Xornada intensiva para evitar prolongar o traballo nas tardes de calor sufocante. O sector da construción da provincia de Pontevedra estrea hoxe novo horario para o mes de xullo, que ten como hora de remate as catro da tarde. // O sector turístico agarda mellorar a ocupación do pasado verán, tamén no Norte. O clima, a gastronomía ou as paisaxes son algúns dos motivos polos que cada vez máis xente se achega a Galicia. // Rafa Benítez atópase xa en Vigo para facerse cargo do Celta. Foi presentado como técnico do equipo celeste, que esta tarde inicia a pretemporada cos adestramentos na cidade deportiva Afouteza. 03-07-2023
No arranque da operación saída de comenzo do mes de xullo, as cifras avalan a Galicia como destino vacacional. O sector turístico, en xeral, conta con acadar este verán cifras record de facturación. // Polémica en torno aos paneis publicitarios que cuestionan a toponimia oficial en galego de localidades como A Coruña, Ourense ou Sanxenxo. A Mesa pola normalización recolle 8.000 sinaturas contra a campaña, mentres os promotores denuncian ser obxeto de vandalismo. // Experiencias inmersivas, realidade virtual e aumentada, videomapping, CE o tipo de intervencións as que se adicará o Centro de Artes Dixitais, presentado hoxe, que formará parte da Cidade da Cultura, en Santiago, Será unico en España, din, na producción de proxecto de tecnoloxía de máximo nivel. 30-06-2023
Empeza a temporada de maior afluencia nos camiños de Santiago, con máis de 2.000 compostelas entregadas por día. A previsión é bater este ano o récord histórico de peregrinacións, ata superar nun 20 por cento ao último ano xacobeo. // O socialista Jose Tomé Roca, reelixido como presidente da Deputación de Lugo, cos 13 votos do seu partido e do BNG. // Polémica en torno aos paneis publicitarios que cuestionan a toponimia oficial en galego de localidades como A Coruña, Ourense ou Sanxenxo. A Mesa pola normalización recolle 8.000 sinaturas contra a campaña. 30-06-2023
Sol e calor, con termómetros que superarán os 30 graos polo sur e ao redor dos 25 na metade norte onde o vento refrescará máis o ambiente. Temperaturas que en todo caso irán aumentando o longo da fin de semana, con máis calor sobre todo o domingo. 30-06-2023
Os camiños de Santiago entran na temporada de maior afluencia, con máis de 2.000 compostelas entregadas por día. A previsión é batir este ano o récord histórico de peregrinacións. // O BOE actualiza a listaxe de motivos que poden eximir aos cidadáns da obriga de formar parte dunha mesa electoral, e inclúe terviaxes pagas antes da convocatoria. // O Grupo Inditex segue a subir na bolsa, logo rexistrar un novo máximo histórico ao rematar a sesión de onte cunha cotización de 34´99 euros por acción. // As peixarías ambulantes están en perigo de extinción. Reparten sobre todo en aldeas onde cada vez quedan menos veciños. 30-06-2023
Luísa Villalta e a figura escollida pola Real Academia para dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano que vén., Poeta coruñesa destacada entre a xeración dos 90, recibirá a homenaxe cando se cumpren 20 anos do seu falecemento. // Xuño rexistra a menor suba no índice de prezos de consumo dende hai máis de dous anos. O dato provisional, do 1.9, consolida unha tendencia á baixa que os consumidores seguen sen percibir. // A economía galega afasta o risco de entrar en recesión, logo de crecer no primeiro trimestre do ano por riba da media española e europea. Así o indican os expertos do Foro Económico no seu informe de coxuntura. 29-06-2023
Unha fronte fría pouco activa deixa algúns orballos na provincia da Coruña que co paso das horas se extenderon á zona da Mariña de Lugo. Descenso notable das temperaturas. As máximas oscilan entre os 20 graos na metade norte e os 25 polo sur. 29-06-2023
O incremento do IPC interanual queda en xuño por debaixo do 2%. É a primeira vez dende marzo de 2021 que a inflación baixa desa cifra. Unha moderación que e posible grazas ao freo dos prezos dos Carburantes, a electricidade e os alimentos. // A economía galega afasta o risco de entrar en recesión, logo de crecer no primeiro trimestre do ano por riba da media española e europea. Así o indican os expertos do Foro Económico no seu informe de coxuntura. // Luisa Villalta será a homenaxeada nas Letras galegas 2024. Así foi acordado esta mañá polo pleno da Real Academia Galega. Villalta é unha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron a finais dos 80. 29-06-2023
O incremento do IPC interanual queda en xuño por debaixo do 2%. É a primeira vez dende máis de dous anos, grazas a contención dos prezos dos carburantes, a electricidade e os alimentos. // O Consello da Xunta aprobou hoxe os novos salarios e condicións laborais para os traballadores do Servizo Galego Saúde. // Luisa Villalta será a homenaxeada nas Letras galegas 2024. Así foi acordado esta mañá polo pleno da Real Academia Galega. Villalta é unha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron a finais dos 80. 29-06-2023
A influencia anticiclónica vaise debilitando. Pola tarde, ceos pouco nubrados ou despexados, con algunha nube de evolución nas montañas do leste. E xa Pola noite a chegada dunha fronte traerá ceos nubrados sen descartar algunha chuvia feble de madrugada. 28-06-2023
