Cobrar a cada turista entre 50 céntimos e 2 euros e medio por día, segundo o tipo de establecemento no que se aloxe. É a taxa que o Concello de Santiago que implantar canto antes, igual que fan xa outras cidades. | O presidente da Xunta advirte que está disposto a enfrontarse incluso contra o seu propio partido se se condona a débeda doutras comunidades. O BNG di que reclamará compensacións para Galicia nese caso. | A autoridade portuaria de Vigo pidelle unha rectificación a National Georgaphic por asegurar nun documental que é "o maior porto de pesca ilegal de toda Europa". | Preocupación entre os mariñeiros pola caída das capturas de polbo nas rías, de ata un 70 por cento, respecto á campaña anterior 07-08-23
Influencia das altas presións, centradas ao norte da Península, e chegada dunha masa de aire cálido desde o Sur. Ceo pouco nubrado ou despexado, con algún intervalo de nubes baixas no extremo norte. As temperaturas ascenden de xeito moderado, ata rozar os 30 graos en localidades como Santiago, con máxima de 38 en Ourense. 07-08-23
O Concello de Santiago pídelle á Xunta que autorice implantar unha taxa turística na cidade e canto antes. Dependendo do tipo de establacemento, os turistas terían que pagar entre 50 céntimos e 2 euros, máis por cada día. | Esta vez Galicia non vai quedar á marxe dun episodio de calor extrema, con máximas que poden chegar a superar os 40 graos no interior. | A autoridade portuaria de Vigo pidelle unha rectificación a National Georgaphic por asegurar nun documental que é "o maior porto de pesca ilegal de toda Europa". | Preocupación entre os mariñeiros pola caída das capturas de polbo nas rías, de ata un 70 por cento, respecto á campaña anterior. | 07-08-23
Preocupación entre os mariñeiros pola caída das capturas de polbo nas rías, de ata un 70 por cento, respecto á campaña anterior. Unha escaseza que dispara os prezos, por riba dos 20 euros a ración. | Prisión provisional e sen fianza para o home acusado de matar a un veciño de 82 anos en Samos e ferir gravemente a muller deste, que hospitalizada, aínda que fora de perigo. | A Festa do albariño de Cambados pechou edición con gran éxito de participación. Onte, no día grande, foron nomeadas novas Damas e Cabaleiros. 07-08-23
Detido en Samos un home acusado de atacar a coiteladas aos seus veciños, un home de 82 anos que morreu e unha muller, de 73, ferida grave. O detido mantiña desavenencias cos veciños e tiñaos ameazado con anterioridade. | Os hosteleiros de Santiago prevén unha ocupación do 82 % para o mes de agosto, un 10 % por riba das cifras acadadas ano pasado. | A prestixiosa guía Peñín escolle un godello da denominación de orixe Valdeorras entre os doce mellores viños de España. | O Marisquiño, o festival de deportes e cultura urbana de Vigo, avanza na montaxe dos escenarios, que este ano estarán principalmente na praia de Samil. 04-08-2023
Morte a coiteladas dun veciño de 82 anos, e ferida grave unha muller, de 73. Ocorreu no lugar de Lamas, da parroquia de San Mamede de Samos. | Hostalaría de Compostela prevé unha ocupación hoteleira do 82% para o mes de agosto. | A illa de Ons colga o cartel de completo durante os primeiros días do mes de agosto. | A prestixiosa guía Peñín escolle un godello da denominación de orixe Valdeorras entre os doce mellores viños de España. | O Marisquiño, o festival de deportes e cultura urbana de Vigo, avanza na montaxe dos escenarios, que este ano estarán principalmente na praia de Samil. 04-08-2023
Ceos practicamente despexados en toda a comunidade. As máximas andan arredor dos 29 graos en Ourense e non pasan dos 22 en Santiago e Ferrol. Mañá os termómetros soben ata os 33 graos en Ourense e chegarán aos 34 o domingo. 04-08-2023
Un home foi detido en Samos, como autor da morte a coiteladas dun veciño de 82 anos, e de causar graves feridas á muller deste, de 73, que permanece ingresada no Hospital Clínico de Lugo. | Novo impulso á loita contra a violencia de xénero, co acordo entre a Xunta e a Federación de mulleres rurais. | O museo da Casa da Troia cumpre trinta anos recreando a vida estudantil de Santiago inmortalizada pola novela de Alejandro Pérez Lugín. | Longas colas en Vigo para facerse cunha entrada para o concerto de Bad Gyal do vindeiro xoves. Moitos optaron por pasar a noite para non quedar sen o seu pase. 04-08-2023
Ambiente lúdico, música, gastronomía e sobre todo casetas para degustar os viños producidos nas distintas zonas da denominación de orixe Rías Baixas. É a festa do Albariño, que arranca en Cambados. | O acordo do Sergas para aboar o complemento específico aos médicos que compaxinen o traballo na Sanidade Pública coa Privada provoca o rexeitamento da CIG. | A cifra de turistas estranxeiros en Galicia non para de medrar. No primeiro semestre deste ano chegou un 30 por cento mais. O Camiño é o principal atractivo para os estranxeiros.03-08-23
Degustar as máis de 160 marcas dos viños producidos nas distintas zonas da denominación de orixe Rías Baixas. É o principal reclamo da festa do Albariño, que arranca en Cambados. | O presidente da Xunta propón unha fronte común entre comunidades para evitar que se condone a débeda de Cataluña a cambio do apoio dos grupos independentistas a Pedro Sánchez. | Representantes do sector pesqueiro de Galicia, Asturias e Canarias presentan unha demanda ante o Tribunal Supremo contra a tramitación do plan para implantar parques eólicos no litoral. | Orquestras de verbena, de longa tradición volven cada verán e están a desatar un auténtico fenómeno de fans. Comprobamos cal e a fórmula dun éxito que vai a máis nos últimos anos. 03-08-23
