Bo tempo, con temperaturas de verán que anima a facer actividades ao aire libre. A partir de mañá empezan a refrescar as temperaturas e na provincia de Ourense e o Sur de Lugo mesmo pode haber algunha tronada con precipitacións. 06/09/12
Chega a Selección Nacional de Futbol a Vigo. Os campións do Mundo e de Europa eran agardados por centos de siareiros que querían fotografarse con eles. A Xunta está a cumplir o obxectivo de pagarlles aos proveedores nun prazo máximo de 50 días e, no pasado mes de agosto destinou 150 millóns de euros, de xeito extraordinario, a este fin. A caida das vendas de coches obriga á fabrica de Citroen, en Vigo, a ter que facer unha parada de producción. Vigo recibe hoxe unha cifra record de viaxeiros a bordo de grandes cruceiros. Dez mil cincocentos turistas e tres mil seiscentos tripulantes. 06/09/12
Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Este ano houbo prazas novas// Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira. Declara de interés público a planta de procesado de peixe de Puerto Deseado, na Patagonia, e sete buques conxeladores.// O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. O do BNG cree que Galicia debe optar entre ter goberno ou non telo e o portavoz do PP asegura que o goberno terá que salvar as pensións da crise causada polos socialistas// Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. // Nos últimos tempos, están experimentando un aumento considerable na demanda de prazas para aprender idiomas. 05/09/12
Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira, que entrou en concurso de acredores en xullo. O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. 05/09/12
Ceos pouco anubrados e temperaturas moi agradables na maior parte de Galicia. É o tempo que estamos a ter hoxe grazas ao anticiclón que nos vai acompañar ata o venres. 05/09/12
Case 3.000 desempregados menos en Galicia no mes de agosto. É o dato do paro que coñecemos hoxe e que convirte á nosa comunidade na que rexistra o maior descenso do desemprego nese período. Con todo, Galicia segue tendo 30.000 parados máis que hai un ano. HOxe achegarémoslles o caso particular dalgúns dos que xa esgotaron as prestacións por desemprego.// Os candidatos do PP e do Partido socialista aceptan celebrar debates televisiados na campaña das eleccións autonómicas do 21 de otubro. O BNG tamén se amosa a favor de que haxa debates.// A Xunta asegura que xa son máis de 600 os laudos arbitrais emitidos a favor de afectados por participacións preferentes e que as solicitudes presentadas son máis de 13.000.// No mes de agosto subíu a venda de coches en Galicia, un 22.8%. A causa principal quizáis fora a inminente suba logo do ive, o día 1 de setembro. 04/09/12
Case 3.000 desempregados menos en Galicia no mes de agosto. É o dato do paro que coñecemos hoxe e que convirte á nosa comunidade na que rexistra o maior descenso do desemprego nese período. Os candidatos do PP e do Partido socialista aceptan celebrar debates televisiados na campaña das eleccións autonómicas do 21 de otubro. A Xunta asegura que xa son máis de 600 os laudos arbitrais emitidos a favor de afectados por participacións preferentes e que as solicitudes presentadas son máis de 13.000. 04/09/12
A Influencia anticiclónica seguirá durante o día de hoxe con vento do noroeste . Teremos ceos despexados con intervalos de nubes altas, agás no norte de Lugo e a Coruña onde poderá caer algún orballo ocasional. Vémolo na información do tempo. 04/09/12
Os partidos quentan motores cara a cita coas urnas do 21 de outubro. Esta mañá a executiva nacional do Partido Popular prepara en Madrid a estratexia electoral con Alberto Núñez Feijóo. A dirección nacional dos socialistas tamén afronta os comicios galegos, despois de que o sábado o secretario xeral Alfredo Pérez Rubalcaba apoiase en persoa a Pachi Vázquez, na súa proclamación oficial. O BNG abríu xa o proceso de elaboración das candidaturas, que encabezará Francisco Jorquera.// Os inmigrantes sen papeis teñen seis meses para acreditar que poden recibir asistencia sanitaria gratuita en Galicia, uns requisitos que varias asociacións de apoio a emigrantes rexeitan porque os consideran discriminatorios con ese colectivo.// Os meses de xullo e agosto deixaron este ano de ser os de maior sinistralidade nas estradas, segundo o balance presentado hoxe polo delegado do goberno.// O Celta e o Dépor resolven a xornada sumando puntos. Os de Vigo consiguen a súa primeira victoria desta temporada. (03/09/12)
Os partidos quentan motores cara a cita coas urnas do 21 de outubro. Esta mañá a executiva nacional do Partido Popular prepara en Madrid a estratexia electoral con Alberto Núñez Feijóo. A dirección nacional dos socialistas tamén afronta os comicios galegos. Varias asociacións de apoio a emigrantes rexeitan os requisitos da Xunta para a tarxeta sanitaria, porque os consideran discriminatorios con ese colectivo. Os meses de xullo e agosto deixaron este ano de ser os de maior sinistralidade nas estradas, superados polo de maio. (03/09/12)
A semana comenza con influencia anticiclónica, que nos deixa ceos pouco nubrados, como os que estamos a ver, correspondentes a esta mañá en Lugo.
