Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha columna de fume saía esta mañá dun ático da avenida da Habana, no centro de Ourense. Os bombeiros desaloxaron aos veciños do edificio no que se declarou o lume, ao parecer a causa dun curtocircuito eléctrico. A policía municipal confirmou que hai tres persoas feridas leves. // Culpable de asesinato, e o veredicto que emitiu o xurado popular contra Santiago Cepeda, declarado por unanimidade autor do crime, ocorrido en setembro de 2020, cando asfixiou ao seu sobriño de tres anos. // Homenaxe a Manuel Murguía no cemiterio coruñés de San Amaro, no día no que se cumplen cen anos do seu pasamento. //. 01-02-23

Hoxe custou que os termómetros empezaran a rexistrar valores positivos. A temperatura máis baixa atopámola en Calvos de Randín onde esta mañá tiñan 10 graos baixo cero. // A Xunta solicita que poidan retrasar a xubilación ata os 72 anos, para facer fronte a falla de profesionais que se espera que se agrave nos próximos anos. // Reducir ao máximo as viaxes en coches particulares, as emisións contaminantes e a sinistralidade. É o obxetivo da nova estratexia galega de mobilidade, presentada hoxe pola conselleira de Infraestructuras. // No municipio coruñes de Cariño un aumento dos niveis de niquel por riba do recomendado impide dende hai máis de dous meses poder consumir auga da traída. 31-01-23

Influencia anticiclónica, con circulación do leste. Con esta situación, bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados en xeral. Pola noite, prevese un aumento de nubes baixas sen descartar algunha chuvia feble e puntual no extremo norte da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. 31-01-23

O termómetro baixa Ata dez graos baixo cero en Calvos de Randín, na noite máis fría do que levamos de ano. // A Xunta solicita que poidan retrasar a xubilación ata os 72 anos, para facer fronte a falla de profesionais que se espera que se agrave nos próximos anos. // Os facultativos estudan en asembleas en toda Galicia se convocan unha folga en demanda de melloras nas suas condicións de traballo. // María Antonia Dans é a homenaxeada este ano no día da ilustración. Unha mostra recolle na cidade da cultura de Santiago máis de trinta pezas cos seu principais traballos como ilustradora, cando se cumpren cen anos do seu nacemento. 31-01-23

Ata dez graos baixo cero é a temperatura acadada na localidade ourensá de Calvos de Randín, na noite máis fría do que levamos de inverno en gran parte de Galicia, con ceos completamente despexados. // No municipio coruñes de Cariño o problema é a auga. Un aumento dos niveis de niquel por riba do recomendado impide dende hai máis de dous meses poder consumir auga da traída. // Na Mariña de Lugo, prosiguen as obras na N-624, cando se cúmpren once días desde que a auga causara un gran burato que inabilitou un dos carrís. //.  31-01-23

Xaneiro remata cunha taxa interanual do 5´8 por cento, que racha a tendencia á baixa dos últimos meses, e pese a baixada do IVE para os alimentos básicos. // Os traballadores debaten a proposta da empresa para modificar o plan previsto para a retomar a actividade na Planta de Aluminio de San Cibrao. // Os veciños do barrio coruñés do Orzán demandan ao concello polos ruídos e pelexas que din ter que soportar cada fin de semana. // O Celta sae dos postos de descenso. Cun gol de Iago Aspas, no segundo tempo que certificou a clara superioridade ante o Athletic. En segunda, o Lugo sufriu a súa cuarta derrota consecutiva. 30-01-23

Xeadas en boa parte de Galicia e con temperaturas aínda máis baixas. Durante o día, ceos despexados e máximas sen cambios. Oscilan entre os 9 graos previstos en Lugo aos 13 de Pontevedra. 30-01-23

