Miles de festivaleiros acampan xa no Monte do Gozo, na zona de descanso do Son do Camiño. Xusto nunha hora comezan os concertos, nunha primeira xornada na que pasarán polos escenarios bandas como Arde Bogotá ou Green Day | A Semana Verde deste ano abríu hoxe as suas portas en Silleda, cunha mostra das últimas novidades no sector agrícola industrial e gandeiro e moitas actividades paralelas | Acordo entre o Colexio de Médicos e a consellería de Sanidade sobre o programa Xide, o sistema de filtrado de chamadas para organizar as citas en Atención Primaria | Un estudo da Universidade de Vigo demostra os efectos positivos da realidade virtual para o estado físico e mental dos doentes de Esclerose Múltiple, da que hoxe se celebra o Día mundial
Miles de festivaleiros, congregados no Monte do Gozo, para o arranque do Son do Camiño | Arranca en Silleda unha nova edición da Semana Verde, con récord de participantes, para amosar as últimas novidades da industria agroalimentaria e gandeira | O Sergas e os colexios médicos chegan a un acordo sobre o sistema Xide de xestión das citas nos centros de saúde | Un estudo da Universidade de Vigo demostra os efectos positivos da realidade virtual para o estado físico e mental dos doentes de Esclerose Múltiple | Festa do Corpus en Redondela, onde sae á rúa a Coca, o monstro co que loitan os mariñeiros. Unha celebración de orixe descoñecida, mistura a tradición relixiosa con elementos pagáns, e remata co célebre baile das espadas e das Penlas
Unha fronte pouco activa deixa ceos cubertos durante a mañá e algúns orballos no terzo norte, con ceos máis despexados canto máis ao sur e tamén co avance do día. As temperaturas máximas baixan. Polo sur roldarán os 28 graos e na metade norte os valores quedarán na contorna dos 20
Miles de festivaleiros, congregados no Monte do Gozo, para o arranque do Son do Camiño, nunha primeira xornada na que pasarán polos escenarios bandas de estilos ben diferentes como como J Balbin, Arde Bogotá ou Green Day | Arranca en Silleda unha nova edición da Semana Verde, con récord de participantes, para amosar as últimas novidades da industria agroalimentaria e gandeira, e actividades paralelas como unha degustación de paté de porco celta ou un curro con cabalos de Pura Raza Galega | O Sergas e os colexios médicos chegan a un acordo sobre o sistema Xide de xestión das citas nos centros de saúde. O acordo contempla que o programa seguirá aplicándose, coa incorporación da figura dun Xefe de servizo de atención primaria |día do Corpus, festa en moitas localidades entre as que destaca Redondela, onde sae á rúa a Coca, o monstro co que loitan os mariñeiros. Unha celebración de orixe descoñecida, mistura a tradición relixiosa con elementos pagáns, e remata co célebre baile das espadas e das Penlas
seguimos con ceos despexados. Á noite entrarán nubes baixas polo terzo norte con probabilidade dalgún orballo na madrugada do xoves. As temperaturas mínimas ascenderon lixeiramente. As máximas quedarán sen cambios. O vento soprará frouxo do norte-noroeste, con intervalos moderados nas Rías Baixas
Comprobación do funcionamento dos sistemas de seguridade no aeroporto de Peinador, en Vigo, mentres, rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres | Alfonso Rueda acusou aos nacionalistas de xogar coa desinformación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, mentres, Ana Pontón di que a macrofábrica proxectada é una bomba ambiental. O socialista Gómez Besteiro ofrece colaboración a Rueda para defender a Galicia en Bruxelas | Centos de fans, xa instalados no camping do Monte do Gozo, a Menos de 24 horas para que O Son do Camiño abra a suas portas e os festivaleiros poidan desfrutar de artistas dos estilos máis variados | 'Outras historias posibles' abre no Museo Gaiás, para recuperar a obra de seis creadoras galegas que despuntaron na década dos oitenta e non gozaron do mesmo recoñecemento que os seus compañeiros varóns de xeneración
Un avión laboratorio revisa o funcionamento dos sistemas no aeroporto de Peinador, mentres rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres | Debate na sesión de control no Parlamento, sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. O presidente da Xunta defendeu que na sua tramitación terá que cumprir todas as normativas. O BNG reclama a sua retirada por consideralo unha auténtica bomba ambiental |Dúas persoas resultan feridas ao caer fóra da pista do aeródromo de Monforte o avión ultralixeiro no que viaxaban| Abre ao público no Museo Gaiás 'Outras historias posibles', unha exposición que reivindica o talento de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos oitenta
Comprobación do funcionamento dos sistemas de seguridade no aeroporto de Peinador, en Vigo, mentres, rematan as obras de remodelación da pista, para cumprir a previsión de reabrir o próximo venres e pór fin a un peche das instalacións que dende o pasado día seis de maio levou a desviar 700 voos e afectou a uns 80.000 pasaxeiros | O presidente acusou aos nacionalistas de xogar coa desinformación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei, mentres, a dirixente do BNG dixo que a macrofábrica proxectada é una bomba ambiental. O socialista Gómez Besteiro ofrece colaboración a Rueda para defender a Galicia en Bruxelas | Menos de 24 horas para que O Son do Camiño abra a suas portas e os festivaleiros poidan desfrutar de artistas dos estilos máis variados, dende o Punk rock dos veteranos Green Day ao regueton máis actual de J Balvin ou Myke Towers. Desde esta mañá, centos de asistentes xa están instalados no camping do Monte do Gozo | 'Outras historias posibles'. É a exposición aberta no Museo Gaiás, en Santiago, que recupera a obra de seis creadoras asentadas en Galicia e que despuntaron na década dos oitenta do século pasado. Non gozaron daquela do mesmo recoñecemento público que os seus compañeiros varóns de xeneración, polo que se propón para elas unha nova ollada dende a actualidade.
