A inflación repunta ao 4 por cento interanual en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media. Sube a electricidade polo aumento do IVE, mentres os prezos dos alimentos moderan o seu crecemento, ainda que seguen a ser os que máis preocupan aos consumidores | O congreso dos Deputados pide que se cancele a concesión da Autoestrada do Atlántico a Audasa e pase a ser libre de peaxe. A proposta do BNG, saíu adiante co apoio do PP, logo de introducir una lixeira enmenda, Sumar, Bildu e ERC, coa abstención dos socialistas, e os únicos votos en contra de Vox | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais. O Conselleiro de Sanidade defende que os Mir de último curso pasen consulta durante o verán | A obra de 3 novos talentos galegos da fotografía é a proposta da Fundación Marta Ortega no peirao de Batería da Coruña -A mostra Future Stories recolle os traballos cos que estes mozos que veñen de rematar a súa formación, estreanse nesta arte despois de facer unha estadía de tres meses en Milán
Un sistema frontal afecta hoxe a Galicia. Dende o mediodía temos a chegada da fronte cálida, que deixa un aumento de nubes e chuvias de intensidade moderada, máis probables na franxa atlántica. Pola noite chegará unha fronte fría, pouco activa, con chuvias febles en xeral menos probables no sueste. As temperaturas, con poucos cambios, e máxima de 27 graos en Ourense
A inflación repunta ao 4 por cento interanual en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais | O congreso dos Deputados pide que se cancele a concesión da Autoestrada do Atlántico a Audasa e pase a ser libre de peaxe | Á Sociedade Española de Medicos de Familia califica de crítica a situación da atencion primaria pola escaseza de profesionais debido a falta de relevo xeneracional, un problema que se incrementa nas zonas rurais | Atopado nunha vivenda de Ferrol o cadáver momificado dunha muller que podería levar morta uns 8 meses | A obra de 3 novos talentos galegos da fotografía é a proposta da Fundación Marta Ortega no peirao de Batería da Coruña
A inflación repunta ao 4 por cento en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media. Sube a electricidade polo aumento do IVE, mentres os prezos dos alimentos moderan o seu crecemento | O Congreso dos Deputados aproba por maioría instar ao Goberno central a anular a prórroga da concesión da Autoestrada do Atlántico | O barco de Greenpeace Artic Sunrise está en Galicia, onde desenvolve diversas actividades en defensa dos océanos e da pesca artesanal. O buque da organización ecoloxista sumouse á manifestación marítima organizada pola Plataforma en Defensa da ría de Arousa | Atopado nunha vivenda de Ferrol o cadáver momificado dunha muller que podería levar morta uns 8 meses. A Policía Nacional contactou cos bombeiros para acceder ó domicilio, coa intención de entregarlle unha citación xudicial
Xornada de estabilidade atmosférica, cos ceos parcialmente cubertos no norte e leste, mesmo con algún chuvasco no norte da provincia de Lugo, e néboas en comarcas do interior que deixan os ceos pouco nubrados con nubes de tipo alto. As temperaturas sen cambios significativos
Desaloxados, de madrugada, os activistas pro Palestina que ocupaban o edificio do Reitorado da Universidade de Santiago. A petición do Reitor, os axentes Desmantelan tamén a acampada que mantiñan na Facultade de Historia | O ano pasado 220 persoas foron atendidas en Galicia por emerxencias en embarcacións de recreo e outras actividades náuticas. O Ministerio de Transportes presenta a campaña de verán de seguridade na que recomenda levar a bordo medios que permitan dar unha alerta por radio e non só un teléfono móbil | Detido en Lugo o loteiro que denunciou o roubo a punta de pistola de catrocentos mil euros da súa administración | A padeixeira Teresa Portela, ofrece a sua imaxe para a promoción turística das Rías Baixas. a deportista española con máis participacións olímpicas, asina Un convenio coa Deputación de Pontevedra
Os activistas pro palestinos, continúan a protesta na Praza do Obradoiro, despois de ser desaloxados, de madrugada, do edificio do Reitorado da Universidade de Santiago, onde impedían o paso dos traballadores. O Reitor asegura que o abandono do edificio foi sen violencia | detido en Lugo o loteiro que denunciara ter sido obxeto dun roubo a punta de pistola de catrocentos mil euros na súa administración, o pasado nadal. Trala detención dos dous presuntos autores materiais, a policía cré que en realidade tratouse dun falso atraco | A Garda Civil pide colaboración cidadá para dar cun sospeitoso de participar no tiroteo que acabou coa vida do porteiro dunha discoteca en Arteixo. No marco da 'Operación Pralín' Hai outros cinco detidos, aos que se considera vinculados á banda de narcotraficantes coñecida como a Mocro Maffia | Cando apenas faltan unhas poucas semanas para os Xogos de París, a padeixeira Teresa Portela, ofrece a sua imaxe para a promoción turística das Rías Baixas. a deportista española con máis participacións olímpicas, asina Un convenio coa Deputación de Pontevedra