Tras cinco meses consecutivos de descensos a inflación interanual aumenta unha décima en xaneiro respecto a decembro de 2022. // Os traballadores debaten a proposta da empresa para modificar o plan previsto para a retomar a actividade na Planta de Aluminio de San Cibrao. // Os veciños do barrio coruñés do Orzán demandan ao concello polos ruídos e pelexas que din ter que soportar cada fin de semana. // O Celta sae dos postos de descenso. Cun gol de Iago Aspas, no segundo tempo que certificou a clara superioridade ante o Athletic. En segunda, o Lugo sufriu a súa cuarta derrota consecutiva. 30-01-23

A eliminación do desconto de 20 céntimos por litro nos carburantes leva a una nova suba da inflación. Xaneiro remata cunha taxa interanual do 5´8 por cento, que racha a tendencia á baixa dos últimos meses. // Asemblea extraordinaria esta mañá dos traballadores de Alcoa trala última proposta da multinacional pra modificar o acordo que parou a fábrica de aluminio e mantivo os postos de traballo. // A vila ourensá de Xinzo de Limia celebra xa o Entroido máis longo de España. Unha celebración que se vai prolongar ata o Domingo de Piñata, a finais do mes que vén. //. 30-01-23

EL LEHENDAKARI VISITA TELENORTE PARA ANALIZAR LA ACTUALIDAD/ DESPEDIDA A RODOLFO ARES/ EL BUQUE AITA MARI SE ENFRENTA A MULTA MILLONARIA/ LA ENFERMERÍA SALE A LA CALLE POR LA CONVOCATORIA DE OPE/ EL ATHLETIC PASA A SEMIFINALES 27/01/22

O Goberno anuncia o nomeamento dun comisionado para o Corredor Atlántico. Ó mesmo tempo que os presidentes de Galicia, Asturias e Castela Leon celebraban un cumio en Santiago para reclamar un pulo a esa infraestrutura. // Abanca mellorou os seus beneficios nun 40 por cento durante o ano pasado, ata 217 millóns. A entidade non descarta novas adquisicións empresariais e sitúa o mercado de Portugal como obxetivo estratéxico. // A biopsia líquida, unha ferramenta para o diagnóstico de cancro menos invasiva e con resultados máis precisos, da que xa se beneficia un 30 por cento dos pacientes. // Tralo intento fallido da semana pasada, as baixas temperaturas fixeron posible que hoxe, coa axuda dos canóns de neve artificial, a estación de Manzaneda poida abrir As pistas de esquí, por primeira vez este inverno. os responsables confían en poder manter as instalacións en funcionamento polo menos unha semana. 27-01-23

 

Recuperamos a influencia anticiclónica. Temos nubes e claros e chuvascos máis probables no terzo norte. A neve segue a caer por riba dos 800 a 900 metros nun día con ventos do nordés que aumentan pola tarde intensificando a sensación de frío. 27-01-23

O Goberno anuncia o nomeamento dun comisionado para o Corredor Atlántico. Ó mesmo tempo que os presidentes de Galicia, Asturias e Castela Leon celebraban un cumio en Santiago para reclamar un pulo a esa infraestrutura. // Abanca mellorou os seus beneficios nun 40 por cento durante o ano pasado, ata 217 millóns. A entidade non descarta novas adquisicións empresariais e sitúa o mercado de Portugal como obxetivo estratéxico. // A biopsia líquida, unha ferramenta para o diagnóstico de cancro menos invasiva e con resultados máis precisos, da que xa se beneficia un 30 por cento dos pacientes. Especialistas de todo o mundo expoñen en Santiago os últimos avances nesa técnica que evidencian un aumento da supervivencia e a calidade de vida. // 27-01-23

As pistas de esquí de Manzaneda, abertas por primeira vez este inverno. As condicións meteorolóxicas permiten, desta volta, disfrutar das instalacións que os responsables confían en poder manter en funcionamento polo menos unha semana. // Goberno nomea un Comisionado para o desenvolvemento do Corredor Atlántico ferroviario. Un anuncio que se facía público a mesma hora que en Santiago comezaba o cumio entre os Presidentes autonómicos de Galicia, Castela e León e Asturias. // A París viaxa a obra dun dos pintores galegos máis importantes do século XX. Co gallo do ano Laxeiro reunironse pinturas da súa etapa de madurez cando o de Lalín vivíu en Bos Aires entre 1950 e 1970. 27-01-23

