Mantense a situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con bancos de néboa no interior e brétemas costeiras, que se irán disipando para quedar cos ceos pouco nubrados, Á noite entrarán as nubes medias polo sur, con probabilidade dalgún chuvasco treboento na provincia de Ourense. As temperaturas, con lixeiros ascensos na metade sur, e moderado descenso das máximas no terzo norte
Naufraxio dun palagreiro galego en augas próximas ás Illas Fiyi, no Pacífico, que se salda cos 19 tripulantes a salvo. O barco permanece escorado, tras sufrir unha colisión cun banco de area que lle provocou unha vía de auga | O Ministro do Interior estivo hoxe en Pontevedra.... onde presidíu a entrega dos galardóns do Plan director para a convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, que distinguiron, entre outros, ao Colexio Toural de Vilaboa | O investigador coruñés Cesar de la Fuente, pioneiro en empregar a Intelixencia Artificial para combater as superbacterias, consideradas un dos principais desafíos para o futuro da humanidade. Afincado na universidade de Pensilvania, Publica hoxe os resultados dun traballo destacado na comunidade científica internacional | A triatleta e actual campiona paralímpica Susana Rodríguez amosa, en Vigo, o seu orgullo por ser unha das nove deportistas de todo o mundo elixida pola emprega fabricante das bonecas Barbie, para celebrar o seu 65 aniversario. Quere así render tributo a mulleres que como ela vencen a cotío barreiras no deporte mundial |
Naufraxio dun palagreiro galego en augas próximas ás Illas Fiyi, no Pacífico, que se salda cos 19 tripulantes a salvo | O Ministro do Interior entrega en Pontevedra os galardóns do Plan director para a convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, que distinguiron, entre outros, ao Colexio Toural de Vilaboa | O investigador coruñés Cesar de la Fuente, publica un estudo pioneiro en empregar a Intelixencia Artificial para combater as superbacterias, consideradas un dos principais desafíos para o futuro da humanidade | A triatleta e actual campiona paralímpica Susana Rodríguez amosa, en Vigo, o seu orgullo por ser unha das nove deportistas de todo o mundo elixida pola emprega fabricante das bonecas Barbie, para celebrar o seu 65 aniversario | Comenzan hoxe en Padrón as Xornadas poéticas multilingües, coa colaboración de profesionais das letras coma o vasco Bernardo Atxaga, a galega Brenda Mondelo e a a portuguesa Andrea Faria
Os 19 tripulantes do palangreiro galego Playa Zahara Dos, que sufriu unha vía de auga no Pacífico, a salvo. Navegaban ao sur das illas Fiyi cando bateron nuns baixos e abriuse unha fenda no casco | O pleno do concello de Cambre rexeita a cuestión de confianza plantexada pola alcaldesa María Pan, trala falta de apoio dos orzamentos deste ano. Nun prazo de 30 días os grupos da oposición terán propoñer unha moción de censura para un goberno alternativo. Se non, os orzamentos quedarían aprobados | O coruñés, César de la Fuente publica hoxe unha importante investigación para rematar ca resistencia dos antibióticos a algunhas bacterias e é pioneiro na aplicación nese campo da intelixencia artificial | Comenzan hoxe en Padrón as Xornadas poéticas multilingües, coa colaboración de profesionais das letras coma o vasco Bernardo Atxaga, a galega Brenda Mondelo e a a portuguesa Andrea Faria, que renden homenaxe a Rosalía
A Xunta asegura que conta cun plan para garantir a cobertura e a calidade asistencial de todolos servizos sanitarios durante este verán, pese á escaseza de profesionais debido as vacacións. Unha situación que se complica en zonas turísticas como Sanxenxo | O Grupo Inditex da a coñecer os resultados do primeiro trimestre nos que volve a cifras históricas de beneficios. Un total de 1.294 millóns de euros, o que supón case un once por cento máis que no mes mo período do ano anterior. As vendas frearon un pouco o ritmo de aumento, que foi do 7 por cento | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto do edificio, mentres se mantén nos corredores a acampada de estudantes en solidariedade con Palestina | No día mundial do medio ambiente, moitos voluntarios, chegados dende toda Galicia, colaboran na restauración de espazos protexidos, como o ecosistema dunar de Corrubedo, un dos seis parques naturais con que conta Galicia. Unha xornada de confraternización, para arrincar prantas invasoras, e reverter danos causados pola acción humana |
As brétemas de primeira e última hora do día fan que as temperaturas baixen sobre todo polo litoral atlántico, con máximas que na Coruña ou Vigo roldarán os 21 graos. No resto, algo menos de calor pero con todo en Santiago poden chegar aos 26 graos, en lugo aos 28, e en Ourense acadar os 32. Pola tarde medrarán nubes de tronada no interior pero con pouca probabilidade de chuvias
A Xunta asegura contar cun plan para garantir a cobertura de todolos servizos sanitarios durante este verán, pese á escaseza de profesionais debido as vacacións | O Grupo Inditex da a coñecer os resultados do primeiro trimestre nos que volve a cifras históricas de beneficios. Un total de 1.294 millóns de euros, case un once por cento máis que no mes mo período do ano anterior | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto | No día mundial do medio ambiente, moitos voluntarios, chegados dende toda Galicia, colaboran na restauración de espazos protexidos, como o ecosistema dunar de Corrubedo |