Profesionais sanitarios denuncian en Vigo un incremento de agresións por parte de enfermos e familiares en hospitais e centros de saúde. As esperas prolongadas, a saturación das urxencias e a mala educación están detrás destes ataques | Os organizadores do Son do Camiño din que Festival ten xa todos os abonos esgotados, cun orzamento de 8 millons de euros e mais de 4 mil traballadores implicados | Galicia é a terceira comunidade con maior absentismo laboral, que subíu ao 7,8 por cento no último trimestre de 2023. O incemento débese, segundo os expertos, a que cada vez hai máis baixas médicas e de máis duración, co conseguinte custo para as empresas e a seguridade social | O escultor ourensán Xosé Cid, coñecido, sobre todo, polas súas obras públicas, ofrece na cidade das Burgas unha escolma das súas obras de menor formato realizadas nos últimos 55 anos
Aumentan as agresións verbais e mesmo físicas ao persoal sanitario. Así o denuncian os profesionais nunha concentración en Vigo | A Consellería de Sanidade advirte dunha previsible escaseza de médicos para este verán ao non poder incorporar ata setembro a nova promoción dos que rematan o MIR | Galicia é a terceira comunidade con maior absentismo laboral, que subíu ao 7,8 por cento no último trimestre de 2023 | O Son do Camiño, que empeza o xoves, figura entre os eventos musicais de maior repercusión económica de España. Os organizadores calculan que cada participante gastará una media de 400 euros | Un dron de última xeración, deseñado para acudir ao rescate de bañistas en apuros. É o que se exhibíu hoxe en Sanxenxo, cun salvavidas incorporado e dotado de megafonía
Aumentan as agresións verbais e mesmo físicas ao persoal sanitario. Así o denuncian os profesionais nunha concentración en Vigo. Dín que os servizos de urxencia son os máis afectados por comportamentos violentos por parte dos usuarios | A Consellería de Sanidade advirte dunha previsible escaseza de médicos para este verán ao non poder incorporar ata setembro a nova promoción dos que rematan o MIR. O conselleiro anuncia un plan que aposta por suplir aos facultativos de vacacións con residentes e mediante unha bolsa de profesionais itinerantes | Un presuposto de oito millóns de euros e catro mil traballadores implicados, O Son do Camiño, que empeza o xoves, figura entre os eventos musicais de maior repercusión económica de España. Os organizadores calculan que cada participante gastará una media de 400 euros | Un dron de última xeración, deseñado para acudir ao rescate de bañistas en apuros. É o que se exhibíu hoxe en Sanxenxo, cun salvavidas incorporado e dotado de megafonía, pode servir para axudar aos socorristas que patrullan as praias e acurtar os tempos de reacción en caso de emerxencia
Seguen a subir as temperaturas nun día solleiro no que a última hora poderán entrar algunhas nubes baixas e néboas costeiras no litoral norte. As temperaturas máximas poden chegar a superar os 30 graos hoxe en Ourense, 27 en Lugo e na contorna dos 25 quedarán nas Rías Baixas e Santiago. En puntos máis ao norte os valores máximos roldarán os 20 graos
O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición dO Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, cun cartel cheo de figuras nacionais e internacionais, e que espera reunir máis de 45.000 persoas ata o sábado | A Xunta aproba una nova edición dos bonos turísticos, en paquetes de 150 euros para aloxarse en hoteis da comunidade entre o 10 de setembro e o 25 de decembro | O concello de Vigo vai actuar de maneira inmediata para previr novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro esta fin de semana | O Racing de Ferrol queda, definitivamente, sen opcións ao Play Off de ascenso a Primeira, tras empatar co Leganés. O Celta, pola sua parte, despediu a Liga cun empate a dous goles en Balaídos fronte ao Valencia. Un partido sen sufrimento porque xa tiña amarrada a permanencia en Primeira, unha tempada máis
O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición do Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, convertido no máis multitudinario da temporada en Galicia | Rueda asegura que non aprobará o proxecto de Altri sen cumplir todas as normativas, tralo contundente rexeitamento expresado en Palas de Rei ao proxecto. O BNG súmase aos manifestantes contrarios, mentres os socialistas reclaman información á Xunta sobre os fondos públicos que se prevén investir | O concello de Vigo anuncia unha actuación urxente para evitar novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro que inspeccionaba o estado do inmoble.| O Instituto de Investigación Sanitaria recibe un millón de euros da UE para o seu estudo pioneiro a nivel mundial sobre os efectos da música no ADN, cun pacientes con deterioro cognitivo e daño cerebral
Sen chuvias á vista nesta última semana de maio na que por fin, volve o tempo anticiclónico. Hoxe aínda con algunha nubosidade que non impedirá ver o sol. Tarde de ceos máis despexados. As temperaturas mínimas algo máis baixas e as máximas ascenden. Quedan aínda por baixo dos 20 graos polo norte, arredor dos 24 graos nas Rías Baixas e ata 26 en Ourense.