O desemprego entre os menores de 30 anos experimenta un aumento de ata cinco puntos. Segundo os datos publicados hoxe pola EPA, a taxa de paro mantense na nosa comunidade no 10´6 por cento, // O goberno central autoriza sete novos parques eólicos co que a potencia total do sector eólico en Galicia aumentará en case 3.000 megavatios. A principal beneficiaria será Alcoa. // A folga indefinida dos letrados xudiciais ameaza con paralizar o funcionamento dos tribunais. En Galicia, o seguemento é maioritario, segundo os convocantes, e xa son máis de mil as vistas suspendidas ou aprazadas. // A Virxe de Chamorro, unha das imaxes relixiosas máis veneradas de Ferrol, corre o risco de se converter nun caso semellante ó do Ecce Homo de Borja, polas suas restauracións desafortunadas. A próxima estará en mans de expertos, grazas á mobilización de asociacions e veciños. 26-01-23

Unha fronte trae de volta as chuvias que entran desde o norte onde teñen chuvascos máis intensos e frecuentes. No resto chuvias de pouca importancia con posibilidade dalgún chuvasco durante a tarde. A cota de neve irá baixando cara o final do día a 800 metros. 26-01-23

O desemprego entre os menores de 30 anos experimenta un aumento de ata cinco puntos. Segundo os datos publicados hoxe pola EPA, a taxa de paro mantense na nosa comunidade no 10´6 por cento, // O goberno central autoriza sete novos parques eólicos co que a potencia total do sector eólico en Galicia aumentará en case 3.000 megavatios. A principal beneficiaria será Alcoa. // A folga indefinida dos letrados xudiciais ameaza con paralizar o funcionamento dos tribunais. En Galicia, segundo os convocantes, xa son máis de mil as vistas suspendidas ou aprazadas. // A Virxe de Chamorro, unha das imaxes relixiosas máis veneradas de Ferrol, corre o risco de se converter nun caso semellante ó do Ecce Homo de Borja, polas suas restauracións desafortunadas. A próxima estará en mans de expertos, grazas á mobilización de asociacions e veciños. 26-01-23

Galicia rematou o ano con 3.700 parados menos en total, anque entre os menores de 30 anos o desemprego experimenta un aumento de cinco puntos. // // A folga indefinida dos letrados ameaza con paralizar os tribunais a nivel nacional. En Galicia, o seguemento é maioritario e xa van máis dun millar de vistas suspendidas ou aprazadas. // Polémica pola restauración da Virxe de Chamorro, unha das imaxes relixiosas máis veneradas de Ferrol. 26-01-23

A Xunta aproba a creación de 77 novos parques eólicos que aumentarán un 50 por cento a potencia instalada actual. Cando se cumple o prazo límite para as declaracións de impacto ambiental, desbota definitivamente outros 43 proxectos. // Con apenas 775 casos rexistrados e 132 pacientes ingresados nos hospitais galegos, os especialistas consideran que a pandemia da Covid chegou ao seu fin e piden que se elimine xa a obriga da máscara no transporte público. // As baixas laborais entre os médicos de familia, que aumentaron ata un 9 por cento durante o ano pasado. Unha cifra record que acentúa os problemas de sobrecarga de traballo. // O museo de Pontevedra formaliza con representantes do goberno de Polonia a devolución dos cadros que tiña nos seus fondos e que resultaron proceder do espolio nazi a unha familia dese país durante segunda guerra mundial. 25-01-23

Seguimos con ceos máis despexados polo sur, con máis nubes ao norte de Lugo. o nordés segue a deixarnos sensación de máis frío nun día no que se repetiron as xeadas no interior pero no que soben lixeiramente as temperatuas máximas. 25-01-23