A nai da nena de Muimenta Desirée Leal, acusada de asasinala administrándolle somníferos, Na Audiencia Provincial de Lugo. Acaba de comenzar o xuízo polos feitos, ocorridos hai tres anos. A acusación pide para ela prisión permanente revisable. // O ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas decide relaxar as restricións nos eventos deportivos. // O Sergas confirma un segundo caso, en Vigo, da subvariante BA 2 de ómicron, considerada máis contaxiosa, e máis difícil de identificar. Os positivos diarios descenden ao mínimo dende decembro. // A crise internacional no leste de Europa pon en risco a continuidade das exportacións galegas a esa zona, que supoñen uns 300 millóns de euros ao ano. Inditex, o grupo Zendal e os sectores do automobil e as conservas os máis expostos ante un endurecemento das sancións a Rusia. 07-02-2022
Unha empresa especializada na reciclaxe de contedores marítimos prepara 58 vivendas para familias afectadas pola erupción do volcán. A compañía tivo que triplicar o cadro de persoal para atender a encarga do goberno canario
Con satisfacción xeral era recibida na rúa unha decisión que cada vez máis voces viñan reclamando: a máscara deixará de ser obrigatoria nos espazos ao aire libre cando haxa distancia de seguridade. // Os casos activos mantéñense en 62.141, logo dunha xornada na que baixan lixeiramente os novos contaxios 4.807. Tamén descenden os pacientes hospitalizados// A Xunta vai investir 58 millóns de euros ata 2024 para axudar a 700 empresas do sector da madeira. Así o anunciou o presidente na fábrica de Xilonor en Coirós, a primeira de taboleiro contralaminado en España. // O pianista e escritor James Rhodes estará mañá en Ferrol. Inglés afincado dende hai anos en España, ofrece un concerto no que converte o clásico tradicional nunha experiencia inclusiva para transmitir a sua paixón pola música. 04-02-2022
A máscara deixará de ser obrigatoria no exterior o próximo xoves. O goberno anuncia a fin da norma, aprobada hai tres días no Congreso dos Deputados. Os Inmunólogos celebran a medida e abogan tamén por replantexar outras sobre o Pasaporte Covid ou os prazos para a dose de reforzo. // Día mundial de loita contra o Cancro, unha enfermidade que é diagnosticado cada ano a unhas 20.000 persoas en Galicia. // Casas ecolóxicas modulares fabricadas en Galicia, para realoxar as familias afectadas polo volcán. E a a contribución da empresa ourensá especializada na reciclaxe de contedores marítimos para a reconstrucción na illa da Palma. // Diego As, Mondevane, Lula Goce e Sokram, son os artistas galegos seleccionados para competir polo título de mellor grafiteiro do Mundo dun portal de arte urbana de Internet. O gañador será elexido por votación popular o domingo 04-02-2022
A chegada de aire húmido dende o Atlántico trae unha xornada de ceos nubrados con chuvias febles, que son máis probables no norte e oeste; xa pola noite, unha nova fronte deixará algo máis de chuvia no norte de Lugo e A Coruña. As temperaturas mínimas tiveron un ascenso, máis acusado nos vales do interior, mentres que as máximas descenden. 04-02-2022
A máscara deixará de ser obrigatoria no exterior o próximo xoves. O goberno anuncia a fin da norma, aprobada hai tres días no Congreso dos Deputados. Os Inmunólogos celebran a medida e abogan tamén por replantexar outras sobre o Pasaporte Covid ou os prazos para a dose de reforzo. // Día mundial de loita contra o Cancro, unha enfermidade que é diagnosticado cada ano a unhas 20.000 persoas en Galicia. // Casas ecolóxicas modulares fabricadas en Galicia, para realoxar as familias afectadas polo volcán. E a a contribución da empresa ourensá especializada na reciclaxe de contedores marítimos para a reconstrucción na illa da Palma. // Diego As, Mondevane, Lula Goce e Sokram, son os artistas galegos seleccionados para competir polo título de mellor grafiteiro do Mundo dun portal de arte urbana de Internet. O gañador será elexido por votación popular o domingo 04-02-2022
As as favoritas do público, cun 70 por cento do televoto, As Tanxugueiras, falaban hoxe no Telexornal do masivo apoio recibido sobre todo en Galicia, e dos seus plans de futuro. // A nosa seguinte protagonista é a profesora de danza e a coreógrafa de Terra no Benidorm Fest. A de Tanxugueiras foi unha das postas en escea máis complexas de todas as que vimos sobre o escenario do palacio de deportes alacantino. // As persoas con dúas dose e un contaxio poderan vacinarse voluntariamente antes dos cinco meses se así o prefiren. Así o decidíu a Xunta no Consello, que aprobou tamén un finanzamento paras universidadas cunha dotación para os próximos catro anos de 3.200 millóns de euros. // O persoal das conserveiras secunda o segundo día de folga ao fracasar onte á tarde a negociación do convenio estatal. Os sindicatos insisten en que as mulleres cobran un 15% menos ca os homes. 03-02-2022
Galicia perde hoxe transitoriamente a influencia anticiclónica pola chegada dunha fronte pouco activa. Temos nubes que son máis compactas canto máis ao oeste, onde aumenta a posibilidade de precipitacións febles, unha posibilidade que irá aumentando cara a noite. As temperaturas mínimas ascenden lixeiramente, mentres que as máximas sofren un moderado descenso. 03-02-2022
As favoritas do público, cun 70 por cento do televoto, Tanxugueiras, contan a sua experiencia no Benidorm Fest, falan do masivo apoio recibido, sobre todo en Galicia, e dos seus plans de futuro, hoxe no Telexornal. // Garda Civil da conta da detención de Alfredo Sánchez Chacón, coñecido como o Rambo galego, en Valdoviño, grazas a intervención dun axente. Era buscado dende que se fugou, en marzo, do cárcere de MOnterroso. // Lixeira repunta dos casos activos, logo dos descensos dos últimos días, anque baixa o número de novos contaxios. A presión hospitalaria mantense estable. // Nova xornada de folga nas converveiras, ao fracasar a negociación do novo convenio. A patronal defende un aumento salarial do 6´5 por cento e os sindicatos insisten en que as mulleres cobran menos polo mesmo traballo. 03-02-2022