O monte do Gozo, transformado xa para acoller a nova edición do Son do Camiño, o macrofestival que comenza este xoves, convertido no máis multitudinario da temporada en Galicia. A ocupación roza o completo na cidade de Santiago, ante un evento cun cartel cheo de figuras nacionais e internacionais, e que espera reunir máis de 45.000 asistente cada día, ata o sábado| Reaccións dos grupos políticos ante o contundente rexeitamento expresado en Palas de Rei ao proxecto de Altri. O BNG súmase aos manifestantes contrarios a macrofábrica, mentres os socialistas reclaman información á Xunta sobre os fondos públicos que se prevén investir. Alfonso Rueda asegura que nunca aprobaría un proxecto que non contase con todos os pronunciamentos ambientais favorables| O concello de Vigo anuncia unha actuación urxente para evitar novos derrubamentos no edificio onde morreu un bombeiro que inspeccionaba o estado do inmoble. Di que non constaban ningún expediente aberto sobre problemas de seguridade | O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago continúa co seu estudo sobre qué efectos provoca a música no ADN, pioneiro a nivel mundial. Agora recibe un millón de euros da Unión Europea para ampliar o proxecto con pacientes que sofren deterioro cognitivo e dano cerebral
Ascenso notable das temperaturas neste arranque da fin de semana. Os termómetros poden chegaraos 28 graos en Ourense e en xeral en moitos puntos rondarán os 24 graos. Valores que baixan durante o sábado e o domingo cando agardamos a chegada dunha fronte pouco activa que deixará ceos máis nubrados e algunhas chuvias febles máis probables polo noroeste. 24-05-2024
Estudantes, en época de exames, disputan dende primeira hora da mañá para coller sitio nos centros favoritos de estudo. A Universidade de Santiago amplía os horarios das bibliotecas, que nalgunhas facultades quedan abertas día e noite ata rematar o curso| Acampada nos corredores da Facultade de Historia de Santiago, en Solidariedade con Palestina. Din que non queren impedir a celebración dos exames no centro. hoxe solicitaron aoreitorado que rache toda a colaboración que a Universidade mantén con Institucións académicas de Israel| Un de cada dez necementos en Galicia prodúcese por reprodución asistida, e cada ano se realizan uns 7.000 tratamentos mediante estas técnicas. Especialistas de Europa e América abordan nun congreso na Coruña como afrontar o impacto que ten na fecunidade a idade, cada vez máis alta para ter o primeirofillo| Unir deporte e diversión Con éxito nos negocios. E a historia de dous mozos que crearon dende Sanxenxo a súa propia liña de roupa sostible, inspirada no mundo do surf. O segredo, as orixinais campañas como a falsa aparición dun tiburón nas rías baixas... que se fixo viral, e que lles serviu tamén de denuncia do doada que é a manipulación a través das redes. 24-05-2024
Estudantes, en época de exames, disputan dende primeira hora da mañá para coller sitio nos centros favoritos de estudo. A Universidade de Santiago amplía os horarios das bibliotecas, que nalgunhas facultades quedan abertas día e noite| Os acampados nos corredores da Facultade de Historia de Santiago, en Solidariedade con Palestinadin que non queren impedir a celebración dos exames no centro| Un de cada dez necementos en Galicia prodúcese por reprodución asistida, e cada ano se realizan uns 7.000 tratamentos mediante estas técnicas| Unir deporte e diversión Con éxito nos negocios. E a historia de dous mozos que crearon dende Sanxenxo a súa propia liña de roupa sostible, inspirada no mundo do surf. 24-05-2024
Os estudantes acampados nos corredores da Facultade de Historia de Santiago, en Solidariedade con Palestina, din que non queren impedir a celebración dos exames no centro. Piden ao reitorado que rache toda a colaboración que a Universidade mantén con Institucións académicas de Israel| Satisfacción na Xunta tras recibir o compromiso do executivo portugués co AVE Lisboa-Vigo, que confirmou a súa intención de completar aliña para o 2032| Combater o impacto que a idade ten sobre os problemas de fecundidade, é un dos temas que aborda o Congreso Nacional de medicina reprodutiva na Coruña. En Galicia, xa se fan cada ano uns 7.000 tratamentos de reprodución asistida e 1 de cada 10 nacementos prodúcese por estas técnicas| Días de moita presión para os estudantes, que afronan a temporada de exames finais. Nótase nas bibliotecas, nalgunha de Santiago hai que poñer o espertador moi cedo para atopar oco. 24-05-2024