Xornada de transición cara ás altas presións. Así, os ceos alternan nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade norte e con apertura de grandes claros á tarde no sur. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, con máximas que non superarán os 21 graos en Santiago e que chegarán ata 27 en Ourense. 03-08-23
A Festa do Albariño, unha das principais citas no calendario turístico galego, Prevé unha afluencia de 150.000 visitantes ata domingo. | O presidente da Xunta propón unha fronte común entre comunidades para evitar que se condone a débeda de Cataluña a cambio do apoio dos grupos independentistas a Pedro Sánchez. | Representantes do sector pesqueiro presentan unha demanda contra o plan para implantar parques eólicos no litoral. | As orquestras de verán, un fenómeno de masas que pon en relevancia a súa importancia todos os veráns. | A falta de sono é un problema máis frecuente no verán. Entre as posibles solucións, recorrer a colchóns personalizados 03-08-23
Xullo marca un record con 11.000 novas contratacións, e o número total de parados na nosa comunidade chega ao mínimo histórico de 130.000 persoas. O turismo e a hostalaría seguen a ser os principais motores do emprego. | O BNG non permitirá un goberno da dereita, pero tampouco, dixo estar disposto a dar un cheque en branco a Pedro Sánchez. | Con base en Vigo, un equipo formado por cinco persoas e un helicóptero forman parte do dispositivo de medios aéreos da Policia Nacional para a campaña de verán. | Lionel Scaloni. A lenda dos tempos do superdepor, agora adestrador da selección gañadora do Mundial, vestiu de novo, en Riazor a camiseta branquizaul. Despois, baño de masas na praza de Maria Pita. 02-08-2023
As baixas presións traen unha fronte fría. Tras unha mañá de ceos cubertos e con chuvias, que circularon de oeste a leste, a partir do mediodía abren claros e as precipitacións dan unha pausa. As temperaturas mínimas acadaranse ao final do día e as máximas sufrirán un lixeiro ou moderado descenso. 02-08-2023
O paro volve baixar por sexto mes consecutivo en Galicia reducindo o número de parados por debaixo dos cento trinta mil. | O BNG non permitirá un goberno da dereita, pero tampouco, dixo estar disposto a dar un cheque en branco a Pedro Sánchez | Yolanda Díaz lanza a proposta de permitir o uso das linguas cooficiais na cámara Baixa. | A Audiencia Nacional decreta prisión provisional para os 12 primeiros detidos en augas de Cabo Verde cando transportaban cocaína en dirección á costa galega. | Un equipo formado por cinco persoas e un helicóptero forman parte do dispositivo de medios aéreos da Policia Nacional para a campaña de verán. 02-08-2023
Lionel Scaloni. A lenda dos tempos do superdepor, agora adestrador da selección gañadora do Mundial, visitou Riazor, donde vestiu de novo a camiseta branquizaul. | A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos e o Sergas asinan un preacordo para que os facultativos que compatibilizan o seu traballo na sanidade pública coa privada perciban tamén o complemento específico. | A música da banda británica The New Master-sounds soará esta tarde noite en Lugo no pub Ho Gruf. O local situado no Campo Castelo cumpre dez anos e celébrao con este grupo que se atopa no Top 3 Internacional de funk-groove. 02-08-2023
O Rei Xoán Carlos Viaxa cara a Abu Dabi, logo de sair esta mañá do aeroporto vigués de Peinador. Antes deixou constar a súa intención de volver pronto. | O número de turistas chegados a Galicia vai camiño de superar o record acadado o ano pasado, que foron 6 millóns e medio de persoas. Así o indican as cifras da Xunta e tamén as do INE, que confirman un aumento das pernoctacións en apartamentos turísticos. | O portal de Internet Destinia indica que as reservas para estas datas están na nosa comunidade un nove por cento por riba do habitual. | A fachada principal da Catedral de Ourense luce un novo aspectro tras as obras de restauración que permitiron sacar á luz os anxos de pedra semiocultos por unha vidreira dende hai máis de cincocentos anos 02-08-23
Comezamos o mes de agosto baixo a influencia dos ventos de compoñente oeste, que traen aire húmido. Predominan as nubes baixas, con orballos máis probables na franxa atlántica durante a mañá. A partir do mediodía abriranse grandes claros e pola noite volverán as nubes e os orballos. As temperaturas mínimas ascenden, mentres as máximas descenden no litoral oeste. 02-08-23
O Rei Xoán Carlos Viaxa cara a Abu Dabi, logo de sair esta mañá do aeroporto vigués de Peinador. | O número de turistas chegados a Galicia vai camiño de superar o record acadado o ano pasado, que foron 6 millóns e medio de persoas. | Os concellos socialistas rebélanse contra o incremento do canon da auga establecido pola Xunta. | A restauración da Catedral de Ourense permiten sacar á luz as esculturas duns anxos de pedra que estaban semiocultas por unha vidreira dende hai máis de cincocentos anos. 02-08-23
O Rei Xoán Carlos Viaxa xa cara a Abu Dabi, logo de sair esta mañá do aeroporto vigués de Peinador. Antes amosou o seu agradecemento pola estadía dende o pasado mércores en Sanxenxo | As pernoctacións en campings e vivendas turísticas aumentan, tamén en Galicia. Así o indican os datos do Instituto Nacional de Estatística referidos ao mes de xuño e publicados hoxe. | As últimas obras de restauración da Catedral de Ourense sacan á luz as esculturas duns anxos de pedra que estaban semiocultas por unha vidreira dende hai máis de cincocentos anos. 02-08-23