O 28 de xuño de 1984 chegaban a Galicia desde Bos Aires os restos de Castelao, tres décadas despois da súamorte no exilio. Un traslado polémico, entre protestas dun sector do nacionalismo, nun momento en que Galicia daba os primeiros pasos cara a autonomía |En Bonaval, como cada ano, e coincidindo con esta data, a Xunta distinguiu a diferentes persoeiros e entidades coas medallas que levan o nome de Castelao | Os restos de Castelaopermaneceron naArxentinamáis de tres décadas. A súa figura seguemoi presente a través de numerosos monumentos e espazos na súa honra especialmente no Centro Galego de Bos Aires|O retorno dos restos de Castelaofoi un acontecemento político transcendente na Galicia dos anos 80. Esta casa era a única televisión naquel momento e emitiuunha programación especial que incluíuunha retransmisión que tivo que prolongarse ata case cinco horas por unhaameaza de bomba. 28-06-2024
Comeza o primeiro dispositivo especial de verán da Dirección Xeral de Tráfico. Espérase que un de cada dezmovementos de toda España terá lugar nas estradas galegas | Un motorista de 49 anos, perdeu a vida ao chocar contra un coche aoseu paso pola parroquia de San Miguel de Oia, en Vigo | Hoxecelébrase o Día Internacional do Orgullo LGTB | En Bonaval, como cada ano, e coincidindoco40 aniversario do traslado a Galicia dos restos de Castelao, a Xunta distinguiu a diferentes persoeiros e entidades coas medallas que levan o seunome. 28-06-2024
Día, hoxe, de moitainestabilidade atmosférica, con alternancia de nubes e claros, chuvascosde treboada, localmente fortes e acompañados dalgunhasarabiada puntual, sobre todo no interior durante a tarde. As temperaturas máximas sofren un lixeiro descenso. Mañáespérase a chegadadunhafronte que deixaráchuvascos no leste e o domingo as precipitacións serán máis probables na franxa atlántica. 28-06-2024
Persiste aíndacertainestabilidade, que deixará de novopola tarde chuvascos de carácter tormentoso, máis probables no sueste. Tamén os ventos do nordés acumulan nubes na Mariña e Bergantiños con posibilidadedalgúnorballo. No resto os ceos quedan con nubes e claros. As temperaturas máximas descenden no terzonorte pero aumentan lixeiramente no sur
Empezan as rebaixas de verán nas grandes cadeascomerciais, e tamén no pequeno comercio, con descontos que superan incluso o 50 por cento.Na provincia da Coruña, xornada de folga das dependentas de Inditex| O Presidente da Xunta reclama aoGoberno Central que incremente xa os fondos nos presupostos do Estado. O BNG, polasua parte, propón un concerto económico para Galicia, como o vasco, negociado bilateralmente|A Torre de Hércules cumple quince anosdende a súa declaración como patrimonio da Humanidade pola Unesco. Celebra o aniversario, con actos culturais e unha iluminación especial | Os vehículos poderán circular polo novo enlace orbital de Santiago xa a partir desta tarde| O Chícharo Bágoa, considerado como o caviar vexetal, e cunha cotización que ronda os 300 euros o quilo, foi presentado polos seus creadores na Misión Biolóxica do CSIC, en Pontevedra
Empezan as rebaixas de verán nas grandes cadeascomerciais, e tamén no pequeno comercio, con descontos que superan incluso o 50 por cento, e cunha boa previsión de ventas. Mentres, Na provincia da Coruña, xornada de folga das dependentas de Inditex, para reivindicar a equiparación coscompañeirosdoutros departamentos |Debate sobre o novo modelo de financiamento autonómico. O Presidente da Xunta reclama aoGoberno Central que incremente xa os fondos nos presupostos do Estado, iso si, logo dunha negociación entre todas as comunidades afectadas. O BNG, polasua parte, propón un concerto económico para Galicia, como o vasco, negociado bilateralmente|A Torre de Hércules cumple quince anosdende a súa declaración como patrimonio da Humanidadepola Unesco. Emblema da cidade e principal reclamo para os visitantes, o monumento mantén a condición de único faro do mundo que funciona dende a antigüidade. Celebra o aniversario, con actos culturais e unha iluminación especial | É pequeno, delicado e cunha forma característica que determina o seunome de Chícharo Bágoa. Está considerado como o caviar vexetal, especialmente apreciado na alta cociña, e cunha cotización que ronda os 300 euros o quilo. Foi presentado polos seus creadores na Misión Biolóxica do CSIC, en Pontevedra, en colaboración co chef Javier Olleros
Empezan as rebaixas de verán nas grandes cadeascomerciais, e tamén no pequeno comercio, con descontos que superan incluso o 50 por cento. Na provincia da Coruña, xornada de folga das dependentas de Inditex|Os vehículos poderán circular polo novo enlace orbital de Santiago xa a partir desta tarde. Permitirá conectar a AP-9 coa autovía A-54 a Lugo e cos parques empresariais|A reclamación de máis fondos para financiar os servizos autonómicos segue a protagonizar o debate político. O Presidente da Xunta pide que o novo modelo quederecollido nos Presupostos do Estado, despois de ser debatido entre todas as comunidades| A Torre de Hércules cúmpre 15 anos desde que foi declarada Patrimonio da Humanidadepola Unesco. Para a celebración, hai actividades culturais programadas e esta noite o faro iluminarase de azul
