Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A comunicación de positivos mediante autotest provoca unha avalancha de máis de 8.000 novos contaxios, a cifra máis alta acadada ata agora nun día. Os casos activos superan xa os 76.000. // O sector da hostalaría reclama que non se prolonguen as restricións vixentes. O presidente da Confederación de Galicia, Cheché Real, fai para este Telexornal, un balance negativo da campaña de Nadal. // A ministra de Defensa, Margarita Robles, visita a Brilat, en Pontevedra, onde destacou o traballo das unidades militares de vixiancia epidemiolóxica que están a colaborar en tarefas de desinfección, rastrexo de positivos e vacinación contra a Covid. // Conmoción en Avión polo asasinato a tiros en México dun rapaz de 12 anos neto de emigrantes da localidade. A vítima vivía coa sua nai, que esta ferida grave tralo asalto á sua vivenda. 12-01-2022

Aumentan a 32 os puntos de cribado gratuito abertos polo Sergas. A busca de novos positivos dá como resultado un novo record de contaxios. Case 6.000 rexistrados nun so día. boa parte deles notificados polos propios pacientes a través de autotest.. // Detectados dous abrochos de covid en residencias. Na de Bembrive, en Vigo, dos 150 residentes hai uns 80 afectados. Na de Raiola O Hórreo de Santiago están afectados preto da metade dos usuarios, 37. A Consellería de Política Social di que non revisten gravidade. // O Sergas prevé que o pico máximo de contaxios da sexta onda se acade entre o quince e o dezaoito deste mes, pero terán que pasar dúas semanas máis para comprobar o imacto na presión asistencial // As obras xa clásicas de Castelao, o seu traballo como grafista en álbums como Cousas da Vida ou Galicia Martir expóñense ata final de mes na Afundación en Lugo. A mostra inclúe 19 facsimiles, ademáis de textos orixinais, manuscritos e fotografías. 11-01-2022

Volve a influencia anticiclónica. Tendencia e á apertura de claros con nubes de estancamento no extremo norte. As temperaturas mínimas descenden lixeiramente, mentres que as máximas continúan por riba dos 15 graos na metade sur. 11-01-2022

A busca de novos positivos que nesta sexta vaga leva a intensificar todo tipo de probas diagnósticas. O sergas habilita 32 puntos de cribado de balde en turnos de mañá e tarde, algúns con autocita e outros abertos a calquer persoa interesada.. // Novo récord de contaxios: 5.927 rexistrados no último día, boa parte deles notificados polos propios pacientes a través de autotest. A incidencia acumulada en Galicia roza xa os 3.000 casos por 100.000 habitantes. // As vacinas administradas en Galicia superan os 6 millóns, mentres se completa a terceira dose para as persoas de entre 40 e 49 anos e a partir desta tarde segue a inmunización dos menores de doce coa vacina pediátrica. // A Xunta anuncia a convocatoria de máis de 3.000 prazas para docentes durante este ano. Critica o cambio introducido polo coberno central no proceso de oposicións para favorecer aos interinos.

A busca de novos positivos que nesta sexta vaga leva a intensificar todo tipo de probas diagnósticas. O sergas habilita 32 puntos de cribado de balde en turnos de mañá e tarde, algúns con autocita e outros abertos a calquer persoa interesada.. // Novo récord de contaxios: 5.927 rexistrados no último día, boa parte deles notificados polos propios pacientes a través de autotest. A incidencia acumulada en Galicia roza xa os 3.000 casos por 100.000 habitantes. // As vacinas administradas en Galicia superan os 6 millóns, mentres se completa a terceira dose para as persoas de entre 40 e 49 anos e a partir desta tarde segue a inmunización dos menores de doce coa vacina pediátrica. // A Xunta anuncia a convocatoria de máis de 3.000 prazas para docentes durante este ano. Critica o cambio introducido polo coberno central no proceso de oposicións para favorecer aos interinos. 11-01-2022

Volta as clases en tódolos niveis educativos, logo das vacacións de nadal, con 13.000 baixas entre profesores e alumnos, o que supón un tres por cento do total. // A cifra multiplica por catro a de antes das vacacións de Nadal. A consellería de educación apunta a que previsiblemente sigan aumentando nos póximos días. // Os candidatos a dirección do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña presentaron hoxe os seu avais. Concorren a deputada autonómica Noa Díaz, e o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.  // A Cidade da Cultura, en Santiago, acadou en 2021 o seu máximo histórico de asistencia as súas actividades , con 230.000 participantes. A cifra supón un 20 por cento máis que no 2019, o último ano antes da pandemia. 10-01-2022

