25 de Xullo, día de Galicia e día de Santiago. Na catedral lembraron as vítimas do naufraxio nas Malvinas | Milleiros de persoas participaron na manifestación do día da patria. O BNG asegura que o nacionalismo galego vive o seu mellor momento. Os socialistas galegos reivindican unha Galicia aberta e solidaria | A busca dos desaparecidos no naufraxio das Malvinas segue suspendida polo mal tempo. O Goberno enviará mañá un avión militar ás illas para recoller os superviventes e os corpos recuperados do mar | Santiago, cheo, polas festas do Apóstolo e porque moitos peregrinos programan para estes días a súa chegada á cidade
25 de Xullo, día de Galicia e día de Santiago. Na catedral, na ofrenda nacional ao Apóstolo, o arcebispo e o delegado rexio lembraron as vítimas do naufraxio nas Malvinas | Milleiros de persoas participaron na manifestación do día da patria. Os socialistas galegos reivindican unha Galicia aberta e solidaria | A busca dos desaparecidos no naufraxio das Malvinas segue suspendida polo mal tempo. O Goberno enviará mañá un avión militar ás illas para recoller os superviventes e os corpos recuperados do mar | Santiago, cheo, polas festas do Apóstolo e porque moitos peregrinos programan para estes días a súa chegada á cidade
Ascenden a nove os falecidos no naufraxio do pesqueiro Argos Georgia nas Malvinas. Entre eles hai dous galegos, de Vigo e Baiona. Agora tratan de localizar aos catro desaparecidos | Once anos doutra traxedia, o accidente do tren Alvia en Angrois. As vítimas volveron concentrarse en Santiago para esixir responsabilidades | Novidades no conflito do lixo da Coruña. Hoxe o Concello seleccionará unha das dúas empresas que presentaron oferta para comezar a limpeza o antes posible, previsiblemente mañá | Entrega das medallas de ouro de Galicia, que este ano supoñen un recoñecemento ao sector audiovisual galego
Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas | Pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida | A nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas. Trátase do palangreiro Argos Georgia, que afundiu tras sufrir unha vía de auga | Aquí en Galicia estamos moi pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño, onde esta tarde se poden superar os corenta graos | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida. O concello asegura que xa hai ofertas para facer o servizo e poderían comezar a recoller o xoves | E imos ver a nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
Ceos despexados e temperaturas subindo. Galicia segue con influencia anticiclónica e una masa de aire quente do sur. Loce o sol, pero poden aparecer algunhas nobes pola tarde no norte. Ventos do nordés, moderados no litoral e con refachos fortes na Costa da Morte. As temperaturas máximas arredor dos 25 graos na Coruña e poden superar os 40 en Ourense.
Un pesqueiro con 27 tripulantes, 10 deles españois, e algúns previsiblemente galegos, sufriu esta madrugada un accidente marítimo en augas das Malvinas | Pendentes da calor. Hai aviso laranxa por altas temperaturas no sur de Ourense e no val do Miño | Na Coruña segue acumulándose o lixo nas rúas, coa emerxencia sanitaria en vigor e agardando os prazos para que outra empresa faga a recollida | A nova e colorida imaxe do barrio de Coia, en Vigo. A recoñecida artista viguesa Vanesa Álvarez, que vén de traballar en Nova Iorque, está pintando o mural máis grande da cidade
Desta vez, Galicia non se vai librar da calor. Hoxe predomina a estabilidade e algunhas néboas que houbo pola mañá no interior xa desapareceron. COLAS Os ceos están despexados en practicamente toda a comunidade e soben as temperaturas máximas, como imos notar nas próximas horas. Agárdase que superen os trinta graos en todas as cidades, agás na Coruña e en Ferrol.
Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade tras un mes de folga do actual servizo. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A plataforma en Defensa da Pesca recorrerá ante o Tribunal Constitucional a sentenza do Tribunal Supremo que avala os plans de ordenación para a eólica mariña | A mariscadoras da ría de Pontevedra volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade
Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade tras un mes de folga do actual servizo. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A Garda Civil incáutase en Ourense dunha tonelada de carne de vacún que se ía vender sen garantías sanitarias. Hai sete persoas investigadas tras inspeccionar catro carnicerías da cidade e dúas granxas | A mariscadoras volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade. Levaban paradas desde o Nadal pola falta de ameixa | Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes ata dentro de máis dun mes. Co aumento do turismo e o límite de 1.800 visitantes diarios, está todo reservado ata finais de agosto. No que vai de temporada xa pasaron polas illas máis de cen mil persoas
Entra en vigor na Coruña a declaración de emerxencia sanitaria, polo lixo que se amorea na cidade. Iso permitirá ao Concello contratar a unha nova empresa para a recollida | A Garda Civil incáutase en Ourense dunha tonelada de carne de vacún que se ía vender sen garantías sanitarias. Hai sete persoas investigadas | A mariscadoras volveron hoxe ao traballo despois de case sete meses sen actividade. Levaban paradas desde o Nadal pola falta de ameixa | Non quedan prazas para visitar as Illas Cíes ata dentro de máis dun mes. No que vai de temporada xa pasaron polas illas máis de cen mil persoas
Ultimato do concello da Coruña á empresa concesionaria da recollida de lixo, tras unha noite de contedores queimados. A piques de cumprir un mes do conflito laboral, coas rúas ateigadas de refugallos, a alcaldesa advirte de medidas excepcionais se a situación non se normaliza antes do próximo luns | Comeza a nova vida do mítico Cine Fraga de Vigo, tras 20 anos pechado. A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan a súa compra por mais de 9 millons de euros. Un acordo que o Concello de Vigo tacha de pouco transparente | O fallo informático de Microsoft deixa en Galicia as incidencias puntuais, sobre todo nos sistemas informáticos do Sergas e na Xunta de Galicia. Houbo tamén afectación en bizum e os datáfonos que se empregan nos comercios e bares para realizar pagos con tarxeta
O Concello da Coruña dá ata o próximo luns de prazo á empresa concesionaria da recollida de lixo, para que normalice a situación, tras unha noite de contedores queimados e coas rúas da cidade ateigadas de refugallos | O emblemático Cine Fraga, de Vigo, Comeza unha nova vida, tras 20 anos pechado. A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan a súa compra por mais de 9 millons de euros. Un acordo que é criticado polo Concello de Vigo. | Os concertos de Mika en Vilagarcía de Arousa, e o de Luis Miguel na Coruña son algunhas das grandes citas musicais desta fin de semana. Tamén hai eventos dedicados á escena coma o Festival de Teatro de Ribadavia ou Manicómicos, na Coruña |
A influencia do aire atlántico deixa hoxe algunas nubes no oeste, principalmente na provincia da Coruña, mentres no resto os ceos continúan estando pouco nubosos ou despexados. Bancos de neboa no interior e brétemas costeiras no litoral. As temperaturas, sen cambios significativos, con máximas que acadarán os 25 graos nas Rías Baixas, e chegarán a 35 en Ourense
Sensación de mareo, pel seca e deixar de suar, son síntomas de poder estar a sofrir un golpe de calor. Así o advirten o expertos, coa chegada das altas temperaturas. O maior risco, din, é para as persoas maiores ou con tratamentos crónicos. Recomendan sobe todo manter a cabeza cuberta e beber moita auga | A delegación do Goberno e a Xunta acordan manter unha canle de comunicación fluída sobre o traslado de migrantes dende Canarias, logo da polémica mantida, a conta do anuncio da chegada dun grupo de 470 refuxiados. Son adultos, solicitantes de asilo, que fuxen da guerra de Mali. Chegarán ao longo dos próximos días ao Monte do Gozo, en Santiago, e serán atendidos por ONGs | A ministra de Vivenda anuncia en Betanzos a compra de parcelas do ministerio de Defensa para construir novas vivendas a prezo accesible, unha delas na cidade da Coruña. A ministra cifra en 500 millóns o investimento do seu departamento en Galicia para poñer no mercado máis de 1.400 vivendas de aluguer e favorecer a rehabilitación doutras 18.000 | O Festival Ikfem volve xa a dinamizar a eurocidade formada por Tui e Valença do Miño. Un certame concebido como unha ponte cultural, musical e gastronomica que pretende por en valor as sinerxias a ambos lados da fronteira. O portugués Salvador Sobral, triunfador de Eurovisión, e o pianista español Marco Mezquida correron a cargo da inauguración, cunha mestura de jazz e bossa nova
