Luis Menor é xa o novo presidente da deputación de Ourense. O pacto do Partido Popular con Democracia OUrensana fixo posible a designación, que pon fin a 33 anos de desempeño do cargo pola familia Baltar. // Dispositivo policial sen precedentes para a celebración do cumio de ministros de pesca da Unión Europea que ten lugar en Vigo ata mañá. // A pouco máis dunha semana para o día do Apóstolo, Santiago de Compostela xa está ateigada de turistas e peregrinos. Ata o día grande, o 25 de xullo, espérase aínda a chegada de 20.000 camiñantes máis. A ocupación hoteleira ronda xa o 80%. 17-07-2023
Chega unha borrasca ao oeste de Irlanda que deixa chuvascos na segunda metade do día e que continuarán mañá pola mañá. O domingo recupera influencia o anticiclón. Todo iso ademais acompañado dunha baixada das temperaturas. 14-07-2023
As oficinas de Correos ofrece esta fin de semana un horario especial para atender a demanda do voto por correo, logo de pechar o prazo con 146.000 solicitudes en Galicia. // A familia de Déborah Fernández di que non pode máis, ante a falta de avances na investigación. Pide en Vigo, onde vivía a moza que foi atopada morta hai 21 anos no Rosal, que non se prorrogue a instrución e o caso sexa sobreseído. // Cociñar sen electricidade nin gas, usando exclusivamente a calor do sol. É o que demostran especialistas de todo o mundo reunidos na Coruña, con fornos e cociñas fabricadas con materiais reciclados. 14-07-2023
Un total de 146.000 persoas solicitaron en Galicia o voto por correo para as eleccións do 23 de xuño. Cifras de récord que triplican as dos anteriores comicios. // A familia de Déborah Fernández pide en Vigo, onde vivía a moza que foi atopada morta hai 21 anos no Rosal, que non se prorrogue a instrución e o caso sexa sobreseído. // Cociñar sen electricidade nin gas, usando exclusivamente a calor do sol. É o que demostran especialistas de todo o mundo reunidos na Coruña, con fornos e cociñas fabricadas con materiais reciclados. // Arranca o Concurso de Salto Internacional da Coruña, no centro hípico de Casas Novas, que nesta ocasión formará parte do circuito hípico máis importante do mundo. 14-07-2023
Colas, sobre todo en lugares de veraneo, para entregar o voto por correo, logo de pechar o prazo con 146.000 solicitudes en Galicia. As oficinas prepáranse para unha fin de semana con horario especial. Hoxe abrirán ata ás dez da noite. // A familia de Déborah Fernández , a moza de Vigo que apareceu morta no Rosal hai vinteún anos, pediu ao xulgado o sobresemento provisional da causa, se se entende que non hai elementos para abrir o procedemento do xurado. // Arranca Portamérica, festival que une ritmo e cociña, na antiga azucreira de Portas. Hoxe o prato forte: un cartel no que figuran Jorge Drexler, Sebastián Yatra ou Nicki Nicole. 14-07-2023
Remata o prazo para solicitar o voto por correo para as eleccións xerais do 23 de xullo. Moitos aproveitan o último momento para pedilo e saír de dúbidas no caso de imprevistos no día da xornada electoral. // A Xunta concede as Medallas de Ouro de Galicia deste ano a tres figuras destacadas da música: Juan Pardo, un dos artistas emblemáticos dos anos 60 e 70, a cantante Luz Casal, e o gaiteiro Carlos Núñez. // Falece un dos feridos no accidente de Recimil, en Lugo. Con él son xa dous os mortos na colisión dun tren cun turismo nun paso a nivel sen barreiras. 13-07-2023
Néboas matinais en comarcas do interior. As temperaturas soben. As máximas oscilarán entre os 24 graos previstos na Coruña aos 33 de Ourense. Lugo e Pontevedra rondarán os 28 graos. 13-07-2023
