Aprobada a creación de 77 novos parques eólicos que amentan un 50 por cento a potencia actual. A Xunta desbota definitivamente outros 43 proxectos.presentados. // A incidencia da Covid cae aos niveis máis baixos dende hai dous anos, con apenas 775 casos rexistrados e 132 hospitalizados. Os especialistas consideran que a pandemia chegou ao seu fin. // O museo de Pontevedra formaliza con representantes do goberno de Polonia a devolución dos cadros que tiña nos seus fondos e que resultaron proceder do espolio nazi a unha familia dese país durante segunda guerra mundial. 25-01-23
A incidencia da Covid cae aos niveis máis baixos dende hai dous anos, con apenas 775 casos rexistrados e 132 hospitalizados. Os especialistas consideran que a pandemia chegou ao seu fin. // A Xunta aproba a instalación de 77 parques eólicos, que deberán estar en funcionamento dentro de dous anos e supoñen 2.200 megavatios. // No xuízo polo accieente do Alvia, a xuíza cuestiona a utilidade do informe presentado por ADIF. O perito proposto pola Avogacía do Estado defende que a rede ferroviaria en España é segura. // 25-01-23
O vento do nordés déixase notar algo máis hoxe, sobre todo na costa e zonas altas nun día de novo con ceos despexados e máis sol canto máis ao sur. As xeadas no interior fixeron descender os termómetros ata os seis graos negativos en puntos da provincia de Ourense. 24-01-23
O tren descarrilado en Lalín bateu contra un desprendemento de terras provocado polas chuvias dos días pasados. Non levaba carga e tan so o maquinista resultou ferido leve. // Os peritos contratados por Renfe din no xuízo que o accidente do Alvia era predecible e critican a Adif por non avaliar o risco da curva da Grandeira. // O Sergas emprenderá novos programas de cribado de cancro de pulmón e próstata que serán pioneiros en España. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade no Parlamento. // A Real Academia Galega pon en marcha a programación para o sesenta aniversario do Día das Letras, que este ano réndenlle homenaxe ao intelectual Francisco Fernández del Riego. 24-01-23
O tren descarrilado en Lalín bateu contra un desprendemento provocado polas chuvias dos días pasados. Non levaba carga e tan so o maquinista resultou ferido leve. // Os peritos contratados por Renfe din no xuízo que o accidente do Alvia era predecible e critican a Adif por non avaliar o risco da curva da Grandeira. // O Sergas emprenderá Novos programas de cribado de cancro de pulmón e próstata que serán pioneiros en España. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade no Parlamento,. // A Real Academia Galega pon en marcha a programación para o sesenta aniversario do Día das Letras, que este ano réndenlle homenaxe ao intelectual Francisco Fernández del Riego. 24-01-23
A locomotora e varios vagóns do tren de transporte de mercadorías de Sogama, descarrilados preto de Lalín. Ao parecer bateu contra un desprendemento provocado polas chuvias dos días pasados. // A economía galega freou o ritmo de crecemento durante o terceiro trimestre do ano pasado, cun crecemento do PIB do 2,5%, case dous puntos menos có conxunto de España. // O caso de abusos sexuais a unha menor de Baleira segue xerando debate. A Plataforma Feminista de Lugo considera irrisoria a condena a tres anos a cada un dos tres familiares autores. // 24-01-23
Condenados a tres anos de cadea os autores dos abusos sexuais reiterados a unha menor en Baleira, que chegou a quedar embarazada e deu ao fillo en adopción. // O tráfico é xa fluído na estrada nacional entre Cangas de Foz e Burela, a principal vía de comunicación da Mariña, con apenas algunas retencións, logo de que fose habilitado un único carril regulado por semáforos. // O grupo Inditex acomete cambios nas suas tendas en Galicia, co peche de establecementos como os da marca Berska en Vilagarcía e Pontevedra, para trasladarse a un centro maior en Vigo. // Hoxe emitimos o Telexornal desde un novo estudo, cun decorado modernizado, que se une á liña estética dos Telediarios, dotado de máis recursos e posibilidades, para facer máis atractivas e completas as noticias de Galicia. 23-01-23
Xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con algunhas nubes baixas no extremo norte, onde mesmo podería haber algún orballo ó final do día. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, con xeadas no interior, mentres que as máximas seguirán sen cambios. 23-01-23
Condenados a tres anos de cadea os autores dos abusos sexuais reiterados a unha menor en Baleira, que chegou a quedar embarazada e deu ao fillo en adopción. A audiencia provincial confirma o acordo entre a defensa e a fiscalía que rebaixa a petición inicial de dez anos de prisión. // O tráfico é xa fluído na estrada nacional entre Cangas de Foz e Burela, con apenas algunas retencións, logo de que fose habilitado un único carril. // O grupo Inditex acomete cambios nas suas tendas en Galicia, co peche de establecementos de Berska en Vilagarcía e Pontevedra, para trasladarse a un centro maior en Vigo. 23-01-23
Aproveitando os raios de sol, e pese as temperaturas por debaixo dos dez graos esta mañá, hai bañistas que non perdoan o chapuzón diario en Riazor. nunha xornada marcada polas xeadas no interior e os ceos despexados en xeral. // Polémica entre os grupos políticos pola situación dos servizos sanitarios. O Partido Popular acusa a oposición utilizala para desgastar á Xunta. // Xornada negativas para Lugo e Celta. Con tres derrotas consecutivas, os de Fran Justo colócanse penúltimos na táboa ao perderen ante o Villareal B. Mentres, o Celta perde ante o Mallorca. 23-01-23