Desaloxados, de madrugada, os activistas pro Palestina que ocupaban o edificio do Reitorado da Universidade de Santiago. A petición do Reitor, os axentes Desmantelan tamén a acampada que mantiñan na Facultade de Historia | A Garda Civil pide colaboración cidadá para dar cun sospeitoso de participar no tiroteo que acabou coa vida do porteiro dunha discoteca en Arteixo. No marco da 'Operación Pralín' Hai outros cinco detidos, aos que se considera vinculados á banda de narcotraficantes coñecida como a Mocro Maffia | En Lugo foi detido o loteiro que denunciou o roubo a punta de pistola de catrocentos mil euros da súa administración o pasado nadal. Despois de que o xulgado arquivase o caso, agora a policía reactiva a investigación do que semella foi un falso atraco, coa detención tamén doutras dúas persoas, os presuntos asaltantes |
Ocupación da sede do Reitorado da Universidade de Santiago, na praza do Obradoiro, por un grupo de activistas en favor de Palestina. Impiden a entrada do persoal ao edificio e Exixen que a USC rompa calquer vínculo con Israel. O reitor asegura que está colaborando coas forzas de seguridade e non se descarta un posible desaloxo | O Congreso dos Deputados acolle o debate de toma en consideración da transferencia da Autoestrada do Atlántico, proposta dende o Parlamento de Galicia por unanimidade. É unha iniciativa que chega por cuarta vez á Cámara, coa intención de conseguir rebaixar as peaxes e cambiar as condicións da concesión a Audasa | O Cancro de próstata causa medio milleiro de mortes cada ano en Galicia. Para a sua detección precoz, o Sergas pon en marcha un cribado para detección de cancro de próstata en varon entre 50 e 69 anos. Comenza a próxima semana na área de Ferrol e unha vez comprobado o seu funcionamento poderá ampliarse ao resto de Galicia | No museo de Lugo xa se pode visitar, dende hoxe, un cadro orixinal de Diego de Velázquez. É A Sibila, unha enigmática figura de perfil, que pertence ao período de mocidade do pintor sevillano, e que por primeira vez viaxa a Galicia. Forma parte dunha iniciativa do Museo do Prado para levar obras mestras por toda a xeografía española
Ceo parcialmente nubrado na metade norte, onde pode producirse algunha chuvia feble e ocasional máis probable na Mariña, néboas en comarcas do interior que van deixando os ceos despexados no sur. As temperaturas continuan descendendo, polo que os valores son baixos para a época do ano tanto nas mínimas como nas máximas,
Ocupación da sede do Reitorado da Universidade de Santiago, na praza do Obradoiro, por un grupo de activistas en favor de Palestina. Impiden a entrada do persoal ao edificio | O Congreso dos Deputados acolle o debate de toma en consideración da transferencia da Autoestrada do Atlántico, proposta dende o Parlamento de Galicia por unanimidade | O Cancro de próstata causa medio milleiro de mortes cada ano en Galicia. Para a sua detección precoz, o Sergas pon en marcha un cribado para detección de cancro de próstata en varóns entre 50 e 69 anos | No museo de Lugo xa se pode visitar, dende hoxe, un cadro orixinal de Diego de Velázquez. É A Sibila, unha enigmática figura de perfil
Ocupación do Reitorado da Universidade de Santiago por un grupo de mozos, que impiden a entrada dos funcionarios. Aseguran que o fan en defensa de Palestina e exixen que a universidade rompa calquer vínculo con Israel | O presidente da Xunta participa en Madrid no Comité Nacional do PP, para analizar os resultados das europeas. Piden que Pedro Sánchez convoque eleccións, e atrubúe o ascenso de partidos coma Vox ou Se acabó la Fiesta á polarización fomentada desde o partido socialista | Galicia arranca a próxima semana un proxecto piloto de cribado de cancro de próstata en homes de entre 50 e 69 anos da área de Ferrol. Se funciona ben, ampliarase ao resto da comunidade| No museo de Lugo xa se pode admirar o cadro da Sibila de Velázquez, un préstamo do museo do Prado que forma parte da iniciativa para levar obras mestras a distintos puntos de España |
O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas con cerca de medio millón de votos en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar con 300.000 na nosa comunidade, e igualmente no BNG, que destaca que, cuns 180.000 votos consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | A nacionalista Ana Miranda se convirta en eurodeputada sen ter que compartir, escano con outros representantes de Agora Repúblicas. O pontevedrés Francisco Millán Mon, do PP, seguirá unha nova lexislatura na Eurocámara, na que tamén repite presenza o socialista de Lalín Nicolás González Casares | Ana Peleteiro deslumbra cun salto de 14´85 metros, que lle da a medalla de ouro no campionato europeo de Roma. É a súa segunda mellor marca histórica, e dalle o pase áos Xogos Olímpicos de París. Adrián Ben rematou sexto na final de 800 metros | Máis de 80 Estrelas Michelín danse cita hoxe no encontro solidario Estrelas no Camiño. Entre eles, Martín Berasategui, os irmáns Torres ou Manuel Costiña que estarán na Casa Barqueiro de Negreira. Nesta edición os fondos recadados irán á axudar aós nenos afectados pola síndrome X fráxil, unha enfermidade xenética que pode provocar dificultades na aprendizaxe
