O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21, e que permite reducir o tempo das viaxes entre Galicia a Madrid en 15 minutos | Mañá caótica no aeroporto de Santiago, onde traballadores de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo por falta de persoal, agravada tralo peche de Peinador o pasado día 6 de maio. 8 vóos foron cancelados| A comunidade budista confía en comenzar este verán as obras para restaurar o templo ubicado no concelloourensán de San Amaro, único dedicado a esta crenza en Galicia, e que foi destruido polo lumehai tres meses. Calculan en máis de 700.000 euros o custo da rehabilitación |A intelixencia artificial como ferramenta para tratar, úlceras, queimaduras e feridas de difícil curación. É o proxecto que lidera un equipo de enfermaría da área sanitaria de Pontevedra, na súa parte clínica, con software desenvolvido no centro Gradiant de Vigo. 16-05-2024
Continuamos na influencia da borrasca situada no Cantábrico. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto. As temperaturas sen cambios significativos, quedando de novo en valores baixos para a época do ano. 16-05-2024
O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21|No aeroporto de Santiago opersoal de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo, con 8 vóos cancelados|A comunidade do único mosteiro budista de Galicia estima en máis de 700.000 euros o custe de rehabilitar o edificio que destruía un incendio hai case tres meses | O Celta, camiño da salvación, trala remondada ante o Atlectic de Bilbao. Con dous goles en tres minutos Balaídos celebrou un trunfo decisivo que mantén ao Celta a cinco puntos do descenso e seis en xogo. Foi decisivo o papel do canteirán Hugo Álvarez.16-05-2024
O tren Avril de alta velocidade chega a Coruña, co ministro Óscar Puente e o Presidente da Xunta, a bordo. É un dos aparatos de nova xeración, que entrarán en servizo comercial o próximo día 21, e que permite reducir o tempo das viaxes entre Galicia a Madrid en 15 minutos | No aeroporto de Santiago opersoal de Iberia inicia unha folga de dous días pra denunciar sobrecarga de traballo, agravada tralo peche de Peinador o pasado 6 de maio. Esta primeira xornada de folga deixa un total de 8 vóos cancelados, coincidindo coa ponte do día das Letras Galegas | A comunidade do único mosteiro budista de Galicia estima en máis de 700.000 euros o custe de rehabilitar o edificio que destruía un incendio hai case tres meses. 16-05-2024
Continuamos baixo a influencia da borrasca, nun día de intervalos nubrados e chuvascos intermitentes, localmente treboentos. Precipitacións en forma de neve en cotas superiores aos 1200 metros. As temperaturas, con lixeiros descensos, especialmente as mínimas, que acadan valores moibaixos para a época do ano. 15-05-2024
Actos de apoio á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza, convocados para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948| |O Concello da Coruña e Abanca-Deportivo chegan a un acordo sobre o uso do estadio de Riazor | Alfonso Rueda replica a Ana Pontón coa xestión dos seus socios en Cataluña, derrotados na seleccións. Taménlembra a promesa de Pedro Sánchez da gratuidade da AP-9 |Unha marca chinesa de coches eléctricos de luxo desembarca no porto de Ferrol para exportar a toda Europa. Stellantis chega a un acordo con outra compañía para comercializar modelos asequibles | na semana das letras galegas sucédense as homenaxes a Luísa Villalta. 15-05-2024
Apoio dende Galicia á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza. Distintos actos, coma este en Santiago, convocados para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948, que supuxo a fuxida de miles de palestinos dos seusfogares coa creación do estado de Israel|Polémica a conta da situación da Sanidade, na sesión de control do Parlamento, onde Alfonso Rueda replicou a Ana Pontón coa xestión dos seus socios en Cataluña, derrotados na seleccións. Tamén lembrouaos socialistas a promesa do goberno de Pedro Sánchez da gratuidade da AP-9 |Unha marca chinesa de coches eléctricos de luxo desembarca no porto de Ferrol para exportar a toda Europa. Stellantis chega a un acordo con outra compañía para comercializar modelos asequibles, a partir de setembro e non descarta fabricar vehículos chineses en plantas do grupo coma a de Vigo | na semana das letras galegas sucédense as homenaxes a Luísa Villalta. En Vigo dous artistas pintan no escaparate dunha libraría versos acompañando a sua biografía. O consello da cultura publica unha obra na que distintos autores dialogan cos textos e co legado da escritora coruñesa. 15-05-2024
