Comeza a semana con ceos nubrados e choivas intermitentes, máis probables no noroeste. Os ventos sopran frouxos de compoñente oeste e baixan as temperaturas, sobre todo as máximas, que oscilan entre os 21 graos da Coruña e os 27 de Ourense, e non pasan de 23 en Lugo nin nas Rías Baixas. 24-07-23
O Partido Popular gañou as eleccións en Galicia, pero con marxe insuficiente para que Alberto Núñez Feijóo lograra a maioría que buscaba para formar goberno // Hoxe cúmprense dez anos do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e deixou 144 feridos // En Betanzos, confirmase de novo a presenza de norovirus na auga // Santiago rexistra cifras récord de peregrinos e roza o cen por cen de ocupación. Este mediodía tivo lugar a entrega das Medallas de Galicia 2023. 24-07-23
O Partido Popular gañou as eleccións en Galicia, pero con marxe insuficiente para que Alberto Núñez Feijóo lograra a maioría que buscaba para formar goberno // Hoxe cúmprense dez anos do accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e deixou 144 feridos. Como veñen facendo cada 24 de xullo, as vítimas maniféstanse hoxe en Santiago para esixir responsabilidades // En Betanzos, confirmase de novo a presenza de norovirus na auga. Sanidade cualifícaa coma non apta para o consumo, e o Concello decreta novas restricións // Santiago rexistra cifras récord de peregrinos e roza o cen por cen de ocupación. Este mediodía tivo lugar a entrega das Medallas de Galicia 2023. 24-07-23
Máis de dous millóns de galegos que están chamados hoxe a votar. Galicia elixe nestas eleccións 23 deputados e 16 senadores. Unha mañá sen incidencias. // As 14:00 votaran xa o 39 por cento dos electores. Son sete puntos máis que hai catro anos. // Os líderes dos principais partidos en Galicia xa exerceron tamén esta mañá o seu dereito a votar. Todos salientan a importancia destas eleccións e fan un chamamento á participación.23-07-23
Temperaturas suaves, con máis nubes polo norte e de novo con algunhas chuvias de tipo treboento pola tarde no interior. Mañá recuperamos a influencia do anticiclón e o domingo volverémola perder con chuvias que poderían caer a última hora do día 21-07-23
Santiago, róza o completo, No arranque da ponte festiva do 25 de xullo. As previsións son de alta ocupación turística tamén no resto de Galicia, de ata o 90 por cento nalgunhas zonas, ainda que, advirten dende o sector, con menos gasto que antes da pandemia. // No remate da campaña, os populares insisten en que son a opción responsable e sensata frente a goberno Frankenstein. Os socialistas, confían na remontada tralo mitin de Pedro Sánchez en Lugo. Sumar chama a evitar que gobernen PP e VOX e o BNG di que ten opcións a obter escanos nas catro provincias. // O músico vigués Carlos Núñez continúa estes día coa xira de concertos "Lugares Máxicos", antes de recibir, o vindeiro luns, a medalla de Ouro de Galicia, xunto a Luz Casal e Juan Pardo. 21-07-23
Santiago roza o cheo total no comezo da ponte festiva do 25 de xullo , mentres se rexistran cifras récord de peregrinos. Un dispositivo policial de máis de 400 axentes desprégase para garantir a seguridade nas celebracións do día do apostolo. // Carlos Núñez continúa estes día coa xira de concertos "Lugares Máxicos", antes de recibir, o vindeiro luns, a medalla de Ouro de Galicia, xunto a Luz Casal e Juan Pardo. A súa é unha carreira de éxito internacional que comezou cando foi descuberto, aos 13 anos, nun concerto polos Chieftains. // 21-07-23
Ampliado ata mañá, ás dúas da tarde, o prazo para entregar o voto por correo nas oficinas postais. A Xunta electoral central atendeu a petición de Correos para asegurar que ninguén quede sen poder exercer o dereito. // No xuízo polo accidente do Alvia, a representación do Adif admite que debeu ter un mellor trato coas vítimas, ainda que pide a absolución do ex alto cargo da compañía acusado. // A carencia de médicos de urxencias no Hospital de Ourense leva ao Sergas a buscar profesionais no resto de areas sanitarias mediante unha convocatoria extraordinaria. // Estrea mundial, esta noite, en Santiago, de Oficio de Camiñantes, unha composición de Ricardo Llorca inspirada na viaxe interior dos peregrinos. 20-07-23
A entrada de aire frío en altura provoca un aumento da inestabilidade atmosférica. Nubes máis compactas no norte e con algúns orballos e pola tarde mesmo con algún chuvasco illado no interior. As temperaturas baixan, sobre todo na metade sur. 20-07-23
Unhas 12.000 persoas en Galicia non entregaron aínda o seu voto por correo. Hoxe as oficinas da compañía postal abren ata as dez da noite e a Xunta Electoral ampliou o prazo de entrega ata ás dúas da tarde de mañá. // No xuízo polo accidente do Alvia, a representación do Adif admite que debeu ter un mellor trato coas vítimas, ainda que pide a absolución do ex alto cargo da compañía acusado. Renfe reclama a máxima indulxencia para o maquinista. // A carencia de médicos de urxencias no Hospital de Ourense leva ao Sergas a buscar profesionais no resto de areas sanitarias mediante unha convocatoria extraordinaria. 20-07-23
Remata o prazo para entregar o voto por correo. En Galicia quedan ainda por facelo unhas 12.000 persoas, cerca dun oito por cento dos solicitantes. Correos amplía o horario de apertura ata as 10 da noite. // O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ratificou a condena a catro anos de prisión por abuso sexual ao xogador do Celta Santi Mina. O tribunal considera probados os feitos e só rebaixa a indemnización ata os 25.000 euros. // Estrea mundial, esta noite, en Santiago, de Oficio de Camiñantes, unha composición de Ricardo Llorca inspirada na viaxe interior dos peregrinos. 20-07-23
Ceos despexados en toda comunidade despois dunha mañá con máis nubes e orballos no extremo norte. As temperaturas repiten valores semellantes aos destes días, con máximas entre os 24 graos na Coruña e os 33 en Ourense. 19-07-23
Máis de 200 menores saharauís están xa con familias galegas de acollida temporal dentro do programa "Vacacións en Paz". Veñen desfrutar aquí do verán, afastados das sufocantes temperaturas dos campamentos de refuxiados en Alxeria. // Chegan a Galicia as Stolpa Estaine, as pedras de tropezar, en homenaxe ás vítimas do holocausto nazi. Seis desas lousas da memoria foron colocadas hoxe na Coruña ante as casas onde naceron ou viviron veciños que acabaron deportados ao campo de Mathausen. // O costamarfileño Jonathan Bamba, nova fichaxe do Celta. O extremo de 27 anos chega libre procedente do Lille, co que gañou a liga francesa en 2021, e asinou por tres anos.