Mantense a influencia das altas presións con nordés con refachos fortes na costa atlántica. As nubes de primeiras horas tenden a retirarse co que os ceos quedan despexados. As temperaturas mínimas baixaron e as máximas oscilarán entre os 18 graos da Coruña ou Lugo aos 25 de Ourense e Pontevedra
O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar, e igualmente no BNG, que consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | Ana Peleteiro deslumbra cun salto de 14´85 metros, que lle da a medalla de ouro no campionato europeo de Roma e o pase ós Xogos Olímpicos de París | O grupo Lence con sede en Lugo, facturou o ano pasado 260 millóns de euros, un 24 por cento máis que no 2022. O número de empregados medrou un 30 por cento durante o ano pasado ata situarse nos 226 traballadores directos | Máis de 80 Estrelas Michelín danse cita hoxe no encontro solidario Estrelas no Camiño. Entre eles, Martín Berasategui, os irmáns Torres ou Manuel Costiña que estarán na Casa Barqueiro de Negreira. Nesta edición os fondos recadados irán á axudar aós nenos afectados pola síndrome X fráxil
O PP celebra a vitoria nas eleccións europeas con cerca de medio millón de votos en Galicia. Satisfacción tamén nos socialistas, que se sitúan en segundo lugar con 300.000, e o BNG, destaca que, cuns 180.000 votos consegue un escano propio, por primeira vez dende hai 25 anos | Os traballadores con discapacidade no outlet de Massimo Dutti en Allariz denuncian os supostos abusos laborais. A tenda xestiónaa a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade | O grupo Lence con sede en Lugo, facturou o ano pasado 260 millóns de euros, un 24 por cento máis que no 2022. O número de empregados medrou un 30 por cento durante o ano pasado ata situarse nos 226 traballadores directos | Ana Peleteiro proclámase campioa no Europeo de Roma. Consegue a súa segunda mellor marca cun salto de 14,85 metros |
Acampa pola paz arranca hoxe na Coruña, para denunciar os conflitos bélicos e os atentados aos dereitos humanos que levan consigo | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións. Advirten que estudan darse masivamente de baixa no servizo | O parque do Pasatempo en Betanzos loita por non caer no esquecemento, logo de décadas en declive e pechado ás visitas públicas. A Asociación de Amigos do Pasatempo pon a primeira pedra para a súa recuperación mediante unha iniciativa de arte colectivo | Homenaxe no campo santo da Serra de Outes a Manuel Otero, o galego morto no desembarco de Normandía, no famoso 'Día D' da II Guerra Mundial |
A fin de semana comeza con moita calor sobre todo na metade sur onde os termómetros poden chegar aos 35 graos. No sur e zonas altas poden producirse chuvascos treboentos acompañados de aparato eléctrico e saraiba. As temperaturas baixarán de xeito notable o sábado, con algunhas chuvias pola tarde que remiten o domingo
“Acampa pola paz” arranca hoxe na Coruña, para denunciar os conflitos bélicos e os atentados aos dereitos humanos que levan consigo | Sanidade defende que a lei permite que os médicos residentes en formación pasen consulta sen supervisión, ainda que intentarán, di, que non sexa necesario | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións | Cita hoxe en Pontevedra para os afeccionados ás prantas, nun evento promovido por dúas emprendedoras moi activas nas redes | A Asociación de Amigos do Pasatempo, de Betanzos, pon a primeira pedra para a recuperación do singular parque mediante unha iniciativa de arte colectivo
Unha representación dos sudarios das 15.000 nenas e nenos que levan morto no conflito de Gaza, forma parte de “Acampa pola paz”, que arranca hoxe na Coruña, para denunciar as violacións dos dereitos humanos que levan consigo as guerras | O conselleiro de Sanidade defende que a lei permite que os médicos residentes en formación pasen consulta sen supervisión, ainda que intentarán, di, que non sexa necesario | Avogados da quenda de oficio protestan en Pontevedra contra a sanción a un compañeiro por non comparecer a un xuízo por secundar o paro en demanda de mellores retribucións. Advirten que estudan darse masivamente de baixa no servizo | Os amantes das plantas teñen esta tarde una cita en PLANTFEST, un evento ,promovido por dúas emprendedoras, con moito éxito na sua actividade a través das redes. Buscan crear un espazo para compartir materiais e coñecementos de todo o relacionado con mundo vexetal |