Remata o prazo para pedir o voto por Correo. As oficinas amplían o horario de atención, e anuncian que estarán abertas nas principais cidades o sábado e o domingo para facilitar esta modalidade de voto, que xa batíu records con con máis de 100.000 solicitudes en Galicia. // A Xunta concede as Medallas de Ouro de Galicia deste ano a tres figuras destacadas da música: Juan Pardo, un dos artistas emblemáticos dos anos 60 e 70, a cantante Luz Casal, e o gaiteiro Carlos Núñez. // Os bombeiros comarcais, en folga indefinida, recorren as rúas de Santiago para reclaman unha equiparación das suas condicións laborais en toda Galicia. // Unha exposición reproduce en Santiago as vestimentas e oficios tradicionais retratados pola norteamericana Ruth Matilda Anderson nas suas viaxes a Galicia hai un século. 13-07-2023
Último día para pedir o voto por Correo. As oficinas amplían o horario de atención e anuncian que estarán abertas nas principais cidades o sábado e o domingo para facilitar esta modalidade de voto. // Falece un dos feridos no accidente de Recimil, en Lugo. Con él son xa dous os mortos na colisión dun tren cun turismo nun paso a nivel sen barreiras. // Unha exposición reproduce en Santiago as vestimentas e oficios tradicionais retratados pola norteamericana Ruth Matilda Anderson nas suas viaxes a Galicia hai un século. 13-07-2023
Chuvias na metade norte durante boa parte da mañá, e ceos con nubes e máis claros canto máis ao sur. As temperaturas, algo máis baixas, con máximas que rondarán os 25ºC en cidades coma Lugo e Pontevedra, e ata 30 en Ourense. 12-07-2023
Un home de 21 anos e a vítima mortal do accidente ocorrido en Lugo ao ser embestido o vehículo que ocupaba por un tren de pasaxeiros. Con él iban outros dous compañeiros que resultaron grávemente feridos. // O IPC confirma a sua moderación, e queda no 1´5 por cento en Galicia no mes de xuño. Un dato propiciado polas baixadas na vivenda e o transporte, e que contrasta coa suba do prezo dos alimentos.// Novo episodio de mortandade de marisco, no banco da Canteira, na Illa de Arousa. As mariscadoras sospeitan que a causa podería está relacionada co aumento da temperatura da auga da Ría. 12-07-2023
Accidente mortal en Lugo ao ser embestido un coche por un tren de pasaxeiros. Falece un ocupante do vehículo, de 21 anos, e outros dous resultaron grávemente feridos. Trátase de traballadores de Adif na mellora das obra da vía. // O IPC confirma a sua moderación, e queda no 1´5 por cento en Galicia no mes de xuño. Un dato propiciado polas baixadas na vivenda e o transporte, e que contrasta coa suba do prezo dos alimentos. // Novo episodio de mortandade de marisco, rexistrado no banco da Canteira, na Illa de Arousa. As mariscadoras sospeitan que a causa podería está relacionada co aumento da temperatura da auga da Ría // O Buque Escola Juan Sebastián Elcano, recibido en Marín, tras seis meses de navegación, cos 74 gardamarinas que realizaron o cruceiro de instrucción por distintos portos americanos. 12-07-2023
Un morto e dous feridos graves ao colidir o coche que ocupaban cun tren nun paso a nivel sen barreira. Ocorreu pouco antes das dez da mañá, no barrio de Recimil, en Lugo. O falecido é un mozo de 21 anos, veciño de León. Os pasaxeiros do tren non sofriron danos. // O dato consolidado do IPC de xuño, feito público hoxe polo INE, confirma a moderación dos prezos. En Galicia a cifra é do 1´5%, catro décimas inferior a media de España. // Ortigueira está xa convertida en capital mundial do folk pola celebración do festival Celta, declarado de Interese Turístico Internacional, con máis de 200 artistas de 45 formacións. 12-07-2023
