Galicia recibiu en xullo algo máis de 600.000 turistas, cunha ocupación media dos aloxamentos do 57 por cento // Xa se poden obter os abonos de Renfe que permitirán viaxar gratis nos trens de media distancia de Galicia // 184 nenos saharauís están pasado este verán en Galicia // Visitamos unha das xoias da arte rupestre de Europa. O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. 24-08-2022
Galicia recibiu en xullo algo máis de 600.000 turistas, cunha ocupación media dos aloxamentos do 57 por cento // Xa se poden obter os abonos de Renfe que permitirán viaxar gratis nos trens de media distancia de Galicia desde setembro a fin de ano // 184 nenos saharauís están pasado este verán en Galicia. Forman parte de "Vacacións en Paz", un programa solidario que lles permite aos pequenos pasar uns meses con familias de acollida // Visitamos unha das xoias da arte rupestre de Europa. O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro alberga 80 petróglifos realizados entre o ano 2000 e o 700 antes de cristo. 24-08-2022
A Xunta da por estabilizados os incendios que onte á tarde ameazaron os veciños de Meira, en Moaña e de varias aldeas de Ponteareas // A cúpula da igrexa de Reboreda, en Redondela, que un raio derrubou en marzo, agarda reconstruída no chan do atrio a súa volta ao alto da torre. 23-08-2022
Continua aumentando lixeiramente a calor. En case toda Galicia supéranse os 30 graos, sendo Ourense onde se marcará a temperatura máis alta con ata 37 graos. A excepción será nalgunhas zonas do norte, como A Coruña e Ferrol, onde persisten os bancos de néboa matinais que mesmo poderían deixar algunha precipitación moi débil. 23-08-2022
A Xunta da por estabilizados os incendios de Meira, en Moaña, e de Ponteareas // Ante a situación de seca prolongada, os concellos insisten na necesidade de facer un uso responsable da auga // A inflación e o encarecemento de materias primas disparan a factura do inicio do curso escolar // A cúpula da igrexa de Reboreda, en Redondela, agarda reconstruída no chan do atrio a súa volta ao alto da torre. 23-08-2022
A Xunta da por estabilizados os incendios que onte á tarde ameazaron os veciños de Meira, en Moaña e de varias aldeas de Ponteareas // Ante a situación de seca prolongada, os concellos insisten na necesidade de facer un uso responsable da auga // A inflación e o encarecemento de materias primas como o papel disparan a factura do inicio do curso escolar // A cúpula da igrexa de Reboreda, en Redondela, que un raio derrubou en marzo, agarda reconstruída no chan do atrio a súa volta ao alto da torre. 23-08-2022
A preocupación pola seca esténdese á bacía do río Tambre, do que se fornece a comarca de Santiago, e á do Grande, na Costa da Morte // O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anuncia que o Consello de Ministros vai declarar mañá zona catastrófica as áreas queimadas nos grandes incendios deste verán // O transporte urbano da Coruña vai contar cun autobús que funciona con hidróxeno verde // O piragüismo galego trae dúas medallas de ouro e unha de prata do campionato europeo de Munich. 22-08-2022
A preocupación pola seca esténdese á bacía do río Tambre, do que se fornece a comarca de Santiago, e á do Grande, na Costa da Morte // O transporte urbano da Coruña vai contar durante unha semana, de xeito experimental, cun autobús que funciona con hidróxeno verde // A fin de semana déixanos a derrota do Celta por un a catro ante o Real Madrid en Balaídos. O Lugo empatou no campo do Tenerife // O piragüismo galego trae dúas medallas de ouro e unha de prata do campionato europeo de Munich. 22-08-2022
A preocupación pola seca esténdese á bacía do río Tambre, do que se fornece a comarca de Santiago // O transporte urbano da Coruña vai contar durante unha semana cun autobús que funciona con hidróxeno verde // A fin de semana déixanos a derrota do Celta por 1-4 ante o Real Madrid. O Lugo empatou no campo do Tenerife // O piragüismo galego trae dúas medallas de ouro e unha de prata do campionato europeo. 22-08-2022
Aumentan lixeiramente as temperaturas máximas en practicamente toda a comunidade. Lugo, Santiago e Pontevedra terán unha xornada de ceos despexados e temperaturas que superarán os 30 graos. Máis calor aínda en Ourense onde agardan que os termómetros acaden os 36 graos. 22-08-2022