Hoxe continuamos con aire frío nas capas altas, fonte de inestabilidade. Temos ceos parcialmente nubrados, con chuvascos pola tarde tormentosos, localmente fortes, máis probables no sueste. As temperaturas máximas en lixeiro ascenso en xeral, con valores que van dende os 22 graos da Coruña ata os 34 graos en Ourense
Restablecido o servizo de recollida de lixo na Coruña tras varias xornadas de folga - incluíndo a celebración do San Xoán-, traballo arreo para retirar as moreas de refugallos das rúas. Pero dende o comité din que a empresa se nega a negociar e manteñen os paros anunciados para xullo e agosto | Debate sobre modelos de financiamento autonómico na sesión de Control do Parlamento, na que Rueda se declara lider da oposición en Galicia a Pedro Sánchez. O BNG destaca que son os seus pactos de investidura os que conseguen melloras para a nosa comunidade | Rematado o curso escolar, os profesores plantexan cambios para o que vén. Os sindicatos, que asinaron o pacto coa consellería de Educación para a reducir o rateo de alumnos por aula, denuncian o seu incumprimento. A CIG pide recuperar o horario lectivo de 21 horas en primaria e 18 en secundaria | En Viveiro empeza unha nova edición do Resurrection Fest, o festival dos estilos máis extremos do rock. Hoxe unha lenda viva do heavy como Alice Cooper é o cabeza dun cartel con case 100 grupos. A vila acolle entre 30.000 e 40.000 asistentes cada día no recinto instalado na zona de Celeiro
O servizo de recollida de lixo na Coruña restablécese despois de días de protesta e as rúas da cidade van recuperando a normalidade. Os traballadores din que a empresa non quere negociar e manteñen os paros previstos para xullo e agosto | Alfonso Rueda declárase lider da oposición en Galicia a Pedro Sánchez | Os profesores plantexan cambios para o curso que ven reducir o rateo de alumnos por aula |O Tribunal Supremo desestima o recurso da Federación de Industrias Lácteas contra o Real Decreto que obriga a que os prezos que pagan polo leite aos produtores cubra o custo real da producción | Obxectivo cumprido para os participantes no programa Discamino. Nesta ocasión foi un grupo de peregrinos con TEA que partiron de Vigo e fixeron o camiño portugués pola costa en bicicleta| En Viveiro empeza unha nova edición do Resurrection Fest, o festival dos estilos máis extremos do rock. Hoxe Alice Cooper é o cabeza dun cartel con case 100 grupos.
Restablecido o servizo de recollida de lixo na Coruña tras varias xornadas de folga, incluída a celebración do San Xoan, con moreas de refugallos nas rúas. Os traballadores din que a empresa se nega a negociar e manteñen os paros para xullo e agosto | O presidente da Xunta, na sesión de Control do Parlamento, definiuse a si mesmo como "Xefe da oposición" en Galicia, fronte ao Goberno central. Foi en resposta a pregunta de Ana Pontón sobre a sua posición de cara ao debate sobre novo sistema de financiamento autonómico| Obxectivo cumprido para os participantes no programa Discamino. Nesta ocasión foi un grupo de peregrinos con TEA que partiron de Vigo e fixeron o camiño portugués pola costa en bicicleta. A súa chegada ao Obradoiro celebrárona cun intercambio de agasallos |
Aumento da inestabilidade, coa chegada de aire frío e a aproximación dun centro de baixas presións. Ceos moi nubrados na metade oeste, onde as temperaturas máximas sofren un notable descenso, con orballos a primeiras e derradeiras horas do día. Pola tarde medran nubes de evolución que poden derivar en chuvascos tormentosos, máis probables na provincia de Lugo
En boa sintonía. Así se amosaban Alfonso Rueda e Abel Caballero, logo da súa xuntanza de hoxe. Presidente da Xunta e Alcalde de vigo, Dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional | As vivendas turísticas que levan anos operando sen licenza en Santiago non poderán ser regularizadas. Así o establece a nova ordenanza municipal, aprobada cos votos do BNG e Compostela aberta, os grupos do goberno, e os socialistas, aos que o seu partido anunciou medidas disciplicarias | O Parlamento aproba, só cos votos do PP, a tramitación da Lei de aproveitamento dos recursos naturais, que regulará os beneficios da enerxía eólica e a minaría a través dunha empresa público-privada. A oposición acusa a Rueda de defender só intereses de grupos foráneos | A cantante de ópera Teresa Berganza lucíu nos seus recitais fermosos vestidos de grandes deseñadores. Agora moitas desas prendas pódense ver nunha exposición en Santiago, xunto a bocetos orixinais que modistos como Christian Lacroix, ou Yves Sant Laurent fixeron especialmente para ela