Actos de apoio á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza, convocados hoxe dende Galicia para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948, que supuxo a fuxida de miles de palestinos dos seusfogares| O presidente Rueda replicaás críticas socialistas sobre bonificacións na autoestrada lembrando a promesa de Pedro Sánchez de facer gratuita a AP-9. O Bng, polasúa parte, propón que o 25% do gasto do Sergas vaia a atención primaria| Stellantis anuncia que a filial conxunta que ten co fabricante chinés Leapmotor comezará a comercializar coches eléctricos asequibles en Europa a partir de setembro|O Concello da Coruña e Abanca-Deportivo chegan a un acordo sobre o uso do estadio de Riazor. Abanca renuncia á ter a cesión por 40 anos, e quedan en 25, como quería o Concello. 15-05-2024
Os prezos soben de novo en abril, e Galicia convértese na comunidade coa maior suba, catro décimas por riba da media. Ademáis dos alimentos, hoteis, restaurantes, electricidade e vivenda tiraron para arriba o IPC | O partido popular rexeita no Parlamento a iniciativa do BNG para crear unha comisión de investigación sobre os contratos de emerxencia para compra de material sanitario feitospola Xunta durante a pandemia | Polémica na Coruña entre o Concello e o club Deportivo pola cesión do estadio de Riazor. Haipendente de asinar un novo convenio no que Abanca pide novas concesións. Por ese motivo, onte, os do Depor non foron á recepción oficial de María Pita | Rubén Domínguez, o técnico do Ourense, convértese nun caso insólito no fútbol español. Vén de ascender o equipo a Primeira Federación, coa que serán cinco as categorías diferentes nas que leva á fronte do vestiario. 14-05-2024
Día de chuvascos intermitentes que, a noite, poderían ser en forma de neve nos cumios de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas máis baixas e as máximas entre 15 graos en Santiago e 18 en Ourense. No mar, hai alerta en todo o litoral galego por ondas de ata cinco metros. 14-05-2024
Galicia encabeza o aumento da inflación en abril, cun IPC interanual do 3,7 por cento, catro décimas por riba da media do conxunto de España. A principal causa, a repunta dos prezos dos alimentos, entre os que sobresae o caso do aceite, que é case un 47 por cento máis caro que hai un ano|Novo rexeitamento do Partido Popular á que se investiguen os contratos sanitarios da Xunta durante a pandemia. No Parlamento, o grupo maioritario desbotou crear unha comisión de Investigación, e di que non hai motivo de sospeita, mentres os grupos da oposición falan de posibles irregularidades en base aos informes do Consello de Contas |O Concello da Coruña asegura que a cesión de Riazor para que o Deportivo participe na Segunda División está asegurada. O club negouse a asistir a recepción ofrecida en María Pita para celebrar ascenso, por discrepancias sobre a xestión do estadio municipal | Rubén Domínguez, o técnico do Ourense, convértese nun caso insólito no fútbol español. Vén de ascender o equipo a Primeira Federación, coa que serán cinco as categorías diferentes nas que leva á fronte do vestiario. O seu segredo, di, o equilibrio entre a defensa e o ataque, ao lograr que o seu equipo fose o menos goleado e o segundo máximo anotador. 14-05-2024
Galicia encabeza o aumento da inflación en abril, cun IPC do 3,7 por cento. A principal causa, a repunta dos prezos dos alimentos, entre os que sobresae o caso do aceite, que é case un 47 por centomáis caro que hai un ano|O partido popular rexeita no Parlamento a iniciativa do BNG para crear unha comisión de investigación sobre os contratos de emerxencia para compra de material sanitario feitos pola Xunta durante a pandemia|Polémica na Coruña entre o Concello e o club Deportivo pola cesión do estadio de Riazor. Hai pendente de asinar un novo convenio no que Abanca pide novas concesións. Por ese motivo, onte, os do Depor non foron á recepción oficial de María Pita. 14-05-2024
Comezamos unha semana de tempo borrascoso. Unha fronte fría atravesa Galicia con chuvia máis frecuentes pola mañá no oeste e agora á tarde nas provincias do interior. As temperaturas máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable, acadando valores baixos para a época do ano, arredor dos 15 graos. 13-05-2024
