Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A semana comeza con nubes e a posibilidade de algunha chuvia feble na metade norte de Galicia e con ceos máis despexados no sur da comunidade. É debido á chegada dunha fronte pouco activa que afectará fundamentalmente ás provincias da Coruña e Lugo, sobre todo pola tarde. As temperaturas mantéñense sen cambios importantes. 14-08-23

Galicia recibiu, no primeiro semestre deste 2023, 2,7 millóns de visitantes e agarda completar outro ano de récord, con máis de seis millóns e medio de turistas | A DGT inicia unha campaña de control de consumo de alcohol e drogas entre os condutores en Galicia | Aplicar a Intelixencia Artificial para mellorar, en cantidade e calidade, a produción de peixe en acuicultura. É o que está a facer o Clúster de Acuicultura de Galicia | Cara e cruz para os equipos galegos de primeira e segunda división. A cruz foi a derrota do Celta en Balaídos fronte a Osasuna por 0-2, no debut de Rafa Benítez como adestrador celeste na Liga. A cara, a vitoria do Racing de Ferrol na súa estrea na categoría de prata. 14-08-23

Galicia recibiu, no primeiro semestre deste 2023, 2,7 millóns de visitantes e agarda completar outro ano de récord | A DGT inicia unha campaña de control de consumo de alcohol e drogas | Aplicar a Intelixencia Artificial para mellorar, en cantidade e calidade, a produción de peixe en acuicultura | Cara e cruz para os equipos galegos de primeira e segunda división. 14-08-23

Galicia recibiu, no primeiro semestre deste 2023, 2,7 millóns de visitantes e agarda completar outro ano de récord, con máis de seis millóns e medio de turistas | Conducir baixo os efectos do alcol ou das drogas estará máis controlado durante esta semana. Comeza unha campaña especial da DGT, con maior fincapé nas zonas turísticas ou de festas | O Celta comezou a tempada cun tropezo en Balaídos ante o Osasuna. O Racing de Ferrol volvía ao fútbol profesional dezaseis anos despois e celebrouno cunha vitoria. 14-08-23

Arranca a 'operación especial de tráfico' con motivo da ponte do 15 de agosto, a máis festiva do ano, cunha previsión de millón e medio de desprazamenos nas estradas do Noroeste. | Os paquetes vacacionais e os carburantes están entre os produtos que máis subiron, e que contribuíron ó aumento da inflación, que no mes pasado se situou en Galicia no 2´3 por cento. | A pontevedresa Teresa Abelleira, decisiva no pase á Semifinal da Copa do Mundo. | Grupos de Baile tradicional de varios continentes exercen estes días de embaixadores dos seus países nun percorrido por distintas localidades da provincia de Ourense, nas Xornadas de Folklore. 11-08-23

Arranca a 'operación especial de tráfico' con motivo da ponte do 15 de agosto, cunha previsión de millón e medio de desprazamenos nas estradas do Noroeste. | As expectativas de ocupación nas zonas turísticas son 'altas', aínda que con menor previsión de gasto. | A inflación repuntou en Galicia ata o 2´1 por cento en xullo. O dato supera en 6 décimas o do mes anterior. Respecto a hai un ano o prezo dos alimentos aumenta un 10´4 por cento. | A Festa do Pulpo, a única cita gastronómica declarada de Interese Turístico Internacional de Galicia, regresa este domingo ao Carballiño. | Ecoloxistas e xentes do mar presentan unha Iniciativa Lexislativa Popular para protexer a pesca e o marisqueo frente a outras actividades. Piden máis garantías legais para estas actividades.| 11-08-23

  Cerca de millón e medio de desprazamentos e o que prevé a Dirección Xeral de Tráfico nas estradas do Noroeste, para a operación especial, que empeza ás 3 desta tarde, con motivo da Ponte do 15 de agosto. | A inflación repuntou en Galicia ata o 2´1 por cento en xullo. O dato, coñecido hoxe, supera en 6 décimas ó do mes anterior. |.A selección feminina de fútbol clasificouse para as semifinais do Mundial, nun partido no que destacou a galega Teresa Abelleira, que disputou os 120 minutos. | A Festa do Pulpo, a única cita gastronómica declarada de Interese Turístico Internacional de Galicia, regresa este domingo ao Carballiño. 11-08-23

Ceos despexados, con intervalos de nubes en Lugo e Ourense. Máis nubosidade nas provincias Atlánticas, onde, nas últimas horas do día, pode haber orballar. As temperaturas descenden de xeito notable'no extremo Leste, e mantéñense na fachada Atlántica. 11-08-23

En Galicia, 4 pilotos e tres técnicos forman o equipo adicado á campaña de vixiancia aérea de Garda Civil. Prevención de incedios, o furtivismo e do Camiño de Santiago son os seus principais cometidos durante o verán . | Confirmada a presenza en Galicia de 'mosquito tigre', o insecto tropical que pode portar enfermidades coma o 'dengue'. Un veciño de Moaña deu a voz de alarma grazas a unha aplicación. | A presenza de niños de vespas velutinas provoca Máis de 5.000 avisos no que vai de ano en Galicia. | A pontevedresa Teresa Abelleira, peza clave na selección de futbol feminino que fará historia esta próxima madrugada, ó disputar, por primeira vez, uns cuartos de final da copa do mundo. 10-08-23

Confirmada a presenza en Galicia de 'mosquito tigre', o insecto tropical que pode portar enfermidades coma o 'dengue'. | Prevención de incendios, vixilancia de Costas e do Camiño de Santiago son os seus principais cometidos do equpio aéreo da Garda Civil durante o verán. | A Xunta dá por 'estabilizado' o incendio no concello coruñés de Arteixo. O lume comezou onte pola tarde e arrasou unhas 20 hectáreas. | A presenza de niños de vespas velutinas provoca Máis de 5.000 avisos no que vai de ano en Galicia. | O cribado para a detección do cancro de mamá ampliarase en mulleres ata os 74 anos. | 10-08-23

