Santiago acada o cheo total, esta fin de semana. Os hoteis chegaron ao 99 % de ocupación, neste arranque de xullo, con máis de 2.000 compostelas entregadas nun so día. // Loito no fútbol galego polo pasamento de Luis Suárez Miramontes. O mítico xogador coruñés faleceu aos 88 anos de idade en Milán, cidade donde se consagrou como xogador no Inter gañando dúas copas de europa. // terceiro e último curro da Rapa das Bestas de Sabucedo. Miles de persoas acudiron durante toda a fin de semana ata a Estrada para presenciar este rito ancestral. Os aloitadores desparasitaron as bestas e reivindicaron nas súas camisetas a ameaza dos futuros parque eólicos na zona. 10-07-2023
Chuvia ao final do día e durante a mañá do sábado. De momento hoxe os ceos están despexados con máis nubes polo oeste e as temperaturas manteñense sen cambios. Mañá si baixaran algo e xa a partir do domingo volve o tempo anticiclónico. 07-07-2023
Conmoción polo tráxico suceso ocorrido no Porriño, o falecemento du neno de dous anos, esquecido, por un despiste fatal, dentro dun coche ao sol durante seis horas //A campaña para as eleccións xerais arranca, xa oficialmente, co PP buscando, dende Ferrol, unha vitoria que lle permita gobernar en solitairo. Os socialistas piden o voto dende o seu principal bastión electoral de Vigo. O BNG apunta, en Santiago, a lograr un salto na sua representación en Madrid. // A folga dos traballadores do metal da provincia de Pontevedra convértese en indefinida. Os sindicatos presionan así á patronal, logo dunha nova xornada de protestas que acabou cun detido por resistencia e desobediencia. 07-07-2023
No Porriño, a conmoción invade aos veciños pola morte dun bebé de dous anos, que quedou dentro do coche, no aparcamento ao aire libre da planta farmacéutica onde traballa a sua nai. O esquecemento non foi descuberto ata horas despois. // A folga dos traballadores do metal da provincia de Pontevedra convértese en indefinida. Os sindicatos presionan así á patronal, logo dunha nova xornada de protestas que acabou cun detido por resistencia e desobediencia. // Xa coñecemos o himno do Centenario do Celta, composto por C.Tangana. O artista asumiu o reto como homenaxe ao seu pai, vigués e celtista, baseandose na música tradicional galega. O resultado descoloca aos que o escoitan por primeira vez. 07-07-2023
Conmoción polo tráxico suceso ocorrido no Porriño, o falecemento du neno de dous anos, esquecido, por un despiste fatal, dentro dun coche ao sol durante seis horas. // O PP de G comenzou a campaña en Ferrol, onde nas municipais gañaron con maioría absoluta. Ven na cidade o epicentro da vitoria electoral que agardan trasladar ao Goberno de España. // O cabeza de lista do PSOE ao Congreso por Lugo pide aos cidadáns que paren co seu voto a ultradereita que representa Feijóo con Abascal. // O BNG abriu a campaña no lugar onde comezou a das locais, que deron a alcaldía de Santiago ó Bloque, e apunta a lograr grupo parlamentario no Congreso. 07-07-2023
Día de nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco illado pola tarde. As temperaturas máximas rondan os 27 graos en Pontevedra e Lugo, ata os 31 chegan en Ourense. Mentres na Coruña apenas pasan dos 23. 06-07-2023
Carga policial na protesta dos traballadores do Metal fronte a factoría de Stellantis en Vigo. Remataba así a mobilización polas rúas da cidade na quinta xornada de folga, do sector da provincia de Pontevedra, mentres se mantén o bloqueo da negociación entre sindicatos e a patronal. // A campaña electoral arranca en Galician, a poucas horas do comenzo oficial, coa visita de Alberto Núñez Feijóo a sua localidade natal dos Peares, onde suliñou as suas orixes como rapaz de aldea. // Constituída a nova Deputación de Pontevedra, a única das catro galegas que cambia de cor política. Luis López, do Partido Popular,é xa o novo presidente. 06-07-2023