A poucos días do comezo do verán, Sanidade planifica cómo cubrir ao persoal de baixa ou de vacacións e garantir a asistencia sanitaria. Unha situación que se complica en zonas turísticas, como Sanxenxo | O Grupo Inditex obtén beneficio neto de 1.294 millóns de euros no primeiro trimestre fiscal. É un 10´8 por cento máis que no mesmo período do ano pasado. Os resultados dados a coñecer hoxe recollen, en cambio un aumento das vendas do 7´1 por cento, o máis baixo dende 2019 | A biblioteca da Facultade de Historia de Santiago, obrigada a trasladar o depósito de libros, debido ás fendas aparecidas no chan. Arredor de 150.000 volumes serán ubicados provisionalmente na cafetaría e no soto do edificio, mentres sos estudantes que manteñen a acampada no interior do edificio reclaman a Universidade que rache toda relación con empresas que colaboren con Israel
Primeira xornada da ABAU que arrancaba esta mañá coa proba de lingua galega e literatura. A maioría dos participantes, pendentes de conseguir a nota de corte para acceder aos estudos desexados | O paro baixa en Galicia no mes de maio en 4.300 persoas, marcando un novo mínimo histórico. Ademáis, é a terceira comunidade onde máis descenso se produce. Ocorre en todas as provincias e en todos os sectores, sobre todo nos servizos | María Zamora, produtora do filme O Corno, galardoada co Premio Nacional de Cinematografía deste ano. O xurado valora o seu apoio ao cinema independente e arriscado. Unha nova que a colleu en Vigo onde busca localizacións para a próxima película de Carla Simón
Primeira xornada da ABAU que arrancaba esta mañá coa proba de lingua galega e literatura. A maioría dos participantes, pendentes de conseguir a nota de corte para acceder aos estudos desexados | O paro rexistrado marca no mes de maio un novo mínimo histórico: un total de 122.000 persoas sen emprego na nosa comunidade. Son 4.300 menos que o mes anterior | Comenza en Lugo o xuízo da Operación Carioca, logo de 16 anos, da macroinvestigación instruida pola xuiza Pilar de Lara | A vendas de coches en Galicia aumentaron un cinco por cento en maio, é un punto e medio máis que a media nacional, segundo os datos feitos publicos hoxe polas asociacións de fabricantes e concesionarios | A Produtora de longametraxes como O Corno ou Matria, María Zamora, galardoada co premio nacional de cinematografía deste ano |
Nova xornada de calor, cos termómetros en ascenso no interior e no norte porque se retira o nordés e entrarán ventos máis húmidos. As temperaturas oscilan entre os 24 graos de máxima prevista na Coruña, e ata 33 en Ourense. Ao final da tarde, brétemas costeiras polo litoral atlántico e nubes de evolución no interior, con posibilidade dalgún chuvasco illado
Algo máis de 13.000 alumnos comezan as probas da ABAU en Galicia, repartidos en 36 centros dunha decena de localidades, entre elas na facultade de ciencias da comunicación de Santiago | O paro rexistrado marca no mes de maio un novo mínimo histórico: un total de 122.000 persoas sen emprego na nosa comunidade. Son 4.300 menos que o mes anterior, mentres o número de afiliacións aumentou en 9.000, grazas ao forte tirón do sector servizos, especialmente a hostalaría | Comenza en Lugo o xuízo da Operación Carioca, logo de 16 anos, da macroinvestigación instruida pola xuiza Pilar de Lara. Os procesados son dous gardas civis, agora retirados, e tres homes acusados de proxenetismo, catro deles chegaron a acordos coa fiscalía para ser condenados a penas menores | A Produtora de longametraxes como O Corno ou Matria, María Zamora, galardoada co premio nacional de cinematografía deste ano. Un recoñecemento que suma aos obtidos nos festivais de San Sebastián, Berlín, e os Goya. Celebrao en Vigo, onde traballa nas localizacións da próxima película de Carla Simón. O Xurado destaca a sua aposta polas obras arriscadas e independentes |
As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano. 13.000 estudantes están convocados en Galicia, á avaliación para o acceso á Universidade que será a última co formato flexible implantado a raíz da pandemia | Un piloto vigués faleceu onte á tarde cando participaba neste festival acrobático, en Portugal. Manuel Rey coñecido como Coco, era piloto comercial, tiña 62 anos e 25 de experiencia en acrobacias aéreas | O Corpus volveu encher este domingo de alfombras florais algunhas vilas galegas, coma Ponteareas, onde se congregaron milleiros de visitantes. Foi o primeiro Corpus na vila declarado Ben de Interese Cultural
As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano | Os responsables da multinacional Altri defenden o proxecto de macrofábrica de Palas de Rei. Cualifican de falsas as acusacións dos ecoloxistas, e atribuen ás protestas á desinformación | Un piloto vigués falece cando participaba nun festival acrobático en Portugal | Facenda devolveu xa uns 300 millóns de euros correspondentes ás máis de 600.000 declaracións da renda con resultado negativo presentadas en Galicia. Dende hoxe está dispoñible a atención presencial na Axencia Tributaria | As doazóns de órganos aumentan en Galicia case un 50 pr cento no que vai de ano. Os responsables sanitarios queren lembrar mediante unha campaña en Ourense que actualmente hai ainda 80 pacientes á espera dun órgano |
Comezamos semana con suba de temperaturas. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos na Coruña e os 31 en Pontevedra e Ourense, e cos térmometros nos 27 graos en Vigo ou Santiago. Polo demais, continuamos con tempo solleiro e co nordés que sopra con forza no litoral e que hoxe será frouxo en terra.