Novo récord para o Camiño de Santiago, que chegaxaás 100.000 compostelas entregadas no que vai de ano. A maioría dos peregrinos veñen doutros países, entre os que destacan Estados Unidos Portugal ouAlemaña| Mariscadores, mariñeiros e ecoloxistas reclaman solucións ante a caída da produción das rías. Piden un plan de saneamento integral e un cambio na normativa de augas que obrigue a regular o valeirado dos encoros | Celebración por todo alto do regreso do Deportivo da Coruña ao Futbol profesional. Os xogadores foron recibidos en distintas intancia soficiais, logo de certificar o ascenso, catro anos despois, á segunda división. Un logro que se materializaba cunha vitoria en Riazor fronte ao Barça Atlètic. 13-05-2024
Recepción honorífica aos xogadores do Deportivo da Coruña, para celebrar a volta do equipo ao futbol profesional, catro anos despois. O ascenso quedou certificado a tres xornadas de rematar a liga, cunha vitoria en Riazor fronteao Barça Atlètic, diante duns 32.000 afeccionados|A Xunta pide que se reúna a comisión mixta de transferencias para poder recibir canto antes por parte do gobernóo central as competencias e medios materiais para asumir da xestión do litoral | Mariscadores, mariñeiros e ecoloxistas reclaman en Ribeira solucións ante a caída da produción das rías. Piden un plan de saneamento integral e un cambio na normativa de augas que obrigue a regular o valeirado dos encoros, ademáis de axudas para paliar,din, tres anos de escaseza de marisco. 13-05-2024
Máis radares e máiscontrois de alcoholemia e drogas, incluso camuflados. Son Medidas dun plan de choque que anuncia Tráfico para reducir a sinistralidade, ante o alarmante incremento das mortesnas estradas, que en Galicia se disparan case un 50 por cento no que vai de ano|Omovemento de acampadas en protesta pola guerra de Gaza chegaaos campus galegos. Un grupo pasou a noite no de Elviña, da universidade da Coruña, e esta tarde comenzará outra acampada en Santiago, para amosar o rexeitamentoao bombardeos do exército de Israel |O presidente da Xunta e a alcaldesa da Coruña abordan a operación para reordenar uns 800.000 metros cadrados no espazo que agora ocupan os terreos do Porto. 10-05-2024
Tráfico anuncia máis radares e controisnas estradas galegas, ante o alarmante incremento das mortes, de case un 50 por cento no que vai de ano| As acampadas en protesta pola guerra de Gaza cheganaos campus galegos, para amosar o rexeitamentoao bombardeos do exército de Israel | O presidente da Xunta e a alcaldesa da Coruña abordan a operación para reordenar uns 800.000 metros cadrados no espazo que agora ocupan os terreos do Porto| "Verdura Atlántica". E a nova marca que os científicos do CSIC queren difundir para referirse a produtos como grelos, coles ourepolos. Na Misión Biolóxica de Pontevedra din que conseguiron variantes máis resistentes e especialmente adaptadas. 10-05-2024
Continúa a influencia anticiclónica, aínda que cunha entrada de aire frío que deixa algo de inestabilidade. Os ceos experimentan intervalos de nubes de tipo medio e alto conposibilidadedalgúnchuvasco no interior. As temperaturas altas, con 31 graos en Ourense. Situación similar para mañá, pero xa o domingo baixarán as temperaturas e chegarán as choivas. 10-05-2024
Máis radares e máiscontrois de alcoholemia e drogas, incluso camuflados. Son Medidas dun plan de choque que anuncia Tráfico para reducir a sinistralidade, ante o alarmante incremento das mortesnas estradas, que en Galicia se disparan case un 50 por cento no que vai de ano| Omovemento de acampadas en protesta pola guerra de Gaza chegaaos campus galegos. Un grupo pasou a noite no de Elviña, da universidade da Coruña, e esta tarde comenzará outra acampada en Santiago |O presidente da Xunta e a alcaldesa da Coruña abordan a operación que suporá a tranformación urbanística da fachada atlántica da cidade. O Proxecto contempla reordenar uns 800.000 metros cadrados no espazo que agora ocupan os terreos do Porto|"Verdura Atlántica". E a nova marca que os científicos do CSIC queren difundir para referirse a produtos como grelos, coles ourepolos. Na Misión Biolóxica de Pontevedra din que conseguiron variantes máis resistentes e especialmente adaptadas. 10-05-2024