Altas temperaturas e ceos despexados, aínda que a medida que avance o día se formarán nubes de tormenta na metade este. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. Ventos frouxos do este no litoral norte, moderados arredor de Bares. Nas Rías Baixas, brisas, e no interior, ventos frouxos de compoñente sur. (08/08/12)
David Cal logra unha medalla de prata que o converte no deportista español con máis galardóns olímpicos da historia. // Avanzan, pero sen prazos definidos, as negociacións para construír en Galicia 14 remolcadores para a petroleira Pemex. // A Coruña vive esta semana nunha banda deseñada. O festival internacional de cómic "Viñetas desde o Atlántico" cumpre quince anos. (08/08/12)
Javier Gómez Noya, primeiro galego con medalla nos xogos olímpicos de Londres. // A policía desactiva dúas das tres bombas caseiras colocadas por Resistencia Galega nunha antena, en Vigo. O terceiro artefacto ardeu sen chegar a estourar. // A chegada dunha masa de aire cálido que vén do sur da Península vai facer que nos próximos días rolden os corenta graos nos lugares máis quentes de Galicia. (07/08/12)
Néboas matinais e nubes nas primeiras horas para quedar despois con ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en ascenso, especialmente as máximas. Ventos frouxos e variables pola mañá. Nas Rías Baixas, réxime de brisas. (07/08/12)
A Sanidade pública galega aforra uns 56 millóns de euros coa entrada en vigor do copagamento dos fármacos. O gasto en medicamentos do SERGAS redúcese un 15 por cento e queda a niveis de 2003. // Novas concentracións contra os recortes. Os principais sindicatos protestan polos axustes do Goberno para reducir o déficit, que, din, van provocar a destrución de 80.000 empregos en Galicia nos próximos dous anos. // Polémica en Lugo pola limpeza que se está levando a cabo na Muralla romana. // Albariño en Cambados, bonito en Burela, vikingos en Catoira ou longueiróns en Fisterra. Estamos entrando nunha das fins de semana de maior oferta de ocio do verán, na que non faltan numerosos concertos e festivais de todo tipo de músicas. 03/08/12
A Sanidade pública galega aforra uns 56 millóns de euros coa entrada en vigor do copagamento dos fármacos. // Novas concentracións contra os recortes. // Entramos nunha das fins de semana de maior oferta de ocio do verán, na que non faltan numerosos concertos e festivais de todo tipo de músicas. 03/08/12
Intervalos nubrados no litoral e no terzo Norte e ceos pouco nubrados ou despexados no resto, con néboas matinais en comarcas do interior e no litoral oeste. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos frouxos de compoñente oeste, con algúns intervalos moderados nos arredores de Ortegal e Bares. 03/08/12
Morren dúas persoas ao estrelarse unha avioneta preto de Lavacolla. Regresaban á súa base en Santiago desde Asturias, a onde foran levar un corazón para un transplante. Á hora do accidente había unha densa néboa na zona. // Baixa o paro en xullo. Durante o último mes reduciuse en nove mil o número de desempregados en Galicia. Con respecto a xullo de 2011, hoxe hai 37.000 persoas máis sen traballo. // O Parlamento Galego decidiu crear unha comisión de investigación para analizar as responsabilidades da actual situación das antigas caixas de Aforros. // Estamos no ecuador da costeira do bonito e os armadores, aínda que están pescando algo máis que o ano pasado, non están satisfeitos coas capturas. Atribúen a escaseza de peixe ao uso de redes peláxicas por parte das flotas de outros países. 02/08/12
Morren dúas persoas ao estrelarse unha avioneta preto de Lavacolla. Regresaban á súa base en Santiago desde Asturias, a onde foran levar un corazón para un transplante. // Baixa o paro en xullo. Durante o último mes reduciuse en nove mil o número de desempregados en Galicia. // Estamos no ecuador da costeira do bonito e os armadores, aínda que están pescando algo máis que o ano pasado, non están satisfeitos coas capturas. 02/08/12
Ceos anubrados pola mañá, con risco dalgún orballo disperso no litoral a primeiras horas e apertura progresiva de claros durante o día, especialmente na metade sur. Pola tarde aumentarán, dende o oeste, os intervalos de nubes altas. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos de compoñente oeste, con algúns intervalos moderados nos arredores de Ortegal e Bares. 02/08/12
Progresivo aumento das nubes de oeste a este, con chuvias que comezarán polo litoral atlántico e se irán estendendo ao interior ao avanzar a tarde. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en lixeiro ou moderado descenso. Ventos do sur e suroeste, moderados no litoral, con intervalos fortes en Bares e Fisterra, e frouxos no resto, con intervalos moderados no interior da metade norte. 01/08/12