Os ventos de compoñente oeste continuan hoxe achegando moita humidade. Os ceos están moi nubrados e temos algunhas chuvias febles de carácter intermitente, ainda que a tendencia é a remitir. As temperaturas continúan en valores suaves, con máximas en torno aos 15 graos. 10-01-2022

Volta as clases en tódolos niveis educativos, logo das vacacións de nadal, con 13.000 baixas entre profesores e alumnos. Os centros estrean o novo protocolo que reduce as corentenas en caso de positivos, a espera de completar nos próximos días a vacinación dos menores de 12 anos. // Os hospitalizados por Covid superan xa os 500, aínda que hai dous menos nas UCi. O Sergas confirma que a maioría dos casos que requiren ingreso hospitalario corresponden a variante Delta. // Os centros de saúde da área de Vigo volven programar citas presenciais, logo da instrución do Sergas do pasado luns de atender só urxencias e casos covid. A decisión foi revisada hoxe, ao mellorar a dispoñibilidade de persoal sanitario. // Clientes á procura de ofertas nas rebaixas coinciden cos que acoden aos habituais cambios agasallos e devolucións de compras de nadal. 10-01-2022

Comezan hoxe oficialmente as rebaixas de inverno // A partir de agora, non haberá seguimento telefónico dos contactos estreitos // A Universidade de Santiago vai coordinar un amplo estudo sobre o consumo de videoxogos en menores // Imos repasar tamén a obra da poeta de Lugo, Olga Novo, que recibiu en 2020 o premio nacional de poesía pola súa obra 'Feliz idade' 07-01-2022

Día de ceos semidespexados. As temperaturas non varían respecto de onte. As máximas andarán entre os 15 graos da Coruña e os 10 de Lugo. No mar si hai cambios, con ondas de ata 7 metros, e alerta laranxa en toda a costa. 07-01-2022

Comezan hoxe oficialmente as rebaixas de inverno. Estímase que este ano aumentaron case un 8 % as contratacións para a temporada // Sergas cambia o protocolo. A partir de agora, non haberá seguimento telefónico dos contactos estreitos // A Universidade de Santiago vai coordinar un amplo estudo sobre o consumo de videoxogos en menores con entrevistas a 10.000 nenos galegos // Imos repasar tamén a obra da poeta de Lugo, Olga Novo, que recibiu en 2020 o premio nacional de poesía pola súa obra 'Feliz idade'. 07-01-2022

Comezan hoxe oficialmente as rebaixas de inverno // A partir de agora, non haberá seguimento telefónico dos contactos estreitos // A Universidade de Santiago vai coordinar un amplo estudo sobre o consumo de videoxogos en menores // Imos repasar tamén a obra da poeta de Lugo, Olga Novo, que recibiu en 2020 o premio nacional de poesía pola súa obra 'Feliz idade'. 07-01-2021

Os Reis Magos chegan a Galicia con recibimentos discretos adaptados á pandemia // A hostalería poderá abrir esta noite unha hora máis, pero mantéñense as restricións // A onda da pandemia segue ascendente. Hoxe os casos activos superan os 56.000 // Imos coñecer tamén a Guillermo, que cambiou a carpintería de cociñas pola fabricación de xoguetes artesanais. 05-01-2022

Tivemos unha mañá de chuvias. Tamén choverá esta tarde, pero menos, e nada nesta noite de Reis, nin mañá en todo o día. Hoxe a cota de neve está nos 1.000 metros, pero irá a menos, subindo ata os 1.200. 05-01-2022

Os Reis Magos chegan a Galicia nunha mañá chuviosa e con recibimentos discretos adaptados á pandemia // A hostalería poderá abrir esta noite unha hora máis, pero mantéñense as restricións // A onda da pandemia segue ascendente. Hoxe os casos activos superan os 56.000 // Imos coñecer tamén a Guillermo. Cando naceu o seu fillo cambiou a carpintería de cociñas pola fabricación de xoguetes artesanais. 05-01-2022

Os Reis Magos chegan a Galicia nunha mañá chuviosa e con recibimentos discretos adaptados á pandemia // A hostalería abre esta noite unha hora máis, pero mantéñense as restricións // Hoxe os casos activos de covid superan os 56.000 // Imos coñecer tamén a Guillermo. Cando naceu o seu fillo cambiou a carpintería de cociñas pola fabricación de xoguetes artesanais. 05-01-2022