A vacina contra o virus respiratorio sincitial evita uns 400 ingresos hospitalarios de bebés, ata o 80 % dos que se producían en Galicia. E o resultado, ata agora, da campaña de administración de 13.500 vacinas nos últimos meses |Continúa a operación contra o narcotráfico en Galicia e Madrid, levada a cabo en colaboración coa DEA norteamericana e a Europol. Xa son 20 os detidos, integrados, segundo os investigadores, nunha organización que importaba dende o Salnés cocaína de Sudamérica e haxís de Marrocos|Cancelada a un veciño de Sanxenxounhadébeda de cinco millóns de euros. E a maiorcantidadecondoada ata agora en Galicia en aplicación da Lei de Segunda oportunidade. O debedor figuraba como avalista dunhapequena empresa constructora que quebrou na crise de 2008| O Festival de Cine documental de Tui, O Play-Doc, cumpre 20 anos, con retrospectivas de grandes documentalistas galegos e internacionais, e repasa a obra do director do Exorcista, William Friedken, e as súasincursións no cinema real. 02-05-2024
Seguea influencia das baixaspresións e con aire frío en altura, en outraxornada de inestabilidade atmosférica, con ceos nubrados e chuvascostreboentos, ocasionalmente de saraiba. A cota de neve sobe aos 1.200 metros pola tarde. As temperaturas máximas terán un lixeiro ascenso. 02-05-2024
A vacina contra o virus respiratorio sincitial evita uns 400 ingresos hospitalarios de bebés, ata o 80 % dos que se producían en Galicia| Continúa a operación contra o narcotráfico en Galicia e Madrid|Xa son 20 os detidos na Operación Halia. Segundo os investigadores, formaban unha organización que importaba dende o Salnés cocaína de Sudamérica e haxís de Marrocos|Cancelada a un veciño de Sanxenxounhadébeda de cinco millóns de euros. E a maiorcantidadecondoada ata agora en Galicia en aplicación da Lei de Segunda oportunidade| O Festival de Cine documental de Tui, O Play-Doc, cumpre 20 anos con retrospectivas de grandes documentalistasgalegos e internacionais, e repasa a obra do director do Exorcista, William Friedken. 02-05-2024
A vacina contra o virus respiratorio sincitial, o responsable das bronquiolites, permite evitar ata un 80 % de ingresos hospitalarios de bebés en Galicia. Son datos feitos públicos hoxetrala administración de 13.500 vacinas entre setembro e abril, a maioría a recén nacidos |Un veciñode Sanxenxo queda libre dunhadébeda de cinco millóns de euros. É a maiorcantidadeexonorada en Galicia en aplicación da lei de segunda oportunidade. A débedaxerouse a partir da quebradunhapequena empresa construtorana crise de 2008| O Play-Doccumpre 20 anos e enche de cinema documental, histórico e recente, a cidade de Tui. Amais das competicións de autores internacionais e galegos, presenta retrospectivas de grandes documentalistas. 02-05-2024
Manifestación en Pontevedra, de mariscadoras en demanda de axudas para o sector ante a alta mortaldade de molusco que mantén paralizada a súaactividade. Reclaman a rexeneración dos bancos marisqueiros e a exención de pagar a Seguridade Social mentres non poidan traballar|Xornada de protesta, tamén, en Inditex, con seguemento maioritario aos paros parciais convocados polos sindicatos, que aseguran que a empresa quere pechar o centro loxístico de Zara, en Arteixo, a instalación máisantiga do grupo textil|A lanzadora de xavelina de orixe cubana, Yulenmis Aguilar, lista para participa mañá en Huelva na súa primeira competición representando a España, unha vez obtida a nacionalidade. Di que se atopa en perfectas condicións para aspirar aomáis alto nos Xogos Olímpicos de París| A escritora Marilar Aleixandre, premio nacional de narrativa, elixe a Feira do Libro de Santiago para presentar a reedición de Lobos nas Illas, unha obra do ano 96, un relato sobre violencia doméstica inspirado na Costa da Morte. 30-04-2024