O paro rexistrado aumenta en Galicia en algo máis de 1.300 persoas durante o mes de xaneiro. Uns datos que son lixeiramente peores aos do conxunto de España, no remate da campaña de nadal, e que sitúan o total de parados en 154.000. // Volver á normativa sanitaria de antes do nadal e eliminar a obriga da máscara en exteriores, é o que piden varias comunidades, entre elas Galicia, na xuntanza desta tarde co Ministerio. Opóñense á medida que onte ratificaba o Congreso dos Deputados. // A zona de Corrubedo, na costa coruñesa, é un dos máis de mil puntos que poden ser considerados zonas húmidas na nosa comunidade. A súa importancia para a biodiversidade e vital, ao ser usados por máis de 80 especies de aves nas súas rutas migratorias. // Botamos unha ollada á situación dos encoros. Despois de prácticamente un mes sen precipitacións, o nivel sitúase por debaixo do 60 por cento da capacidade. A subministración ás cidades e vilas, de momento, está garantida en toda Galicia. 02-02-2022
Aínda persiste a influencia anticiclónica. Agárdanse ceos despexados ou con nubes de tipo alto, que non impedirán o paso do sol. As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas ascenderán lixeiramente en xeral, con ascensos moderados na metade norte. 02-02-2022
Relaxar o uso da máscara ao aire libre. É unha das medidas que a Xunta vai defender, igual que outras comunidades, na xuntanza desta tarde no consello Interterritorial de Sanidade. Tamén aposta por acortar a cinco día a duración das baixas laborais nos casos positivos. // Os datos do Paro do mes de xaneiro son en Galicia algo peores que no conxunto de España. Hai uns 1.300 desempregados máis, que suman un total de 154.000. // Abanca declara uns beneficios de 323 millóns de euros durante o ano 2021, cunha rendibilidade de case un oito por cento. A entidade duplica supera os 100.000 millóns en volume de negocio. // O complexo dunar de Corrubedo é un dos espazos protexidos en Galicia máis ameazados. No Día Mundial da zonas húmidas, os ecoloxistas denuncian a proliferación de especies invasoras,e verteduras contaminantes. 02-02-2022

Penas de 63 anos de prisión en total e multas de 3.400 millóns de euros para os sete responsables do narcosubmarino afundido en 2019 na Ría de Aldán. As maiores penas, 11 anos de cárcere para cada un recaen nos tres tripulantes do aparello. // Cerca de 70.000 persoas en Galicia ven caducar, dende hoxe, o seu Certificado Covid para viaxar pola Unión Europea, ao cumplirse máis de nove meses de ter recibido a vacina por última vez. Feijóo defende que o documento se siga a pedir para acceder a espazos públicos como elemento de seguridade. // O pasado mes de xaneiro foi o mes máis seco dos útlimos dez anos.Os meteorólogos relacionano co fenómeno de "La Niña" que sucede no Oceano pacífico e produce a seca nas nosas latitudes como aconteceu nos anos 2012 e 2017. 01-02-2022
O galego Xosé Velo, un republicano fuxido dun cárcere franquista, foi o ideólogo da operación. Brasil deu asilo político aos activistas despois de doce días vixiados pola Armada estadounidense
Galicia continua ca influencia das altas presións. Deste xeito, o ceo estará despexado en xeral e con máis nubes no extremo norte. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas experimentaron un lixeiro ascenso. O vento soprará do nordés, frouxo no interior. 01-02-2022
O Certificado Covid deixa de ter efecto dende hoxe para viaxar pola Unión Europea para os que recibiran a vacina por última vez hai máis de nove meses. En Galicia son unhas 70.000 persoas, moitas delas en espera da dose de reforzo por ter dado positivo recentemente. // A consellería de Medio Ambiente confirmou tamén que vai sancionar con 200.000 euros á Confederación Hidrográfica do Miño e ás empresas Iberdrola e Naturgy polo baleirado de varios encoros este pasado verán. // Adolescentes inseguras, con baixo nivel de autoestima. É o perfil das mozas que se están a coverter en cibercontroladoras das suas parellas, un fenómeno que empeza a ser cada vez máis detectado polos estudos. // O caso do trasatlántico Santa María, secuestrado por exiliados españois e portugueses para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar, cumpre 61 anos. Lembramos a traxectoria dun dos seus ideólogos, o ourensán Pepe Velo. // 01-02-2022

A árbore, bicentenaria e cargada de simbolismo histórico e social, xa gañou o concurso para representar a España. O Concello presentou a campaña da súa candidatura, na que compite con outras 14 árbores emblemáticas do continente.