Carga policial na protesta dos traballadores do Metal fronte a factoría de Stellantis en Vigo, na quinta xornada de folga, mentres se mantén o bloqueo da negociación entre sindicatos e a patronal. // A campaña electoral arranca en Galician, a poucas horas do comenzo oficial, coa visita de Alberto Núñez Feijóo a sua localidade natal dos Peares, onde suliñou as suas orixes como rapaz de aldea. // Constituída a nova Deputación de Pontevedra, a única das catro galegas que cambia de cor política. Luis López, do Partido Popular,é xa o novo presidente. // Un coloso de 1.700 toneladas e 85 metros de eslora. É o novo buque insignia do Instituto Español de Oceanografía. O Odón de Buen, botado en Vigo, navega xa para converterse en referente da bioloxía mariña en todo o mundo. 06-07-2023
O novo buque insignia do Instituto Español de Oceanografía, o Odón de Buen, bautizado así en homenaxe ao fundador do organismo e pioneiro na investigación dos mares, navega xa dende Vigo. // Folga no sector das ambulancias en demanda de melloras laborais para os preto de dous mil traballadores que prestan este servizo en Galicia. // Esta medianoite arranca oficialmente a campaña electoral. O candidato do PP á presidencia do goberno, Alberto Núñez Feijóo, comezouna esta mañá na súa aldea natal dos Peares. Socialistas e nacionalistas tamén protagonizaron actos nas horas previas ó comezo da campaña. 06-07-2023
A crise sanitaria pola Covid remata oficialmente ao deixar de ser obrigatorio usar máscara para entrar á farmacia, aos centros de saúde, hospitais ou centros sociosanitarios. Ás portas atopamos hoxe a quen, por prudencia, aínda se resiste a aparcala. // Galicia é a comunidade cos tempos de espera máis longos para renovar o DNI. Segundo un estudo da Asociación Española de Consumidores, o prazo é de ata 56 días nas oficinas de cidades como Vigo e Santiago. // Longas ringleiras de universitarios que buscan piso para alugar ás portas das inmobiliarias en Santiago. A imaxe comeza a ser habitual a primeiros de xullo. Os estudantes quéixanse pola escasa oferta, e o mal estado dos apartamentos. 05-07-2023
Probabilidade de chuvia pola tarde por nubes de evolución, máis compactas pola mañá na metade norte con algúns orballos en puntos do litoral da Coruña. As temperaturas continuan sen cambios. 05-07-2023
Remate oficial da crise sanitaria pola Covid, coa fin da obrigatoriedade da máscara en hospitais farmacias e centros de saúde. // A política galega entra de cheo en clave electoral. No Parlamento, o BNG reclama que Núñez Feijóo dea conta do seu incremento de patrimonio e os socialistas cuestionan a sua relación con Vox. Rueda di que o principal reto para Galicia é acabar co sanchismo. // Ringleiras de universitarios que buscan piso para alugar, ás portas das inmobiliarias en Santiago. Quéixanse pola escasa oferta, e o mal estado dos apartamentos. 05-07-2023
Primeiro día sen máscara obrigatoria nos centros de saude, hospitais e farmacias. É o remate oficial das medidas de prevención que se foron adoptando dende marzo de 2020. // O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, ocupará o cargo de presidente da Deputación de Ourense. Así o confirmou a dirección provincial do PP, Trala renuncia anunciada de Manuel Baltar a continuar. // Aumenta a preocupación entre os expertos en tabaquismo polo uso de vapeadores entre nenos e adolescentes. As formas e os sabores exóticos que presentan os cigarros eléctronicos atraen cada vez a un público máis novo. 05-07-2023
Continuan a descender as temperaturas. Nos ceos alternan nubes e claros con posibilidade de brétemas costeiras. Día máis fresco con termómetros que en xeral non pasarán dos 25 graos, agás en Ourense onde rondarán os 30. 04-07-2023