Unha fronte fría atravesa Galicia, deixando nubes baixas e chuvias durante a mañá. A tarde será de chuvascos localmente treboentos e acompañados dalgunha sarabiada ao final do día, cando a cota de neve baixa aos 800 metros. As temperaturas máximas tamén descenden e quedarán entre os 13 graos de Lugo e os 18 de Ourense. 30-04-2024
Operación Halia contra o narcotráfico e o blanqueo de capitais. Hai 15 detidos en Madrid e varios puntos da comarca de Arousa, na que colaboran axentes da Europol e da DEA norteamericana|Manifestación en Pontevedra, de mariscadoras en demanda de axudas para o sector ante a alta mortaldade de molusco que mantén paralizada a súaactividade|Protesta en Inditex, con paros parciais convocados polos sindicatos, que aseguran que a empresa quere pechar o centro loxístico de Zara, en Arteixo, a instalación máisantiga do grupo textil |A lanzadora de xavelina de orixe cubana, Yulenmis Aguilar, lista para participa mañá en Huelva na súaprimeira competición representando a España, unha vez obtida a nacionalidade. 30-04-2024
Rexistros da Garda Civil de Pontevedra esta mañá na xa chamada Operación Haliacontra o narcotráfico e o blanqueo de capitais. Hai 15detidos en Madrid e varios puntos da comarca de Arousa. Axentes da Europol e da DEA norteamericana colaboran na operación, coordinada pola Audiencia Nacional |Manifestación en Pontevedra de mariscadoras en demanda de axudas para o sector ante a alta mortaldade de molusco que mantén paralizada a súaactividade. Reclaman a rexeneración dos bancos marisqueiros e a exención de pagar a Seguridade Social mentres non poidantraballar| Protestas no centro loxístico de Zara en Arteixo. Os traballadores denuncian diminución de carga de traballo e sospeitan que a empresa está a deixalo esmorecer. 30-04-2024
Primeiras reaccións das forzas políticas galegas trala declaración institucional de Pedro Sánchez na que anunciou que pensa seguir como presidente do Goberno, logo de cinco días de reflexión| Os prezos repuntan en abril ata o 3,3%, unha décima máis que no mes pasado, debido, sobre todo, a que os carburantes están mais caros e o aumento dos prezos da alimentación. A inflación subxacente, que non ten en conta os alimentos frescos nin a enerxía, segue a moderarse, ata o 2,9%, a cifra maisbaixa en dous anos| | Abancagañou no primeiro trimestre deste ano 158 millóns de euros, case un 51% máisca no mesmo periodo do ano pasado. Aumenta cota en todos os mercados e incorpora 30.000 clientes novos, un 38% deles en Portugal. 29-04-2024
Os sindicatos denuncian en distintas cidades o crecemento da sinistralidade laboral e reclaman medidas para reducila|O paro volve aumentar en Galicia, ata 16.700 persoasmáis, no primeiro trimestre, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa. O incremento foiademaismoi superior á media nacional, ainda que a taxa de paro, do 10´45 por cento, seguesendo case dous puntos inferior|Adolfo Domínguez multiplica por catro o seu beneficio anual e factura 126 millóns de euros durante o último exercicio fiscal, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores. Por segundo ano consecutivo, a firma de moda ourensá consolida a súa recuperación| Recuperar as oliveiras que abondaron en Galicia noutros tempos e chegar a conseguir unha denominación de orixe propia para o aceite de oliva galego. É o obxetivodunproxecto presentado hoxe na Misión Biolóxica, en Pontevedra, que pasa por impulsar a plantación de especies autóctonas. 26-04-2024