19-07-23
Máis de 200 nenos saharauís chegan a Galicia como parte do programa "Vacacións en Paz". Desfrutarán aquí do verán en familias de acollida temporal, afastados das sufocantes temperaturas nos campamentos que son a súa residencia habitual. // Con motivo da presidencia española da Unión Europea, Lugo acollerá unha conferencia para debater medidas contra o avellentamento e a despoboación. Será no mes de setembro, tal como anuciou hoxe o ministro de Asuntos Exteriores, nunha visita á cidade. 19-07-23
Orballos e ceos moi nubrados na metade norte e máis despexados canto máis ao sur nesta xornada na que as temperaturas mínimas subiron e as máximas continuarán en valores semellantes. Oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña e 34 que agardan en Ourense. 18-07-2023
Os ministros de Pesca da Unión Europea, de reunión informal en Vigo, abordan o reto da descarbonización, e admiten que será precisa unha renovación da frota, con barcos máis grandes. // Patronal e sindicatos do metal da provincia de Pontevedra asinan un preacordo que pon fin a máis dun mes de conflito no sector. // Valentín González Formoso repite no cargo de presidente da Deputación da Coruña por terceiro mandato consecutivo. Gobernará co apoio do BNG e Alternativa dos Veciños. // O Celta golea por 5 a 0 no primeiro amigable da pretempada ante o Al Naser de Cristiano Ronaldo. Larsen en tres ocasións e os canteiráns Gael Alonso e Miguel Rodríguez anotaron os tantos. 18-07-2023
Visita de madrugada á lonxa de Vigo. Os ministros de Pesca da Unión Europea, de reunión informal na cidade, coñecen así de primeira man o punto de partida de boa parte dos produtos do mar que se consumen en Europa, ata 34.000 toneladas de peixe fresco e máis de medio millón de conxelado cada ano. // Patronal e sindicatos do metal da provincia de Pontevedra asinan un preacordo que pon fin a máis dun mes de conflito. // A exposición "Nicolás Muller. Vento norte" recopila o traballo do fotógrafo húngaro afincado no noso país, no Museo Centro Gaiás. 18-07-2023
O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, xa é o novo presidente da Deputación de Ourense, e rematan máis de trinta anos á fronte da corporación provincial da familia Baltar. O Partido Popular retén a presidencia, pero Luis Menor precisará de consenso para gobernar ao non lograr a maioría absoluta. // Reunión en Vigo de ministros de pesca da Unión Europea, que abordarán, ata mañá, temas como o equilibrio entre sostibilidade e rendibilidade, e cómo lograr o relevo xeneracional na pesca. // A maoría dos afectados polo lume en Valdeorras e o Courel agarda ainda para empezar a reconstruir as suas vivendas, cando se cumpre un ano dos maiores incendios rexistrados nunca en Galicia. En dúas semanas, arderon preto de 22.000 hectáreas. 17-07-2023
Día solleiro en toda Galicia nun inicio de semana con suba notable das temperaturas sobre todo na metade sur da comunidade. As máximas oscilarán entre os 26 graos previstos na Coruña aos 34 de Ourense. 17-07-2023
O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, xa é o novo presidente da Deputación de Ourense, e rematan máis de trinta anos á fronte da corporación provincial da familia Baltar. // Reunión en Vigo de ministros de pesca da Unión Europea, que abordarán, ata mañá, temas como o equilibrio entre sostibilidade e rendibilidade, e cómo lograr o relevo xeneracional na pesca. // A maoría dos afectados polo lume en Valdeorras e o Courel agarda ainda para empezar a reconstruir as suas vivendas, cando se cumpre un ano dos maiores incendios rexistrados nunca en Galicia. En dúas semanas, arderon preto de 22.000 hectáreas. // Reabre en Sada o museo de arte contemporánea Carlos Maside, logo de sete anos pechado. Acolle 4.000 pezas dos seus fondos, incluíndo obras dos artistas galegos de vangarda. 17-07-2023