsto // Ante o inicio das clases, o Sergas apura a vacinación dos nenos. Entre hoxe e mañá conta poñerlle a primeira dose a 36.000 rapaces de entre 7 e 9 anos // Alcoa apágase dous anos. Entrevista co comité da factoría de San Cibrao // Galicia recupera o emprego perdido pola pandemia. Durante 2021, o número de parados reduciuse case un 20 por cento. 04-01-2022
A volta ao colexio será presencial e o próximo luns, como estaba previsto // O Sergas apura a vacinación dos nenos. Entre hoxe e mañá conta poñerlle a primeira dose a 36.000 rapaces de entre 7 e 9 anos // Entrevista co comité da factoría Alcoa de San Cibrao // Galicia recupera o emprego perdido pola pandemia. 04-01-2022
A sexta onda da pandemia segue disparada. Case o 2 % dos galegos están hoxe infectados por coronavirus // Dobre infección por covid e gripe: Os expertos aseguran que non ten por que causar efectos máis graves // Loito en Sada pola morte en accidente de tráfico de tres veciños da mesma familia // Iago Aspas, protagonista da vitoria coa que comeza o ano o Celta. Marcou os dous goles no campo do Betis // Concerto de Aninovo da Real Banda de Gaitas de Ourense. 03-01-2022
Ceos cubertos e grises no Oeste, e con claros no resto de Galicia. Os ceos grises preceden á borrasca que vai entrar esta tarde na costa, onde haberá alerta amarela. Daquela haberá vento forte do Sur. Nas Rías Baixas e o Oeste da Coruña prevense chuvias febles. 03-01-2022
A sexta onda da pandemia segue disparada. Os casos activos xa rozan os 50.000 // En Sada están de loito pola morte en accidente de tráfico de tres veciños, tres persoas da mesma familia // Iago Aspas, protagonista absoluto da vitoria coa que comeza o ano o Celta. El marcou os dous goles, no difícil campo do Betis // O concerto de Aninovo, a cargo da Real Banda de Gaitas de Ourense, homenaxeou a dúas persoas destacadas do folclore ourensán. 03-01-2022
A sexta onda da pandemia segue disparada. Os casos activos xa rozan os 50.000 // En Sada están de loito pola morte en accidente de tráfico de tres veciños, tres persoas da mesma familia // Iago Aspas, protagonista absoluto da vitoria coa que comeza o ano o Celta. El marcou os dous goles, no difícil campo do Betis // O concerto de Aninovo, a cargo da Real Banda de Gaitas de Ourense, homenaxeou a dúas persoas destacadas do folclore ourensán 03-01-2022
Moito movemento e compras en pequenas cantidades para una Noitevella reducida // Terrazas cheas ao mediodía ante as restricións para as festas da noite, pola situación da pandemia // Na última xornada rexistráronse máis de 5.800 contaxios e os casos activos xa son 41.800 // Na súa mensaxe de fin de ano, o presidente da Xunta recoñece o labor dos profesionais implicados na loita contra a covid e da sociedade en xeral pola alta aceptación da vacinación. (31/12/2021)
Moito movemento e compras en pequenas cantidades para una Noitevella reducida // As ceas fóra da casa teñen que rematar antes da unha e os poucos establecementos de ocio nocturno que abran hoxe pecharán ás tres // Na última xornada rexistráronse máis de 5.800 contaxios e os casos activos xa son 41.800 // Neste 2021 cumpríronse 50 anos da apertura da casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón. (31/12/2021)
Moito movemento e compras en pequenas cantidades para una Noitevella reducida // As ceas fóra da casa teñen que rematar antes da unha e os establecementos de ocio nocturno pecharán ás tres // Na última xornada rexistráronse máis de 5.800 contaxios e os casos activos xa son 41.800 // Neste 2021 cumpríronse 50 anos da apertura da casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón. (31/12/2021)
Galicia despide o ano cun sol e unhas temperaturas que non parece que esteamos en inverno. É pola influencia dun anticiclón centrado na Península. Nos ceos hai nubes altas que non impiden o paso do sol e as temperaturas mantéñense tan agradables coma onte, ou mesmo con máximas un pouco máis elevadas. En Ourense, Pontevedra ou Vigo van andar polos 20 graos. (31/12/2021)
Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // A covid segue batendo o récord de contaxios día a día. Na última xornada sumáronse 5.700 infectados máis // Reproches entre a Xunta e o Goberno a conta do pacto de Alcoa cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo. 30-12-2021
Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // Os contaxios volven marcar máximos históricos. Máis de 5.700 nun día // Reproches entre a Xunta e o Goberno na primeira xuntanza da comisión que vai vixiar que Alcoa cumpra o pactado cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo, na catedral de Santiago. 30-12-2021
Esta medianoite entran en vigor as novas medidas para tentar frear a sexta vaga da pandemia // Máis de 5.700 contaxios nun día // Reproches entre a Xunta e o Goberno na primeira xuntanza da comisión que vai vixiar que Alcoa cumpra o pactado cos traballadores // A loita contra a pandemia, presente tamén na cerimonia da translación dos restos do Apóstolo. 30-12-2021
Loce o sol en toda Galicia con aire cálido polo vento do sur. O anticiclón fixo descender as temperaturas nocturnas pero durante o día han continuar en aumento e despediremos o ano cos termómetros en valores máis propios doutras épocas do ano. 30-12-2021
O polifacético artista vigués recibe o galardón tras máis de corenta anos de carreira.
Ceas ata a unha e fin de festa ás tres. A hostalería e o ocio nocturno dan por perdida unha das noites máis rendibles do ano // Hoxe comunícanse máis de 4.500 contaxios nunha xornada, a cifra máis elevada en toda a pandemia // O Sergas vai considerar suficiente para obter a baixa laboral o resultado positivo nun test de antíxenos // Antón Reixa di que a Medalla de Ouro de Belas Artes o anima a seguir co seu labor creativo. 29-12-2021
Ceas ata a unha e fin de festa ás tres. A hostalería e o ocio nocturno dan por perdida unha das noites máis rendibles do ano // A covid esténdense estes días moi rápido. Hoxe comunícanse máis de 4.500 contaxios nunha xornada, a cifra máis elevada en toda a pandemia // O Sergas vai considerar suficiente para obter a baixa laboral o resultado positivo nun test de antíxenos, mesmo feito na casa, sen necesidade de confirmalo cunha PCR // Antón Reixa di que a Medalla de Ouro de Belas Artes, concedida polo Ministerio de Cultura, o anima a seguir co seu labor creativo, no que leva máis de 40 anos. 29-12-2021
Día de orballada na fachada atlántica onde os ventos do sur arrastran ademais humidade. Pola tarde iranse abrindo máis claros sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas seguirán moi agradables. As máximas oscilarán entre os 16 graos previstos en Lugo aos 19 que agardan en Ourense. 29-12-2021