Os refugallos invaden, de novo, a contorna da praia de Samil e outros lugares da cidade de Vigo. É unha medida de protesta dos traballadores do servizo municipal de parques e xardíns, en folga | Sensación de mareo, pel seca e deixar de suar, son síntomas de poder estar a sofrir un golpe de calor. Así o advirten o expertos, coa chegada das altas temperaturas | A delegación do Goberno e a Xunta acordan manter unha canle de comunicación fluída sobre o traslado de migrantes dende Canarias | A ministra de Vivenda anuncia en Betanzos a compra de parcelas do ministerio de Defensa para construir novas vivendas a prezo accesible, unha delas na cidade da Coruña | O Festival Ikfem volve xa a dinamizar a eurocidade formada por Tui e Valença do Miño. Un certame concebido como unha ponte cultural, musical e gastronomica que pretende por en valor as sinerxias a ambos lados da fronteira
Os refugallos invaden, de novo, a contorna da praia de Samil e outros lugares da cidade de Vigo. É unha medida de protesta dos traballadores do servizo municipal de parques e xardíns, en folga. Quéixanse de baixos salarios e denuncian servizos mínimos abusivos | Nova disputa entre a Xunta e Goberno central sobre o acollemento de migrantes procedentes de Canarias. A Delegación do Goberno calcula que chegarán a Galicia 470 refuxiados, maiores de idade. Os primeiros faráno ao Monte do Gozo, en Santiago, ao longo dos próximos días| Os grupos que loitan pola recuperación da memoria histórica fixan como obxectivo declarar a Illa de San Simón e o Pazo de Meirás como primeiros Lugares da Memoria en Galicia
Xuntanza en Lugo entre o presidente da Deputación e o presidente da Xunta. Os problemas de falta de médicos na sanidade, o servizo de axuda no fogar e a política industrial foron algúns dos asuntos abordados | Rueda acusa de secretismo e desorganización ao goberno central, polo anuncio do traslado a Galicia de 470 inmigrantes procedentes de Canarias, que está previsto sexan aloxados en albergues e hostais | Fracasada a última negociación no conflito do lixo da Coruña. O comité de Empresa esixe que se retiren os expedientes disciplinarios | O estadio de Riazor batíu o récord de asistencia a un partido da selección feminina de fútbol, con máis de 16.000 asistentes a vitoria de España ante Bélxica, nun encontro que serviu de preparación para os Xogos Olímpicos, e que será recordado polo golazo da exxogadora deportivista Tere Abelleira | Unha vida viquinga' é unha exposición internacional que cuestiona os clixés populares, con pezas arqueolóxicas inéditas, e recolle a pegada que deixaron os vikingos en Galicia
Cun golazo dende 30 metros, a pontevedresa Teresa Abelleira sentencia o triunfo español ante Bélxica, en Riazor. A selección feminina, xa clasificada para a Eurocopa 2025, culmina cunha exhibición de xogo colectivo, o último ensaio para as Olimpíadas de París| Fracasa a última negociación no conflito do lixo da Coruña. Tras achegar posturas o gran obstáculo está agora nas sancións. O comité de Empresa rexeita que os traballadores que foron sancionados non poidan ser contratados no futuro e esixe que se retiren os expedientes disciplinarios | O presidente da Xunta acusa de secretismo e desorganización ao goberno central, polo anuncio do traslado a Galicia de 470 inmigrantes procedentes de Canarias, que está previsto sexan aloxados en albergues e hostais
A Princesa Leonor visita, por primeira vez, a Academia militar de Marín, na que ingresará a finais de agosto para continuar a sua formación, como fixo no seu día o seu pai, don Filipe. E con él participou na cerimonia de entrega de despachos da Armada | A Xunta anuncia un novo récord nos orzamentos do próximo ano. Prevé que o teito de gasto esté aprobado a finais deste mesmo mes, e supere os 13.200 millóns de euros do exercicio actual. O Conselleiro de Facenda insiste en reclamar ao goberno central que concrete as entregas a conta | Detido o propietario dun hotel do concello lucense de Bóveda tralas denuncias de clientes que descubriron cámaras ocultas nas habitacións. Os dispositivos estaban agochados en reloxos de parede. Os axentes investigan se as imaxes foron difundidas por algún medio | Trala marcha das monxas, o convento das carmelitas descalzas de Santiago conta con novos moradores. Son os irmáns contemplativos, sete mozos procedentes de Colombia, que decidiron amosar, a través das redes, como viven a sua vida relixiosa. Cantando, rezando, e mesmo xogando xuntos, acumulan milleiros de seguidores