A pontevedresa Teresa Abelleira, peza clave na selección de futbol feminino que fará historia esta próxima madrugada, ó disputar, por primeira vez, uns cuartos de final da copa do mundo. | A Garda Civil incautouse de 7.000 kilos de sardiña capturada nunha zona prohibida de Laxe. | A agricultura xerou preto de 13.000 contratos en Galicia, no que vai de ano. Supón case un 16 por cento menos có ano anterior, segundo os datos do Estudio Randstad, feito público hoxe. | A cultura urbana tomou as rúas de Vigo esta mañá co comezo do Marisquiño. O certame de deportes e música ofrece hoxe unha xornada previa ao comezo da competición. 10-08-23

Novo día de moita calor en Ourense, que onte igualaba a marca da temperatura máis alta nun mes de agosto, con 42 graos e medio. | A galega Marta Lois será a portavoz parlamentaria de Sumar no Congreso. | A construcción das Fragatas F110 no asteleiro de Navantia, en Ferrol, recibíu hoxe un impulso, coa colocación da quilla da "Bonifaz", a embarcación que dará nome á serie. | O Celta eleva as suas espectativas, logo da boa pretempada, na celebración do seu centenario: coa reforma de Balaídos, a chegada de Rafa Benítez ó vestiario,... e a estrea da Oliveira dos Cen anos, o himno de C. Tangana. | O Carballiño volve bater o seu propio record da tapa de polbo máis grande do mundo. Nesta ocasión chegaron a 580 quilos, . 09-08-23

Piscinas públicas como as abertas hoxe en Pereiro de Aguiar, serven para refrescarse, ante as altas temperaturas que se rexistran nesa zona do Val do Miño, que onte chegaban a igualar o máximo histórico de 42 graos e medio. | A construcción das Fragatas F110 no asteleiro de Navantia, en Ferrol, recibíu hoxe un impulso, coa colocación da quilla da "Bonifaz", a embarcación que dará nome á serie. | O Celta eleva as suas espectativas, logo da boa pretempada, na celebración do seu centenario: coa reforma de Balaídos, a chegada de Rafa Benítez ó vestiario,... e a estrea da Oliveira dos Cen anos, o himno de C. Tangana. | O Carballiño volve bater o seu propio record da tapa de polbo máis grande do mundo. Nesta ocasión chegaron a 580 quilos, 64 máis có o ano pasado, 09-08-23

Situación intermedia entre as altas e as baixas presións... que se achegan polo Oeste. Néboas na costa, localmente persistentes, e nubes baixas na metade Oeste, aí con posibilidade de orballos. No interior de Lugo e Ourense ceos pouco nubrados, pero á última hora poden deixar algunha treboada illada. 09-08-23

 

 Abren, de balde, as piscinas públicas no complexo deportivo de Pereiro de Aguiar. Unha boa oportunidade para refrescarse ante as altas temperaturas que se rexistran no Miño, e que onte chegaban a igualar o máximo histórico. | A galega Marta Lois será a portavoz parlamentaria de Sumar no Congreso. Lois é deputada electa pola Coruña e persoa da máxima confianza de Yolanda Díaz. | O Celta afronta o comezo da competición ligueira que estará marcada polo seu centenario. Un festexo coa afección, pero tamén unha oportunidade para... aumentar o 'impacto da súa marca'. 09-08-23

A cidade de Ourense, e todo o val do Miño, están en 'alerta laranxa' por calor, que pode superar os 41 graos. Os traballadores en exteriores, os máis afectados, no día máis caloroso no que vai de verán. | Galicia, Asturias e Cantabria, son cada vez máis atractivas para os que foxen da calor extrema. | 15 praias galegas están pechadas ó bañó pola presenza nas súas augas de materia fecal procedente de verteduras. A última en pecharse foi, esta fin de semana, a de Rodeira, en Cangas. | As propostas máis destacadas do cómic actual volven á Coruña, na nova edición de Viñetas dende o Atlántico, que inclue exposicións e un ciclo de cine. 08-08-23

 As altas presións continúan tendo a Galicia no seu radio de acción, e as baixas intensifican a entrada de aire cálido. Ceos pouco nubrados ou despexados, pero nas últimas horas da tarde entrarán néboas costeiras polo sur das Rías Baixas. As temperaturas seguen a ascender, por riba dos 35ºgraos en moitas comarcas do interior. 08-08-23

Galicia estase a ver afectada desta volta pola vaga de calor que cobre boa parte da Península por terceira vez no que vai da temporada. | | Detido un home que vendía ilegalmente medicamentos con efectos abortivos, a través das redes sociais e portais de anuncios. | Ascenden a 15 as praias pechadas ao baño en Galicia pola presenza de bacterias procedentes de verteduras de materia fecal. | O artista cubano David Planas, presenta a sua obra en Santiago. Con pequenas pezas de Lego, papeis de periódico, xoguetes, poesías e anacos de plásticos evoca o xogo, a infancia e a tradición. 08-08-23

 Buscar a sombra á beira do río, un plan recomendable no día máis caloroso do verán en Ourense, onde está activada a "alerta laranxa", con previsión de chegar ós 41 graos. | . | A calor provoca nas vacas unha diminucion de producion de leite, problema que se engade a outros, como o seren menos fértiles. Moitos gandeiros instalan sistemas de refrixeración nas granxas. | A poboación de Galicia superou a cifra de 2´7 millóns de pesoas, tras gañar máis de 6.000 habitantes no último ano. 08-08-23