Máis dun cento de novos oficiais da Armada recibiron hoxe os reais despachos na Escola Naval de Marín, nun acto presidido polo Rei xunto coa a Princesa Leonor | A Xunta anuncia un novo récord nos orzamentos do próximo ano. Prevé que o teito de gasto esté aprobado a finais deste mesmo mes, e supere os 13.200 millóns de euros do exercicio actual | Detido o propietario dun hotel do concello lucense de Bóveda tralas denuncias de clientes que descubriron cámaras ocultas nas habitacións. Os dispositivos estaban agochados en reloxos de parede | A Seleccion Feminina adestra na Coruña horas antes do partido contra Bélxica, que se disputará esta tarde en Riazor | Os irmáns contemplativos ocupan o convento das Carmelitas de Santiago e acumulan seguidores nas redes cos seus videos de vida relixiosa
Aumenta a influencia anticiclónica, con tempo seco e solleiro e temperaturas en ascenso. ventos de compoñente oeste que deixan máis nubes na franxa atlántica durante a mañá, mentres que no leste predominan os ceos despexados. As máximas soben, ata os 22 graos na Coruña, 25 en Pontevedra ou 30 en Ourense
A Princesa Leonor visita, por primeira vez, a Academia militar de Marín, na que ingresará a finais de agosto para continuar a sua formación, como no seu día fixo o seu pai, don Filipe. E con él participa na cerimonia de entrega de despachos da Armada| Detido o propietario dun hotel en Bóveda, na provincia de Lugo, por instalar cámaras ocultas nas habitacións. Ata o momento, tres persoas denunciaron os feitos ante a Garda Civil, tras descubrir os dispositivos de grabación en reloxos de parede. Os axentes investigan que uso se fixo das imaxes | A Seleccion Feminina adestra na Coruña horas antes do partido contra Bélxica, que se disputará esta tarde. Será o ultimo test antes dos Xogos Olímpicos, que poderemos ver en La 1 a partir das sete menos vinte
Celebración nas rúas galegas do triunfo da selección ante Inglaterra na Eurocopa. Un encontro que centos de persoas quixeron seguir a través de pantallas xigantes. Un éxito deportivo que inflúe na percepción social da inmigración | Minutos de silencio nas principais cidades galegas polas vítimas de violencia machista. É a cara amarga desta fin de semana, o tráxico balance deixa 5 mulleres asasinadas en 48 horas | A selección española feminina de fútbol xa está na Coruña para medirse ante Bélxica, mañá no estadio de Riazor. As vixentes campioas do mundo disputarán o seu último partido de clasificación para a Eurocopa do próximo verán en Suíza
O consumo de peixe cae un 30 por cento nos últimos dez anos e sitúase nos nivel máis baixo dende que se teñen datos. Así o alertan os armadores, que organizan en Vigo un festival, esta fin de semana, para promover o consumo, especialmente entre a mocidade | Os prezos moderanse en xuño. Caen 3 decimas respecto a maio, ata o 3,7%, sobre todo polos carburantes que tiran á baixa do IPC. Galicia volve a ser a comunidade coa inflación mais alta do conxunto do Estado | MeteoGalicia presenta unha actualización do mapa de riscos forestais que inclúe un índice de risco de indendios para cada concello e cunha previsión de 3 días | O buque escola da Armada Juan Sebastián Elcano chegou esta mañá a Marín e poderá visitarse dende mañá ata o luns. Remata o cruceiro de instrución que os futuros oficias iniciaron en xaneiro percorrendo o Atlántico e o Pacífico. Son oitenta e duas damas e cabaleiros gardamariñas que foron recibidos nun acto castrense na Escola Naval por compañeiros e familiares | Na Cidade da Cultura, inaugurase unha exposición internacional sobre a vida dos viquingos. Expóñense un cento de pezas, algunhas delas por primeira vez, e foron traídas dende os países nórdicos onde apareceron
Galicia segue a encabezar o incremento dos prezos e o IPC de xuño queda no 3´7 por cento na nosa comunidade. Son tres décimas menos que o mes pasado, gracias ao abaratamento dos carburantes, e a moderación dos alimentos | MeteoGalicia presenta unha actualización do mapa de riscos forestais que inclúe un índice de risco de indendios para cada concello e cunha previsión de 3 días | Xuntanza entre a dirección da empresa de recollida de lixo da Coruña cos traballadores. É a primeira dende que comezaron os paros na noite de San Xoán. Os membros do comité aseguran que de non acadarse un acordo haberá folga indefinida no mes de agosto
Continúa a circulación de ventos moi húmidos que deixan ceos con abundantes nubes e chuvias febles, menos probables no sur de Lugo e na provincia de Ourense. As temperaturas, sen cambios significativos