Milleiros de traballadores, de novo, nas rúas de Vigo na cuarta xornada de folga do metal. A patronal esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse a negociar. // Avogados e procuradores denuncian a situación de atasco na administración xudicial cun un informe no que cifran en 400.000 os casos pendentes en Galicia. // O concurso de patrullas da Brilat, considerada unha das probas militares máis duras de España, percorre hoxe os 120 quilómetros entre Tui e Santiago, con máis de 200 militares poñendo a proba distintas habilidades. // Comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest, con Parkway Drive, Ghost e Pantera como principais atractivos. Este ano mesmo se van poder celebrar casamentos no interior do recinto. 28-06-2023
Milleiros de traballadores, de novo, nas rúas de Vigo na cuarta xornada de folga do metal. A patronal esixe a desconvocatoria dos paros para sentarse a negociar. Os sindicatos aumentan a convocatoria de folga a catro xornadas no mes de xullo. // Avogados e procuradores denuncian a situación de atasco do sistema xudicial e cifran en 400.000 os casos pendentes en Galicia. // Comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest, con Parkway Drive, Ghost e Pantera como principais atractivos. Este ano mesmo se van poder celebrar casamentos no interior do recinto. 28-06-2023
Milleiros de traballadores volven manifestarse en Vigo na cuarta xornada de folga do metal. Os sindicatos culpan á patronal de tentar enfrontalos coa cidadanía e de dificultar a negociación. // A primeira semana do verán deixa a reservas dos encoros galegos ao 71´8 por cento da sua capacidade. En comparación coa situación que tiñan hai un ano, supón casi 16 puntos máis. // O día do orgullo LGTBI celébrase hoxe, con despregue de bandeiras multicores en concellos e institucións, entre elas na sede da delegación do Goberno na Coruña. 28-06-2023
Profesionais sanitarios advirten de risco de colapso nos servizos de urxencias por falta de persoal, ante a inminencia das vacacións de verán e o aumento dos visitantes. // As vivendas de uso turístico ascenden xa en Galicia a máis de 17.000. Os propietarios destacan as vantaxes como a mellor garantía de pagamento, fronte aos inqulinos tradicionais. // Unha escavadora das máis grandes de España avanza no derrubamento das torres do Garañón, en Lugo. A construción foi paralizada por orde xudicial en 2010 tralas denuncias da Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro. // Praias ateigadas e piscinas cada vez máis demandadas. En Galicia Hai unha piscina de media por cada 67 habitantes, e nesta época do ano toca escoller entre auga doce ou salgada. 27-06-2023
Profesionais sanitarios advirten de risco de colapso nos servizos de urxencias por falta de persoal, ante a inminencia das vacacións de verán e o aumento dos visitantes. // Debate final e aprobacion da nova lei do xogo de Galicia, que amplía as distancias entre máquinas e centros educativos e amplía os controis para evitar o uso por menores ou persoas con ludopatía. // Unha escavadora das máis grandes de España avanza no derrubamento das torres do Garañón, en Lugo. 27-06-2023
Ceos pouco nubrados, agás algunhas nubes baixas no litoral norte. As temperaturas mínimas, sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. O vento do nordés, moderado pola tarde, con intervalos fortes na Costa da Morte. 27-06-2023
Unha escavadora das máis grandes de España avanza no derrubamento das torres do Garañón, en Lugo. A estrutura dos edificios vai desaparecendo da paisaxe urbana da cidade, na que leva desde hai case 15 anos. // Sete novos deputados do parlamento galego tomaron hoxe posesión dos seus escanos para remudar a os que tralas eleccions do 28 de maio resultaron elixidos alcaldes. // Concentracións nos ambulatorios para pedir a retirada do sistema Xide, unha ferramenta para xestionar a demanda nos centros de saúde, que permite a persoal administrativo asignar citas. 27-06-2023
Sanidade asegura que o recorte de camas hospitalarias este verán será o menor dos últimos anos. Os socialistas cuestionan a cobertura na zona do Salnés ante o aumento de poboación polo turismo. // A denominación de Orixe Mexillón de Galicia, preocupada por posibles cambios na xenética da especie, rexeita os criadeiros de mexilla que propón a consellería do Mar, para paliar a escaseza de semente para as bateas. // Alarma entre as asociacións contra a droga polo aumento na actividade das organizacións de narcotraficantes, posta de manifesto nas recentes operacións policiais. 26-06-2023
Seguimos baixo a influencia das altas presións. Néboas no interior e nubes no terzo norte. No resto, ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas baixan lixeiramente. 26-06-2023
A denominación de Orixe Mexillón de Galicia, preocupada por posibles cambios na xenética da especie, rexeita os criadeiros de mexilla que propón a consellería do Mar para paliar a escaseza de semente para as bateas. //A consellería de Sanidade asegura que o recorte de camas hospitalarias este verán será o menor dos últimos anos. Os socialistas cuestionan a cobertura na zona do Salnés ante o aumento de poboación polo turismo. // Alarma entre as asociacións contra a droga polo aumento na actividade das organizacións de narcotraficantes, posta de manifesto nas recentes operacións policiais. // Actividades para que os máis pequenos se divirtan ao tempo que estimulan a creatividade. Son os campamentos de verán, que comenzan unha vez rematado o curso escolar. 26-06-2023