Miles de romeiros ateigan o Mosteiro de Lérez, para cumprir coas tradicións do aceite milagreiro e pasar baixo o altar de San Benitiño. É a festividade en Pontevedra, que remata coa popular mexilloada na praia fluvial. //A campaña electoral céntrase hoxe nas reaccións ao debate ente Pedro Sánchez e Núñez Feijóo, no que non faltaron referencias a asuntos relacionados con Galicia. // E hoxe coñecemos como será a votación das persoas invidentes. Mediante Sobres coas candidaturas indicadas en Braille. É o kit de voto accesible presentado hoxe na delegación da ONCE na Coruña para facilitar a participación nos comicios do 23 de xullo. // Xuízo, en Vigo, a unha muller, acusada de administrarlle medicamentos opiáceos a sua filla de curta idade. 11-07-2023
Día de ceos nubrados e mesmo algúns orballos. Máis claros canto máis ao sur e no interior. Os termómetros roldan os 25 graos en moitos puntos. En Vigo ou na Coruña quedan mesmo por baixo desa cifra e só en Ourense agardamos uns 30 graos de máxima. 11-07-2023
A campaña electoral céntrase hoxe nas reaccións ao debate ente Pedro Sánches e Núñez Feijóo, no que non faltaron referencias a asuntos relacionados con Galicia. Os candidatos contrastaron datos sobre o endebedamento da Xunta, a política de vivenda, o rescate das caixas ou as peaxes da AP-9. // 11 de xullo, día festivo en Pontevedra. O Mosteiro de Lérez atéigase de romeiros para honrar a San Benitiño, coñecido coma o santo milagreiro que cura verrugas e outros problemas da pel. Moito ambiente tamén na mexilloada popular que se celebra na praia fluvial, á outra beira do río. 11-07-2023
Sobres coas candidaturas indicadas en Braille. É o kit de voto accesible presentado hoxe na delegación da ONCE na Coruña para facilitar a participación das persoas invidentes nos comicios do 23 de xullo. Pode solicitarse por vía telefónica. // Galicia líbrase da vaga de calor que sofre gran parte de España e que pon hoxe en alerta a trece comunidades por temperaturas que chegarán aos 43 graos. // Varios asuntos de Galicia coáronse no debate cara a cara televisivo entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo. 11-07-2023
Remata en Sabucedo a celebración da Rapa das Bestas, o combate corpo a corpo entre home e animal. Este ano coa reivindicación por parte dos aloitadores en contra dos catro parques eólicos proxectados na zona. // Cheo absoluto en Santiago, esta fin de semana, grazas ao concerto de Robbie Williams no Gozo Fest, con máis de 2.000 compostelas entregadas nun so día. As cifras auguran unha excelente campaña estival e sorprenden mesmo ao propio sector. // Loito no mundo do fútbol polo pasamento de Luis Suárez. O mítico xogador coruñés falecido aos 88 anos en Milán, a cidade donde gañou dúas copas de europa. // Homenaxe a Valle Inclán na sua localidade natal de Vilanova de Arousa co Festivalle, o certame teatral que arranca hoxe cunha montaxe musical, interpretada por Pedro Casablanc. 10-07-2023
Cheo absoluto en Santiago, esta fin de semana, grazas ao concerto de Robbie Williams no Gozo Fest, con máis de 2.000 compostelas entregadas nun so día. As cifras auguran unha excelente campaña estival e sorprenden mesmo ao propio sector. // Con motivo do centenario do Celta, o equipo celeste vén de ter unha audiencia privada no Vaticano co Papa. O Pontífice afirmou sentirse próximo ao clube polos lazos que unen Galicia e Arxentina. // Homenaxe a Valle Inclán na sua localidade natal de Vilanova de Arousa co Festivalle, o certame teatral que arranca hoxe cunha montaxe musical, interpretada por Pedro Casablanc. 10-07-2023
A semana comeza con suba notable das temperaturas. As máis altas nas provincias do interior sobre os 30 graos, o redor dos 25 pola costa. Polo demais día de ceos despexados. Pola tarde poderan entrar algunhas néboas no litoral atlántico. 10-07-2023