Os últimos solpores da Europa, xunto co enoturismo ou a gastronomía, Son os reclamos que destaca Galicia en FITUR, o certame internacional onde está presente cun stand de máis de mil metros cadrados, e con medio cento de presentacións de recursos e novidades. // algúns ríos están ainda en alerta por risco de desbordamento, e no mar parte da frota quedou amarrada un día máis, ainda que sen avisos. Só saíron alguns barcos, que acadaron poucas capturas. // O capitán do Lugo, Xavi Torres, apartado do equipo ao ser condenado por amañar o resultado dun partido hai dez anos, cando xogaba no Betis. É a primeira condena en España por corrupción deportiva. // Cinco murais pintados en Galicia, entre os cen mellores do mundo, segundo a plataforma de referencia en arte urbano Street Art Cities. O lucense Diego As, que triunfou o ano pasado, repite con outra obra pintada en Lugo 20-01-23
Hoxe quedamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte pouco activa rozando a Comunidade. Predomimio de ceos nubrados con orballos ocasionais durante o día, algo máis activos á noite e máis probables ao norte. 20-01-23
Os últimos solpores da Europa, xunto co enoturismo ou a gastronomía, Son os reclamos que destaca Galicia en FITUR, o certame internacional onde está presente cun stand de máis de mil metros cadrados. // Algúns ríos están ainda en alerta por risco de desbordamento, e no mar parte da frota quedou amarrada un día máis, Só saíron alguns barcos, que acadaron poucas capturas. // O capitán do Lugo, Xavi Torres, apartado do equipo ao ser condenado por amañar o resultado dun partido hai dez anos, cando xogaba no Betis. // Cinco murais pintados en Galicia, entre os cen mellores do mundo, segundo a plataforma de referencia en arte urbano Street Art Cities. 20-01-23
A gastronomía, o enoturismo, as maravillas naturais, ou os últimos solpores da Europa occidental. Son os reclamos de Galicia para conquistar FITUR, o certame internacional que que hoxe visitou o presidente da Xunta. // O PP comezou hoxe en Ferrol unha serie de mobilizacións para reclamarlle ao Goberno central que modifique a lei do "Só si é si". // Xavi Torres, capitán do CD Lugo, condenado a dez meses de cárcere e dous anos de inhabilitación por perder adrede hai dez anos cando xogaba no Betis. // Cinco murais pintados en Galicia están entre os cen mellores do mundo, segundo unha páxina de internet. Nuns días, coñecerase o gañador por votación. 20-01-23
As temperaturas mínimas continuaron sen moitos cambios con valores baixo cero en moitos puntos. Si notaremos durante o día que as máximas empezan a recuperarse. Na costa rondarán os 14 graos e no interior algo máis baixas en torno aos 10. 19-01-23
A neve convértese en atractivo turístico nas zonas de montaña, como Cabeza de Manzaneda, onde se traballa para abrir a pista de esquí. A circulación nas estradas volve á normalidade. // O Sergas estuda recorrer a médicos no último ano do Mir para cubrir vacantes. Colectivos médicos cuestionan a legalidade da fórmula. // Galicia mantense por riba da media do conxunto de España en Doazón de órganos, con 128 doantes en 2022, que permitiron realizar case 300 transplantes. // O Sindicato Unificado de Policía denuncia un déficit de máis de 300 efectivos en Galicia. Din que os incidentes nocturnos aumentaron un 50 por cento con respecto ó ano pasado . 19-01-23
A neve convértese en atractivo turístico nas zonas de montaña, como Cabeza de Manzaneda, onde se traballa para abrir a pista de esquí. A circulación nas estradas volve á normalidade. // O Sergas estuda recorrer a médicos no último ano do Mir para cubrir vacantes. Colectivos médicos cuestionan a legalidade da fórmula. // Galicia mantense por riba da media do conxunto de España en Doazón de órganos, con 128 doantes en 2022, que permitiron realizar case 300 transplantes.// 450 médicos galegos aspiran a especializarse polo sistema MIR nas probas que se celebran este sábado en Santiago e Vigo. 19-01-23
Tralo paso de Fien, unha nova fronte trae mais chuvia nas próximas horas. O abondoso caudal que os ríos aportan ás desembocaduras preocupa xa aos mariscadores. // A situación normalizouse tamén nas estradas, co transporte escolar restablecido nas zonas de montaña. // Un perito critica no xuízo do Alvia a avaliación de riscos na liña ferroviaria. Considera que causa do accidente foi que non se protexeron os riscos de velocidade na curva. // 450 médicos galegos aspiran a especializarse polo sistema MIR nas probas que se celebran este sábado en Santiago e Vigo. 19-01-23
Dificultades para circular por algunhas estradas a causa da neve. Algúns núcleos das montañas de Lugo e Ourense con problemas para o acceso. // O Miño ao seu paso pola cidade de Lugo supera xa o nivel de desbordamento. // Alcaldes socialistas e do BNG forman unha fronte para denunciar o deterioro dos servizos na área sanitaria de Pontevedra-Salnés. Reclaman melloras nas condicións laborais dos médicos para que se cuban as prazas vacantes. // A Xunta reclama as esculturas que foron roubadas hai décadas do mosteiro de Carboeiro, en Silleda, e das que un investigador galego descobríu o seu paradoiro actual: están no Museo Marés dependente do concello de Barcelona que xa se amosou disposto a devolvelas. 18-01-23
Unha masa de aire ártico marítimo fixo baixar ainda máis os termómetros con xeadas importantes no interior e con temperaturas que caeron ata os 6 graos negativos na Veiga en Ourense. Máis frío que se notará sobre todo durante o día. 18-01-23