O paro volve aumentar en Galicia, ata 16.700 persoasmáis, no primeiro trimestre, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa|Os sindicatos denuncian en distintas cidades o crecemento da sinistralidade laboral e reclaman medidas para reducila|Adolfo Domínguez multiplica por catro o seu beneficio anual e factura 126 millóns de euros durante o último exercicio fiscal. Por segundo ano consecutivo, a firma de moda ourensá consolida a súa recuperación|Recuperar as oliveiras que abondaron en Galicia noutros tempos e chegar a conseguir unha denominación de orixe propia para o aceite de oliva galego. É o obxetivodunproxecto presentado hoxe na Misión Biolóxica, en Pontevedra. 26-04-2024
Os sindicatos denuncian en distintas cidades o crecemento da sinistralidade laboral e reclaman medidas para reducila| No primeiro trimestre do ano volveuse destruir emprego. Só en Galicia perderonsemais de 8 mil postos de traballo, Aomesmo tempo, subiu o paro en mais de 16 mil persoas, un incremento superior ao da media nacional. O número de fogares con todos seusmembros no paro chega a cincuenta mil. 26-04-2024
Non culpable de asasinato. Así declara o xurado popular á muller acusada de matar o seu marido en Monfero en xullo de 2021. No vereditolido esta mañá na Coruña, o xurado avala, por unanimidade, a tese do suicidio conxunto e pactado de ambos |A Xunta celebra a sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de xestión do Litoral de Galicia, e rexeita o recurso presentado polo goberno central. Rueda pide á oposición que se desculpepolas críticas a esta normativa, da que depende o futuro duns4.000 edificios repartidos por distintas zonas de costa|Máis de quince mil familias galegasvense afectadas polo ruído nocturno. No Día Internacional para concienciar deste problema, a Organización mundial da saúde alerta de que a perda auditiva por exposición excesiva ao ruido é unha das enfermidades irreversibles máis frecuentes| Un Encerro artístico, é a última iniciativa de Enrique Tenreiro, o artista que foixulgado por pintar a tumba de Franco, e absolto en primeira instancia, para reclamaragora que remate o seu proceso xudicial. Di que vai pasar catro días vestido cun mono laranxa no escaparate dunha galería de arte da Coruña. 24-04-2024
Avecíñanse cambios no tempo. Xornada de transición antes de que mañávolvan os chuvascos e descendan as temperaturas, con frío sobre todo na fin de semana. Hoxe, de momento, seguimos senchuvia pero sí aumentará a nebulosidade sobre todo polo norte onde de madrugada poderíarexistrarsealgunha precipitación. 24-04-2024
Non culpable de asasinato. Así declara o xurado popular á muller acusada de matar o seu marido en Monfero en xullo de 2021|A Xunta celebra a sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de xestión do Litoral de Galicia, e rexeita o recurso presentado polo goberno central. Rueda pide á oposición que se desculpepolas críticas a esta normativa|Máis de quince mil familias galegasvense afectadas polo ruído nocturno. No Día Internacional para concienciar deste problema, a Organización mundial da saúde alerta de que a perda auditiva por exposición excesiva ao ruido é unha das enfermidades irreversibles máis frecuentes|Un Encerro artístico, é a última iniciativa de Enrique Tenreiro, o artista que foixulgado por pintar a tumba de Franco, e absolto en primeira instancia, para reclamaragora que remate o seu proceso xudicial. 24-04-2024
Non culpable de asasinato. Así declara o xurado popular á muller acusada de matar o seu marido en Monfero en xullo de 2021e avala, por unanimidade, a tese do suicidio conxunto e pactado de ambos| O presidente da Xunta pide á oposición que se disculpe polas críticas á Lei do Litoral, una vez que o Tribunal Constitucional avalou esa normativa| Unha empresa eólica reclámalle a Xunta 46 millóns de euros por autorizarlle un parque de aeroxeradores na serra do Oribio en Lugo que foi finalmente anulado polo Tribunal Supremo. A reclamación foi admitida polo Tribunal Superior de Xustiza| Un Fiat Dobló eléctrico é o vehículo 16 millóns que produce Stellantis na factoría de Vigo. 24-04-2024