As temperaturas máximas non van experimentar cambios significativos. Os ventos soplarán do norte e nordeste, moderados, con intervalos fortes no litoral. (03/09/12)
A Xunta reitera que non deixará sen asistencia sanitaria aos inmigrantes irregulares que leven vivindo en Galicia seis meses e carezan de recursos. Vaino facer a través dun programa de protección social e saúde pública. //
Cargar a batería do móbil na praia, aproveitando o sol. É unha posibilidade que agora se ofrece nas illas Cíes. O Parque Nacional das Illas Atlánticas ten en marcha un plan para conseguir que neste espazo natural só se empreguen enerxías limpas. // Fin de semana de bicicleta e fútbol de primeira. A Volta Ciclista a España corre hoxe entre Santiago e Ferrol. E en fútbol, Celta e Deportivo xogan mañá pola tarde na casa. (31/08/12)
Ceos pouco anubrados ou despexados, con alternancia de nubes e claros no terzo Norte durante a mañá, persistindo as nubes pola tarde na costa de Lugo. Vento do Nordés en xeral, moderado no litoral, con intervalos fortes nos arredores de Fisterra pola tarde e frouxos no interior. Temperaturas sen cambios significativos, con lixeiros ascensos na metade Sur. (31/08/12)
A Xunta reitera que non deixará sen asistencia sanitaria aos inmigrantes irregulares que leven vivindo en Galicia seis meses e carezan de recursos. //
Cargar a batería do móbil na praia, aproveitando o sol. É unha posibilidade que agora se ofrece nas illas Cíes. // A Volta Ciclista a España corre hoxe entre Santiago e Ferrol. E en fútbol, Celta e Deportivo xogan mañá pola tarde na casa. (31/08/12)
Primeiro consello da Xunta tras a convocatoria electoral. O goberno galego decidiu hoxe rebaixar cinco millóns de euros os cartos destinados á campaña dos comicios do 21 de outubro. // Os inmigrantes sen papeis que residan na nosa comunidade seguirán tendo asistencia sanitaria a partir do día un de setembro. // Os plenos municipais de Cesuras e Oza dos Ríos acaban de aproban inicialmente, só cos votos do Partido Popular, o expediente da fusión dos dous concellos. Os grupos da oposición votaron en contra. // A Volta ciclista a España deixa a provincia de Pontevedra para rematar a etapa de hoxe en alto, no mirador do Ézaro. 30/08/12
Algunhas nubes baixas, con chuvias ocasionais e bancos de néboa, que tenderán a retirarse para deixar o ceo pouco anubrado ou despexado pola tarde, manténdose unicamente algunhas nubes no extremo Norte. Vento frouxo de compoñente Norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios significativos, con descensos dos valores máximos no terzo Norte. 30/08/12
A Xunta decidiu hoxe rebaixar cinco millóns de euros os cartos destinados á campaña dos comicios do 21 de outubro. // Os plenos municipais de Cesuras e Oza dos Ríos acaban de aproban inicialmente, só cos votos do Partido Popular, o expediente da fusión dos dous concellos. // A Volta ciclista a España deixa a provincia de Pontevedra para rematar a etapa de hoxe en Dumbría. 30/08/12
O presidente da Xunta reafirma a solvencia de Galicia fronte á decisión da Generalitat de acudir ao fondo de liquidez do Estado. Asegura que a nosa comunidade non vai ser rescatada. // Descobren nun monte do Rosal, en Pontevedra, un petróglifo de nove metros con numerosas figuras xeométricas. No mesmo lugar poden aparecer outras pedras con debuxos semellantes. As inscricións son de hai catro mil anos. // Continúa a Volta a España por terras galegas, cunha gran expectación á beira das estradas polas que pasan os ciclistas. Hoxe corren unha contrarreloxo individual entre Cambados e Pontevedra. // O tenor Celso Albelo vai protagonizar esta noite o concerto inaugural do Festival de Ópera da Coruña, que nesta edición cumpre o seu sesenta aniversario. 29/08/12
O presidente da Xunta reafirma a solvencia de Galicia fronte á decisión da Generalitat de acudir ao fondo de liquidez do Estado. // Descobren nun monte do Rosal, en Pontevedra, un petróglifo de nove metros con numerosas figuras xeométricas. // Continúa a Volta a España por terras galegas, cunha gran expectación á beira das estradas polas que pasan os ciclistas. 29/08/12
Ceo anubrado e con néboas nas primeiras horas con posibilidade dalgunha chuvia débil, illada e ocasional, pero a evolución será cara á apertura de claros, quedando en xeral con alternancia de nubes e claros. Vento frouxo de compoñente Oeste, con algún intervalo de moderado no litoral Norte. Temperaturas en lixeiro descenso, máis significativo nos valores mínimos. 29/08/12