Milleiros de persoas están visitando en Vigo os tres buques que compoñen o Grupo Dédalo da Armada, un portavións, un buque anfibio e unha fragata que recalaron na cidade ata o domingo. Proceden do Báltico onde participaron nunha demostración de capacidades defensivas da OTAN | Galicia recibirá 26 menores migrantes non acompañados dos que están a desbordar a capacidade de acollida de Canarias. No reparto decidido entre as comunidades, a Xunta acepta ese cupo de menores, pero reclama ao goberno central máis recursos para atendelos, di, con dignidade | Representar a Valle Inclán nos lugares onde se inspirou para os seus relatos. É o Festivalle, o certame adicado esta semana en Vilanova, a poñer en escea as obras dun único autor, que se completa con conferencias e visitas guiadas | Os grabados da época escura de Goya, vistos a través da ollada persoal de Stéphan Levallois. O debuxante de cómic e deseñador de personaxes de cine de ciencia ficción como Alien, ofrece nunha exposición na Coruña o traballo creado a partir dos monstruos do pintor aragonés, no que atopa unha fonte de inspiración plenamente actual
Milleiros de persoas acuden, en Vigo, a visitar os buques do Grupo Dédalo da Armada Sorprende o tamaño das naves, os avións de caza e o armamento, que nalgúns casos se pode coller para facerse fotos | Galicia recibirá 26 menores migrantes non acompañados dos que están a desbordar a capacidade de acollida de Canarias | Representar a Valle Inclán nos lugares onde se inspirou para os seus relatos. É o Festivalle, o certame adicado esta semana en Vilanova, as obras dun único autor | O programa La Noche en 24h pecha esta noite en Pontevedra unha temporada con récord histórico de audiencia | Os grabados da época escura de Goya, vistos a través da ollada persoal de Stéphan Levallois. O debuxante de cómic e deseñador de personaxes de cine como Alien, ofrece nunha exposición na Coruña
Milleiros de persoas acuden, en Vigo, a visitar os buques do Grupo Dédalo da Armada, que veñen de participar no Mar Báltico nos exercicios navais máis importantes da OTAN. O público, sorpendido polo tamaño das naves, os avións de caza e o armamento que nalgúns casos se poden coller para facerse fotos | Galicia recibirá 26 dos máis de 300 menores migrantes que serán trasladados de Canarias á península tralo acordo para resolver o colapso dos servizos de acollida das illas | O programa La Noche en 24h, que conduce Xabier Fortes, entrevistará esta noite ó presidenta da Xunta, Alfonso Rueda e ao alcalde de Pontevedra. Pecha a temporada con récord histórico de audiencia, cun 2% de cota de pantalla e 199.000 espectadores
Xornada de Primeiro chamamento á matriculación nas universidades galegas. As notas de corte para entrar nas distintas titulacións baixan lixeiramente respecto ao curso pasado, agás en medicina, con máis de 3.000 solicitudes procedentes de toda España, e de outros países, para 400 prazas | Rueda atribúe a suba do Canon de Sogama á entrada en vigor dunha normativa europea, decidida polo goberno central. Anuncia que nos primeiros cen días do seu novo goberno leva iniciada a construcción de 400 vivendas sociais, das 4.000 previstas para esta lexislatura | Traballadores da automoción concéntranse diante do edificio da Xunta, en Santiago, para protestar pola inestabilidade laboral nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Ourense | Esta tarde quedará aberta ao público a exposición " A era das fábulas" no Museo de Pontevedra. Vencella fondos propios con obras das Fundacións Thyshen e María José Jove, e que pertencen a autores como Picasso, Kandinsky ou Miquel Barceló
Chegan a Vigo os buques do Grupo de Combate da Armada Dédalo, despois de participar en exercicios da OTAN no Mar Báltico, con efectivos dos 19 países aliados. Confórmano o portavións máis grande do exército español, un buque anfibio e unha fragata | Traballadores da automoción maniféstanse en Santiago para alertar, din, da precariedade no sector. Critican que Stellantis reciba subvencións públicas ao tempo que deslocaliza a sua produción | No Parlamento, debate sobre a suba do canon que Sogama cobra aos concellos polo tratamento do lixo. O presidente da Xunta atribuea á entrada en vigor dunha normativa europea, decidida polo goberno central | Hoxe comeza o periodo de matriculación nas tres universidades galegas. 78 titulacións xa pecharon o seu cupo
Estudantes de último curso de MIR pasan xa consulta nos centros de primaria, supervisados por titores, para cubrir vacantes durante o verán | O conselleiro de Sanidade anuncia un plan para aliviar aos facultativos de tarefas burocráticas | O presidente de Abanca Juan Carlos Escotet estará a fronte do Deportivo da Coruña a partir do ano que vén | O grupo Inditex fai cambios na cúpula directiva, para dar entrada a Flora Pérez, nai de Marta Ortega, e a Belén Romana, ex presidenta da Sareb | Conductores sorprendidos pola suba da marea. Imaxes que se repiten nesta época, debido ao despiste dos visitantes acerca dos cambios que experimenta o nivel no mar | Comprender como é a experiencia das persoas maiores nunha gran superficie. É o que se pretende mediante o emprego dun traxe especial, que recrea as dificultades de mobilidade ou audición, nunha iniciativa dirixida a empregados do grupo Vegalsa