Alfonso Rueda e Abel Caballero, dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional | As vivendas turísticas que levan anos operando sen licenza en Santiago non poderán ser regularizadas. Así o establece a nova ordenanza municipal, aprobada cos votos do BNG e Compostela aberta | O Parlamento aproba, só cos votos do PP, a tramitación da Lei de aproveitamento dos recursos naturais, que regulará os beneficios da enerxía eólica e a minaría a través dunha empresa público-privada | | Varios encoros proban hoxe o funcionamento das sirenas de aviso á poboacion en caso de problemas nas presas | A cantante de ópera Teresa Berganza lucíu nos seus recitais fermosos vestidos de grandes deseñadores. Agora moitas desas prendas pódense ver nunha exposición en Santiago
Alfonso Rueda e Abel Caballero, dispostos a chegar a acordos e deixar atrás anos de enfrontamento institucional. O presidente da Xunta e o alcalde de Vigo, rematan a xuntanza mantida hoxe, na cidade olívica, con declaracións de "boa sintonía" | Cómo repartir os beneficios que xeran os recursos naturais, como a enerxía renovable ou a explotación de minas. É o contido da Lei que hoxe comezou a tramitarse no Parlamento, só co apoio do Partido Popular, é que contempla a creación da empresa mixta, publico-privada, Recursos de Galicia | Varios encoros proban hoxe o funcionamento das sirenas de aviso á poboacion en caso de problemas nas presas. Primeiro cunha voz de advertencia e de contado co son da bucina | Expóñense en Santiago os vestidos que a cantante lírica Teresa Berganza luciu sobre os escenarios de medio mundo. Alta costura deseñada polos máis prestixiosos modistos da época, como Yves Saint Laurent ou Christian Lacroix
A chegada de aire cálido en superficie deixa unha xornada de ceos despexados en xeral, con Intervalos de nubes baixas no terzo norte. Pola tarde espéranse nubes de evolución na provincia de Ourense e sur de Lugo, e entrada de brétemas polo litoral á noite. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas experimentan un ascenso significativo
Limpeza e retirada das toneladas de refugallos nos areais trala celebración do San Xoán. En toda Galicia, máis de mil chamadas aos servizos de emerxencias | Protesta de gandeiros contra unha empresa de distribución, polas ofertas de leite por debaixo do custo de producción | A Xunta autoriza a creación dunha nova Facultade de Ciencias da Saúde, que comenzará por impartir estudos de Psicoloxía | Visto para sentenza o xuízo polas irregularidades no guindastre municipal de Lugo, hai trece anos, que se converteu na causa inicial da operación Pokémon | Constancia e organización para compaxinar a vida familiar e o traballo, cos estudos. E é a fórmula que lle permitiu a Raúl Ibáñez, ribeirense de 41 anos, superar con nota as probad da ABAU
Xornada de Limpeza e retirada das toneladas de refugallos que acumulan os areais trala celebración do San Xoán. En Riazor foron unhas 160.000 persoas congregadas na Noite do lume e as sardiñas. En toda Galicia, máis de mil chamadas aos servizos de emerxencias, que rexistraron case 300 incidencias, aínda que ningunha grave | A Xunta autoriza a creación dunha nova Facultade de Ciencias da Saúde, que comenzará por impartir estudos de Psicoloxía. Este será, ademáis, o primeiro centro da Universidade privada que promove Abanca na Coruña. O Consello celebrado hoxe tamén declarou como proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael nos concellos do Pino e Touro | A Xunta asina un convenio co Instituto Camoes de Portugal para poder acreditar o coñecemento da lingua portuguesa nos centros educativos de secundaria |
Xornada de Limpeza e retirada das toneladas de refugallos que acumulan os areais trala celebración do San Xoán. En Riazor foron unhas 160.000 persoas congregadas na Noite do lume e as sardiñas. En toda Galicia, máis de mil chamadas aos servizos de emerxencias, que rexistraron case 300 incidencias, aínda que ningunha grave | A Xunta autoriza a creación dunha nova Facultade de Ciencias da Saúde, que comenzará por impartir estudos de Psicoloxía. Este será, ademáis, o primeiro centro da Universidade privada que promove Abanca na Coruña. O Consello celebrado hoxe tamén declarou como proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael nos concellos do Pino e Touro | A Xunta asina un convenio co Instituto Camoes de Portugal para poder acreditar o coñecemento da lingua portuguesa nos centros educativos de secundaria |
Primeiro do día do verán e o sol abrese paso tímidamente nunha fin de semana na que chega o agardado anticiclón co que subirán as temperaturas. Notarano sobre todo na metade sur. Un ascenso térmico que será máis acusado o domingo cando os termómetros poden acadar os 30 graos en Pontevedra e os 31 en Ourense