O paro rexistrado baixa en case 5.500 persoas en Galicia no mes de xuño, grazas, sobre todo, ao impulso do sector servizos. A seguridade social suma máis de 8.000 novos afiliados. // A nova lei autonómica do litoral foi aprobada hoxe no Parlamento cos votos do Partido Popular. Establece a xestión por parte da Xunta das competencias no espazo marítimo terrestre e pretende regularizar varios miles de inmobles situados na beiramar. // Rematada a veda, un dos reis da gastronomía galega, o polbo fresco da ría, volve aos mercados, con capturas frouxas e prezos entre os seis e os doce euros o quilo de media nas lonxas. 04-07-2023
O paro rexistra unha nova baixada, con aumento de contratos indefinidos. A Cifra total de persoas desempregadas en Galicia sitúase en 130.000, o mínimo da serie histórica. // A nova lei autonómica do litoral foi aprobada hoxe no Parlamento cos votos do Partido Popular. Establece a xestión por parte da Xunta das competencias no espazo marítimo terrestre e pretende regularizar varios miles de inmobles situados na beiramar. Contou coa abstención do BNG e os Socialistas. // Estados Unidos lidera este ano o ranquin de paises estranxeiros con máis peregrinos a Santiago. A embaixadora percorre un tramo do Camiño con alumnos universitarios de Miami e Nova York que participan nun programa para fomentar a diversidade cultural. 04-07-2023
O paro rexistrado baixa en case 5.500 persoas en Galicia no mes de xuño, grazas, sobre todo, ao impulso do sector servizos. A seguridade social suma máis de 8.000 novos afiliados. // O Parlamento aproba a Lei de ordenación e xestión do litoral, so cos votos a favor do Partido Popular. A nova norma supón que a Xunta asume competencias en materia de beiramar que o Goberno Central reclamaba como propias. // Cúmprense dous anos do crime de Samuel Luiz, o mozo da Coruña que faleceu a consecuencia dunha malleira durante unha noite de festa. Cinco persoas serán xulgadas por este caso, mentres dous menores foron xa condenados por asasinato. 04-07-2023
Ceos máis despexados polo sur, con máis nubes no terzo norte onde se poden rexistrar algúns orballos. As temperaturas descenden lixeiramente. As máximas oscilan entre os 21 graos da Coruña aos 32 de Ourense. 03-07-2023
O sector da construción da provincia de Pontevedra estrea a xornada intensiva, que ten como remate as catro da tarde, para evitar o traballo nas horas de calor abafante. // Os partidos intensifican a sua actividade previa o arranque da campaña das eleccións xerais. Os populares confían en acadar unha maoiría de goberno, mentres os socialistas buscan recuperar apoios perdidos nas municipais e o BNG aspira a conseguir por vez primeira grupo parlamentario propio. // Rafa Benítez está xa ao cargo do posto de novo adestrador do Celta. Aposta de altura para o banco vigués, cun técnico que estivo á fronte de equipos como o Real Madrid, Chelsea ou Inter de Milán. 03-07-2023
A Garda Civil acompaña á parella de turistas chegados en tractor dende Suíza a un camping en Bergondo, onde o seu vehículo quedará inmobilizado. O motivo: que as normas de tráfico non permiten circular a unha caravana remolcada por un tractor agrícola. Eles din que teñen toda a documentación en regra. //O sector da construción da provincia de Pontevedra estrean hoxe novo horario, exclusivo para o mes de xullo, que ten como hora de remate as catro da tarde. Unha xornada intensiva, concibida para evitar prolongar o traballo nas tardes de calor abafante. // O Consello de Cultura Galega celebra o 40 aniversario da sua creación, e fai repaso a evolución dos hábitos culturais neste tempo, aumento do índice de lectura e recorte do gasto por parte das administracións. 03-07-2023