Médicos estudantes de último curso de MIR pasan xa consulta nos centros de primaria, supervisados por titores, para cubrir vacantes durante o verán. O conselleiro de Sanidade anuncia un plan para aliviar aos facultativos de tarefas burocráticas que agora lles ocupan un 30 por cento do seu tempo de traballo | O grupo Inditex fai cambios na cúpula directiva, para dar entrada a dúas mulleres: Flora Pérez, nai de Marta Ortega, e a Belén Romana, ex presidenta da Sareb. A xunta xeral de accionistas aprobou tamén o reparto anual dun divivendo que ascende a 4.800 millóns de euros | Coches aparcados na beira do mar, pese aos sinais de prohibición, e conductores sorprendidos pola suba da marea. Imaxes que se repiten, sobre todo en verán, debido ao despiste dos visitantes acerca dos cambios que experimenta o nivel no mar no litoral atlántico | Comprender como é a experiencia das persoas maiores nunha gran superficie. É o que se pretende mediante o emprego dun traxe especial, que recrea as dificultades de mobilidade ou audición, nunha iniciativa dirixida a empregados do grupo Vegalsa, en colaboración coa cruz vermella, co obxectivo de crear un ambiente máis seguro e inclusivo á hora de facela compra
O paso dunha fronte que arrastra moita humidade déixa ceos nubrados con chuvias, máis frecuentes e intensas na fachada atlántica, e que irán diminuindo co avance da tarde. As temperaturas máximas descenden, máis significativamente no interior
Médicos Estudantes de último curso de MIR pasan xa consulta nos centros de primaria, supervisados por un titor. É unha medida do plan de reforzo do Sergas para cubrir vacantes durante o verán | Flora Pérez, a nai de Marta Ortega- e Belén Romana, ex presidenta da Sareb, son novas conselleiras de Inditex. A xunta de accionistas da multinacional aprobou o reparto dun dividendo de máis de 4.800 millóns | O presidente de Abanca Juan Carlos Escotet estará a fronte do Deportivo da Coruña a partir do ano que vén | A policia local de Vigo pide que o condutor de 95 anos que atropelou aos clientes nunha terraza se someta a unha revisión psicotécnica extraordinaria. Trátase de determinar se mantén as facultades necesarias para conducir
Os ceos máis nubrados, con entrada de choivas polo oeste, á tarde, que se irán xeneralizando pola noite. As temperaturas mínimas experimentan un moderado ascenso e as máximas con ascensos significativos ao norte. O vento, de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña
Toneladas de lixo acumúlanse nas rúas da Coruña, nunha nova xornada de paro convocada polo sindicato dos traballadores da limpeza, O Concello ameaza con sancións á empresa concesionaria se non se cumpren os servizos mínimos e non descarta declarar a emerxencia sanitaria | Continúa ingresada en Vigo unha das vítimas do atropelo múltiple protagonizado por un condutor de 94 anos. Estaba a aparcar o seu coche automático, nunha rúa do centro da cidade, e levou por por diante aos clientes sentados na terraza dun restaurante | Identificar as árbores, detectar pragas ou controlar o nivel hídrico dun terreo. Son opcións dispoñibles grazas á ferramenta de dixitalización presentada no Centro de Investigacións forestais de Lourizán. Permite facer un seguemento preciso das condicións en que se atopa cada exemplar, ainda en areas moi extensas | Coa celebración do último curro, a localidade de Sabucedo remata a Rapa das Bestas, un rito para o mantemento saúdable dos animais con varios séculos de tradición, declarado de interese turístico internacional, e que congregou a uns 20.000 asistentes ao longo da fin de semana
Toneladas de lixo acumúlanse nas rúas da Coruña, nunha nova xornada de paro convocada polo sindicato dos traballadores da limpeza | Continúa ingresada en Vigo unha das vítimas do atropelo múltiple protagonizado por un condutor de 94 anos | Identificar as árbores, detectar pragas ou controlar o nivel hídrico dun terreo. Son opcións dispoñibles grazas á ferramenta de dixitalización presentada no Centro de Investigacións forestais de Lourizán | As vítimas do caso Maruxaina, que foron gravadas sen permiso mentras orinaban na rúa, manteñen a reclamación de que se identifique aos responsables de difundir as súas imaxes en webs pornográficas | Coa celebración do último curro, a localidade de Sabucedo remata a Rapa das Bestas, un rito para o mantemento saúdable dos animais con varios séculos de tradición
Toneladas de lixo sen retirar nas rúas da Coruña, nunha nova xornada de paro convocada polo sindicato dos traballadores da limpeza. O Concello advirte de que imporá sancións á empresa concesionaria se non se cumpren os servizos mínimos | Un home de 94 anos, ingresado en Vigo tralo atropelo múltiple na terraza dun céntrico restaurante. O condutor, de 95 anos, estaba aparcando cun coche automático e remontou a beirarrúa | As vítimas do caso Maruxaina, que foron gravadas sen permiso mentras orinaban na rúa, manteñen a reclamación de que se identifique aos responsables de difundir as súas imaxes en webs pornográficas | Os cabalos volven esta tarde quedar ceibos nos montes da parroquia de Sabucedo, no concello da Estrada, logo de celebrar o último curro da Rapa das Bestas