As caixas que conteñen os exames da Abau saen do búnker da Cidade da Cultura, onde eran custodiados, cara os centros onde mañá terá lugar a primeira xornada das probas deste ano. 13.000 estudantes están convocados en Galicia, á avaliación para o acceso á Universidade que será a última co formato flexible implantado a raíz da pandemia | Un piloto vigués faleceu onte á tarde cando participaba neste festival acrobático, en Portugal. Manuel Rey coñecido como Coco, era piloto comercial, tiña 62 anos e 25 de experiencia en acrobacias aéreas | O Corpus volveu encher este domingo de alfombras florais algunhas vilas galegas, coma Ponteareas, onde se congregaron milleiros de visitantes. Foi o primeiro Corpus na vila declarado Ben de Interese Cultural
Os avións volven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora. Remata así a paralización da activiade comercial no aeroporto vigués, polas obras de reparación que dende o pasado día seis de maio obrigaron a desviar uns 700 voos a Santiago e afectaron a uns 80.000 pasaxeiros| Polémica na universidade de Santiago entre as autoridades académicas e grupos que organizan protestas en favor de Palestina. Na Facultade de Xeografía e Historia, o decanato advirte das dificultades para a actividade docente, e das deficientes condicións de seguridade que sofre o edificio, mentres continúa a acampada de estudantes|É o primeiro factor de risco de cancro que podemos evitar e mata cada ano en España unhas 63.000 persoas. No día Mundial Sen tabaco, a consellería de Sanidade chama a evitar o consumo e anuncia una lei de prevención que incidirá tamén nos vapeadores|Green Day, Arde Bogotá ou J Balvinfixeron vibrar ao Monte do Gozo na primeiraxornada do Son do Camiño. Máis de 40.000 asistentes desfrutaron dunha tarde de música e festa. Nas redes sociais non faltan hoxe críticas pola calidade do son nalgúns dos concertos. Hoxe, quenda para bandas como La Oreja de Van Gogh ou Love of Lesbian e uns dos máis agardados, os Pet Shop Boys. 31-05-2024
Os aviónsvolven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora|Aumenta a tensión na Universidade de Santiago polas protestas en favor de Palestina. O reitor suspende a sesión do consello de goberno ante a acción dun grupo de estudantes que impedía o acceso. NaFacultade de Xeografía e Historia continúa a acampada de solidariedade, mentres o decanato advirte do mal estado do edificio|No día Mundial Sen tabaco, a consellería de Sanidade chama a evitar o consumo e anuncia una lei de prevención que incidirá tamén nos vapeadores|A selección galega xoga as oito da tarde en Balaídos, un partido amigable contra Panamá. A Irmandiña regresa oito anos despoisdirixida por Diego Martínez | Green Day, Arde Bogotá ou J Balvin fan vibrar ao Monte do Gozo na primeiraxornada do Son do Camiño. Hoxe, quenda para bandas como La Oreja de Van Gogh ouLove of Lesbian e uns dos máisagardados, os Pet Shop Boys. 31-05-2024
Mantense a influencia anticiclónica con nordés con refachosfortes no costa atlántica, que seguirá toda a fin de semana. Os ceos están despexados con algunhas nubes baixasnasprimeiras e últimas horas do día. As temperaturas continuarán sen cambios ata o domingo que poderían subir lixeiramente. 31-05-2024
Os aviónsvolven aterrar e engalar na pista recén asfaltada de Peinador, con algún atraso a primeira hora. Remata o peche do aeroporto vigués, polas obras de reparación que dende o pasado día seis de maioobrigaron a desviar uns 700 voos a Santiago|A Universidade de Santiago suspende a sesión que ia celebrar o consello de goberno ante a protesta un grupo de estudantes en favor de Palestina que impedía o acceso. NaFacultade de Xeografía e Historia continúa a acampada de solidariedade, mentres o decanato advirte do mal estado do edificio| Mais de 40.000 festivaleiros desfrutaron da primeiraxornada do Son do Camiño no Monte do Gozo con algúns dos pratosfortes do cartel: Green Day, J Balvinou Arde Bogotá. Hoxe turno para os Pet Shop Boys. 31-05-2024