A Xunta imponse un límite de 8.481 millóns de euros no seu gasto do ano que vén. // Comezan hoxe as patrullas do exército nos montes de Galicia para a prevención de incendios forestais. // Mellor as ovellas que as desbrozadoras ou os herbicidas, para manter limpas as explotacións forestais. É o resultado dunha investigación da Escola Politécnica de Lugo. 01/08/12
A Xunta imponse un límite de 8.481 millóns de euros no seu gasto do ano que vén. Con esta cifra, que vai condicionar os próximos orzamentos autonómicos, o goberno galego busca conter o déficit para cumprir o tope do 0,7 por cento marcado polo executivo central para 2013. // Comezan hoxe as patrullas do exército nos montes de Galicia para a prevención de incendios forestais. Van estar no monte ata outubro 25 patrullas, que se poden triplicar se é necesario. // Mellor as ovellas que as desbrozadoras ou os herbicidas, para manter limpas as explotacións forestais. É o resultado dunha investigación da Escola Politécnica de Lugo. // Hoxe comeza en Cambados a edición número sesenta da Festa do Albariño coa actuación estelar de Julio Iglesias na praza de Fefiñáns. 01/08/12
Novagalicia Banco rexeita de novo devolver, pola vía da conciliación xudicial, os cartos a clientes con participacións preferentes. // Alberto Núñez Feijóo asegura que Galicia será a primeira comunidade en fixar o límite de gasto para o próximo ano e que cumprirá co obxectivo do déficit. // Case a metade dos delitos cualificados polos fiscais de Galicia son por infraccións de tráfico e, na súa maioría, por conducir baixo os efectos do alcol. // Milleiros de persoas volveron manifestarse onte á tarde en defensa dos servizos públicos. // A partir de mañá queda cortada ó tráfico a ponte romana de Lugo polo comezo das obras de rehabilitación. 31/07/12
Intervalos nubrados na costa e ceos máis despexados no resto. Bancos de néboa matinais en zonas do interior, sobre todo na provincia de Lugo, e brumas no litoral atlántico, localmente persistentes. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso, mentres que as máximas sofren un lixeiro descenso ou moderado, máis acusado no litoral oeste. Ventos frouxos e variables pola mañá, e de compoñente oeste durante a tarde. 31/07/12
Novagalicia Banco rexeita de novo devolver, pola vía da conciliación xudicial, os cartos a clientes con participacións preferentes. // Alberto Núñez Feijóo asegura que Galicia cumprirá co obxectivo do déficit. // Case a metade dos delitos cualificados polos fiscais de Galicia son por infraccións de tráfico e, na súa maioría, por conducir baixo os efectos do alcol. 31/07/12
Cumio de apoio dos líderes autonómicos do PP ás políticas de austeridade do Goberno de Mariano Rajoy. // O presidente Alberto Núñez Feijóo asina co ministro de Asuntos exteriores o convenio do traslado das oficinas da Xunta no estranxeiro ás embaixadas. // Os condutores buscan alternativas á autoestrada. Coa suba das peaxes e os carburantes, viaxar entre Vigo e A Coruña costa hoxe case trinta euros. Moitos están volvendo á estrada nacional ou ó transporte público. // Francisco Cao, un canteiro da Estrada de 76 anos, con máis de 60 de oficio, gaña o concurso de talla de lousas ao xeito tradicional celebrado esta fin de semana na praza do Obradoiro de Santiago. 30/07/12
Cumio de apoio dos líderes autonómicos do PP ás políticas de austeridade do Goberno de Mariano Rajoy. // Os condutores buscan alternativas á autoestrada. Coa suba das peaxes e os carburantes, viaxar entre Vigo e A Coruña costa hoxe case trinta euros. // Francisco Cao, un canteiro da Estrada de 76 anos, gaña o concurso de talla de lousas ao xeito tradicional celebrado en Santiago. 30/07/12
Ceos pouco anubrados ou despexados agás no litoral norte, onde haberá algunhas nubes baixas. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e as máximas ascenderán de forma entre lixeira e moderada. Ventos de compoñente norte, frouxos en xeral e moderados nas Rías Baixas. 30/07/12
Nova marca histórica nas cifras do paro. 10.300 persoas máis quedaron sen emprego en Galicia nos últimos tres meses, segundo a enquisa de poboación activa, co que son xa case 276.000 os parados na comunidade. // Inaugúrase en Vilalba unha nova factoría e centro de investigación do grupo Norvento. Vai construír aquí un novo modelo de aeroxenerador de tamaño medio destinado a producir enerxía no mesmo lugar no que se consume. // 23 detidos en Galicia dunha rede dedicada ao contrabando de tabaco desde Andorra. // Os 24 buques conxeladores galegos que capturan polbo en augas de Mauritania quedan excluídos do novo acordo pesqueiro asinado entre a Unión Europea e o país africano. 27/07/12