Extinguido o lume, comeza a loita contra os seus efectos no monte. Na Barbanza, onde arderon máis de 2.000 hectáreas, están poñendo barreiras e botando palla á beira dos regatos // Asistimos ás probas dun dos vehículos autónomos que desenvolve o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia // O Celta prepara a segunda cita da Liga mañá en Balaídos contra o Real Madrid // O globo de papel máis grande do mundo volve voar trala pandemia. Desde Betanzos. 19-08-2022
Extinguido o lume, comeza a loita contra os seus efectos no monte // Asistimos ás probas dun dos vehículos autónomos que desenvolve o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia // O Celta prepara a segunda cita da Liga mañá en Balaídos contra o Real Madrid // O globo de papel máis grande do mundo volve voar en Betanzos. 19-08-2022
Este venres Galicia temos ceos despexados en todas as provincias, con pequenas excepcións no litoral norte a última hora do día, cando poden aparecer algunhas nubes baixas. As temperaturas subiron. En Lugo, Ourense e Pontevedra chegan e mesmo superan os 30 graos de máxima. 19-08-2022
Cae a plataforma que quedara en pé tralo derrubamento en xuño de parte do Viaduto do Castro, na A6 // Extinguido o lume, comeza a loita contra os seus efectos no monte // Asistimos ás probas dun dos vehículos autónomos que desenvolve o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia // O Celta prepara a segunda cita da Liga mañá en Balaídos contra o Real Madrid // O globo de papel máis grande do mundo volve voar en Betanzos. 19-08-2022
Na vaga de lumes de hai un mes, en Valdeorras e no Courel, arderon case un cento de vivendas. Os veciños tratan hoxe de repoñerse // Os especialistas atribúen os grandes incendios á especial meteoroloxía deste ano // Dúas semanas de restricións na subministración de auga da traída en Ribadavia // Neste 2022 fan 100 anos do nacemento de María Casares na Coruña. Exiliada en Francia, chegou a ser unha das actrices máis importantes do teatro e o cine da época // Un mural do artista ourensán Mon Devane acaba de ser elixido como o mellor do mundo do mes de xullo por unha plataforma especializada. 18-08-2022
Hai un mes, un dos peores incendios de Galicia destruía estas vivendas en Rubiá, en Ourense. Os veciños tratan hoxe de repoñerse // Os especialistas forestais atribúen os grandes incendios á meteoroloxía especial deste ano e din que hai que actuar na ordenación do territorio para previlos // Dúas semanas de restricións na subministración de auga da traída en Ribadavia // Un mural do artista ourensán Mon Devane acaba de ser elixido como o mellor do mundo do mes de xullo por unha plataforma especializada. 18-08-2022
Hai un mes, un dos peores incendios de Galicia destruía estas vivendas en Rubiá, en Ourense. Os veciños tratan hoxe de repoñerse // Os especialistas forestais atribúen os grandes incendios á meteoroloxía especial deste ano e din que hai que actuar na ordenación do territorio para previlos // Dúas semanas de restricións na subministración de auga da traída en Ribadavia // Un mural do artista ourensán Mon Devane acaba de ser elixido como o mellor do mundo do mes de xullo por unha plataforma especializada. 18-08-2022
Despois dunha mañá de néboas e nubes baixas, os ceos foron quedando máis despexados. As temperaturas ascenden lixeiramente sobre todo no interior e no sur. Ata 28 graos terán en Ourense e 27 en Pontevedra e Vigo. 18-08-2022
Comezan a desmontar o tramo do viaduto do Castro que quedou illado cando caeron outros dous treitos da plataforma, en xuño // Só queda un incendio por extinguir en Galicia, en Pantón, en Lugo, que está estabilizado tras queimar unhas 25 hectáreas // As aldeas modelo e os polígonos agroforestais son ferramentas pensadas para pór en valor as leiras e os montes abandonados e para que sirvan como corta lumes naturais contra os incendios // Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda, desde unha vila de Ourense sen tradición industrial nin téxtil. 17-08-2022
Día nubrado e chuvioso en toda a comunidade. A borrasca deixará precipitacións especialmente na parte norte de Galicia, aínda que remiten conforme avance a xornada. As temperaturas mantéñense ou soben lixeiramente polo sur. 17-08-2022